Na mitoloxía nórdica, osVanir (tamén chamadosVanes) son deuses da fecundidade e riqueza, en contraposición aosÆsir. Son moi populares entre os labregos. Son divindades pacifistas, de forte caracterización sexual e gran cohesión de grupo.
Ao principio dos tempos, houbo unha guerra entre Ases e Vanes, pero acabaron reconciliándose, tras o correspondinte intercambio de reféns, para asegurarse a boa vontade da outra parte. Crese que, en realidade, esta suposta guerra entre ambos os grupos de deuses da mitoloxía escandinava correspóndese en realidade ao recordo vago e mitificado dun posible conflito relixioso ocorrido no pasado entre os grupos humanos que xa habitaban a península escandinava, coa súa propia relixión (da que os vanes serían o seu último vestixio), e os recentemente chegados xermanos, de marcada relixión indoeuropea.
Os Vanes máis famosos sonNjord, o pai dos deuses Vanir e deus do mar,Freyr, deus da fertilidade, eFreia, a deusa do amor e da sexualidade, que viven como reféns entre osÆsir, así como os AsesHœnir eMimir son reféns dos Vanes.
|
---|
Deuses Heroes | | |
---|
Lugares | |
---|
Eventos | |
---|
Fontes | |
---|
Sociedade | |
---|
Véxase tamén | |
---|