Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25°C e 100kPa.
Aurea (do grego ούρον,urina) é un composto químico cristalino e incoloro, de fórmula CO(NH2)2. Atópase de xeito abondoso na urina e nasfeces. É o principal produto terminal dometabolismo deproteínas nos mamíferos. A urina humana contén arredor duns 20g por litro, e unha persoa adulta elimina de 25 a 39g ao día.
En cantidades menores, está presente nosangue, nofígado, nalinfa e mais nos fluídos serosos, e tamén nos excrementos dos peixes e moitos outros animais inferiores. Tamén a atopamos nocorazón, nospulmóns, nosósos e nos órganos reprodutivos así como noseme. A urea fórmase principalmente no fígado coma un produto final do metabolismo. O nitróxeno da urea, que constitúe a meirande parte do nitróxeno da urina, procede da descomposición dascélulas do corpo, especialmente dasproteínas dos alimentos. A urea está presente tamén nosfungos así como nasfollas esementes de numerososlegumes ecereais.
É solúbel na auga mais noalcol, e lenemente solúbel enéter. Obtense mediante a síntese de Wöhler, deseñada en 1828 polo químico alemánFriedrich Wöhler, e foi a primeira substancia orgánica obtida artificialmente.
Por mor ao seu alto contido ennitróxeno, a urea preparada comercialmente emprégase na fabricación de adubos agrícolas. A urea emprégase tamén como estabilizador en explosivos de carbonocelulosa e é unha compoñente básica deresinas preparadas sinteticamente.
Así mesmo úsase nospensos para ogando. É unha fonte de azoto non proteico que pode aproveitar aflora bacteriana que mora no sistema dixestivo dosruminantes para producir proteínas, que nutren o seu hóspede. É moito máis barato que as proteínas de orixe vexetal, e malia consumir calorías para converter a urea en proteína, resulta máis rendíbel. Pódense empregar outras fontes de azoto non proteico, coma oamoníaco ounitratos, porén a urea é máis segura: as vacas eliminan polo cuspe a urea producida polo seu metabolismo e deste xeito poden aproveitala. Oleite de vaca tamén contén urea.
Nadermatoloxía a urea emprégase como humectante natural polas súas excelentes propiedades hidratantes.
12Nomenclature of Organic Chemistry: IUPAC Recommendations and Preferred Names 2013 (Blue Book). Cambridge:The Royal Society of Chemistry. 2014. pp.416, 860–861.ISBN978-0-85404-182-4.doi:10.1039/9781849733069-FP001.O composto H2N-CO-NH2 ten o nome conservado de ‘urea’, o cal é o nome preferido da IUPAC, (…). O nome sistemático é ‘carbonil diamida’.