Van Halen é unha bandaestadounidense dehard rock, chamada así polos irmánsEddie Van Halen eAlex Van Halen (guitarrista e batería respectivamente).
O primeiro álbum da banda,Van Halen de1978 é amplamente considerado como un fito na historia do rock. Con esta primeira estrea, a banda estableceuse como un líder no emerxente e desafiante mundohard rock dos Estados Unidos. En particular, o guitarrista da banda,Eddie Van Halen, fíxose rapidamente famoso grazas á súa técnica e sensibilidade musical. Hoxe en día é considerado como un dos guitarristas máis innovadores e influentes da historia; outros dos trazos distintivos do grupo na súa etapa considerada máis clásica, era o estilo versátil e autoparódico do seu cantanteDavid Le Roth, coñecido como"Diamond" Dave.
De 1978 a 1998 a banda editou 11 álbums (todos eles estiveron entre os 20 mellores de Billboard. A banda vendeu máis de 70 millóns de álbums mundialmente e recibiu varios nomeamentos aospremios Grammy, gañando un co álbum "For Unlawful Carnal Knowledge" en 1991. Van Halen figura noLibro Guinness dos Récords coa maior cantidade de Nº 1's na lista deBillboard dentro do hard rock. Segundo a Asociación da industria discográfica dos Estados Unidos.