Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Uruguai

Coord.:33°S56°O / -33,-56
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2016.)
Modelo:Xeografía políticaUruguai
República Oriental del Uruguay (es)Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoOrientales, la Patria o la tumbaEditar o valor en Wikidata

Lema«Q137944685Traducir»Editar o valor en Wikidata
AlcumeEl Paisito eLa Suiza de AméricaEditar o valor en Wikidata
EpónimoRío UruguaiEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 33°S56°O / -33,-56
CapitalMontevideoEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación3.444.263(2023)Editar o valor en Wikidata (19,55hab./km²)
Lingua usadalingua castelá
Língua de Sinais do Uruguai(pt)Traducir
portunhol riverense(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie176.215 km²Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Uruguai,Río da Prata eOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoCerro Catedral (513,7 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoOcéano Atlántico (0 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación25 de agosto de 1825Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernorepública
democracia paticipativa
presidencialismoEditar o valor en Wikidata
Órgano executivoPresidencia da RepúblicaEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataYamandú Orsi(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAsemblea Xeral (Uruguai) ,Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Superior de Xustiza do UruguaiEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal61.412.268.249 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaPeso uruguaioEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.uyEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+598Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911Editar o valor en Wikidata
Código de paísUYEditar o valor en Wikidata

Sitio webgub.uyEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 196330BNE: XX4575385

OUruguai[1], oficialmente aRepública Oriental do Uruguai (encastelán:República Oriental del UruguayEs-Uruguay.oggescoitar (axuda · info)), é un país deAmérica do Sur. Limita ao norte e nordeste co estado deRío Grande do Sur (Brasil), ao oeste corío Uruguai coas provincias arxentinas deEntre Ríos eCorrientes, ao suroeste co esteiro doRío da Prata o cal o separa deBuenos Aires (Arxentina) e ao sueste coocéano Atlántico.

O seu territorio, cunha superficie de máis de 176.000km², é o segundo máis pequeno do subcontinente detrás deSuriname e áchase dividido administrativamente en 19departamentos.

Segundo asNacións Unidas é o país deLatinoamérica co nivel de alfabetización máis alto.Segundo o Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), é o terceiro país deLatinoamérica (despois daArxentina e deChile), que posúe o maior Índice de Desenvolvemento Humano (IDH).[2] Tamén é o país de Latinoamérica (xunto conCosta Rica), coa distribución de ingreso máis equitativa, tomando a relación entre o ingreso do 10% máis rico e o do 10% máis pobre da poboación; o quinto (despois de Cuba, Costa Rica, Chile eEcuador, coaesperanza de vida máis alta, respectivamente; e o terceiro, despois da Arxentina e Chile, coPIB per cápita máis alto, e o décimo país de Latinoamérica coPIB máis alto.

Segundo o informe do ano 2009 de "Reporteiros sen fronteiras", o Uruguai é o país onde máis liberdade de prensa hai en Suramérica. Así mesmo é o país máis democrático de toda Latinoamérica, segundo o "Índice de Democracia" deThe Economist, sendo xunto a Costa Rica os únicos países latinoamericanos considerados como unha 'democracia completa'. O Uruguai foi o primeiro país latinoamericano, e o segundo en todo o continente americano, en recoñecer e legalizar aunión civil, incluíndo parellas homosexuais.

Toponimia

[editar |editar a fonte]

Naépoca colonial coñeceuse ao territorio comoBanda Oriental, e nos primeiros anos da loita independentista chamouseProvincia Oriental, como parte daUnión dos Pobos Libres ou Liga Federal que, tendo como principios o ideariofederal de Artigas, constituíuse con outras provincias do conxunto deProvincias Unidas do Río da Prata a modo deconfederación. Ao crearse a primeira Constitución do país como nación independente, que entrou en vigor en1830, propúxose agregar ao nome do país a referencia ao río Uruguai, pois en VilaPurificación del Hervidero, a beira do Uruguai, estableceu Artigas a sede interina na que se organizaba á Unión dos Pobos Libres (1813-1820); J. Artigas firmaba patentes de corso co selo da Provincia Oriental ou directamente co nome do río Uruguai, que co tempo pasou a ser a denominación habitual do país. O nomeUruguai provén doguaraní.

Existen varias explicacións acerca do seu significado orixinal:

  • 'Río do país do urú'.Félix de Azara afirma que o nome provén dun pequeno paxaro, ourú, que habita en parte das beiras do río Uruguai.
  • 'Río dos paxaros pintados'. Interpretación poética deJuan Zorrilla de San Martín.
  • 'Río dos caracois'. Un colaborador de Félix de Azara dá esta versión moi diferente, dividindo a palabra enuruguá 'caracol' eï ouý 'auga', 'río'.

Até hai algunhas décadas, os habitantes do país adoitaban chamarse familiarmenteorientais, caendo actualmente o xentilicio en desuso.

Símbolos

[editar |editar a fonte]
Escarapela Nacional uruguaia

A bandeira do Uruguai ou Pavillón Nacional é un dos símbolos nacionais do Uruguai. Foi adoptado polas leis do16 de decembro de1828 e12 de xullo de1830. As súas cores son a branca e a azul, tendo osol, que ocupa o cantón, cor dourada. A bandeira posúe as seguintes proporcións: o longo e o ancho están en relación de 3 a 2 e o espazo que contén o sol consiste nun cadro na parte superior, xunto á hasta, que chega até a sexta franxa, exclusiva, de cor azul. A primeira e última franxa son de cor branca. O debuxo do sol consiste nun círculo radiante, con cara, orlado de dezaseis, cun diámetro de 11/15 do cadro branco. As nove faixas horizontais que se distribúen sobre o campo representan os primeiros nove departamentos. O cantón está ocupado poloSol de Maio, símbolo que historicamente fai referencia á deidadeincaInti, alusión aos pobos indíxenas.

O Escudo Nacional do Uruguai é o aprobado polas leis do19 de marzo de1829 e do12 de xullo de1906 e o Decreto do26 de outubro de1908. De acordo con este último decreto dispúxose modelo oficial deEscudo Nacional o presentado porMiguel Copetti, axustado nas súas regras de execución á modificación indicada poloPoder Executivo, que consistía na supresión de trofeos militares e de mariña, quedando orlado por dúas pólas deoliveira e deloureiro unidos na base por un lazo azul celeste (lei do 12 de xullo de 1906 citada).

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia do Uruguai.
Tabaré Vazquez, á esquerda, e o seu vicepresidente,Rodolfo Nin Novoa.

O Uruguai constituíuse como Estado no1828. Os primeiros asentamentos foron os deColonia do Sacramento eMontevideo. A fins doséculo XIX o país completara a súa organización.

País novo, os seus primeiros poboadores (coa excepción dos indíxenascharrúas) foron os que trouxeron as exploracións españolas e portuguesas. Os seus descendentes realizaron a etapa de independencia deEspaña, no momento que a metrópole soportaba a invasión napoleónica. Durante medio século o Uruguai puido exportar os seus produtos da agricultura e a gandaría; cara a1955, iniciouse unha crise económica que afectou tamén ás institucións públicas.

A defensa dos intereses de gandeiros, terratenentes e empresarios deu protagonismo ás forzas armadas, que paulatinamente foron asumindo novas responsabilidades, até que, baixo a súa inspiración, o goberno deJosé María Bordaberry disolveu o27 de xuño de1973 o Parlamento, declarou o estado de emerxencia e converteuse de facto nun poder ditatorial. No1976 Bordaberry foi derrocado polos militares que pasaron a controlar directamente o poder. En1984 o goberno retornou aos civís conJulio María Sanguinetti, doPartido Colorado, como presidente. Nos comicios de1989 venceuLuis Alberto Lacalle, doPartido Nacional, en1994, Sanguinetti venceu de novo nas eleccións presidenciais e no1999 triunfouJorge Batlle, do Partido Colorado.

