Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Universidade Estatal de San Petersburgo

Coord.:59°56′31″N30°17′56″L / 59.9419,30.2989
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade Estatal de San Petersburgo
 Instancia de
 Texto lema
Hic tuta perennat
Здесь в безопасности пребываетEditar o valor en Wikidata
 Composto por
Faculty of Biology, Saint Petersburg State University(en)Traducir
Faculty of Philology of Saint Petersburg State University(en)Traducir
Faculty of Physics, State University of Saint Petersbourg(en)Traducir
Faculty of Sociology of St Petersburg University(en)Traducir
Smolny College(en)Traducir
Faculty of Philosophy at Saint Petersburg State University(en)Traducir
Economics Faculty of Saint Petersburg State University(en)Traducir
Saint Petersburg State University Department of Chemistry(en)Traducir
Facultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo
Faculty of Physics and Mathematics of the Saint Petersburg University(en)Traducir
Faculty of Psychology, Saint Petersburg State University(en)Traducir
The Faculty of Geography and Geoecology(en)Traducir
Facultade de Historia da Universidade Estatal de San Petersburgo
School of Journalism & Mass Communication(en)Traducir
Faculty of Oriental Studies of the St. Petersburg University(en)Traducir
Faculty of Applied Mathematics - Control Processes, St. Petersburg State University(en)Traducir
facultade de matemáticas e mecánica da Universidade Estatal de San Petersburgo
Graduate School of Management, Saint Petersburg State University(en)Traducir
School of International Relations, Saint Petersburg State University(en)Traducir
Geological Faculty of St. Petersburg State University(en)Traducir
Q135063530TraducirEditar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
 Fundador/a
 Matriz
 Reitor/a
Nikolay Kropachev(en)Traducir21 de maio de 2008
Lyudmila Verbitskaya(en)Traducirabril de 1994- 2008
Alexander Voznesensky(en)Traducir1940- 1947
Vladimir Shimkevich(en)Traducirsetembro de 1919- maio de 1922
Ivan Borgman(en)Traducir1905
Andrey Beketov(pt)Traducir1876- 1883
Karl Fedorovich Kessler(en)Traducir1867- 1873
Aleksandr Aleksandrov
Emil Lenz
V. Sergeevich(en)Traducir
Aleksandr Markelovič Ždanov(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
 Número estudiantes
26000Editar o valor en Wikidata
 Membro de
Actividade
 Campo de traballo
Datas e cronoloxía
 Fundación
22 de xaneiro de 1724
8 de febreiro de 1724
20 de febreiro de 1819Editar o valor en Wikidata
 Substitúe a
Premios
Localización
 Localización
 Sede
 Rúa
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
Facebook: SaintPetersburgStateUniversityTwitter: spb_universityInstagram: spb_universityTelegram: spbuniversity1724VK: spb1724Youtube: UCvwsZFBgcmSuTgRcRocWFhgEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

AUniversidade Estatal de San Petersburgo (enruso:Санкт-Петербургский государственный университет,Sankt-Peterburgskiy gosudárstvenny universitet) é unha institución deeducación superiorrusa, propiedade do estado, con sede na cidade deSan Petersburgo. É unha dasuniversidades máis antigas, grandes e prestixiosas de Rusia.

Está formada por vinte facultades especializadas, trece institutos de investigación, o Canada College, a Facultade de Estudos Militares e unha cátedra de Cultura Física e Deportes. Posúe un cadro docente de 4055 profesores (2004) e uns 39 000 estudantes. A universidade posúe douscampus principais, nailla Vasilievski ePeterhof.

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixes (1724-1821)

[editar |editar a fonte]

Aínda está en disputa pola administración da universidade se a institución de educación superior máis antiga de Rusia é a Universidade Estatal de San Petersburgo ou aUniversidade Estatal de Moscova. Mentres que esta última se estableceu en 1755, a primeira, que estivo en operación continua dende 1819, afirma que é a sucesora da universidade fundada xunto coGymnasium Académico e aAcademia de Ciencias de San Petersburgo o 24 de xaneiro de 1724 por un decreto dePedro o Grande.

No período comprendido entre 1804 e 1819, a Universidade de San Petersburgo oficialmente non existía, e a institución fundada por Pedro o Grande, a Academia de San Petersburgo, xa fora disolta, xa que a nova carta da Academia de Ciencias de 1803 estipulaba que non debía haber institucións educativas que dependesen dela.

