OUniverso cinematográfico de Marvel (inglés:Marvel Cinematic Universe, a miúdo abreviadoMCU) é unhafranquía de medios e ununiverso compartido, centrada nunhaserie defilmes de superheroes producidos independentemente porMarvel Studios e baseados nos personaxes que aparecen nas publicacións deMarvel Comics. Marvel, nos seus inicios non tiña un estudo propio e colaboraba con outras axencias que quixesen levar a cabo os seus proxectos, como por exemplo a realizada en 1978 por Philip DeGuere, Dr. Strange. Mais non foi ata o ano 2000 que os filmes de Marvel se fixeron tan famosos e aclamados polos espectadores grazas a X-Men dos estudos de20th Century Fox e as posteriores a esta baixo a dirección de diversos estudos comoColumbia ouUniversal Studios.
En 2008 comeza un proxecto a grande escala comezando co filme deIron Man (O home de ferro) onde pretendía que todos os seus superherores compartisen universo; é dicir, malia que cada filme contaba unha historia distinta, todas acabarían xuntándose nun crossover final. Este proxecto foi dividido en diferentessagas e fases, na cal só coñecemos a primeira que dispón de tres fases.
Saga do infinito: Arco que se centra nas aventuras por separado dos heroes de Marvel onde se vai presentando un inimigo común, Thanos. Esta saga está composta por 23 filmes divididos en tres fases.[1]
Preséntanse os personaxes principais do universo e os máis importantes ó longo da saga. Neste comezo van preparando ós espectadores para o que comeza a ser o universo, xa que moitos personaxes fan cameos en diferentes películas chegando a interpretar papeis secundarios como sucede no caso deScarlett Johansson, interpretando o papel de Natalia Romanova (Black Widow), facendo de axente dobre na película deIron Man II.
Iron Man (2008)
The Incredible Hulk (2008)
Iron Man II (2010)
Thor (2011)
Captain America: The first avenger (2011)
Los Vengadores (2012)
Unha vez xa consolidado o universo, comezan a resolver diferentes dúbidas que deixaron as películas anteriores creando disputas entre os diferentes heroes e especulación sobre os diferentes inimigos que poden chegar. Nesta fase coñécese a existencia das xemas do infinito grazas á película deGuardians of the Galaxy e tamén se aprecia como de grande pode chegar a ser este universo.
Iron Man III (2013)
Thor: The Dark World (2013)
Captain America: The Winter Soldier (2014)
Guardians of the Galaxy (2014)
Avenger: Age of Ultron (2015)
Ant-man (2015)
Rematan todos os problemas que foron aparecendo ó longo das películas anteriores, as disputas restantes e todo aquilo que causaba destrución neste universo rematando así esta saga co filme deSpiderman: Far from home. Temos que destacar que co remate deste arco, moitos dos actores despídense do elenco de Marvel a causa da finalización do seu contrato como ocorre conRobert Downey JR (Tony Stark/ Iron Man) e dan protagonismo ao novos integrantes comoTom Holland (Peter Parker/ Spider-man).
Captain America: Civil War (2016)
Dr. Strange (2016)
Guardians of the Galaxy Vol.2 (2017)
Spider-man: Homecoming (2017)
Thor: Ragnarok (2017)
Black Panther (2018)
Avenger: Infinity war (2018)
Ant-man and the Wasp (2018)
Captain Marvel (2019)
Avengers: Endgame (2019)[2]
Spider-man: Far From Home (2019)
Marvel Studios non para aquí, ten en mente diferentes proxectos para futuras películas comoSpider-man: Far From Home a cal remata a fase tres e comeza unha nova saga que está aínda sen titular. Xa están confirmados diferentes spin-off dos personaxes de Marvel como a futura película deBlack Widow,The Ethernals,Black Panther II, Spider-man: No Way Home, Shang-Chi, Guardians of the Galaxy 3, Captain Marvel 2, Ant-Man and the Wisp: Quantumania, Dr. Strange y el Multiverso de la Locura, etc.
|
|---|
| Filmes | | Fase 1 | |
|---|
| Fase 2 | |
|---|
| Fase 3 | |
|---|
| Fase 4 | |
|---|
| Fase 5 | |
|---|
|
|---|
| Televisión | | ABC | |
|---|
| Netflix | |
|---|
| Outros | |
|---|
| Por estrear | |
|---|
|
|---|
Series Netflix