| Esta é unhapáxina de usuario daWikipedia. Isto non é un artigo enciclopédico. Se accedeu a esta páxina a través dun sitio diferente áWikipedia, poida que estea vendo unsitio espello. Teña en conta que é posible que esta páxina non estea actualizada e o usuario ao que pertence esta páxina pode non ter ningunha afiliciación persoal con outro sitio que non sexa aWikipedia. A versión orixinal desta páxina atópase enhttp://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Lameiro. |
| Este usuario posúe 1 conta de usuario na Wikipedia do xeito en que o permite apolítica. |
Teño problemas co meu nome de usuario xa que hai unLameiro brasileiro rexistrado en Commons, polo que non podo subir alí imaxes co meu nome. Iso obrigoume a rexistrarme alí comoP.Lameiro e obrígame tamén a editar en Galipedia con Explorer e co meu nome, e acceder a Commons con Mozilla e co nome de P. Lameiro.
Isto, que non tería máis importancia que a tabarra de ir de ventá en ventá, complícase ás veces cando inadvertidamente abro a miña sesión de Commons en Explorer, porque a partir de entón as miñas edicións en Galipedia van tamén co nome de P. Lameiro.
En calquera caso, non se trata, xa que logo, de detentar dous nomes de usuario. Salvo esas ocasións nas que non me dou de conta (e que procuro evitar, como é lóxico), tódalas miñas edicións na Galipedia foron e serán como Lameiro; así como tódalas fotos que subo a Commons fareino como P.Lameiro.
Quería deixar explicado aquí esta nova versión do doutor Jekyll e mister Hyde, e evitar interpretacións erróneas.
Explicación deElisardojm que merece ser conservada e lida de cando en vez:
Interesante:Cinco recursos prácticos sobre licencias Creative Commons
| Palabra incorrecta | Palabra correcta | Nº artigos | Revisado |
| anque | aínda que | 44 | |
| condea, condear, condeado (e vars.) | condena, condenar, condenado | 63 | |
| dado | dato (carecemos de datos) | ¿? | |
| defesa, defesas | defensa | 31+1 | |
| depois, dempois, dispois | despois | ¡945! + 4+14 | 26.09.12 |
| desenrolo, desenrolar | desenvolvemento, desenvolver | >85 | |
| dicer | dicir | 53 | |
| direito, direita, direitos, direitamente | dereito/directo | 23+9+14+3 | |
| entanto | en tanto (peroNo entanto é correcto) | ¿? | |
| escea, esceas | escena | 80+28 | |
| excavar, excavado (e vars.) | escavar, escavado | 38 | |
| excavación, excavacións | escavación, escavacións | 58 | |
| faculdade/s | facultade | 52+13 | |
| financiera, financieras | financeira | 33 | |
| governo, governar, governador, governada | goberno | >22 | |
| imprensa | prensa | 42 | |
| incertidume | incerteza | 16 | |
| [Nova] Iorque | Nova York | 50 | |
| mistura, misturas | mestura | 114 | |
| misturar e vars. | mesturar | 48 | |
| movimento, s | movemento | 87+17 | |
| obxetivo/a/os/as | obxectivo | 46 | |
| ocidente, ocidental, ocidentais | occidente | 13+35+6 | |
| ordear e vars. | ordenar | 80 | |
| pelo | polo (por+o) | ¿? | |
| perfeito, imperfeito (e vars.) | perfecto, imperfecto | 18 | |
| perto | preto | 200 | |
| planexar, planexado, etc | planear | 30 | |
| poda, podan | poida, poidan | >66 | |
| ponto | punto | ¿? | |
| posui | posúe | 18 | |
| presencia, presencias | presenza, presenzas | 219+14 | |
| princípio | principio | ¿? | |
| propriedade, propriedades | propiedade | 31 | |
| proveedor/es | provedor | 24 | |
| rádar | radar | 14 | |
| recebe, recebeu, redebía etc. | recibir | 98 | |
| recebido/a/os/as | recibido | 1+144+1+4 | |
| respeito | respecto | 52 | |
| somente, somentes | só, soamente | 51+40 | |
| sudafricano/a/os/as | surafricano | 18+49+16+7 | |
| sudoeste, suoeste, sur-oeste, sul-oeste | suroeste | 411+12+¿?+1 | |
| sureste, suleste, surleste, sur-leste | sueste | 164+24+123+¿? | |
| tais | tales | 79 | |
| tra-lo, tra-la, tra-los, tra-las | 104 | ||
| vários | varios | ¿? | |
| viciño/a/os/as | veciño | 48 | |
| xelo | xeo | 47 | |
| xerazón, xerazóns | xeración | 5 |
(1) Conta a lenda que un editor moi coidadoso, moi melindroso, leu e releu mil veces as probas de imprenta dun libro para asegurarse de que saía do prelo sen erro ningún. Por fin, deuse por satisfeito e rematou as correccións, mandando imprimir o libro coa seguinte lenda na última páxina: "Este libro non contén ningunha herrata". Refrán: cómpre ser máis humilde, Pedriño, que logo che veñen Elisardo ou Alejandro a baixarche os fumes.
Ríndome. O número de erros que se amorean en moitas das páxinas da Galipedia é abafador e esta lista é xa longa de máis (e iso que non inclúe outro tipo de erros -gramaticais, ligazóns, etc.-, que tamén os hai). Síntome desbordado e necesito abrir un paréntese para recuperar o meu tempo para outras tarefas que, agora, me apetecen máis, como escribir algo sobre ocrismón de Quiroga, obaldaquino de Oseira,Laureano Prieto ouPrevención de riscos laborais, por exemplo, temas ós que hai tempo que lles teño ganas. Pecho as incorporacións a esta lista e xa volverei a corrixir con calma, con moita calma. Tempo haberá para simultanear os dous choios.
AS MIÑAS ACHEGAS NA WIKIPEDIA E COMMONS |