O Instituto Pedagóxico de Petersburgo cambiou o nome polo de Instituto Pedagóxico Principal en 1814, estableceuse en 1804 e ocupou unha parte do edificio dosDoce Colexios.[1] O 8 de febreiro de 1819,Alexandre I de Rusia reorganizou o Instituto Pedagóxico Principal na Universidade de San Petersburgo, que nese momento consistía en tres facultades: a Facultade de Filosofía e Dereito, a Facultade de Historia e Filoloxía e a Facultade de Física e Matemáticas.[1] O Instituto Pedagóxico Principal foi restaurado no ano 1828 como unha institución independente de educación da Universidade de San Petersburgo e formou mestres ata que se pechou definitivamente en 1859.[2]

Universidade Imperial de San Petersburgo (1821-1918)

[editar |editar a fonte]

En 1821 a universidade foi renomeada como Universidade Imperial de San Petersburgo.[1] En 1823 a maior parte da universidade trasladouse dosDoce Colexios á parte sur da cidade alén daFontanka. En 1824 foi adoptada como a primeira carta da Universidade Imperial de San Petersburgo unha versión modificada da carta daUniversidade de Moscova. En 1829 había 19 profesores a tempo completo e 169 estudiantes na universidade. En 1830 o tsarNicolao devolveu todo o edificio dos Doce Colexios de novo á universidade e os cursos reanudáronse. En 1835 aprobouse unha nova carta das universidades de Rusia que prevía a creación da Facultade de Dereito, a Facultade de Historia e Filoloxía e as Facultades de Física e Matemáticas fusionáronse na Facultade de Filosofía como os Departamentos primeiros e segundos, respectivamente.

En 1849 despois daPrimavera dos Pobos, o Senado doImperio ruso decretou que o reitor debía ser nomeado polo Ministro Nacional de Ilustración en lugar de ser elixido pola Asemblea da Universidade. Porén, Piotr Pletniov foi reelixido reitor e en última instancia converteuse no reitor de maior antigüidade na Universidade de San Petersburgo (1840-1861). En 1855 separáronse os estudos orientais da Facultade de Historia e Filoloxía e o cuarto corpo docente da Facultade de Linguas Orientais inaugurouse oficialmente o 27 de agosto de 1855.[3]

Dende 1918

[editar |editar a fonte]

A Asemblea da Universidade Imperial de Petrogrado acolleu abertamente aRevolución de Febreiro de 1917, que puxo fin á monarquía rusa, e a universidade pasou a ser coñecida como Universidade de Petrogrado. Non obstante, despois daRevolución de Outubro de 1917, o persoal e a administración da universidade opuxéronse inicialmente á toma do poder polosbolxeviques e foron reticentes a cooperar coNarkompros. Máis tarde, en 1917-1922, durante aGuerra Civil Rusa, algúns dos empregados sospeitosos de simpatías contrarrevolucionarias sufriron prisión (comoLev Shcherba en 1919), execución ou exilio nos chamadosbarcos dos filósofos en 1922 (comoNikolai Lossky).

En 1924, a universidade pasou a chamarse Universidade Estatal de Leningrado.

Durante ositio de Leningrado nasegunda guerra mundial (1941-1944), moitos estudantes e persoal morreron de fame, en batallas ou por represións. Non obstante, a universidade continuou a funcionar, sendo evacuada aSaratov en 1942-1944.

En 1949-1950, varios profesores morreron no cárcere durante a investigación doasunto Leningrado fabricado pola dirección central soviética e foi executado o ministro de Educación daRSF de Rusia, o antigo reitorAlexander Voznesensky.

En 1991, a universidade pasou a chamarse de novo Universidade Estatal de San Petersburgo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,2Lewis, David E. (2012).Early Russian Organic Chemists and Their Legacy. Springer. p. 50.ISBN 3642282199. 
  2. Rudakov, Vasiliy.Brockhaus and Efron Encyclopedic Dictionary. p. 787, Volume VIIIa. 
  3. Kemper, Michael; Conermann, Stephan, eds. (2011).The Heritage of Soviet Oriental Studies. Taylor & Francis. p. 36.ISBN 0203832752. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Universidade Estatal de San PetersburgoModificar a ligazón no Wikidata
A Galipedia ten unportal sobre:Rusia

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Universidade_Estatal_de_San_Petersburgo&oldid=7069855»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp