Elixido como novo Papa o24 de maio de1086, feito que lle amolou profundamente, polo que intentou atrasar a súa consagración comopontífice. Debido a isto, non accedeu realmente ao trono pontificio ata o9 de maio de1087, e cando o fixo abandonou Roma e se retirou de novo a abadía do Monte Cassino, da cal fora o abade. Este feito foi aproveitado poloantipapaClemente III para aumentar o seu poder na capital italiana, polo que cando Vítor III volveu de novo aRoma (debido en gran parte ás presións da condesa Matilde de Toscana) tivo que abandonala outra vez tras unha estancia moi curta. En agosto presidiu unsínodo en Benevento no que excomungou a Clemente III, prohibiu a lei das investiduras e promoveu unha acción armada contra osmusulmáns do norte deÁfrica, un precedente do que serían logo asCruzadas. Caeu enfermo durante o desenvolvemento do sínodo e retirouse por última vez a Montecassino, onde morreu o16 de setembro de1087.