Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Uxío IV, papa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2017.)
Modelo:BiografíaUxío IV, papa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1383Editar o valor en Wikidata
Venecia, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Morte23 de febreiro de 1447Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Roma, ItaliaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSan Salvatore in Lauro(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
207ºPapa
12 de marzo de 1431 – 23 de febreiro de 1447(Gregoriano)
← Martiño VNicolao V →
Cardeal
9 de maio de 1408 –
Roman Catholic Bishop of Siena(en)Traducir
30 de decembro de 1407 – 9 de maio de 1408
← Francesco Mormile(pt)TraducirAntonio Casini(pt)Traducir →
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa católicaEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoRoma
Estados PontificiosEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónbispo católico (1408–), sacerdote católico, filósofoEditar o valor en Wikidata
Membro de
ConsagraciónGregorio XIIEditar o valor en Wikidata
Participou en
2 de marzo de 1431Conclave de 1431(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCondulmer family(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
PaisAngelo CondulmerEditar o valor en Wikidata  e Bariola di Niccolò CorrerEditar o valor en Wikidata
ParentesGregorio XII,tío
Antonio Correr,curmán entregue
Gregorio Correr,sobriño
Angelo Barbarigo,curmán entregue
Paulo II,sobriñoEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Евгений IV)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e EfronEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 196534BNE: XX1284699WikiTree: Condulmer-1Find a Grave: 76757687Editar o valor en Wikidata
Ilustración de Uxío IV.

Uxío IV C.R.S.A., nado enVenecia en1383 e finado enRoma o23 de febreiro de1447, foi opapa n.º 207 daIgrexa católica de1431 a1447.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos de vida

[editar |editar a fonte]

De nomeGabriele Condulmer, naceu enVenecia, no seo dunha familia de mercadores adiñeirados. Distribuíu 20.000ducados aos pobres e dando as costas ao mundo entrou no mosteiro agustiniano de San Xurxo na súa cidade natal.

Xa naOrde dos Cóengos Regulares de San Agostiño xurdiu como unha figura prominente durante o pontificado do seu tío, o PapaGregorio XII, quen o nomeou bispo deSiena, o que provocou a repulsa da clase política da cidade, contraria ao nomeamento dun bispo estranxeiro de 24 anos. Condulmer renunciou ao posto, converténdose entón no tesoureiro papal do seu tío, Cardeal de San Marcos e San Clemente (Basílicas ambas), e logo cardeal daBasílica deSanta María en Trastevere.

Papado

[editar |editar a fonte]

Foille de moita utilidade aoPapa Martiño V, o que o levou a ser rapidamente elixido como o seu sucesor. Foi coroado enRoma o11 de marzo de1431. Antes da súa elección asinou un acordo por escrito cos cardeais, no cal se comprometía a distribuírlles a metade das ganancias da Igrexa e, en adición, prometeu consultarlles todo tipo de interrogantes de importancia, tanto espirituais como temporais.

Os tempos eran difíciles. O movemento conciliarista, que proclamaba que o Concilio era superior ao Papa, achábase no seu apoxeo. A insuficiencia das reformas tentadas polo Concilio de Constanza aumentaran o malestar e a insatisfacción. Oshussitas mostrábanse vitoriosos e irredutíbeis. Moitos esperaban a solución destes males do Concilio de Basilea, convocado por Martiño V pouco antes da súa morte. Desde o primeiro até o último día do seu pontificado, Uxío tería fronte a si un Concilio antipapal. O conflito era inevitábel.

Ao tomar a Cadeira Papal, as súas medidas violentas en contra das numerosas relacións establecidas cosColonna polo seu predecesor, o papaMartiño V (Otón de Colonna), levárono a ter unha seria confrontación con esta poderosa familia deRoma. A confrontación non durou moito, e organizouse unha paz en virtude da cal os Colonna renderían os seus castelos e pagarían unha indemnización.

