| Tipo | val | |||
|---|---|---|---|---|
| Inicio | ||||
| División administrativa | Gobernación de Xerusalén, Estado de Palestina eGobernación de Belén, Estado de Palestina | |||
| Final | ||||
| División administrativa | Israel | |||
| Localización | Mar Morto | |||
| ||||
| Bañado por | Wādī Sittī Maryam(en) | |||
| Cordilleira | Montes de Xudea | |||
| Afluentes | ||||
OVal do Kidron (enhebreo:נחל קדרון:נחל קדרון,Naḥal Qidron; enárabe:وادي الجوز:وادي الجوز,Wadi al-Joz para o segmento superior preto do Monte do Templo -ou explanada das mesquitas-, eWadi un-Nar para o resto) é o val do lado oriental da Cidade Vella deXerusalén, que separa o Monte do Templo doMonte das Oliveiras. Continúa polo leste polo deserto de Xudea naCisxordania, cara aoMar Morto. O asentamento israelí de Kedar, localizado nun outeiro sobre o val, débelle o seu nome, e o barrio de Wadi al-Joz conserva a forma árabe do nome do val. ABiblia hebraica chámaoEmek Yehoshafat (o "Val de Xosafat"). Aparece nasprofecías escatolóxicasxudías, que abranguen o regreso de Elías, a chegada doMesías, aGuerra de Gog e Magog e oXuízo Final.[1]

O punto central de referencia do Val de Kidron é a confluencia da máxima concentración detumbas feitas na roca de Xerusalén. Nesta área, localizada na periferia da aldea de Silwan, situábase un dos principaiscemiterios de Xerusalén no período do Segundo Templo.[2] Moitas destas tumbas foron tamén utilizadas máis tarde, non só como cemiterio senón tamén como refuxios de ermitáns e demonxes das comunidades monásticas que habitaron o Val do Kidron.[3]
As vellas tumbas desta zona atraeron a curiosidade de numerosos viaxeiros antigos, maiormente a do xudeu-navarroBenxamín de Tudela. Este viaxeiro do século XII indicou as distancias que había entre as cidades que visitaba, fixo unha relación dos dirixentes das comunidades xudías e deixou rexistrados os nomes dos eruditos máis notables.[4] O seu testemuño da presenza xudía na área do Val do Kidron constitúe o principal documento histórico utilizado polosarqueólogos ehistoriadores modernos.
A Biblia hebraica denomina este territorio como "Val deXosafat" (hebreo:עמק יהושפט:עמק יהושפט), que vén significando "O val ondeXahvé xulgará". Nos tempos do rei doAntigo Testamento, o Val do Kidron identificouse, polo menos en parte, co Xardín do Rei. Resulta problemático considerarmos que a parte superior do Val do Kidron se designase tamén como Val do Kidron. A Biblia non fai explicitamente esta identificación, senón que unicamente se pode inferir nalgunha pasaxe por referencias pouco precisas.[5]
Cómpre apuntar que non todos os estudosos están de acordo coa visión tradicional de que o Val do Kidron coincide xeograficamente co Val de Xosafat. O comentarista bíblico Adam Clarke defende este punto de vista, afirmando que o Val de Xuízo é un lugar simbólico.[6] Non se empezou a identificar a localización do Val do Kidron coa do Val de Xosafat ata o século IV d.C.[7]
Nunha pasaxe da Biblia menciónase queDeus reunirá todas as nacións no “Val de Xosafat” (Xoel 3:2, Xoel 3:12). Algúns consideran que o Val de Xosafat (“Xahvé xulgará” ) refire ao val situado entre Xerusalén e o Monte das Oliveiras, cara ao leste. Foi neste val onde se pensa que o rei Xosafat venceu os inimigos deIsrael (2 Crónicas 20:26). A identificación co Val de Kidron, que empezou no século cuarto, non se considera moi precisa, xa que hoxe non se coñece ningún val con ese nome na antigüidade precristiá.

As tres tumbas monumentais no lado oriental do Val do Kidron constitúen as referencias con máis sona do antigo Xerusalén. Son, desde o norte ao sur, a coñecida como tumba deAbxalom, que se ergue diante da "Cova de Xosafat", a tumba de Benei Hezir e a denominada tumba de Zacarías.
A tumba de Abxalom consta de dúas partes. Primeiro, un cubo inferior labrado na rocha, decorado con columnas xónicas que exhiben un friso dórico e coroado por unha cornixaexipcia. Esta parte do monumento contén unha pequena cámara cunha entrada e dous nichos funerarios en forma de arco, o que constitúe a tumba real. A segunda parte, de cantaría, está na parte superior do cubo labrado na rocha. Costa dunpedestal cadrado que leva un tambor redondo, coroado por un teito cónico. O cono é lixeiramente cóncavo e está coroado por unha flor de loto de estilo exipcio. A parte superior ten a forma xeral duntholos e interprétase como unnefesh ou monumento relacionado coa tumba inferior e, posibelmente, tamén coa veciña cova de Xosafat. A "Columna de Abxalom" data do século I d.C[8]
Literalmente, a palabranefesh significa "ánima", mais no contexto arquitectónico é o termo co que se coñece un determinado tipo de monumento funerario. En descricións das tumbas da nobreza xudía, a forma de pirámide tamén se utilizou como indicación dunha tumba. As tumbas xudías do Val de Kidron son os mellores exemplos desta forma de nefesh.[9] Outras formas similares aonefesh aparecen tamén decorando osarios, con outros elementos engadidos, como columnas. En Xerusalén, o nefesh como monumento funerario situouse por riba ou ao pé das tumbas, tanto nos chanzos como na súa base.
En 1989, o Concello de Xerusalén levou a cabo traballos rutineiros nesta zona. Logo da ampliación dunha pequena calella preto da aldea de Silwan, a maquinaria destapou unha serie de aperturas cadradas traballadas na rocha. As autoridades en materia deantigüidades de Israel ordenaron entón deter os traballos. Despois de deixar á luz os espazos subterráneos, osarqueólogos atopáronse no interior dun grande complexo funerario, que permanecía intacto. Movéndose con coidado entre as cámaras e axudándose de lanternas, descubriron unha gran cantidade de obxectos esparexidos polo chan (xerras de cerámica e de vidro, lámpadas de aceite e numerosos osarios ornamentais). Os tres amplos ocos formaban parte dun extenso enterramento xudeu que estivo en uso no final do segundo período do templo, que rematou no ano 70 d.C, cando aslexións romanas conquistaron Xerusalén e destruíron o templo.[10]