Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Valderredible

Coord.:42°48′26″N3°56′21″O / 42.807222222222,-3.9391666666667
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaValderredible
Imaxe

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 42°48′26″N3°56′21″O / 42.807222222222,-3.9391666666667
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCantabriaEditar o valor en Wikidata
CapitalValderredible(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación931(2024)Editar o valor en Wikidata (3,12hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie298,24 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude835 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataLuis Fernando Fernández(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal39220Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE39094Editar o valor en Wikidata

Sitio webvalderredible.esEditar o valor en Wikidata

Valderredible é oconcello máis meridional dacomunidade autónoma deCantabria. Limita polo norte conValdeprado del Río, polo leste e sueste coaprovincia de Burgos e polo oeste e suroeste coaprovincia de Palencia, ámbalas dúas deCastela e León. Valderredible está situado nacomarca de Campoo-Los Valles e por el discorre orío Ebro. É o municipio deCantabria con maior extensión.

Historia

[editar |editar a fonte]

Atopáronse restos de ferramentas doNeolítico e daIdade de Bronce en Salcedo,pinturas rupestres en Ruanales e unmenhir (chamadoLanchahincada) en San Martín de Elines. Tamén hai pegadas da ocupaciónromana.

NaAlta Idade Media (cara aoséculo X), a zona xa era coñecida comoVal de Ripa Hibre (castelán antigo:Val do río Ebro, do que deriva o nome actual deValderredible) e debía de estar bastante poboada, pola abundancia deermidasrupestres, enterramentos e restoscerámicos datados na época. A partir dos séculosXI eXII constrúense as abundantes igrexasrománicas da comarca.

Valderredible estivo integrado noMeiriñado deCampoo até que, en1633, os seus veciños conseguiron o dereito a teralcaldes designados pola autoridade real de entre eles. No ano1835 obtén o rango demunicipio.

Patrimonio

[editar |editar a fonte]

Varios son osbens de interese cultural deste municipio. Por un lado, hai unha serie de monumentos entre os que se distinguen as ermidas rupestres das igrexas románicas e, por outro, unha serie de zonas arqueolóxicas.

Monumentos

[editar |editar a fonte]
Valderredible concentra gran cantidade de ermidas rupestres ao longo de todo o val.
Centro de Interpretación do Rupestre, ao lado da Ermida de Santa María de Valverde.

Hai outras manifestacións románicas non protexidas oficialmente, que fan que Valderredible forme parte doPaís do Románico, zona cunha das maiores concentracións de igrexas románicas de Europa, estando todas elas sendo sometidas a un proceso de restauración. Poden citarse San Andrés de Valdelomar (século XII ou comezos doXIII), Castrillo de Valdelomar, Villanueva de Nía e varias máis, conservadas en maior ou menor medida, repartidas por toda a zona.

Zonas arqueolóxicas

[editar |editar a fonte]

Lugares de interese

[editar |editar a fonte]

Xunto á Ermida Rupestre deSanta María de Valverde, localízase o Centro de Interpretación da Arte Rupestre, que se encontra aberto ao público.

Na localidade deLa Puente del Valle, atópase o Centro de visitantes da "Piedra en Seco", dependente doGoberno de Cantabria, aberto ao público desde finais do 2006.

  • Centro de Visitantes la Piedra en Seco, en Puente del Valle.
    Centro de Visitantes la Piedra en Seco, en Puente del Valle.
  • Cabaña de piedra en seco.
    Cabaña de piedra en seco.

No cruzamento de Puente del Valle conMontecillo eQuintanilla de An, áchanse os restos daermidarupestre de San Pantaleón, e dunhanecrópole labrada no alto dunha rocha.

A localidade de Rebollar de Ebr, alberga o Observatorio Astronómico de Cantabria.

En Riopanero encóntrase o Centro de Visitantes do Monte Hijedo, un dos bosques de carballo albar máis importante do norte de España. A través desta localidade temos un dos accesos a este bosque.

En Polientes, centro de servizos da zona, localízase o Museo Etnográfico de Valderredible.

Localidades

[editar |editar a fonte]
Colexiata deSan Martín de Elines.
Ermida rupestre deSanta María de Valverde.
Carballeira nas inmediacións deNavamuel.

Demografía

[editar |editar a fonte]

A poboación deste municipio, como é habitual nas zonas interiores de Cantabria, diminuíu enormemente, tendo escasamente os 1000 habitantes na actualidade. Este despoboamento, xunto á grande extensión do municipio, provoca un número moi baixo de habitantes por quilómetro cadrado.

Evolución demográfica
190019101920193019401950196019701980199020002007
7.4427.1497.5547.0506.5816.0924.9892.5821.5621.3741.2611.137

Fonte:INE

No 2008, das 1.131 que residen en Valderredible, 627 son homes e 504 mulleres.

Administración

[editar |editar a fonte]
Eleccións municipais,25 de maio de2003
PartidoVotos%Concelleiros
PP42640,69 %4
PSOE36534,86 %3
PRC24623,50 %2
  • Alcalde electo: Luis Fernando Fernández (PRC).
Eleccións municipais,27 de maio de2007
PartidoVotos%Concelleiros
PRC41145,92 %5
PSOE24026,82 %2
PP23726,48 %2
  • Alcalde electo: Luis Fernando Fernández (PRC).

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Valderredible
Alfoz de Lloredo  · Ampuero  · Anievas  · Arenas de Iguña  · Argoños  · Arnuero  · Arredondo  · El Astillero  · Bárcena de Cicero  · Bárcena de Pie de Concha  · Bareyo  · Cabezón de la Sal  · Cabezón de Liébana  · Cabuérniga  · Camaleño  · Camargo  · Campoo de Enmedio  · Campoo de Yuso  · Cartes  · Castañeda  · Castro Urdiales  · Cieza  · Cillorigo de Liébana  · Colindres  · Comillas  · Los Corrales de Buelna  · Corvera de Toranzo  · Entrambasaguas  · Escalante  · Guriezo  · Hazas de Cesto  · Hermandad de Campoo de Suso  · Herrerías  · Lamasón  · Laredo  · Liendo  · Liérganes  · Limpias  · Luena  · Marina de Cudeyo  · Mazcuerras  · Medio Cudeyo  · Meruelo  · Miengo  · Miera  · Molledo  · Noja  · Penagos  · Peñarrubia  · Pesaguero  · Pesquera  · Piélagos  · Polaciones  · Polanco  · Potes  · Puente Viesgo  · Ramales de la Victoria  · Rasines  · Reinosa  · Reocín  · Ribamontán al Mar  · Ribamontán al Monte  · Rionansa  · Riotuerto  · Las Rozas de Valdearroyo  · Ruente  · Ruesga  · Ruiloba  · San Felices de Buelna  · San Miguel de Aguayo  · San Pedro del Romeral  · San Roque de Riomiera  · San Vicente de la Barquera  · Santa Cruz de Bezana  · Santa María de Cayón  · Santander  · Santillana del Mar  · Santiurde de Reinosa  · Santiurde de Toranzo  · Santoña  · Saro  · Selaya  · Soba  · Solórzano  · Suances  · Los Tojos  · Torrelavega  · Tresviso  · Tudanca  · Udías  · Val de San Vicente  · Valdáliga  · Valdeolea  · Valdeprado del Río  · Valderredible  · Valle de Villaverde  · Vega de Liébana  · Vega de Pas  · Villacarriedo  · Villaescusa  · Villafufre  · Voto
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Valderredible&oldid=6677768»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp