OSistema de Linguaxe Médica Unificada (eninglés,Unified Medical Language System,UMLS) é uncompendio de moitos vocabularios controlados das ciencias biomédicas, creado en1986.[1]
O UMLS consiste en fontes de coñecemento (bases de datos) e un conxunto de ferramentas desoftware; o sistema está destinado a ser empregado principalmente por desenvolvedores de sistemas deinformática biomédica. Tamén achega a base para oProcesamento de linguaxe natural; achega unha estrutura de mapeado entre estes vocabularios e, polo tanto, permite traducir verbas entre os diferentes sistemas de terminoloxía. Tamén se pode considerar untesaurus e un dicionario deontoloxía integral de conceptos biomédicos.