Carl Fredricksen (Ed Asner) é un vendedor de globos xa xubilado, de 78 anos. De neno coñecera unha nena chamada Ellie, coa que terminara casando. Desde cativos soñaran con explorarSuramérica e coñecer "as fervenzas Paraíso", pero Ellie faleceu sen poder logralo.
Pero cando se ve acosado por empresas urbanísticas para deixar a súa casa, e é forzado a retirarse a unasilo, Carl decide cumprir o soño da parella. Fai voar a súa casa, atándolle miles de globos dehelio. Pero ao pouco de comezar o voo, descobre que leva unpolisón, un explorador de 8 anos chamado Russell (Jordan Nagai). Tras atravesar tormentas tropicais, ambos os dous chegan áselva, e atopan o ídolo da infancia de Carl, un explorador que non dubida en querer matalos para atopar unha ave.
Finalmente, Carl e Russell regresan á vila de orixe nundirixible, vivindo en calma e lembrando a súa aventura.