Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Vanabina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Representación en 3D da estrutura da vanabina2 daAscidia sydneiensis var. samea.[1]

Asvanabinas (tamén chamadasproteínas asociadas ao vanadio ouvanadio cromáxeno) son un grupo específico demetaloproteínas que se unen aovanadio. As vanabinas atópanse case exclusivamente nas células sanguíneas chamadasvanadocitos dalgunhasascidias[2] e outrostunicados. As vanabinas extraídas dos vanadocitos de tunicados denomínanse con frecuencia hemovanadinas. Estes organismos poden concentrar o vanadio a un nivel 100 veces maior ca o da auga de mar que os rodea. As proteínas vanabinas parecen estar implicadas na captación e acumulación deste ión metálico. Actualmente non se comprende de forma concluínte por que estes organismos necesitan captar vanadio.

O químico alemán Martin Henze descubriu ovanadio nasascidiáceos en 1911.[3][4][5]

Teorías

[editar |editar a fonte]

As vanabinas como transportadores de oxíxeno

[editar |editar a fonte]

Debido á alta concentración de vanadio nosangue, asumiuse inicialmente que as vanabinas se utilizan para o transporte de oxíeno igual que fan ashemoglobinas baseadas no ferro ou ashemocianinas baseadas nocobre. Porén, non hai probas científicas sólidas que avalen estahipótese.

As maiores concentracións de vanadio encontráronse ata agora nas células deAscidia gemmata (350mM), da suborde dosPhlebobranchia. Esta concentración é 10.000.000 veces maior que na auga de mar.[6]

As vanabinas acumulan vanadio nas células do sangue e producen especies V(III) e ións vandanil (V(IV)) a partir de ións ortovanadato (V(V)), co uso docoencimaNADPH comoaxente redutor. As vanabinas tamén transportan as especies reducidas do vanadio envacúolos dos vanadocitos. Os vacúolos teñen unpH interno moi ácido, de 1,9, que se mantén polo bombeo de ións hidróxeno ao interior dos vacúolos utilizando intensamente unha H+-ATPase. O uso de NADPH eATP para captar e conservar o vanadio é enerxeticamente moi intenso, o que é pouco usual en proteínas que transportan oxíxeno.

Outras proteínas transportadoras de oxíxeno teñen unhaconstante de disociación moi baixa co seugrupo prostético metálico e únense firmemente a eses grupos. As vanabinas teñen unha constante de disociación moderada e non se unen firmemente ao vanadio. Aínda máis significativo é que, debido a esta constatne de disociación moderada, o vanadio atópase comunmente flotando libre e separado de calquera proteína nos vacúolos. Isto é completamente diferente ao que se observa noutras proteínas transportadoras de oxíxeno.

Unha hipótese correlaciona as células sanguíneas das ascidias coaanaerobiose por medio do vanadio(III) e os tunicromos.[7]

Vanabinas non transportadoras de oxíxeno

[editar |editar a fonte]

As probas máis convincentes en contra do uso do vanadio para transportar oxíxeno é que moitas ascidias e outros tunicados tamén teñenhemocianina no seu sangue,[8] que podería ser a responsable de todo o transporte de oxíxeno. Por tanto, o uso de vanabinas e de vanadio para o transporte de oxíxeno nas acidias e outros tunicados é dubidoso. Outra razón hipotética para que estes organismos capten vanadio (en vez de para o transporte de oxíxeno) é a de converterse en tóxicos para os seuspredadores,parasitos emicroorganismos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. WoRMS
  2. Ueki T1, Adachi T, Kawano S, Aoshima M, Yamaguchi N, Kanamori K, Michibata H. Vanadium-binding proteins (vanabins) from a vanadium-rich ascidian Ascidia sydneiensis samea. Biochim Biophys Acta. 2003 Apr 15;1626(1-3):43-50.PMID 12697328.
  3. Henze (1911). Untersuchungen fiber das Blut der Ascidien. 1. Die Vanadiumbindung der Blutk6rperchen.Z. Physiol. Chem. 72, 494–50
  4. Michibata H, Uyama T, Ueki T, Kanamori K (2002). Vanadocytes, cells hold the key to resolving the highly selective accumulation and reduction of vanadium in ascidians.Microscopy Research and Technique. Volume 56 Número 6, Páxinas 421 - 434
  5. Henze, M. (1911). "Untersuchungen über das Blut der Ascidien. I. Mitteilung. Die Vanadiumverbindung der Blutkörperchen".Hoppe-Seyler´s Zeitschrift für physiologische Chemie72 (5–6): 494.doi:10.1515/bchm2.1911.72.5-6.494. 
  6. Tatsuya Ueki, Nobuo Yamaguchi, and Hitoshi Michibata (2003)."Chloride channel in vanadocytes of a vanadium-rich ascidianAscidia sydneiensis samea"(PDF).Comparative Biochemistry and Physiology136 (1): 91–98.PMID 12941642.doi:10.1016/s1096-4959(03)00175-1. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 06 de xuño de 2014. Consultado o13 August 2013. 
  7. Smith MJ. Vanadium biochemistry: the unknown role of vanadium-containing cells in ascidians (sea squirts). Experientia. 1989 May 15;45(5):452-7.PMID 2656286.
  8. A. Immesberger, T. Burmester. Putative phenoloxidases in the tunicate Ciona intestinalis and the origin of the arthropod hemocyanin superfamily. Journal of Comparative Physiology B. March 2004, Volume 174, Issue 2, pp 169-180.[1]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vanabina&oldid=6212757»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp