Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Vaca

Esta páxina está semiprotexida ata o 17-03-2020
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Vaca (homónimos).
Vaca
 Instancia de
 Sinonimia
  • Bos taurusLinnaeus, 1758
  • Bos indicusLinnaeus, 1758
 Composto por
Características
 Duración máxima de vida
48 aEditar o valor en Wikidata
 Fonte de alimentación
 Período de xestación
9 MMEditar o valor en Wikidata
 Tamaño da niñada
1Editar o valor en Wikidata
 Máxima frecuencia de son audible
35000 HzEditar o valor en Wikidata
 Mínima frecuencia de son audible
23 HzEditar o valor en Wikidata
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
SubfiloVertebrata
ClaseMammalia
SubclaseTheria
InfraclaseEutheria
OrdeArtiodactyla
FamiliaBovidae
SubfamiliaBovinae
XéneroBos
EspecieB. primigenius
SubespecieB. p. taurus
B. p. indicus
Identificadores
Freebase/m/01xq0k1Editar o valor en Wikidata
MeSHD002417Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC2908982167Editar o valor en Wikidata
UNIIO628M2YS7PEditar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 196552
Wikidata G:Commons C:Commons

Avaca (Bos taurus) é un animaldoméstico orixinario deEuropa. Utilízase para a produción deleite,carne ecoiro e tamén é animal de traballo, dependendo da raza e o grao de tecnificación do lugar. As femias coñécense comovacas e os machos comobois outouros. As crías denomínansepuchos,cuchos,cuxos,xatos,becerros outenreiros, e desde o ano de idade ata que paren,almallas,novelas,xovencas ouxuvencas. Existen os adxectivosvacún/vacúa ebovino.

Segundo aFAO, no ano2005 existían no planeta 1.272 millóns de vacas, incluíndo nesta cifra acebús eiacs. En2009 a cifra ascendía a 1.382.241.378. Delas corresponderían 270.675.336 aÁfrica, 509.551.701 aAmérica, 439.175.098 aAsia, 38.616.809 aOceanía e 124.222.434 aEuropa. Destas, 6.020.200, están enEspaña, que ocupa o sétimo lugar do continente e o sexto daUnión Europea por número de cabezas de gando bovino.[1]

Étimo

[editar |editar a fonte]

A orixeetimolóxica da palabravaca non está clara e as hipóteses difiren moito segundo os autores. ParaRoque Barcia Martí,vaca vén da vozsánscritavapati, que significamuxir, e que no sánscrito clásico pasaría avapati, xa co significado actual.[Cómpre referencia] A vozlatinauacca proviría desa raíz sánscrita, co mesmo significado tamén. Outra hipótese supón para a voz latina unha orixe naonomatopeicabacca, que daría lugar tamén abos, dando orixe ó seu heterónimo actual,boi. Para outros a voz latina tería a súa raíz na vozhebreavaca oubacar, un substantivoepiceno que significa o mesmoboi quevaca.

Bioloxía

[editar |editar a fonte]

Taxonomía

[editar |editar a fonte]
Debuxo dun uro,Bos primigenius.

Parece probable que a vaca europea proceda da vaca salvaxeBovidae primigenius (Bos primigenius) domesticada hai uns 8.500 anos no sueste de Europa. Era pouco común criar gado para alimentación. Comíanse apenas se morresen ou non fosen máis útiles para carga ou para fornecer leite. Ao contrario dacabra, tamén servía como animal de carga, mais precisaba depastos maiores.

Carl von Linné identificou tres especies distintas:Bos taurus, ou gando europeo, que inclúe tipos semellantes de África e Asia;Bos indicus, oucebú, de orixe asiática; e oBos primigenius ou uros. Máis recentemente, estas especies agrupáronse nunha única,Bos primigenius taurus,Bos primigenius indicus eBos primigenius primigenius. Existen numerososhíbridos e mesmo razas híbridas, cos que se tenta combinar a produtividade do gado taurino coa rusticidade e adaptabilidade a medios tropicais do gado cebú.

Estómago composto da vaca.
Artigo principal:Ruminante.

O boi e a vaca son unmamíferoungulado,herbívoro eruminante que vive entre 14 e 16 anos.

Aparello dixestivo

[editar |editar a fonte]
Vaca pastando.

Oaparello dixestivo da vaca permítelle dixerir alimentos ricos en fibra, que noutros sistemas dixestivos non serían aproveitábeis,regurxitándoos e mascándoos de novo. A forza e rixidez das plantas débese áfibra, que é o compoñente principal dostalos dasgramíneas e outras; os azucres complexos (celulosa ehemicelulosa) atópanse pechados nas paredes dascélulas e son inaccesíbeis para a maioría dos animais. Tras unha segunda mastigación, o alimento pode ser dixerido porbacterias,protozoos emicrobios que habitan norume, que xeran osácidos graxosvolátiles que supoñen a fonte de enerxía metabólica primaria das vacas. Os microbios que habitan no interior do rume sintetizan taménaminoácidos de compostos denitróxeno nonproteínico como aurea. O baixo contido enerxético da súa dieta fai que teñan que pasar gran parte do día alimentándose.

As vacas contan cun estómago composto por catro cavidades, o rume, oretículo, oomaso e oabomaso. O retículo é o de menor tamaño e o rume o maior. O contido do retículo mestúrase co do rume case continuamente e comparten unha poboación densa de microorganismos. O rume é un vaso defermentación no que as partículas de fibra permanecen entre 20 e 48 horas. O retículo separa as partículas que teñen un tamaño pequeno (<1–2 mm) ou son densas (>1,2 g/ml), que son as que poden pasar á terceira cavidade. A función principal do abomaso é a de aproveitar auga e minerais como osodio e ofósforo, que poden retornar ao rume a través dasaliva. O abomaso segrega ácidos fortes e moitosenzimas dixestivos.

Aparello reprodutor

[editar |editar a fonte]
MasculinoFeminino
Ostestículos dos máis novos están localizados inicialmente en posición abdominal antes de migrar cara ao saco escrotal; ambos os dous testículos pesan xeralmente uns 800 g e están recubertos por unha membrana fibrosa inelástica, aalbuxínea, unida aomúsculo cremáster que pode retraer ou facer variar a súa altura. Ao testículo úneselle oepidídimo, constituído polos canais aferentes. A súa cabeza está aplicada sobre o testículo e comunica con el por varios condutos, e a súa cola, máis fina, desemboca noconduto deferente. No epidídimio é onde osespermatozoides terminan a súa maduración. O conduto deferente conéctase áuretra no mesmo lugar que asvesículas seminais, unhas glándulas lobuladas que miden entre 8 e 15 cm de lonxitude, de 3 a 5 cm de ancho e 1–2 cm de espesor. Forman, xunto coapróstata e asglándulas bulbouretrais, as glándulas anexas, que secretan diversos compoñentes do esperma. A próstata do boi é de pequeno tamaño e dispersa en torno á uretra. As glándulas bulbouretrais, do tamaño dunha castaña, están localizadas na porción posterior da uretra. Opene mide entre os 80 e os 110 cm de lonxitude; está composto de tecidos non moi eréctiles, mais que se compensa coa súa dobre inflexión en forma de S, coñecida como flexura sigmoide ou «S» peniana, que é capaz de despregarse e permitir o alongamento do órgano fóra da vaíña no momento do apareamento. A vaíña, dunha lonxitude de 35 a 40 cm e un diámetro de 3 cm, sitúase a poucos centímetros por detrás doembigo.[2][3]Os dousovarios da vaca están situados a media altura do corpo doilio, a 40 cm davulva; son de pequeno tamaño, cun peso de 10-20 g e forma de améndoa. Os ovarios están no interior das bolsas ováricas que se abren aosovidutos; nos ovidutos é onde se leva a cabo afecundación e as primeiras fases de desenvolvemento doembrión. O oviduto componse por un infundíbulo aberto sobre a bolsa ovárica, a ampola, e dun istmo estreito que desemboca no corno uterino. Oútero, o órgano da xestación, está dividido en dous cornos uterinos de 35 a 40 cm de lonxitude lixeiramente circunvolucionados. Océrvix uterino mide uns dez centímetros; os pregos no cérvix danlle unha forma similar a unha flor aberta cando é observado de fronte. Avaxina é relativamente longa, cuns 30 cm de lonxitude e 5–6 cm de diámetro; detense á altura do meato urinario e os vestixios dohime.[3][4]
1.Recto 2.Próstata 3.Glándulas bulbouretrais 4.Músculo isquiocavernoso 5.Músculo bulbocavernoso 6.Cremáster 7.Epidídimo 8.Testículo 9.Vesícula seminal 10.Conduto deferente 11.Vexiga 12.Rume 13. Flexura sigmoide 14.Pene 15.Glande 16.Escroto.
1.Recto 2.Vulva 3.Clítoris 4.Vaxina 5.Pelve 6.músculos 7. Teto 8.Cérvix uterino 9.Vexiga 10. Bolsa ovárica 11.Ovario 12. Corno uterino 13.Ovidutos 14.Ubre
Reprodución
[editar |editar a fonte]

O período de xestación da vaca é de nove meses. Normalmente ten unha soa cría, que pesa entre 40 e 50 kg, aínda que en ocasións pode ter dous becerros nun só parto.

Nunha explotación industrial do gando bovino é máis corrente usar a inseminación artificial que a natural. Este método permite mellorar o control sobre o proceso e facer melloras xenéticas. A técnica de transferencia de embrións é moi pouco común, pero espérase que se estenda no futuro.

Glándulas mamarias

[editar |editar a fonte]
Ubre de vaca.

Oubre dunha vaca contén catroglándulas cuxo tamaño e peso varían coa idade da vaca e co seu estado de lactación. Ademais, no 40% das vacas pódese atopar un ou máis tetos adicionais, con ou sen tecido glandular asociado. O ubre dunha vaca moi produtora pode chegar a dar 17,1 kg de leite ó día. O tamaña do ubre pode sufrir variacións de ata 1/3 do seu volume no período que vai dende unha muxida ata a seguinte. Esta variación depende da calidade do ubre e da cantidade de leite segregado[5].

Dende o nacemento ata a súa puberdade, as glándulas mamarias das xatas pasan por diferentes fases de desenvolvemento. O ubre aumenta de tamaño, adquirindo unha forma definida, debido en parte á acumulación degraxa. A iniciación dosciclos estrais supón unha estimulación maior para o crecemento. Coa primeira preñez complétanse os ductos, os tecidos secretores e o leito vascular[5].

Oxenoma doBos taurus está organizado en 29 pares deautosomas e douscromosomas sexuais, conta con máis de 27 000 xenes (dos que boa parte están presentes no ser humano e a meirande parte correspóndense con grandes fragmentos de cromosomas humanos, e en ocasións con cromosomas enteiros) e uns tres mil millóns de pares básicos, un tamaño similar ao do xenoma humano.[6][7][8][9] Asecuenciación do xenoma da especie foi publicado no ano2009 na revistaScience no ámbito do «Proxecto internacional de secuenciación do xenoma bovino» levado a cabo por diferentes centros de investigaciónestadounidenses e que contou con fondos principalmente norteamericanos, aínda que tamén participaron outros países comoAustralia,Nova Zelandia ouNoruega, e que requiriu seis anos de traballo e a participación de máis de 300 científicos de 25 países. Os traballos foron realizados sobre o caso dunha vaca da razaHereford.[7][10]

Os coñecementos adquiridos a través desta secuenciación poden ter importantes implicacións na gandaría bovina, tanto no sector cárnico como no leiteiro, e tamén no que se refire á reprodución ou á adaptación das especies ás técnicas gandeiras ou no seu impacto medioambiental.[7] Este estudo tamén é relevante pola importancia destes bóvidos domésticos comoorganismo modelo en investigacións sobre a obesidade, enfermidades infecciosas, endocrinoloxía, fisioloxía e técnicas reprodutivas.[6]

Parasitoloxía

[editar |editar a fonte]

As vacas poden transmitirlle ao ser humano atenia da especieTaenia saginata cando este come carne de vaca pouco cocida que conteña os cisticercos (larvas) da tenia, que á súa vez a vaca adquiriu ao comer herba contaminada con ovos do verme procedentes de feces humanas.[11] Unha vez inxeridos os ovos pola vaca, os cisticercos da tenia enquístanse principalmente na musculatura, sobre todo nos músculos maseter, corazón, lingua, músculos das costas, diafragma e intercostais, e en menor medida no esófago, a graxa do fígado, pulmóns, ganglios linfáticos e tecido celular subcutáneo, orixinando a cisticercose bovina, que moitas veces éasintomática[12]. Segundo a normativa comunitaria e española a inspección sanitaria da carne debe realizarse examinando a lingua, esófago, corazón, diafragma, maseter e superficies da canal.[13]

Aproveitamento

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Leite.

O leite é un líquido branco secretado polas glándulas mamarias dosmamíferos durante o período delactación. Componse deauga,proteínas,graxas,lactosa,vitaminas eminerais. O leite de vaca ten un alto contido en proteínas. A lactosa, oazucre contido no leite, é undisacárido que, para ser absorbido, debe ser roto poloenzimalactase nas súas unidades compoñentes, aglucosa e agalactosa. O baixo nivel de lactase nalgunhas persoas provoca intolerancia á lactosa[14].

As primeiras noticias da preparación deleite en po foron referidas porMarco Polo noséculo XIII:

Os tártaros (...) fan uso do leite que extraen das súas eguas: férvena, separan a crema da superficie para colocala nun recipiente separado co que preparan manteiga. Logo expoñen o leite ó sol ata secalo por completo. Cando o van utilizar, colocan unha porción nunha botella con auga. Ó cabalgaren, o mesmo movemento axita violentamente os contidos e fórmase unha potaxe coa que se alimentan.
Marco Polo,As viaxes de Marco Polo, século XIII

Acarne de vaca ten aproximadamente un 75% de auga, un 20% de proteínas e un 5% de graxas,carbohidratos e minerais. O músculo contén no seu interior grupos de fibras microscópicas formadas polas proteínasactina emiosina, e as que compoñen otecido conectivo, máis abundantes canto máis sometido a exercicio está o animal, e responsables da dureza da carne. O castrado dos bois criados para carne busca, precisamente, que o animal sexa menos activo e teña unha carne máis mol. Igualmente a crianza dos bois deKobe, que recibenmasaxes ó longo dolombo, ten por obxectivo manter ó animal relaxado e evitar a tensión muscular[14].

En1996 a carne deTernera Gallega pasou a ser recoñecida polaUnión Europea comoIndicación Xeográfica Protexida. Os tenreiros, de raza rubia galega ou morena galega, son sacrificados con menos de 10 meses. A súa carne é característica pola súa cor rosa claro ou vermello suave, infiltración graxa de cor branca, aspecto magro, textura suave e agradable sabor.

Carreta de bois enChile.

As vacas e mais particularmente os bois machos castrados, foron usados como animais de tiro tanto en tarefas de labranza como para transporte.

En orixe asvacinas eran substancias elaboradas a partir do soro dasvexigas que certas doenzas lles producían ás vacas.

A orixe da protección contra avaríola é moi antiga. Téñense empregado diversos métodos, dende a inhalación depus desecado ata a relativamente moderna vacina de Jenner. En1796Edward Jenner observou que os muxidores de vacas que contraían unha enfermidade coñecida comovaccinia desenvolvían unha lesión e quedaban inmunizados contra esa doenza. Jenner tomou material da lesión dun enfermo e inoculoullo a unha persoa sa, que quedou inmunizado tamén. Naceu así a vacinación, que hoxe se describe como estimulación inmunolóxica para producir unha resposta inmune primaria. Grazas ás investigacións de Jenner erradicouse a varíola en1977, sendo un mozosomalí o último contaxiado rexistrado[15].

En1803 aReal Expedición Filantrópica da Vacina, dirixida porFrancisco Xavier Balmis, con 22 nenos do Colexio dos Expósitos daCoruña e a súa coidadora, Isabel López Sandalla, partiu do porto coruñés con destino aPuerto de Veracruz,México. O seu propósito era estender a vacinación nas colonias españolas e mitigar os estragos que a varíola estaba provocando. A expedición foi sufragada porCarlos IV e recorreuHispanoamérica,Filipinas,Cantón eMacau. Os nenos transportaron a vacina, que cada semana lles era inxectada a dous deles nos brazos, das pústulas dos inoculados a semana anterior. A expedición regresou aEspaña en setembro de1806[16].

A vaca (e o boi) na arte e na cultura

[editar |editar a fonte]

Prehistoria

[editar |editar a fonte]
Pinturas rupestres enÁfrica.

En Occidente aarte rupestre desenvólvese sobre todo noPaleolítico Superior. A meirande parte das mostras consérvanse en paredes e teitos decovas ou abrigos rochosos, pero tamén hai pequenos obxectos decorno,marfil ouóso. O 60% dos animais representados nas pinturas rupestres deste período no suroeste deEuropa son bóvidos e équidos, e no 60% dos xacementos europeos de transición entre o Paleolítico Superior e oMesolítico existen representacións de bois ecorzos. A pouquidade de bóvidos nos xacementosnatufienses deIsrael eMesopotamia suxire que agandería e aagricultura eran xa incipientes naquela zona. Calcúlase que o comezo da cría degando doméstico no sur deFrancia e daPenínsula Ibérica comezou contra o ano 8.000 a.C. Hai rexistros que testemuñan o seu uso doméstico enTesalia no sétimo milenio antes de cristo, enAnatolia e Israel no sexto, enIrán no quinto, enExipto no cuarto, en Europa a partir do terceiro e segundo milenios. Os animais criados eran de tipobrachyceros, de menos tamaño que que a de tipouroide[17].

O gando vacún empregado durante aIdade de Ferro compoñíase debos longifrons, unha especie hoxe desaparecida. Está comprobado o seu uso como animal de tiro no traballo dos campos. Con toda probabilidade os seusexcrementos eran empregados comofertilizante[18].

Creta minoica e Grecia antiga

[editar |editar a fonte]
Anónimo,Europa e Zeus metamorfoseado en boi, c.470-450 a.C.
Rubens,O rapto de Europa,1636.
Noël-Nicolas Coypel,Enlèvement d'Europe,1726-1727.
Étienne-Jules Ramey,Thésée et le Minotaure,1826.
Knossos, fresco, c.1.500 a.C.
Gustav Klimt, cartel para a primeira exposición daSecesión vienesa,1898.
Sebastiano Ricci,Incontro di Bacco e Arianna,1712-1714.

NaCretaminoica atopáronse representacións de bois en múltiples manifestacións artísticas. A principal figuramítica da Creta antiga está presente na lenda doMinotauro, que chegou a nós a través de narracións deHomero,Hesíodo,Tucídides,Píndaro,Plutarco e outros, así como porOvidio na súaMetamorfoses.

Segundo conta a lenda,Europa era filla do rei deTiro, enFenicia. Coa axuda deHermes,Zeus toma a forma dun boi branco, manso e fermoso, e mesturado entre a manda de bois do rei chega á praia na que se atopan Europa e outras doncelas. Europa, confiada, senta sobre o lombo do boi e este penetra nomar, avanzando entre as ondas ata chegar a Creta. Alí Europa dará a luz a tres fillos de Zeus: Minos,Sarpedón eRadamantis. Cando Zeus marcha, Europa casa conAsterión, rei de Creta, quen adopta ós seus tres fillos. Minos quere permanecer no trono de Asterión cando este morre, e para iso conta coa axuda dePoseidón. Nunha disputa cos seus irmáns, Minos asegúralles que os deuses o elixiron a el como novo rei, e cando seus irmáns queren un sinal aparece do mar un boi branco que Poseidón lle proporciona a Minos a condición de que lle sexa devolto en sacrificio. Pero Minos decide sacrificar outro boi e quedar co verdadeiro para que sexa o semental das súas vacas[19][20].

Ó mesmo tempo Minos emprende unha guerra contraAtenas, entón gobernada porExeo, e outras cidades continentais. Mentres Minos está guerreando no continente, Poseidón desperta enPasífae, a súa esposa, un forte amor polo boi. A petición de Pasífae,Dédalo construíu unha figura dunha vaca en cuxo interior Pasífae podía meterse para ser posuída polo boi. De resultas desta xuntanza carnal nace un ser medio home e medio boi, que será chamado Minotauro. Para agochar a súa vergoña, Minos pídelle a Dédalo que constrúa unlabirinto do que non sexa posible saír. Logo faille construír tamén unha torre cunha cela no alto, na que Minos pechará a Dédalo e ó seu filloÍcaro en castigo por colaborar con Pasífae no seu plan de seducir ó boi. Dédalo e Ícaro lograrán saír da cela cunhas ás fabricadas concera, pero Ícaro perecerá por abeirarse demasiado ósol[20].

Ó Minotauro había que entregarlle cada ano sete mozos e sete mozas, ós que devoraba. Os mozos eran entregados por Atenas, en tributo, ata que entre eles apareceTeseo, fillo ilexítimo que Exeo tivera conEtra.Ariadna, filla de Minos, namórase de Teseo e axúdao dándolle unha espada e un carrete de fío. Teseo mata ó Minotauro e sae do labirinto seguindo o fío que dispuxo ó entrar. Teseo e Ariadna marchan cara a Atenas, pero fan parada enNaxos e Ariadna é abandonada aló, onde a recolleDioniso, o deus boi, e casa con ela[20].

A importancia deste mito radica en que o boi era en Creta e en todo oMediterráneo oriental un animal sagrado de caráctertotémico, e como tal era inmolado en cerimonias de iniciación nas que o iniciado adquiría a súa forza. O boi é o tema preferido da arte minoica, na que se representa cunha gran fidelidade participando en escenas áulicas nas que mozos e mozas medio espidos e desarmados saltan sobre el. A conxunción dadanza, a cova (labirinto), o boi e amorte fan pensar en ritos de fecundidade. A propia loita entre Teseo e o Minotauro cobra unha forza extraordinaria na iconografía entre os séculos VII e V antes de Cristo, e chegan á pintura e ó mosaico ata pasado o século IV para regresar pasado o Renacemento e quedar practicamente ata os nosos días.[21].

Asiria e Israel

[editar |editar a fonte]
Mesopotamia,lamassu, c.713-716 a.C.
Mesopotamia, capitel do palacio de Darío, c.510 a.C.

Nos templosmesopotámicos é frecuente atopar representacións duns seres mitolóxicos chamadoslamassu enAsiria. Oslamassu son seresmitolóxicos de natureza híbrida que adoitaban situarse nas entradas dascidades e dostemplos como gardiáns. En orixe oslamassu tiñan un corpo entre o dunleón e o dun boi, a cabeza dun home e as ás dunhaaguia. O león e o boi representaban a diferentes divindades en moitos pobos antigos, dendeExipto ata Mesopotamia ouIsrael. Atopáronse representacións en moitos lugares deSiria ePalestina, así como en Mesopotamia, e sábese que o reiSalomón mandou decorar o templo e aArca da Alianza con imaxes de leóns, bois e querubíns.

Os equivalentes doslamassu noAntigo Testamento son os querubíns (enhebreokerub, doasiriokâribi e relacionado coacadioharabu), seres asexuados que non se asemellan nada ós encantadores mozos conás da arterenacentista e de períodos posteriores. Protexen o camiño que leva á Árbore da Vida e gardan a entrada doEdén, pero aparecen tamén na visión deEzequiel cun aspecto moito máis terrible: con catro ás, cabeza humana e rostro de león, de aguia ou de boi. Existe unha posible relación entre os querubíns e oTetramorfo, os catro animais que simbolizan ós catro Evanxelistas. De todos modos a representación destes seres mitolóxicos foi cambiando co paso do tempo, e xa noséculo I o escritor xudeuFlavio Xosefo di:"ninguén pode dicir como eran".[22][23][24].

Peitoraltartesso, séculosVII-V a.C.

En diversos achados arqueolóxicos en xacementosibéricos atopáronse pezas con forma de pel de boi que terían sido empregadas como ornamentos peitorais. Este motivo artístico podería ter antecedentes en Micenas,Chipre e Mesopotamia e está presente en elementosarquitectónicos e funerarios denecrópoles e poboados ibéricos do surpeninsular. A súa orixe parece estar no comercio do cobre, que dende Chipre se exportaba a todo oMediterráneo en lingotes con forma de pel de boi, e que á súa vez proviría do comercio de reses. Esta forma de representación do boi remite á súa consideración como animal sagrado, que ten orixe na áreasirio-palestina e foi adoptada polas elites ibéricas[25].

DeusApis.
Sepulcro deSennedjem, séculoXIII a.C..

O deus Dionisio, fillo de Zeus eNiobe, pasou aExipto, onde foi coñecido baixo o nome deApis e casou conIsis. A denominaciónSarapis apareceu no século II e xeneralizouse, sobre todo en latín, proveniente deUsar-Hape (Osiris-Apis), é dicir, a conxunción do deusOsiris e o boi Apis, que recibía culto enMenfis polo menos dende o cuarto milenio antes de Cristo. Apis é a representación animal das potencialidades da deusa da terra,Isis, do mesmo modo que Osiris é a súa representación humana. Aparecido a comezos doséculo III a.C.,Sarapis chegou a suplantar a Osiris no culto, sobre todo no oficial[26].

Cando os sacerdotes atopaban un boi que reunía todas as características do deus Apis (unha mancha branca na fronte, a figura dunhaaguia pintada no corpo etc) alimentábano conleite durante corenta días e logo levábano porbarco ata Menfis e era conducido ó templo de Osiris. Alí tiña dous cortellos, dos cales non saía case nunca, e sempre con séquito e escolta. Tamén tiña dous santuarios; se entraba nun deles había bos presaxios, se entraba no outro habíaos malos. Segundo a liturxia exipcia, este boi sagrado só debía vivir un tempo determinado, ó cabo do cal era trasladado óNilo e afogado. Entón entrábase nun período de loito no que se lamentaba a súa morte como se fose o propio Osiris o que morrera. Cando se atopaba un novo boi para substituír o anterior celebrábase aresurrección de Osiris[27].

Da épocaromana coñécese moito menos, sobre todo do que significaba para os seus fieis. Foi favorecido polos Flavios e adorado especialmente dende a época deAdriano. Parece que as súas funcións eran as de protexer e portar a ledicia e a felicidade. Desta época non se coñecen lugares de culto nin expresións votivas dedicadas a el. Non ten un corposacerdotal propio, pode falarse dunha transformación do deus nunamuleto que asegura a felicidade ó seu portador ou ós habitantes dacasa[28].

Cristianismo

[editar |editar a fonte]
San Lucas noCodex Millenarius, ca.800.
Pieter Aertsen,A adoración dos pastores (detalle), ca.1560.

No librobíblico doPentateuco establécese acerimonia que hai que practicar con calquera persoa que tivese tocado un cadáver. Foi ditada por Xehová aAharón, e nela empréganse as cinzas dunha vaca sacrificada para elaborar unhaauga de purificación:

Esta é a ordenanza da lei que Xehová prescribiu, dicindo: Di ós fillos de Israel que che traian unha vaca roiba, perfecta, que non teña sido xugada, e darédela a Eleazar o sacerdote, e el sacaraa fora do campamento, e faraa degolar na súa presenza (...) tomará do sangue co seu dedo, e esparexerá (...) o sangue dela sete veces; e fará queimar a vaca ante os seus ollos; (...) un home limpo recollerá as cinzas da vaca e poraas fora do campamento en lugar limpo (...) para a auga de purificación; (...) O que toque cadáver de calquera persoa será inmundo sete días. Ó terceiro día purificarase con aquela auga, e ó sétimo día será limpo; (...) e para o inmundo tomarán da cinza da vaca queimada da expiación, e botarán sobre ela auga corrente nun recipiente; e un home limpo tomará hisopo, e mollarao na auga, e esparexerá sobre a tenda (...) e sobre aquel que tivese tocado o óso, o asasinado, ou o morto, ou o sepulcro. (...) E o que fose inmundo, e non se purificase, tal persoa será cortada de entre a congregación, por canto contaminou o tabernáculo de Xehová; non foi esparexida sobre el a auga da purificación; é inmundo.
Números 20: 19 e sigs.[29]

A corrupción levítica está intimamente relacionada co contacto coamorte. Mentres que a ofrenda habitual era de animaismachos, neste texto sinálase expresamente que tiña que escollerse unha vaca. A vaca expiaría a impureza causada pola morte, do mesmo xeito que o chivo cargaba cospecados individuais ou opaxaro limpaba dalepra, que significaba a morte en vida. É interesante observar que o propio acto do sacrificio move ós seus participantes a un estado de impureza, o cal dá idea de que non había ninguén que pola súa propia santidade estivese a salvo do peso do pecado derivado da morte. O paralelismo entre o sangue deCristo e ascinzas dunha vaca queda expresada en Hebreos 9:13, 14, onde se fai énfase na súa capacidade purificadora:[30].

Porque se (...) as cinsas da becerra esparexidas sobre os inmundos santifican para a purificación da carne, canto máis o sangue de Cristo, que mediante o espírito eterno se ofreceu a Deus sen mancha, limpará as vosas conciencias de obras mortas para que sirvades ó Deus vivo?
Hebreos 9:13, 14[29]
Igrexa naBretaña.
Tetramorfo na igrexa parroquial deMonterrei,Ourense,século XIV.

NaApocalipse descríbesenos o Tetramorfo, tamén chamado osCatro viventes, gardián de segredos e depositario de misterios:

E diante do trono había como un mar de vidro semellante ó cristal; e a carón do trono e arredor del, catro seres viventes cheos de ollos diante e detrás. O primeiro ser vivente era semellante a un león; o segundo era semellante a un becerro; o terceiro tiña rostro como de home; e o cuarto era semellante a unha aguia voando. E os catro seres viventes tiñan cada un seis ás, e arredor e por dentro estaban cheos de ollos; e non cesaban día e noite de dicir: Santo, santo, santo é o Señor Deus Todopoderoso, o que era, o que é e o que ha de vir. E sempre que aqueles seres viventes dan gloria e honra e acción de grazas ó que está sentado no trono, ó que vive polos séculos dos séculos, os vinte e catro anciáns próstranse diante do que está sentado no trono, e adoran ó que vive polos séculos dos séculos, e botan as súas coroas diante do trono, dicindo: Señor, digno es de recibir a gloria e a honra e o poder; porque ti creaches todas as cousas, e pola túa vontade existen e foron creadas.
Apocalipse 4: 6-11.

O Tetramorfo é a recreación dunha visión de Daniel, na que este vía catro bestas, e que tiña o seu antecedente no soño deNabucodonosor II, no que se lle aparecía unha estatua de catro metais que era derrubada por unha pedra, e que facía alusión ós catro imperios que desaparecerían ante o Fillo do Home. No Tetramorfo o león representa aSan Marcos, o becerro aSan Lucas, o home aSan Mateu e a aguia aSan Xoán. Os catro viventes da Apocalipse, en representación dos catro evanxelistas, flanquean óPantocrátor ou Cristo en Maxestade, que está sentado no seu trono e inscrito nunhamandorla ou améndoa mística que une cos seus bicos oceo e aterra[31].

Home muxindo unha búfala, ca.séculosXII -XIII,Louvre.

Unha dassuras nas que se divide oCorán, concretamente a segunda, é a coñecida comoSura da vaca. Nela relátase unha versión da pasaxe antedita do Pentateuco, na que difiren algúns detalles. Entre eles, o interlocutor conAlá non é neste caso Aharón, senón o seu irmán,Moisés:

E cando Moisés dixo ó seu pobo: "En verdade Deus ordénanos ofrecerlle en sacrificio unha vaca", dixeron: "É que pretendes burlarte de nós?". (...) Moisés dixo: "Escoitade!: Di que debe ser unha vaca non nova nin vella, senón dunha idade intermedia entre as dúas (...) debe ser unha vaca amarela, dun amarelo moi escuro, a súa cor debe agradar a todos os que a miren (,,,) que non sexa unha vaca esgotada a forza de labrar a terra ou de regar os campos, senón un animal en perfecto estado e sen pegada de macho.
Corán, Sura II (Sura da Vaca)[32].

Hinduísmo

[editar |editar a fonte]
Vacas decoradas para odiwali.
Anónimo,The Cow with 84 Deities, c.1912.

Para ohinduísmo a vaca é un animal sagrado, o cal implica non matala nin comela. O hinduísmo considera que cómpren 86reencarnacións para chegar dediaño a vaca, e unha máis para converterse en ser humano. Quen mate unha vaca renacerá no chanzo máis baixo da cadea de reencarnacións. Na India o aprecio polos animais está influído polobudismo, pero a sacralización da vaca ten a súa orixe nos primeirosvedas, onde é representada como o arquetipo danai vizosa e docosmos. Namitoloxía hinduísta a vaca é o animal que guía ó home despois de morto para axudarlle a cruzar o ríoVaitarni, que separa o mundo doceo[33].

En moi poucos estados daIndia está permitido sacrificar este animal que é adornado con grilandas, cando enferma, e é motivo de celebración cando ten un becerro, o ritual de celebración reúne ó seu dono, ós veciños e un sacerdote. O escritorMonier Williams describe deste xeito a adoración deste animal na India:

O menor pelo do seu corpo é inviolable. Tódolos seus excrementos son dignos de veneración. Non unha partícula debe ser desprezada como impura. Pola contra, a auga que despide debe ser gardada como a máis santa de tódalas augas, un líquido que borra os pecados e santifica todo canto toca; por outra banda, nada purifica tanto coma o excremento de vaca...
Monier Williams

A énfase que o hinduísmo pon no respecto á vaca pode ser explicada como consecuencia de que a vaca sexa o resultado da transformación do modelo sacrifical: a vaca dá o seuleite e sobrevive, en contraste con outros animais, habitualmente acabra, que se mata. A transición de comer acarne da vaca, como se facía nos vedas, a só beber o seu leite descríbese a través de mitos nos que a vaca chega a simbolizar acultura do sabio en contraste coa natureza docazador[34].

Antropoloxía

[editar |editar a fonte]
Christian Franz Paullini,Neue heilsame Dreckapotheke,1734.
Templo deVesta nun denario.
Hotentotes cociñando,1804.
Poboado indíxena enSiberia,1885.

Certos produtos da vaca téñense empregado cun usomedicinal ou profiláctico, ademais do nutritivo, en diferentes lugares e en distintos momentos dahistoria. En moitas sociedades o límite entrerelixión e medicina non está claro, de modo que os remedios médicos moitas veces participan desupersticións nas que intervén o significadosimbólico do animal.

Uso medicinal

[editar |editar a fonte]

Na India e noTíbet o valor purificador dosouriños e doesterco da vaca é moi significativo, para uso tanto externo como interno. Na India tradicionalmente os ouriños mesturábanse coa comida e mollábanse con eles as imaxes sagradas. Era habitual deterse a recoller os ouriños de calquera vaca pola rúa. Tamén empregábanse como medicina os grans detrigo que non foran ben dixeridos polas vacas e se atopaban entre o seu esterco. Nalgúns ritos brahmánicos purificábase a habitación botando esterco de vaca no chan e mollando cos seus ouriños as paredes. Os penitentes hindús debían beber unha mestura chamadapanchakaryam, composta de leite,manteiga,callo, esterco e ouriños. Certos monxes untan o seu rostro, o peito e os brazos coas cinzas resultantes de queimar esterco de vaca, antes de saír a pediresmola, portando na man un feixe deplumas depavón[35].

Plutarco relata, entre os hábitos relixiosos dosgregos, o de revolcarse espidos en esterco e en lama. Xa enRoma,Ovidio conta que as cinzas dunha vaca sacrificada despois de parir se conservaban como símbolo expiatorio no templo deVesta xunto con cascas defeixón, que se empregaban para fertilizar os campos. En1253, Rubruquis, unmonxe enviado en misión diplomática ante oGran Khan dostártaros, explica que estes empregaban o esterco de vaca como combustible para cocer opan[35].

Na súa obraDe stercoribus brutorum, Schuring explica as propiedades medicinais dos estercos de diferentes animais. O da vaca (aqua omnium florum) era efectivo contra agota e ostumores, as picaduras dasavespas e asabellas, atuberculose e aepilepsia nos bebés, as doenzasrenais,gangrena,reumatismo,hidropisía e manchas dapel. Outros autores doséculo XVIII aconsellan o seu uso contra as doenzas máis variadas. Noséculo XIX un farmacéutico deParís chamado Bouillon Lagrange publicou a receita dunlicor feito a base de esterco de vaca eaugardente. Nesta mesma época empregábase o esterco para fabricar a chamadaAuga das mil flores, un remedio para acaquexia. Tamén do século XIXGeorge W. Melville relata que enSiberia se adoitaba beber o leite mesturado con ouriños para baixar afebre, igual que se facía naÁfrica central[35].

En certas zonas deIrán, na actualidade, os ouriños da vaca, do boi o da cabra son empregados para lavar a cara e as mans. Non se debe tocar nada mentres as mans e a cara permanezan molladas, e logo deben lavarse con auga. Estas mesmas ablucións practícanse coas mulleres acabadas deparir, que deben ademais beber un pouco deses ouriños. Osmosaguey utilizan leite e esterco da vaca para elaborar unhasopa que lles dá forzas. Oshotentotes untan o corpo degraxa sobre a que esparexen esterco de vaca e osmandingo aplícano sobre as feridas abertas, mentres que osdinkas dormen sobre cinzas de esterco de vaca e se lavan cos seus ouriños tamén. Enoccidente atopamos o uso do esterco da vaca relacionado coa medicina tradicional naBretaña,Inglaterra e osEstados Unidos[35].

Uso profiláctico

[editar |editar a fonte]

Christian Franz Paullini conta como enEuropa as mulleres do campo, para evitar que asmeigas lles botasen a perder a manteiga, botaban un pouco de leite fresco de vaca sobre excrementos humanos, a consecuencia do cal as meigas perdían todo o seu poder. O mesmo poder era atribuído ós ouriños da vaca empregados en ablucións[35].

A vaca en Galicia

[editar |editar a fonte]

Variedades

[editar |editar a fonte]
Rubia galega.
Cachena.
Caldelá.
Frieiresa.


Existen unhas 800razas de vacún en todo o mundo, das que unha ducia son comúns en Galicia. As variedades tradicionais galegas son:

  • Rubia galega: raza de cor rubia ou teixa e pelo espeso e liso, con cabeza lixeiramente subconvexa e pescozo forte. A altura á cruz oscila entre os 145 e os 135 cm e o tronco presenta unha liña dorsolumbar horizontal e ancha. As coxas, moi musculadas e convexas[36].
  • Cachena: animais de cabeza pequena, pescozo curto, tronco redondeado e robusto, cruz prominente, peito longo de gran capacidade torácica e tórax profundo. Ten as coxas e os cadrís pouco desenvolvidos, extremidades ben proporcionadas e articulacións rectas. Os ubres son ben conformados, con boa produción leiteira e abundante protección pilosa. Ten capa de cor castaño, máis escura nos machos. A altura á cruz oscila entre 90 e 130 cm e o peso medio é de 550 kg para os machos e 350 kg para as femias[37].
  • Caldelá: agrupa animais de perfil recto, eumétricos e mediolíneos, de cabeza proporcionada con fronte plana e ancha, cornos xeralmente en gancho, pescozo curto, cruz elevada e liña dorsolumbar algo cóncava, peito amplo, tórax profundo e costelares estendidos. As extremidades son finas, con articulacións rectas e nádegas escasamente desenvolvidas. Os tetos son grandes e simétricos. A capa é negra peceña, coa liña dorsolumbar claro-vermella. O talle á cruz oscila entre os 125 e os 155 cm e o peso medio é de 500 kg para as femias e de 700 kg para os machos[38].
  • Vianesa: animais de perfil recto a subcóncavo e formato medio. O peso medio é de 560 kg para as femias e de 850 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 132 cm para as femias e de 138 cm para os machos.. A cabeza é de tamaño pequeno, coa cara alongada e cornos en gancho curto que nacen por diante da liña de prolongación da testa, se dirixen lateralmente e logo cara a adiante e arriba. O tronco é amplo, con liña dorsolumbar máis ben horizontal e cruz dos cadrís máis alta e extremidades de lonxitude media con articulacións robustas. O ubre está ben inserido, con tetos simétricos. A capa é castaña, máis escura nos bois e máis clara nos becerros[39].
  • Frieiresa: agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara a adiante e cara a abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella rubia dourada característica[40].
  • Limiá: son animais de perfil subcóncavo a recto, hipermétricos no val e eumétricos na montaña, de proporcións mediolíneas e tamaño grande. O peso medio é de 650 kg para as femias e de 900 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 140 cm para as femias e de 148 cm para os machos. Teñen unha cabeza de medianas proporcións, con fronte ancha, cara longa e fociño ancho. Os cornos en gancho curto nos bois, grandes, longos e espiraliformes nas vacas. O tronco é amplo e harmónico, o tórax ampuloso, con costelares cilíndricos e peito ancho. As extremidades son de lonxitude media, fortes e ben asentadas. O ubre é globuloso, desenvolvido, bastante simétrico e con tetos de boa implantación. Ten capa castaña, moito máis escura no terzo anterior[41].

Gandaría bovina en Galicia

[editar |editar a fonte]
Vaca e pucho.
Vacas noCamiño de Santiago,2005.
Evolución de gando vacún enCastela e León,Galicia,Cataluña (as tres máis altas deEspaña) ePortugal entre 1995 e 2004.
O número en Galicia inspirou o título da obraUn millón de vacas, deManuel Rivas.

O seguinte cadro indica a evolución que experimentou a gandaría bovina en Galicia, expresada en porcentaxes con respecto á cifra de cabezas de gando existentes en1891[42]:

AnoA CoruñaLugoOurensePontevedraGaliciaEspaña
1891100100100100100100
1908131155135130138111
1916240203201158209138
1918311264235218268143
192024735098162232153
1925297305235286285171
1929220429192152261165
1933232371243125255161

Dende1865, e con máis claridade entre 1891 e1925, as tres cuartas partes do peso vivo están constituídas por gando bovino, seguíndolle en importancia oporcino e, en proporcións case insignificantes, de 1891 en adiante, as restantes especies. O predominio dos vacúns é máis significativo se consideramos a transformación cualitativa que se produce ó incrementarse a participación do bovino e do porcino fronte a outras especies que, como oovino, tiñan unha presenza moi destacada a mediados do século XIX. En termos económicos o bovino e o porcino acumulaban o 92,1% da riqueza gandeira, se ben a maior cotización do porcino alteraba a súa proporción con respecto do seu peso vivo. Estes profundos cambios cuantitativos orixinaron cambios igualmente profundos na práctica gandeira, como a estabulación do gando, a selección dasrazas, a busca dos mellores sementais ou a celebración de concursos gandeiros para estimular a melloraxenética, factores todos eles que obrigaron ó gandeiro galego a adquirir unha preparacióntécnica que superaba as prácticas tradicionais[42].

No relativo á mellora das razas, a principio do século XX prodúcese en Galicia un amplo debate sobre a necesidade de mellora das razas autóctonas, que se consideraban dexeneradas, e a introdución de innovacións no ámbito da hixiene e do control de enfermidades. O máis significativo neste campo é a introdución dunha raza mellorada de aptitude mixta (leite, carne, tiro) que pasou a ser coñecida como vaca marela ouvaca rubia galega, e que se obtivo do cruzamento de exemplares selectos de vaca do país e da raza Simmenthal suíza, ou en ocasións da raza pardo-alpina. O resultado destes cruzamentos foi unha raza máis produtiva, con máis peso medio, maior rendemento lácteo e, sobre todo, cárnico (arredor dun 30%), con femias máis fértiles e mellores criadoras[43].

En1963 estimábase que o número de cabezas de gando bovino ascendía a 1.010.000. Para elas dispoñíase de 400.000 hectáreas deprado e cultivos deforraxe. A superficie de pastos de monte ascendía a 1.500.000 hectáreas. En1962 naprovincia da Coruña calculábase que o 20% das vacas sufrían detuberculose e que o 17% eran estériles[44].

No ano2007 había en Galicia un total de 78.230 explotacións gandeiras que contaban con 546.405 hectáreas. Delas, 75.630 contaban con terreos de pasto de secaño, distribuídos en 518.898 hectáreas, e 17.244 tiñan pastos de regadío, cunha superficie de 27.507 hectáreas. De todas elas, 48.227 explotacións eran de gando bovino, con 983.433 hectáreas de pasto en total[45]. Segundo oIGE, no ano2008 os datos dos efectivos e as explotacións de gando bovino en Galicia eran os seguintes[46]:

Número de explotacións49.355
Vacas de muxidura339.530
Vacas de non muxidura221.917
Número total de vacas561.447
Número doutros bovinos387.989
Número total de cabezas949.436

No2014 as características do sector bovino galego eran as indicadas na seguinte táboa[47]:

GaliciaA CoruñaLugoOurensePontevedra
Cebadeiro5.6261.5614322433.390
Produción leite11.3644.7104.626961.932
Produción carne21.2777.8658.4581.7983.156
Produción mixta (leite/carne)1.1591888742968
Precebo00000
Recría xovencas53142577
Total tipo explotación39.47914.33814.4152.1738.553

Para o ano 2009 as cabezas de gando distribuíanse do seguinte xeito[47]:

GaliciaA CoruñaLugoOurensePontevedra
Número de vacas de muxidura334.841141.781149.5003.16140.399
Número de vacas de non muxidura220.64063.980117.01320.77318.874
Número total de vacas555.481205.761266.51323.93459.273
Número doutros bovinos393.266136.565179.86532.88843.948
Número total de cabezas948.747342.326446.37856.822103.221

Antropoloxía de Galicia

[editar |editar a fonte]
O boi deAllariz deArturo Andrade.
Aire da vaca marela
sai das tripas e vai prá tes,
sai da tes e vaite pró coiro,
sai do coiro e vaite prós pelos,
salte dos pelos e vaite prós cornos,
e salte dos cornos e vaite pró mar
donde non sintas o galo cantar
nin galiña cacarexar.
Con el poder de Dios y de la Virgen María
un padrenuestro y un Ave María
.
Conxuro[48]
Louvado san Breixe
vou munxir a marela
adepárame bo leite
.
Conxuro

No sistema agrario tradicional galego a vaca foi o principal subministrador de forza detraballo ademais de achegar outros bens (alimento —carne e leite—, coiro, esterco). Asfamilias procúranlle á vaca os mellores coidados, sabedores de que no seu benestar descansa a supervivencia deles. Este aprecio evidénciase nalinguaxe popular. Invócase óssantos para que lles conserve asaúde, en especial aSan Antonio o das vacas. Hai días santos nos que non se as pode axugar,romarías ás que son levadas,amuletos que se lles colgan dos cornos,exvotos con forma de vaca que se levan ásigrexas. Está establecida socialmente a conveniencia de expresar que non se tenenvexa das vacas do veciño, pronunciando frases do tipo"Deus chas ampare" ou algunha invocación a San Antonio. Ante a envexa, provocadora de doenzas no gando, hai remedios de naturezamáxica como conxuros, ensalmos ou responsos, e tamén paracomprala ouvendela, para protexela, para entrala por primeira vez nacasa, para que teña cuxos, para cando os ten, para vendelos, para cando non quere andar, para cando non se deixa munxir, para cando non come etc[44].

Tamén en certos comportamentos ou doenzas das vacas apréciase a actuación de forzas maléficas, como asmeigas, a envexa ou omal de ollo, estes dous intimamente ligados. Se unha vaca entra a pastar no prado do veciño, iso interprétase como sinal de que o dono da vaca ten envexa del. Igualmente se a vaca enferma despois de ser vista polo veciño interprétase como sinal de envexa. Se a vaca non dá leite ou este sae manchado desangue presúmese a envexa dunha meiga, que hai que remediar cun conxuro.Carmelo Lisón Tolosana interpreta a esta estruturaantropolóxica a función de manter a necesaria solidariedade comunal, que se mantería dentro dos límites impostos polomedo ás consecuencias negativas do incumprimento das súas normas[49].

Contra a envexa hai remedios como a chamadaherba da envexa (nalgúns lugares asaponaria vulgaris, noutros outras), que hai que fregar en cruz sobre o ubre ou o lombo do animal envexado ou pendurar da porta da corte, ou avara da envexa, oacivro. Asaqueta da envexa, outro dos remedios, é unha bolsiña con cornos devacaloura que se pendura dos cornos da vaca que se quere protexer. Contra o poder das meigas tamén hai conxuros, nos que interveñen elementosrelixiosos como a auga bendita e outros profanos, como adómina, unha bolsiña que conténcarbóns bendicidos,allos virxes, nove grans deruda, nove dentes de allo,incenso epedra da ara. Ó mesmo tempo rézaselle un responso[49].

A tía Xuana do Lameiro contoume o que sigue: Certo día do mes das frores, veu certa muller do lugar pedirme un pouco de leite mais eu, que o necesitaba, non llo quixen dar. Mais ó ir munguil-a vaca, en vez de darme leite, empezou a soltar sangue. Fíxenlle unha cruz no lombo, boteille auga bendita y-ó momento deixou de soltal-o sangue. Púxenm’a ferver aquil leite, pra que se presentase elí a que m’embruxara a vaca e así socedeu, que ó pouco tempo preséntasem’a bruxa dicíndome que por Dios sacase o leite do lume, e que nunca me volvería a faguer ningún mal, y-asina o fixen (recollido en Sober).
S. Pérez Fernández,Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia, 1920[50].

Por toda Galicia existe a crenza popular de que á cobra lle gusta beber leite. Pénsase que este gusto chega ó extremo de levala a buscar o leite nos ubres das vacas, para o cal sobe polas súas patas e a morde no teto. Tamén crese que, noutras ocasións, a cobra mama do peito da muller lactante, introducindo a súa coa na boca do neno para que non chore mentres chucha nela. A muller ou a vaca da que mamou unha cobra establece con ela un vínculo moi estreito que a privará do seu estado normal e a fará querer seguir dándolle de mamar. O leite emprégase como cebo para cazar as cobras, na crenza de que se senten atraídas por el[51].

Nalgúns lugares existe a tradición de manter un boi de propiedade comunal. Cómprano os veciños que teñen máis gando e é mantido pola persoa que presenta a oferta máis baixa nunhapoxa, que lle é pagada en especie ou en metálico, ou ambas. Cada casa paga en función do número de vacas que teña. O boi é criado en terreos tamén comunais e serve para cubrir as vacas dos veciños[44].

Refraneiro popular

[editar |editar a fonte]
Vacas noCamiño de Santiago,2005.
Vacas noCamiño de Santiago,2005.
Pucho
Artigo principal:Refraneiro galego da vaca.

Na cultura popular galega a forte presenza da vaca faise patente pola abondancia de refráns en torno a ela[52]:

  • A carto vai a vaca, pero se non hai carto non hai vaca.
  • Vai a carto a vaca, pero o que non ten un carto non a cata.
  • A falta de vaca bos son polos con touciño.
  • A vaca ben cocida e mal asada.
  • A vaca, canto máis se munxe, máis grande ten o teto.
  • Canto máis se munxe a vaca, máis os tetos se lle agrandan.
  • A vaca da miña veciña dá máis leite ca miña.
  • A vaca do vilán, se dá leite no inverno, mellor a dá no vran.
  • A vaca farta, do rabo fai a cama.
  • A vaca que non come cos bois, ou come antes, ou come despois.
  • Dunha vaca sai un becerro.
  • Máis valen dous bocados de vaca que sete de pataca.
  • Val máis bocado de vaca que catro de pataca.
  • Por eso se vende a vaca: porque a un gústalle o peito i a outro a espaldra.
  • Cómese toda a vaca, porque us queren da perna e outros da faldra.
  • Que dea a vaca bo tenreiro, que moito leite coa herba no prado non hai que esperalo.
  • Quen queira facer da vaca galiña, bótea a cocer en auga fría.
  • Quen queira facer da vaca carneiro, que a poña a cocer en auga fervendo.
  • Vaca de moitos, ben munxida e mal mantida.
  • Vaca de moitos, cómena os lobos.
  • Vaca e carneiro, comida de cabaleiro.
  • Vaca estransillada, nin bo leite nin boa crianza.
  • Vaca de pouca herba, pouco leite e mala esterca.
  • É tan bobiña que troca a vaca pola sardiña.
  • A vaquiña polo que vale.

Literatura galega

[editar |editar a fonte]

Castelao, no seuSempre en Galiza, dedica un fragmento do capítulo XXXII do Libro I á vaca e ó seu significado, establecendo un claro paralelismo entre o carácter do animal e a situación actual e futura danación:

A vaca é o símbolo da paz. Val máis o que siñifica unha vaca que o que simboliza un león rampante. Xa o dixo un dos nosos economistas: “O albre xenealóxico d-unha vaca de leite é máis útil que o albre xenealóxico d-un aristócrata”. A vaca esqueceuse dos cornos e dános o o seu traballo, o seu leite, a súa carne, o seu coiro e a carne e o coiro dos seus fillos. Non-os pode dar máis. O can será o amparo dos ricos, que defende a propriedade do amo e ladra aos pobres que van pol-os camiños. En troques a vaca é o amparo dos pobres libres. Os concursos de vacas leiteiras valen máis que os “Concursos de Belleza”. A nosa vaca ten o presebe en Galiza e os tetos en Madrid. E o que non lle dá de comer a unha vaca non ten dereito a muxila. As “señoritas” que choran pol-a morte d-un can ridículo non comprenden a door d-unha familia labrega cando se lle morre unha vaca. Se non fose pol-o leite das vacas, a piolleira das cibdades morreríase desnutrida. A vaca é a ama de cria da Humanidade. O día que nós emitamos papel-moeda non estamparemos n-él o retrato dos políticos nin dos sabios nin dos artistas; estampariamos, somentes, a figura d-unha vaca, como símbolo da nosa economía humanamente distribuída. O día que Galiza sexa unha comunidade cooperativa ergueremos un gran moimento c-unha vaca en bronce dourado. Tamén hai razas de vacas; e a mellor é a nosa. O día que seipamos o que val unha vaca, Galiza quedará redimida.
Castelao,Sempre en Galiza, 1944[53]
Escudos municipais

Heráldica

[editar |editar a fonte]

Pola súa mansedume e a súa fecundidade, a vaca simboliza o señorío sobre as terras vizosas e ben traballadas. O seu uso en escudos de armas non é moi habitual, pero aínda así está presente naHeráldica. Nos brasóns galegos debúxase sempre andante e bucleada, concornos,colar echocallo, amosando sempre osubres. A miúdo aparecen varias vacas nun mesmo brasón, ou ben só as súas cabezas. Emprégase esmaltada en prata, ouro ou goles[54].

As becerras son empregadas tamén, debuxadas sen cornos e con ubres pequenos. Úsanse ás veces comoarmas falantes, como no caso das armas dos Becerra, Tenreiro, Vaquerizo ou Vaquero. Adoita representarse os bois andantes e bucleados, ás veces emuselados, cos cornos cara a arriba e unha mata decrina entre eles. Pola contra, o touro leva os cornos dirixidos cara a adiante e normalmente preséntase enfurecido, erguido sobre aspatas traseiras, en sable, ouro ou goles, excepcionalmente vilenado. En Galicia atópase nos escudos dos Barreiro, Vervetouros (coas súas variantes Berbetoros e Vervetoros), Borrás, Campra, Herce, Touriño e Tourón, tamén con frecuencia como armas falantes[54].

Galería de imaxes

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Preliminary 2009 data, now available for selected countries and productsArquivado 09 de marzo de 2010 enWayback Machine.. EnFAOSTAT(eninglés).
  2. Rappels anatomophysiologiques relatifs à la reproduction du taureauArquivado 12 de xaneiro de 2012 enWayback Machine. por Christian Hanzen
  3. 12"Anatomía y fisiología de la reproducción bovina, Select Reproductive Solutions de Mel DeJarnette y Ray Nebel"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 26 de xaneiro de 2009. Consultado o 23 de novembro de 2011. 
  4. Rappels anatomophysiologiques relatifs à la reproduction de la vache por Christian Hanzen en Thériogénologie des animaux de production. Facultade de Medicina Veterinaria, Universidade de Liexa
  5. 12SMITH, V.R. (1962).Fisiologia de la Lactancia.Instituto Interamericano de Ciencias Agrícolas de la OEA, Costa Rica. ISBN. (encastelán)
  6. 12Bos taurus (cattle):An agriculturally important animal for beef and milk production, National Center for Biotechnology Information (NCBI)
  7. 123Hacia una mayor comprensión de la biología de los bovinos: secuenciado al completo el genoma de la vacaArquivado 07 de novembro de 2011 enWayback Machine., Instituto Nacional de Investigación Agronómica de Francia (INRA)]
  8. Bos taurus (cattle): Reference genome sequence, National Center for Biotechnology Information (NCBI)
  9. "Programme de séquençage du génome bovin – Séquençage de l’ADN pleine longueur, GenomeCanada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11 de outubro de 2012. Consultado o 23 de novembro de 2011. 
  10. The Genome Sequence of Taurine Cattle: A Window to Ruminant Biology and Evolution, The Bovine Genome Sequencing and Analysis Consortium, Christine G. Elsik, Ross L. Tellam y Kim C. Worley na revista Science
  11. David Botero. Parasitosis Humanas. Páxina 149. Google books
  12. Johannes Kaufmann. Parasitic Infections of Domestic Animals: A Diagnostic Manual. Páxina 88. Google books.
  13. Benito Moreno García. Higiene e Inspección de carnes-II, Volume 2. Páxina 273. Google books.
  14. 12GOLOMBEK, D.; SCHWARZBAUM, P. (2005).El cocinero científico (cuando la ciencia se mete en la cocina): apuntes de alquimia culinaria.Siglo XXI.ISBN 968-23-2466-1. (encastelán)
  15. ROMERO CABELLO, R. (2007).Microbiologia y parasitologia humana.Ed. Médica Panamericana.ISBN 968-7988-48-7. (encastelán)
  16. www.balmis.org (ed.)."Expedición de la vacuna". Arquivado dendeo orixinal o 14/02/2010. Consultado o 06/01/2011. (encastelán)
  17. BEMIS,F.; BEMIS MADRAZO, F. (2001).Rutas de la zooarqueología.Editorial Complutense.ISBN 84-7491-618-6. (encastelán)
  18. REYNOLDS, P.J. (1990).La agricultura en la Edad de Hierro.Ediciones AKAL.ISBN 84-7600-522-9. (encastelán)
  19. El rapto de Europa. ALAMILLO SÁNZ, A.; RODRÍGUEZ CHAMORRO, E.Mitología y arteArquivado 05 de novembro de 2010 enWayback Machine..(encastelán)
  20. 123ECHEVERRÍA, R. (2008).Raíces de sentido.Ediciones Granica S.A.ISBN 950-641-511-0. (encastelán)
  21. SANTARCANGELI, P.; ECO, U. (2002).El libro de los laberintos.Siruela.ISBN 84-7844-646-X. (encastelán)
  22. ECHANOVE ECHANOVE, J.Ecos del Desierto. El origen historico del monoteismo.Juan Echanove.ISBN 971-691-810-0. (encastelán)
  23. BLASCHKE, J. (2007).La historia secreta de Satán.Ediciones Robinbook.ISBN 84-7927-871-4. (encastelán)
  24. ALVEAR ACEVED0, C. (2004).Introducción a la historia del arte.Editorial Limusa.ISBN 968-18-5818-2. (encastelán)
  25. AMORES CARREDANO, F.; ESCACENA CARRASCO, J.L.,De toros y tesoros: simbología y función de las joyas de El Carambolo; enGARCÍA-BAQUERO GONZÁLEZ, A.; ROMERO DE SOLÍS, P. (eds.) (2003).Fiestas de toros y sociedad: actas del congreso internacional celebrado en Sevilla del 26 de noviembre al 1 de diciembre de 2001.Universidad de Sevilla.ISBN 84-472-0817-6. (encastelán)
  26. GUERRA GÓMEZ, M. (1987).El sacerdocio femenino (en las religiones greco-romanas y en el cristianismo de los primeros siglos).I.T. San Ildefonso.ISBN 84-7009-262-6. (encastelán)
  27. LÓPEZ PELEGRÍN, S. (1845).Panlexico: vocabulario de la fabula.Imprenta y Librería de Ignacio Boix. (encastelán)
  28. CARBÓ GARCÍA, J.R.Los cultos orientales en la dacia romana: formas de difusión, integración y control social e ideológico.Universidad de Salamanca.ISBN 84-7800-192-1. (encastelán)
  29. 12www.iglesia.net (ed.)."Libro Cuarto de Moisés: Números". Consultado o 04/01/2011. (encastelán)
  30. EDERSHEIM, A. (1997).The Temple.Editorial Portavoz.ISBN 0-8254-1199-8. (encastelán)
  31. MASCARAQUE DÍAZ-MINGO, J. (1996).Tras las huellas perdidas de lo sagrado.Verbum Editorial.ISBN 84-7962-088-9. (encastelán)
  32. MAHOMA; BERGUA, J.B. (1990).El Corán.Ediciones Ibéricas y L.C.L.ISBN 84-7083-060-0. (encastelán)
  33. PANCORBO, L. (2006).Abecedario de antropologías: bestiarios, creencias, chamanes, destinos...Siglo XXI de España Editores.ISBN 84-323-1259-2. (encastelán)
  34. DONIGER, W. (2005).Mitos de otros pueblos: la cueva de los ecos.Siruela.ISBN 84-7844-885-3. (encastelán)
  35. 12345BOURKE, J.G. (2006).Escatología y civilización.Círculo Latino.ISBN 84-96129-67-5. (encastelán)
  36. Rubia GallegaArquivado 02 de febreiro de 2008 enWayback Machine.(encastelán)
  37. Cachena Ficha técnica napáxina webArquivado 29 de xaneiro de 2011 enWayback Machine. da Consellería de Medio Rural.
  38. Caldelá Ficha técnica napáxina webArquivado 29 de xaneiro de 2011 enWayback Machine. da Consellería de Medio Rural.
  39. Vianesa Ficha técnica napáxina webArquivado 29 de xaneiro de 2011 enWayback Machine. da Consellería de Medio Rural.
  40. Frieiresa Ficha técnica napáxina webArquivado 29 de xaneiro de 2011 enWayback Machine. da Consellería de Medio Rural.
  41. Limiá Ficha técnica napáxina webArquivado 29 de xaneiro de 2011 enWayback Machine. da Consellería de Medio Rural.
  42. 12VILLARES, R. (1982).La propiedad de la tierra en Galicia, 1500-1936.Siglo XXI de España Editores.ISBN 84-323-0437-9. (encastelán)
  43. JUANA, J. de; PRADA RODRÍGUEZ, J. (2005).Historia contemporánea de Galicia.Editorial Ariel.ISBN 84-344-6790-9. (encastelán)
  44. 123LISÓN TOLOSANA, C. (2004).Antropología cultural de Galicia.Ediciones AKAL.ISBN 84-460-2162-5. (encastelán)
  45. Anuario de estadística 2009[Ligazón morta]. Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino.(encastelán)
  46. Datos estatísticos básicos de Galicia 2010, IGE. Xunta de Galicia, Consellería de Facenda, 2010.
  47. 12Rexistro de gando bovino. IGE.
  48. RISCO, V.,Etnografía: cultura espritual, enOTERO PEDRAYO, R.Historia de Galiza. 
  49. 12LISÓN TOLOSANA, C. (2004).Brujería, estructura social y simbolismo en Galicia.Ediciones AKAL.ISBN 84-460-2166-8. (encastelán)
  50. PÉREZ FERNÁNDEZ, S. (1920). "Archivo filolóxico e etnográfico de Galizia".Nos (17). 
  51. BERMEJO BARRERA, J.C. (1986).Mitología y mitos de la Hispania prerromana, Vol. 2.Ediciones AKAL.ISBN 84-7600-091-X. (encastelán)
  52. RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, E. (2001).Diccionario enciclopédico gallego-castellano.Editorial Galaxia.ISBN 84-8288-428-X. 
  53. CASTELAO,Sempre en Galiza, enMONTEAGUDO, H. (coord.) (1999).Obras.Galaxia, Vigo. 
  54. 12VALERO DE BERNABÉ, L.; EUGENIO, M. de (2003).Simbología y diseño de la heráldica gentilicia galaica.Ediciones Hidalguia.ISBN 84-89851-43-3. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikispecies posúe unha páxina sobre:Vaca
Commons ten máis contidos multimedia sobre:Vacas
AGalicitas posúe citas sobre:a Vaca

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Etnografía galega
Meses do ano
Cores
Animais
Alimentos
Vexetais
Outros
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Vaca&oldid=7304714»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp