Avea cava inferior (abreviadoVCI) é un tronco venoso ou vea de gran calibre no corpo humano e outrosmamíferos, que retorna o sangue dende os membros inferiores, os órganos do abdome e apelvis até aaurícula dereita docorazón. É unha vea satélite da aorta abdominal, e é responsábel do retorno venoso de todas as veas infradiafragmáticas. No ser humano adoita medir unha media de 22 cm de lonxitude, dos cales 18 cm corresponden ao seu percorrido no abdome. A vea cava inferior ten un calibre de 20 mm na súa porción máis inferior, mentres que pode chegar até os 30 mm na súa porción superior, con dúas zonas de ancheamento a nivel dosriles e outro por enriba dofígado.[1]
Avea cava inferior está formada pola unión dasveas ilíacas primitivas esquerda e dereita. Tamén se anastomosa co sistema das veas ácigos, que percorre o lado dereito da columna vertebral, e os plexos venosos xunto amedula espiñal.Por mor de non se atopar na liña media do corpo, existen algunhas asimetrías nos patróns de drenaxe das tributarias. As veas gonadais do lado dereito e a vea suprarrenal dereita drenan cara á vea cava inferior, mais as veas do lado esquerdo drenan á vea renal esquerda, que á súa vez drena á vea cava inferior.
Algúns suxeitos teñen dúas veas cavas inferiores até que as dúas se unen xusto por embaixo dofígado. Outros naceron sen a vea cava inferior e o retorno venoso é realizado polo sistema das veas ácigos. Neste último caso de axenesia de vea cava inferior dá lugar a un drenaxe venoso anómalo das extremidades inferiores, polo que aumenta o risco de trombose venosa profunda e de tromboembolismo pulmonar.[2]
En doentes con trombose venosa profunda en membros inferiores e embolia pulmonar que non son quen de ter a anticoagulación coma opción terapéutica, o prodecemento de elección é a implantación dun filtro na vea cava inferior, que impide o paso de émbolos dende os membros inferiores até a circulación pulmonar.[3]