Nas eleccións presidenciais de2004 resultou electo o socialista e oncólogoTabaré Vazquez, candidato pola coalición de esquerdasEncuentro Progresista-Frente Amplio-Nueva Mayoría co 50,6% dos votos, acadando a vitoria na primeira volta e logrando un parlamento con maiorías absolutas. É a primeira vez na historia do país que un partido político non tradicional accede ao Poder Executivo. Nas eleccións municipais no Uruguai do2005 o Partido Nacional obtivo dez intendencias, o EP-FA-NM obtivo oito e o Partido Colorado obtivo unha. As próximas eleccións presidenciais están datadas para o ano2013.

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

A República Oriental do Uruguai ten un sistema presidencialista. O goberno do Estado divídese en tres poderes:

  • Opoder executivo, exercido polo Presidente da República e elixido para un período de cinco anos, quen nomea aos seus ministros.Luis Lacalle Pou é opresidente desde o1 de marzo de2020. O presidente é oxefe de estado e oxefe de goberno.
  • OPoder Lexislativo, que reside naAsemblea Xeral e consta dunha Cámara de Senadores de 30 escanos, elixidos por un período de cinco anos, e da Cámara de Representantes de 99 escanos, tamén elixidos para un período de cinco anos.
  • OPoder Xudicial está encabezado pola Suprema Corte de Xustiza, nos que os seus membros son nomeados pola Asemblea Xeral por unha maioría de dous terzos e cunha duración de 10 anos. A Suprema Corte de Xustiza é a última instancia de apelación, e é tamén a encargada de xulgar a constitucionalidade das leis. O poder xudicial está composto por Tribunais de Apelacións, Xuíces de Letras e Xuíces de Paz.[3]

Organización político-administrativa

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Subdivisións do Uruguai.
Mapa político do Uruguai
Mapa do Uruguai por departamentos.

A República Oriental do Uruguai está formada pordepartamentos que están gobernados por unintendente municipal, elixido por sufraxio universal por un período de cinco anos. Os edís da Xunta Departamental actúan comopoder lexislativo a nivel departamental.

Hai 19 departamentos:

(As capitais departamentais figuran entre paréntese)

  1. Artigas (Artigas)
  2. Canelones (Canelones)
  3. Cerro Largo (Melo)
  4. Colonia (Colonia del Sacramento)
  5. Durazno (Durazno)
  6. Flores (Trinidad)
  7. Florida (Florida)
  8. Lavalleja (Minas)
  9. Maldonado (Maldonado)
  10. Montevideo (Montevideo)
  11. Paysandú (Paysandú)
  12. Río Negro (Fray Bentos)
  13. Rivera (Rivera)
  14. Rocha (Rocha)
  15. Salto (Salto)
  16. San José (San José)
  17. Soriano (Mercedes)
  18. Tacuarembó (Tacuarembó)
  19. Treinta y Tres (Treinta y Tres)

Cidades principais:Paysandú,Salto,Las Piedras.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Relevo vinculado, na parte sur ás terras pampeanas; constituído por vastas chairas ondeadas e sucadas por lombas de escasa elevación, as máis importantes son as de Haedo e a Grande. A cunca hidrográfica máis importante é a do Uruguai, río utilizado como vía de comunicación. A doRío da Prata está formada por ríos de curto curso. A que desauga nalagoa Merín intégrana o Yaguarón, Tacuarí etc.

O clima é temperado, con variantes de temperatura, motivados polos réximes de ventos. As choivas son abundantes e repártense uniformemente ao longo do ano. O 75% do territorio é terreo de pastos. Os bosques son escasos (25% do territorio).

Economía

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén:Economía do Uruguai.A agricultura (trigo,millo,xirasol,liño,algodón,remolacha azucreira) e a gandería (vacúns, ovinos) son os recursos fundamentais daeconomía.

As industrias principais son as dopapel ecartón,química,fertilizantes,alcohois,cemento e de refinado depetróleo. Os recursos minerais e enerxéticos son escasos.

Cultura e artes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cultura do Uruguai.

Costumes e festas

[editar |editar a fonte]
Grupo de charanga uruguaia chamada Araca la Cana

No Uruguai, por ser un país agrícola-gandeiro, consómese principalmente a carne de vacún, séguenlle a porcina e ovina.