Pero o feito de maior importancia no pontificado de Uxío foi a gran loita entre o papa e oConcilio de Basilea, parte do históricomovemento Conciliar. O23 de xullo de1431, o seu legado deu apertura ao concilio, o cal fora convocado por Martiño V, pero, ao non confiar nos seus propósitos e ao observar a pouca asistencia, o Papa redactou unha bula o18 de decembro de1431, disolvendo así o concilio e convocando outro para que se reunise enBoloña 18 meses despois. O concilio fixo fronte a estas expresións prematuras de prerrogativa papal. Nisto tiñan o apoio de todos os poderes seculares e o 15 de febreiro de 1432 reafirmaron a doutrina galicana da superioridade do Concilio sobre o Papa.

En Roma, os inimigos do papa fomentan unha revolución en maio de 1434. Uxío, disfrazado de monxe, escapou poloTíber cara a Ostia, desde onde os amigábeis florentinos o levaron á súa cidade e o recibiron cunha ovación. Residiu no convento dominicano de Santa María Novella.

A autoridade do Concilio era completamente subversiva da constitución divina da igrexa. Ao abolir todas as fontes dos recursos papais e restrinxir de toda forma posíbel as prerrogativas, trataban de reducir o poder do Pontífice a unha mera sombra.

Uxío publicou (18 de setembro) unha bula na que trasladaba o concilio a Ferrara. Pero o concilio declarou inválida esa bula e ameazou con depor ao papa. Ante esa evidente mostra de hostilidade, os líderes mellor dispostos (como os cardeais Cesarini e Cusa) o abandonaron e foron a Ferrara onde se reuniu o Concilio.

O 25 de xuño de 1439 o diminuído conventículo deBasilea pronunciou a súa deposición. Uxío era acusado de conduta herética respecto ao Concilio xeral. Os seus integrantes, agora reducidos a 1 cardeal e 11 bispos, elixiron a un antipapa, o duque Amadeo de Savoia:Fiz V.

Mentres tanto enFerrara, o 5 de xullo de 1439 dábase oDecreto de Unión coa igrexa Oriental, o que aumentou moito o prestixio papal. A unión cos gregos foi seguida pola dos armenios, o 22 de novembro, a dosxacobitas en 1443 e dosnestorianos en 1445. Tras unha prolongada e dramática loita, obtivo finalmente a vitoria: O Concilio de Florencia proclamou o primado universal do Romano Pontífice. Uxío tivo o consolo de ver a todo o mundo cristián, polo menos en teoría, obediente á Santa Sé.

Protexeu as congregacións de beneditinos reformados de S. Xustina de Padua e S. Benito de Valladolid, e secundando as reformas dos dominicos, franciscanos e agostiños. Rodeouse de santos: S.Francisca Romana, S.Antonio de Florencia e S.Xoán de Capistrano. Ademais, Uxío fomentou a Reconquista española.

Foi un dos primeiros impulsores do movementorenacentista. Chamou xunto a si aos artistas máis ilustres de Italia e aínda do estranxeiro comoFra Angelico,Pisanello,Foucquet,Donatello eGhiberti.

En 1441, a petición do arcebispo deBordeos, o Papa Uxío IV creaba unStudium Generale (teoloxía, dereito, medicina e artes), baixo a autoridade dePey Berland, que será a orixe daUniversidade de Bordeos.

O resto dos seus anos dedicounos a mellorar a triste condición de Roma e á consolidación da súa autoridade espiritual entre as nacións de Europa.

Ten o innegábel mérito de haber inflixido ao conciliarismo un golpe do que xa non se repuxo. Por iso parece acertado o xuízo de P. Moncelle: «Un papa a quen a historia pode contar entre os máis grandes» (DTC, V,1496).

