| Union List of Artist Names | |
|---|---|
Instancia de | |
Parte de | |
| Persoas e organizacións | |
Creador/a | |
| Fontes e ligazóns | |
Páxina WEB | |
| Wikidata |
AUnion List of Artist Names (ULAN) é unhabase de datos en liña que emprega un vocabulario controlado, mantida poloGetty Research Institute. Os títulos almacenados na ULAN poden incluír nomes,pseudónimos, variacións dos nomes, nomes en múltiples linguas e nomes que sufriron cambios co tempo.
Malia que se amosa como unha lista, a ULAN está estruturada como unthesaurus, que cumpre os estándares correspondentesISO eNISO, contendo relacións asociativas, xerárquicas e de equivalencia.
O enfoque dos rexistros da ULAN son personalidades da arte. Cada rexistro identifícase cun número único, e ligado a cada artista amósanse nomes, artistas relacionados, fontes dos datos e notas. Os rexistros poden ser sobre artistas individuais ou grupos, e adoitan representar creadores involucrados na concepción ou produción de artes visuais earquitectura.