Unvehículo (do latínvehiculum)[1] é calquera instrumento que serve paratransportar persoas, animais ou cousas dun lugar a outro. Pode ser motorizado ou non e circular por calquera medio (terrestre, marítimo ou aéreo).[2][3]
A primeira evidencia dun vehículo detransporte data de 22.000 anos, con pegadas atopadas que demostran o uso de estruturas para facilitar o transporte de grandes cargas.[4]
A primeiraembarcación ou proto-embarcación atopada é acanoa de Pesse, de hai uns 10.000 anos. Osbarcos máis vellos atopados datan de hai 7.000–9.000 anos.[5]
A evidencia máis temperá dun vehículo sobreraís é undiolkos de entre 6 e 8,5 km de lonxitude. Empregábase para transportar barcos a través doestreito deCorinto, enGrecia contra o600 a. C.[7]
Noséculo XVI sábese da existencia enAustria dunfunicular no castelo de Hohensalzburg, un sistema deseñado para facilitar o transporte de persoas e mercadorías cara á fortaleza situada no monte[8]
Enchedura inicial dunglobo aerostático.En agosto de1709, o sacerdote brasileiroBartolomeu de Gusmão fixo a primeira demostración de ascensión aérea en globo de ar quente non tripulado ante a corte do reiXoán V de Portugal.[9] En1783, osirmáns Montgolfier construíron o primeiroglobo aerostático e realizaron a primeira demostración pública do seu invento sendo os pasaxeiros un galo, unha ovella e un parrulo. Nese mesmo ano viaxou por primeira vez un ser humano,Jean-François Pilâtre de Rozier, pilotando un globo construído polos Montgolfier, inaugurando a era do voo aéreo.[10]O primeiro voo sostido e controlado de avións máis pesados que o ar realizouse o 17 de decembro de1903 enCarolina do Norte.
Ostransbordadores enaves espaciais son tipos de vehículos extraterrestres. Axencias dedicadas áexploración aeroespacial, como aJet Propulsion Laboratory, desenvolveron vehículos para explorar terreos doutros planetas, como oATHLETE (acrónimo deAll-Terrain Hex-Legged Extra-Terrestrial Explorer), deseñado para navegar por superficies irregulares e recoller datos científicos.[15]
↑Aínda que o termo "vehículo" xeralmente implica o transporte de persoas ou mercadorías, o V-2 tamén se pode clasificar como un vehículo no sentido de que foi un medio para transportar unha carga (neste caso, explosiva) dun punto a outro a través dunha traxectoria controlada; ademais, as súas tecnoloxías foron aplicadas no desenvolvemento de vehículos espaciais posteriores.
↑JPL (ed.)."The ATHLETE Rover"(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 17 de xullo de 2011. Consultado o 19 de xullo de 2011.