As profecías deSan Malaquías refírense a este papa comoLupa Cælestina (Loba celestina) e recollen que antes do seu pontificado foi bispo de Siena, cuxas armas representan unha loba.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Uxío IV, papaModificar a ligazón no Wikidata
Dende o establecemento da Igrexa (30)
Pedro  · Lino  · Anacleto  · Clemente I  · Evaristo  · Alexandre I  · Sisto I  · Telesforo  · Hixinio  · Pío I  · Aniceto  · Sotero  · Eutelo  · Vítor I  · Ceferino  · Calisto I  · Urbano I  · Ponciano  · Antero  · Fabián  · Cornelio  · Lucio I  · Estevo I  · Sisto II  · Dionisio  · Fiz  · Eutiquiano  · Caio  · Marcelino  · Marcelo  · Eusebio  · Melquíades
Dende oEdicto de Milán (313)
Silvestre I  · Marcos  · Xulio I  · Liberio  · Dámaso I  · Siricio  · Anastasio I  · Inocencio I  · Zósimo  · Bonifacio I  · Celestino I  · Sisto III  · León I  · Hilario  · Simplicio  · Xelasio I  · Anastasio II  · Símaco  · Hormisdas  · Xoán I  · Fiz III · Bonifacio  · Xoán II  · Agapito I  · Silverio  · Vixilio  · Paio I  · Xoán III  · Bieito I  · Paio II  · Gregorio I  · Sabiniano  · Bonifacio III  · Bonifacio IV  · Adeodato I  · Bonifacio V  · Honorio I  · Severino  · Xoán IV  · Teodoro I  · Martiño I  · Uxío I  · Vitaliano  · Adeodato II  · Dono  · Agatón  · León II  · Bieito II · Xoán V  · Conón  · Serxio I  · Xoán VI  · Xoán VII  · Sisinio  · Constantino  · Gregorio II  · Gregorio III  · Zacarías  · Estevo (II)  · Estevo II
Dende adoazón de Pipino (756)
Paulo  · Estevo III  · Hadrián I  · León III  · Estevo IV  · Pascual I  · Uxío II  · Valentino  · Gregorio IV  · Serxio II  · León IV  · Bieito III  · Nicolao I  · Hadrián II  · Xoán VIII  · Mariño I  · Hadrián III  · Estevo V  · Formoso  · Bonifacio VI  · Estevo VI  · Romano  · Teodoro II  · Xoán IX  · Bieito IV  · León V  · Serxio III  · Anastasio III  · Lando  · Xoán X  · León VI  · Estevo VII  · Xoán XI  · León VII  · Estevo VIII  · Mariño II  · Agapito II  · Xoán XII  · León VIII  · Bieito V  · Xoán XIII  · Bieito VI  · Bieito VII  · Xoán XIV  · Xoán XV  · Gregorio V  · Silvestre II  · Xoán XVII  · Xoán XVIII  · Serxio IV  · Bieito VIII  · Xoán XIX, papa  · Bieito IX  · Silvestre III  · Bieito IX  · Gregorio VI  · Clemente II  · Bieito IX  · Dámaso II  · León IX
Dende oGran Cisma (1054)
Vítor II  · Estevo IX  · Nicolao II  · Alexandre II  · Gregorio VII  · Vítor III  · Urbano II  · Pascual II  · Xelasio II  · Calisto II  · Honorio II  · Inocencio II  · Celestino II  · Lucio II  · Uxío III  · Anastasio IV  · Hadrián IV  · Alexandre III  · Lucio III  · Urbano III  · Gregorio VIII  · Clemente III  · Celestino III  · Inocencio III  · Honorio III  · Gregorio IX  · Celestino IV  · Inocencio IV  · Alexandre IV  · Urbano IV  · Clemente IV  · Gregorio X  · Inocencio V  · Hadrián V  · Xoán XXI  · Nicolao III  · Martiño IV  · Honorio IV  · Nicolao IV  · Celestino V  · Bonifacio VIII  · Bieito XI  · Clemente V  · Xoán XXII  · Bieito XII  · Clemente VI  · Inocencio VI  · Urbano V  · Gregorio XI  · Urbano VI  · Bonifacio IX  · Inocencio VII  · Gregorio XII  · Martiño V  · Uxío IV  · Nicolao V  · Calisto III  · Pío II  · Paulo II  · Sisto IV  · Inocencio VIII  · Alexandre VI  · Pío III  · Xulio II  · León X  · Hadrián VI  · Clemente VII  · Paulo III  · Xulio III  · Marcelo II  · Paulo IV
Dende aContrarreforma católica (1560)
Dende oConcilio Vaticano Segundo
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrePapas é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Uxío_IV,_papa&oldid=6698071»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp