Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Valdés

Coord.:43°29′05″N6°28′16″O / 43.4847,-6.4712
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaValdés
Imaxe

Localización
lang=glEditar o valor en WikidataMapa
 43°29′05″N6°28′16″O / 43.4847,-6.4712
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de AsturiasEditar o valor en Wikidata
CapitalḶḷuarcaEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación10.895(2024)Editar o valor en Wikidata (30,82hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie353,52 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar CantábricoEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Mayor of Valdés(en)TraducirEditar o valor en WikidataÓscar Pérez Suárez(en)Traducir(2019–)Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal33700Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33034Editar o valor en Wikidata

Sitio webayto-valdes.esEditar o valor en Wikidata

Valdés é unconcelloespañol doPrincipado de Asturias, e ten como capitalLuarca.

Historia

[editar |editar a fonte]

Os datos máis antigos da presenza humana no concello de Valdés remóntanse ás épocasprehistóricas, concretamente á etapa doachelense, atopándose ferramentas e industrias de homínidos no sitio de Busto, sendo ata o momento presente o lugar que deu os restosarqueolóxicos máis antigos de todo o norte peninsular. Tamén se localizaron restos industriais destas mesmas etapas nos lugares de Caroyas, Ribón e Paredes. Dentro da eramegalita, localízanse variasnecrópolestumularias en zonas limítrofes conCudillero,Salas,Villayón e en zonas interiores como Villuir, La Granda ou Piedrafita, sendo o campo encontrado en Xugadoiro o máis sobresaínte dentro destes descubrimentos.

Dentro dacultura castrexa, varios son os asentamentos localizados por todo o concello, aínda que a ausencia de escavacións impide determinar con exactitude a data de construción dos mesmos. Presuntamente os localizados no interior eran utilizados polosromanos para os seus traballos nas prospecciónsauríferas, e que os atopados nas proximidades costeiras podíanse relacionar co control davía romana que se dirixía aLugo. Da época colonizadora romana consérvanse son varias moedas, un selo, e unha lápida cunha inscrición romana atopada en Rellón de Merás, parroquia de Paredes.

Os primeiros datos documentados do concello de Valdés corresponden aos séculosX eXI, nos que se producen varias doazóns, tanto ao bispado deOviedo, como aos cenobios de Corias e Bárcena, que posuían varias igrexas e terreos domunicipio. Xa nestes tempos a poboación de Valdés empezaba a ter unha considerable importancia, sendo dous séculos máis tarde, concretamente no ano1270, cando o monarcaAfonso X o Sabio outorgou a Carta Puebla ao territorio, concedéndolles a partir deste momento e por culpa do desgoberno, roubos e danos que os nobres e cabaleiros cometían coas xentes do lugar, tódolos dereitos reais e liberdades, reservándose a Coroa as posesións eclesiásticas. Sete anos máis tarde Valdés forma parte da creación da irmandade da maioría das vilas do occidente, que se desenvolve no Alto de La Espina, e na cal se comprometen todas elas a colaborar entre si, e rematar cos roubos e delitos na comarca.

A épocamedieval vén marcada pola influencia que tiña en todaLuarca o incipiente Gremio de Mareantes, que agrupaba pescadores, comerciantes e armadores para regular e defender os numerosos intereses comerciais que alí se daban. Oséculo XV ven marcado polas disputas da nobreza coamonarquía, tendo varias liñaxes unha autoridade bastante grande sobre boa parte da zona, feito que non agrada de ningunha maneira á Coroa. Boa mostra disto constitúeo a construción da torre de Villa de Moros, antiga fortaleza medieval que pertenceu á casa dos Peláez. Noséculo XVI, Valdés aparece nas actas daXunta Xeral do Principado de Asturias como integrante do partido dos cinco concellos, documentado por primeira vez no ano1462 e que agrupaba os municipios deGrau,Salas,Pravia, Valdés eMiranda. Durante os séculos XVI,XVII eXVIII a xurisdición municipal abarcaba 13 parroquias e un anexo e 189 entidades de poboación repartidas por todo o territorio.

Oséculo XIX deixa un acontecemento relacionado coaGuerra da Independencia contra os franceses: tras sufrir Oviedo a terceira invasión, da Xunta do Principado e da Real Audiencia a Luarca, para pasar posteriormente aCastropol eFigueras. Tamén deixa o final do século a aparición dos primeiros movementos migratorios ultramarinos, establecéndose liñas regulares de fragatas en dirección aAmérica, e que volverían máis tarde á súa terra natal cun forte poder monetario e social. Esta cultura dos indianos, e grazas á cal se debe o desenvolvemento económico e industrial posterior na zona, quedando tamén belos legados arquitectónicos coñecidos como casas de indianos de estilos modernistas coloniais.

Doséculo XX a nova máis destacada que se produce é o cambio do nome do concello en1909, adoptando a nomenclatura da capital, non sendo restituído pola antiga e máis acorde denominación de Valdés ata o ano1985.

Parroquias

[editar |editar a fonte]

Festas

[editar |editar a fonte]

O último domingo de xullo son as festas da Vaqueirada en Aristébano, e as daVirxe do Carme en Luarca e Barcia. O15 de agosto son as festas da Virxe do Rosario en Luarca, San Timoteo en Luarca o día22 de agosto, La Regalina en Cadavedo o último domingo de agosto. O29 de setembro son as de San Miguel enTrevías.

Multitude de celebracións sucédense por todo o territorio valdesano, sobre todo na estación estival, tendo cada festexo unha particularidade diferente. Así na festividade da Virxe do Rosario ten lugar unha procesión marítima con posterior procesión coa imaxe da Virxe, tirándose posteriormente a xuventude vestida ao mar. As festas de San Timoteo son unha das máis concorridas do verán ástur, sendo o día22 de agosto o seu día grande, congregándose no Prau del Patrón unha infindade de xente. Na Vaqueirada de Aristébano, organizada conxuntamente conTinéu, ten lugar unha tradicional vodaVaqueira. Tamén a celebración deLa Regalina ten a súa nota característica, combinando bailes e cantos, realizados polas mozas solteiras en honor da patroa. Ademais de todos estes festexos, tamén son destacables na Villa Blanca, os Entroidos e a Semana Santa, sen dúbida a máis importante do occidente asturiano.

A Galipedia ten unportal sobre:Asturias
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Valdés&oldid=6995834»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp