Varda Elentári é un personaxe ficticio dolegendarium deJ. R. R. Tolkien que aparece principalmente na súa obraO Silmarillion. É unha dosValar, os seres anxelicais que custodian e gobernanArda (o mundo no universo de Tolkien).
Varda é unha dos Aratar, os oito Valar de maior poder, e a esposa deManwë, co cal vive no cumio de Taniquetil, a montaña máis alta de Arda, enValinor. Ambos semellan complementar os poderes do outro cando están xuntos:
"Alí, cando Manwë ascende ao seu trono e mira para a fronte, se ten a Varda ao seu carón, ve máis lonxe ca calquera outro ollo, a través da néboa e a través da escuridade, por riba das leguas do mar. E se Manwë está con ela, Varda ouve máis claramente ca calquera outra orella o son das voces que berran de leste a oeste, desde os outeiros e desde os vales, e desde os escuros lugares creados por Melkor sobre a Terra"[1].
A luz é o seu elemento: dise que na súa cara pervive a luz deEru[2] (Deus na mitoloxía de Tolkien), e durante a creación dasDúas Lámpadas de Arda, foi Varda quen as acendeu, concentrando a luz difusa que iluminaba Arda xusto despois da súa creación.
Varda tamén é coñecida como a "Raíña das Estrelas", pois foi ela quen creou as primeirasestrelas no ceo xa antes da formación de Arda, e máis tarde asconstelacións, a partir do orballo da ÁrboreTelperion. Entre estas últimas salienta Valacirca, aFouce dos Valar: sete estrelas que Varda colocou no ceo do norte como desafío aMelkor, o Vala maligno, e como agoiro daBatalla Final que se librará ao final dos tempos[3]. Melkor odia a Varda por riba de todos os demais Valar, porque xa antes da creación daMúsica dos Ainur ela viu no seu interior e rexeitouno[2].
Cando oSol e aLúa foron creados a partir do derradeiro froito e a derradeira flor dasDúas Árbores de Valinor, Varda deu aos barcos que os habían transportar polo ceo a capacidade de viaxar polas rexións máis baixas de Ilmen (o equivalente do sistema solar de Tolkien), e fixou unha ruta para cada un dos dous astros. Tamén atendeu ás pregarias deIrmo eEstë, e organizou os ciclos do Sol e a Lúa de xeito que existisen o día e a noite[4].
Varda é descrita como posuidora dunha beleza indescritíbel e foi reverenciada poloselfos que a chamabanElbereth.
Como a maioría dos personaxes do legendarium, Varda ten un nome diferente en cada unha das linguas ficticias de Tolkien. O seu nome QuenyaVarda significa "sublime" ou "elevada", e o seu sobrenomeElentári quere dicir "Raíña Estrela". Outro dos seus sobrenomes éTintallë, que significa "Acendedora de Estrelas".
EnSindarin, tamén se lle coñece comoElbereth ("Raíña Estrela"),Gilthoniel ("Acendedora de Estrelas") eFanuilos ("Sempre Branca"). En Quenya primitivo recibía o nome deBarathī, enTelerin o deBaradis, e en Adûnaico o seu nome eraAvradî.