Unveleiro é unhaembarcación propelida por un velame, conxunto develas de tecido de corte e formato apropiado, apoiado nun ou máismastros e controlada por un conxunto decabos chamadoscordoalla. Posúe tamén unhaquilla e un leme outemón que impiden a deriva e forzan o conxunto avante.
O veleiro é propelido pola sustentación dinámica que ovento produce entre as dúas faces davela, como nasás dunavión. Adicionado ao traballo da quilla, que evita a deriva, fai que a embarcación obedeza ao temón. Por iso consegue navegar case contra o vento (ata 45graos) e sen apenas vento a favor.
De invención que se perde no tempo, temos novas das primeiras embarcacións a vela polomar Mediterráneo.Gregos e despois osromanos entre outros, comezaron a utilizar barcos que aproveitaban o vento a favor, con velas aínda non desenvolvidas. A vela chamadalatina, cun corte case triangular e maniobrável, foi utilizada en barcos pesqueiros ao fin daIdade Media, polosxenoveses no seu comercio coImperio Bizantino e despois polos navegadoresibéricos, que realizaron os grandes descubrimentos nas súascarabelas.
Tiveron o seu apoxeo no comezo doséculo XIX, cando os grandesclípers eran os reis dos mares, foron superados como medio de transporte polasembarcacións a vapor, mais sobreviviron como barcos delecer edeporte.
A estabilidade nun veleiro é a capacidade que ten a embarcación de volver á posición vertical candoescora; canta máis estabilidade, con máis forza tenderá o veleiro a se erguer. Canto máis baixo estea ocentro de gravidade, maior estabilidade terá o barco.
Mais un exceso de estabilidade non é bo, pois somete a esforzos innecesarios a todas as estruturas dacuberta (convés), dicíndose entón que o barco é duro.
Un defecto de estabilidade leva que o barco sexa "frouxo", é dicir, que tarda moito en erguerse de novo tras un golpe do mar ou tras calquera outra causa que saque ao barco da súa posición vertical. Esta característica é típica dos buques de pasaxe, para que os tripulantes viaxen cómodos sen ser sometidos a grandes balances e esforzos.