Entre os costumes máis tradicionais atópase o mate, a cal comparte con outros países da zona. O mate é unha infusión que se prepara nun recipiente chamado mate onde se colocan as follas secas e trituradas da herba mate, provenientes da árbore do mesmo nome. Logo vértese auga quente e succiónase a través dunha lámpada, que é unha especie de sorbete de metal. Pero para o uruguaio, a diferenza do que ocorre noutros países, pasa de ser unha simple infusión, que se toma no almorzo ou a merenda, para converterse nun compañeiro a toda hora e lugar. Por iso é moi común ver ás persoas camiñando pola rúa co mate nunha man e o termo na outra.

O principal deporte é ofútbol, o cal resulta unha paixón para os uruguaios; os equipos con máis seguidores sonClub Atlético Peñarol eClub Nacional de Football. Así mesmo, o Uruguai foi sede do primeiro mundial de fútbol da historia e resultou campión en dúas oportunidades:1930 e1950.

Festas
DataNome en galegoNome localNotas
1 de xaneiroAninovoAño Nuevo
6 de xaneiroDía dos NenosDía de los Niños
febreiro-marzoCarnavalCarnaval- 3 días
marzo-abrilSemana do TurismoSemana del Turismo
19 de abrilDesembarco dos 33 orientaisDesembarco de los 33 orientales
1 de maioDía dos TraballadoresDía de los Trabajadores
18 de maioBatalla das PedrasBatalla de las Piedras
19 de xuñoNacemento de José ArtigasNacimiento deJosé Artigas
18 de xulloXura da ConstituciónJura de la Constitución
25 de agostoDeclaración da IndependenciaDeclaración de Independencia
12 de outubroDía das AméricasDía de las Américas
2 de novembroDía dos DefuntosDía de los Difuntos
25 de decembroDía da FamiliaDía de la FamiliaCorresponde aoNadal

Música

[editar |editar a fonte]

Os estilos de música característicos son ocandombe, otango, amilonga e acharanga. Esta última constitúe o principal atractivo doentroido uruguaio, que é o máis longo do mundo dado que se realiza durante 40 días e convoca a moitísimos turistas. A charanga é un xénero musical que se conforma cun coro de ao redor de 15 persoas, acompañadas con prato, bombo e redoblante e realizan cadros musicais teatralizados entoando cancións cuxa temática principal son eventos ocorridos no ano e crítica social e política.

A músicarioplatense por excelencia é otango, cuxo maior expoñente éCarlos Gardel, pero de orixe disputada xa que para uns naceu no Uruguai e para outros en Francia). O Uruguai posúe ademais ritmos que actualmente lle son exclusivos, como o candombe e a charanga, que teñen o seu apoxeo naschamadas de entroido (no caso do candombe) e no mesmo entroido, no caso da charanga. Entre os músicos e cantantes destacados atópanseJulio Eslamiada,José Carbajal,Daniel Viglietti,Amalia de la Vega,Osiris Rodríguez Castelos,Jaime Roos, os irmánsHugo eOsvaldo Fattoruso (ex integrantes deLos Shakers eOpa),Jorge Dréxler,Eduardo Mateo,Ruben Rada,Alfredo Zitarrosa,Pablo Estramín,Gastón Ciarlo "Dino" ,Jorge Lazaroff,Pablo Sciuto,Tabaré Arapí eLeo Maslíah, e grupos comoEl Cuarteto de Nos,Los Estómagos,El Kinto,Tótem,Los vidrios,Zero,La Chancha,Los Iracundos,Los Olimareños,Los que iban cantando,La Tabaré Riverock Banda,Pablo Martínez,Traidores,Buitres Después de la Una,Nadaquehacer ,No te va gustar,La Vela Puerca,Once Tiros,Trotsky Vingarán,La Trampa,Rey Toro,Ridículo,Dani Umpi,Astroboy etc. Tamén son uruguaios o autor do tango máis famoso do mundo (A Cumparsita),Gerardo Matos Rodríguez,Jaurés Lamarque Pons compositor de música clásica e o revolucionador da técnica de execución de guitarra culta,Abel Carlevaro.

Pintura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Museo Nacional de Artes Visuais.
América investida (1943) deJoaquín Torres García

En pintura destácanseJuan Manuel Blanes,Joaquín Torres García,Carlos Sáez,Rafael Barradas,Petrona Vise,Pedro Figari,Carmelo de Arzadum,Ernesto Laroche,Felipe Seade,José Gurvich,Carlos Páez Vilaró,José Cúneo,Hugo Nantes,Ignacio Iturria eClever Lara.

Escultura

[editar |editar a fonte]

En escultura sobresaenJulio U. Alpuy,Juan Manuel Ferrari,José Belloni,José Luís Zorrilla de San Martín,Gonzalo Fonseca eGermán Cabrera. Entre os escultores contemporáneos cabe sinalar aRamón Cadra Canteira,Mario Lorieto,Hugo Nantes,Ricardo Pascale,Octavio Podestá,Pablo Atchugarry e [Águeda Dicancro].[4]

Literatura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Literatura do Uruguai.

A literatura uruguaia nace na primeira década do século XIX conBartolomeu Hidalgo, autor de famososcielitos e creador dunha modalidade lírica chamada a "Poesía Gauchesca". Esta corrente foi cultivada por autores urbanos, ilustrados que para as súas composicións utilizaban a "linguaxe gauchesco", recollendo nas súas obras, escenas e idiosincrasias do medio rural.Romildo Risso,El "Viejo Pancho",Serafín J. García,Elías Regules,Antonio Lussich eJavier de Viana foron grandes continuadores desa tendencia algúns dos cales estaban nucleados no grupo formado ao redor da publicación "El Fogón" fundada porOrosmán Moratorio eAlcides de María.

Na primeira metade do século XX destacou con particular luz propia o escritor e cantante Osiris Rodríguez Castelos. Outro dos pais da literatura nacional, pero xa de tendencia neoclásica foiFrancisco Acuña de Figueroa. Osrománticos áchanse representados na obra deAdolfo Berro,Juan Zorrilla de San Martín e oConde de Lautréamont. Destacan taménJuan José Morosoli eJosé Enrique Rodou.

En1900Julio Herrera y Reissig é o precursor dapoesía modernista hispanoamericana. Destácanse nesta época as poetisasJuana de Ibarbourou (tamén coñecida como Juana de América) eDelmira Agustini. Entre os líricos destacanEmilio Frugoni,Emilio Oribe,Salvador Puig,Circe Maia,Amanda Berenguer,Humberto Meghet. Entre os valores intelectuais con produción actual, sobresaenJuan Carlos Onetti, a poetisaIdea Vilariño,Carlos Martínez Moreno,Eduardo Galeano,Mario Benedetti,Jorge Majfud eAmir Hamed. No teatro destacanFlorencio Sánchez eJacobo Langsner.Horacio Quiroga destaca tamén cos seusContos de amor de tolemia e de morte, e é considerado por moitos como oPoe suramericano.

Filosofía

[editar |editar a fonte]
Carlos Vaz Ferreira

DestacanCarlos Vaz Ferreira eArturo Ardao. Vaz Ferreira naceu en Montevideo o15 de outubro de1872. Foi irmán da poetisaMaría Eugenia Vaz Ferreira. En1897 publicouCurso expositivo de Psicoloxía elemental e en1898 outro libro sobre Lóxica Formal. Desde1897 é ademais catedrático de Filosofía en Educación Secundaria que entón dependía daUniversidade da República. Ardao estudou nesta mesma universidade, recibíndose de Doutor enDereito eCiencias Sociais. Continuou vinculado a esa casa de estudos, dedicándose áFilosofía e abrindo un novo campo no estudo da Historia das ideas. Integrou o Consello Directivo Central da Universidade. Foi Director do Instituto de Filosofía, e posteriormente Decano da Facultade deHumanidades e Ciencias. Tamén Carlos Vaz Ferreira.

Cine

[editar |editar a fonte]

Pódese considerar que o cine uruguaio naceu en1919. En xeral caracterizouse por producións uruguaio-estranxeiras. Pódese destacarEl lugar del humo (1979),Mataron a Venancio Flores (1982) etc. Durante a súa historia tivo momentos en que parecía producirse unha engalaxe, que ao final nunca se daba. A partir do ano2003 comeza cunha etapa de éxitos e de profesionalización de todo o relacionado con esta arte. A partir dos anos 60 apareceu un movemento de cine documental, no que destacaMario Handler.

Entre os principais expoñentes do cine actual uruguaio sonJuan Pablo Rebella ePablo Stoll, quen en2005 gañaron oPremio Goya á mellor película estranxeira de fala hispana tamén oFestival de Cine de Cannes, premio FIPRESCI (2004), co filmeWhisky. Opremio Goya xa fora obtido por un uruguaio en2003, que o gañara pola películaEl último tren. Outras producións uruguaias destacadas son25 Watts,En la puta vida ,El viñedo,Otario,Una forma de bailar,El Dirigible eEl Baño del Papa.

Cabe tamén resaltar aCésar Charlone como director de fotografía do filme brasileiroCidade de Deus, polo cal foi nomeado ao premioÓscar; e aDaniel Hendler gañador de múltiples premios como oOso de Prata no festival de Berlín.

Así mesmo, Jorge Drexler é o primeiro uruguaio en recibir un premioÓscar á mellor banda sonora orixinal nunha lingua distinta ao inglés pola canciónAl otro lado del río da películaDiarios de motocicleta baseada na vida doChe Guevara.

Podemos mencionar a IsraelAdrián Caetano famoso director de curtos e películas como serCrónica de una fuga.Rodrigo Plá obtivo o premio León do Futuro no 64º Festival de Venecia (2007) pola súa longametraxeLa Zona.Gabriela Guillermo, coa súa mediometraxeEl regalo conquistou un premio á calidade cinematográfica enFrancia.Esteban Schroeder dirixiu a películaMatar a todos, na que revive o denominado caso Berríos.

En anos recentes o goberno uruguaio deu grandes incentivos ás filmacións e producións, exonerando de impostos. Debido a isto creáronse gran cantidade de produtoras que, asociadas con estranxeiras, producen películas e curtos publicitarios para o mercado internacional.

Arte contemporánea e novos medios

[editar |editar a fonte]

Aínda que se trata dun país pequeno, existe unha gran cantidade de artistas e produtores culturais de diversas liñas que traballan tanto no país como no exterior. Ademais do pavillón propio naBienal de Venecia, enItalia, artistas uruguaios tamén expoñen asiduamente nas bienais deSan Paulo,Mercosur e deA Habana, entre outras. A partir do ano2004 comezou a ter relevo dentro do movemento cultural aFundación de Arte Contemporánea (FAC), é unha organización que nuclea a unha vintena de artistas cuxa produción ten énfase na contemporaneidade.

Entre os nomes que se destacan na escena das artes contemporáneas atópanseFernando López Lage,María Clara Rossi,Martín Xastre,Daniel Umpiérrez,Brian Mac Kern,Enrique Aveza, o colectivoLOGO,Pablo Uribe,Santiago Tavella,Nicolás Branca,Beatriz Martínez,Guillermo Sierra,Rulfo eJosé Andrés de Beira e Paysal.

Así mesmo, a cidade dePunta do Leste, un dos principais balnearios doCono Sur, foi nomeadaCapital Iberoamericana de Cinematografía.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parauruguaio.
  2. "Informe sobre desenvolvemento humano 2009"(PDF).PNUD. Consultado o 11 de marzo de 2010. 
  3. [1]
  4. "Copia arquivada". Arquivado dendeo orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de abril de 2008. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  UruguaiModificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Estados soberanos
Enteiros
En parte
Dependencias
Estados soberanos
Territorios dependentes
Dinamarca
Estados Unidos
Francia
Países Baixos
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Uruguai&oldid=6739829»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp