Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Unión Europea

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
1000 12/16
Coord.:50°06′N9°12′L / 50.1,9.2
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:Xeografía políticaUnión Europea
Europäische Union (de)
Европейски съюз (bg)
Evropská unie (cs)
Den Europæiske Union (da)
Euroopa Liit (et)
Euroopan unioni (fi)
Union européenne (fr)
Europska unija (hr)
European Union (en)
An tAontas Eorpach (ga)
Unión Europea (es)
Europeiska unionen (sv)
Unione Europea (it)
Eiropas Savienība (lv)
Europos Sąjunga (lt)
Európai Unió (hu)
Unjoni Ewropea (mt)
Europese Unie (nl)
Unia Europejska (pl)
União Europeia (pt)
Uniunea Europeană (ro)
Európska únia (sk)
Evropska unija (sl)
Ευρωπαϊκή Ένωση (el)Editar o valor en Wikidata

HimnoHimno de Europa (1972)Editar o valor en Wikidata

Lema«lema da União Europeia(pt)Traducir»Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 50°06′N9°12′L / 50.1,9.2
CapitalBruxelasEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Alemaña(1958–)
Austria(1995–)
Bulgaria(2007–)Editar o valor en Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación447.706.209(2020)Editar o valor en Wikidata (105,68hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua francesa
lingua neerlandesa
lingua dinamarquesa
lingua estoniana
lingua finesa
lingua alemá
lingua grega
lingua húngara
lingua irlandesa
lingua italiana
lingua lituana
lingua polaca
lingua portuguesa
lingua castelá
lingua sueca
lingua búlgara
lingua eslovena
lingua eslovaca
lingua romanesa
lingua letoa
lingua maltesa
lingua croata
lingua checaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.236.351 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Brasil(1957–)
Mónaco(1957–)
Suriname(1957–)
Andorra(1957–)
Cidade do Vaticano(1957–)
San Marino(1957–)
Suíza(1957–)
Turquía(1981–)
Albania(1981–)
Marrocos(1986–)
Macedonia do Norte(1991–)
Liechtenstein(1995–)
Rusia(1995–)
Noruega(1995–)
Belarús(2004–)
Ucraína(2004–)
Serbia(2006–)
Moldova(2007–)
Montenegro(2013–)
Bosnia e Hercegovina(2013–)Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
FundadorItalia,Francia,Luxemburgo,Bélxica,Reino dos Países Baixos eAlemaña do OesteEditar o valor en Wikidata
Creación 1 de novembro de 1993:  (Tratado de Maastricht)Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Órgano executivoComisión Europea(Escano: 27)Editar o valor en Wikidata
• Presidente da Comisión EuropeaEditar o valor en WikidataUrsula von der Leyen(2019–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoParlamento Europeo ,(Escano: 720)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal de Xustiza da Unión EuropeaEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal17.187.869.517.146 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.euEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónicosen valorEditar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia112Editar o valor en Wikidata

Sitio webeuropean-union.europa.euEditar o valor en Wikidata
BNE: XX141032Dialnet: 2921421
Cerimonia defirma do Tratado de Lisboa.

AUnión Europea (Gl-Unión Europea.oggpronunciación (axuda · info)) (UE) é unhaorganización internacional constituída por 27estadoseuropeos. Moitos dos seus obxectivos herdáronse daCEE, en vigor dende a década de1950, porén esta comunidade non adoptou o nome de UE até1992 durante oTratado da Unión Europea (normalmente coñecido comoTratado de Maastricht). As tres sedes principais da Unión Europea atópanse enBruxelas,Luxemburgo eEstrasburgo. O12 de outubro de2012 a Unión foi galardoada coPremio Nobel da Paz pola súa "contribución ao avance da paz e reconciliación, democracia e dereitos humanos en Europa".

A Unión Europea ten moitas actividades, entre as que destacan a creación dun mercado europeo único (ou sexa unha unión aduaneira), dunhamoeda única (adoptada por 16 dos27 estados membros) e dunha políticaagrícola,pesqueira,comercial e detransportes común. A Unión Europea desenvolve tamén varias iniciativas para a coordinación das actividadesxudiciais e de defensa dos Estados Membros, así como trata de equiparar o desenvolvemento das diversas rexións mediante compensacións económicas, e de fortalecer a propia unión creando vínculos culturais e de cooperación por medio de programas específicos de mantemento de proxectos a escala europea e intercambio de persoas.

OTratado de París (1951), establecendo a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), e oTratado de Roma (1957), instituíndo aComunidade Económica Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica ouEuratom, foron asinados por seis membros fundadores:Alemaña,Bélxica,Francia,Italia,Luxemburgo ePaíses Baixos.Bélxica,Países Baixos eLuxemburgo acordaran anteriormente formar o chamadoBenelux.

Despois disto, a UE realizou seis ampliacións sucesivas: en1973Dinamarca,Irlanda e oReino Unido; en1981Grecia; en1986España ePortugal; en1995Austria,Finlandia eSuecia; o1 de maio de2004,República Checa,Chipre,Eslovaquia,Eslovenia,Estonia,Hungría,Letonia,Lituania,Malta ePolonia; o1 de xaneiro de2007,Bulgaria eRomanía; o1 de xullo de2013Croacia.

En1972 e1994,Noruega asinou tamén tratados de adhesión á Unión Europea. Porén e sempre a través de referendos, a poboación norueguesa rexeitou a adhesión do seu país.Macedonia do Norte,Islandia,Montenegro eTurquía son candidatos a adhesión á UE. As negociacións con Turquía, e Macedonia aínda non se iniciaron formalmente e polo tanto aínda non hai unha data definida para a súa incorporación.

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixes da Unión Europea

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia da Unión Europea.

9 de maio de 1950: naceu Europa

[editar |editar a fonte]
Países fundadores daCECA.

Oséculoxx estivo marcado pola ascensión e caída das ideoloxías totalitarias. Na primavera de1950Europa atópase á beira do abismo. Aguerra fría fai pesar a ameaza dun conflito entre as partes do Leste e Oeste do continente. Cinco anos despois da fin dasegunda guerra mundial, os antigos adversarios de ámbalas beiras están lonxe da reconciliación. Procurouse evitar repetir os erros do pasado e crear condicións para unha paz duradeira entre inimigos tan recentes.

O miolo do problema era a relación entreFrancia eAlemaña. Era preciso crear unha relación forte entre estes dous países e reunir ao seu redor todos os países libres deEuropa a fin de construír conxuntamente unha comunidade cun destino común.Jean Monnet, coa súa experiencia única como negociador e construtor da paz, propón ao Ministro de Asuntos Exteriores francés,Robert Schuman, e ao Chanceler alemánKonrad Adenauer centrar as súas políticas nun interese común entre ámbolos países: a xestión sobre o control dunha autoridade independente do mercado do carbón e do aceiro. A proposta é formulada oficialmente o9 de maio de 1950 porFrancia e recibe unha fervorosa acollida enAlemaña,Italia,Países Baixos,Bélxica eLuxemburgo.

O Tratado que constituíu a primeira Comunidade Europea, a Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA), será asinado en abril de1951, abrindo as portas das realizacións concretas a Europa. Seguiron outras realizacións, ata chegar á Unión Europea actual, que se está abrindo ao leste dun continente do que estivo demasiado tempo separada.

25 de marzo de 1957: a Comunidade Económica Europea

[editar |editar a fonte]

O plan Schuman dera orixe a unha Comunidade especializada en dous dominios decisivos, mais limitados: o carbón e o aceiro. Baixo a presión daguerra fría, leváronse a cabo diversas medidas nos dominios da defensa e da unión política para as que a opinión pública non estaba aínda preparada. Os seis Estados-membros da CECA escolleron polo tanto unha nova área de integración no dominio económico: a creación dun mercado único.

OTratado de Roma de25 de marzo de1957, que institúe a Comunidade Económica Europea (CEE), crea instrucións e mecanismos de toma de decisión que permiten dar expresión tanto aos intereses nacionais como a unha visión comunitaria. A Comunidade Europea constitúe de aí en diante o eixe principal en torno do cal se vai organizar a construción europea.

De1958 a1970, a abolición dos dereitos aduaneiros ten repercusións espectaculares: o comercio intracomunitario é multiplicado por seis, ao paso que os intercambios comerciais da CEE co resto do mundo son multiplicados por tres. No mesmo período, o produto nacional bruto medio da CEE aumenta un 70%. Seguindo o padrón dos grandes mercados continentais, como o dosEstados Unidos de América, os axentes económicos europeos saben tirar proveito da dinamización resultante da abertura das fronteiras. Os consumidores habitúanse a que lles sexa proposta unha gama cada vez máis variada de produtos importados. A dimensión europea tórnase unha realidade. En1986, a sinatura da Acta Única permitirá abolir as outras restricións, de orde regulamentar e fiscal, que atrasaban aínda a creación dun mercado interno xenuíno, totalmente unificado.

20 de xullo de 1963: Iaundé, os indicios dun papel internacional

[editar |editar a fonte]
Bandeiras da Unión Europea enParís.

Cos seus destinos a unírense no continente, os Estados fundadores da Comunidade Europea asinan coas súas antigas colonias africanas, en1963, unha convención que garante a estas últimas certas vantaxes comerciais e axudas financeiras. A Convención deLomé, que se seguiu á deIaundé, aplícase actualmente a 70 países deÁfrica, doCaribe e doPacífico, tornándose a Unión Europea na maior fonte de axuda pública ao desenvolvemento. A cooperación estendeuse igualmente, baixo outras formas, á maior parte dos países deAsia e deAmérica Latina.

O28 de novembro de1995, os 15 países da Unión Europea e 12 países do sur do Mediterráneo estabelecen unha parcela que deberá conducir á creación dunha zona de comercio libre, combinada con acordos de cooperación nos dominios social, cultural e humano.

No século XXI espérase á afirmación daEuropa como potencia de paz, dende que a Unión promova a estabilidade e o desenvolvemento nos grandes grupos rexionais que a envolven. Grazas ao papel que desempeña nos intercambios comerciais mundiais e ao seu peso económico, a Unión é xa un participante respectado nas grandes instancias internacionais, tales como aOrganización Mundial do Comercio ou aONU.

Progresivamente, a Unión apóiase no seu potencial económico para desenvolver a súa influencia política e afirmarse cunha soa voz. O Tratado da Unión Europea, de1992, fixa o obxectivo e as modalidades dunha Política Externa e de Seguridade Común (PESC), que inclúe, a prazo fixo, a definición dunha política de defensa común. Mais os europeos deberán aínda facer numerosos esforzos para harmonizar a súa diplomacia e a súa política de seguridade. É ese o prezo, que presupón unha vontade política real dos Estados-membros, para que a Unión poida defender os seus intereses e contribuír á creación dun mundo de paz e de xustiza.

1 de xaneiro de 1973: primeira ampliación da Comunidade Europea

[editar |editar a fonte]

A Unión Europea atópase aberta a todos os países europeos que a ela pretenden adherirse e que respecten os compromisos asumidos nos Tratados da fundación e subscriban os mesmos obxectivos fundamentais. Existen dúas condicións que determinan a aceptación dunha candidatura á adhesión: a localización no continente europeo e a práctica de todos os procedementos democráticos que caracterizan o Estado de dereito.

Así,Dinamarca,Irlanda e oReino Unido adhírense á Comunidade o1 de xaneiro de1973. A estas adhesións seguiulle unha ampliación ao Sur do continente, durante os anos 80, conGrecia,España ePortugal, tras a súa afirmación democrática. A terceira onda de adhesións, que tivo lugar en1995, traduce a vontade dos países da Europa escandinava e central de se xuntar a unha Unión que ten vindo a consolidar o seu mercado interno e se afirma como o único pólo de estabilidade no continente, ademais da desagregación do bloque soviético.

De seis a nove, de doce a quince membros, a Europa comunitaria vai gañando influencia e prestixio. Debe manter un modo de decisión eficaz, capaz de xestionar o interese común en proveito de todos os seus membros, preservando simultaneamente as identidades e as especificidades nacionais e rexionais que constitúen a súa riqueza. O maior desafío para o que se preparan actualmente os europeos consiste en acoller os xa adheridos países daEuropa central, balcánica, mediterránea e báltica. De cara ao futuro, os retos eran atopar os recursos necesarios para que os novos países atinxisen o nivel económico e estrutural dos países da UE no máis breve prazo, e doutra banda adaptar as institucións para que estas puidesen continuar a cumprir as súas misións en beneficio dunha Unión de máis de 25 Estados-membros.

7-10 de xuño de 1979: primeiras eleccións directas do Parlamento Europeo por sufraxio universal

[editar |editar a fonte]

OParlamento Europeo desempeña un papel fundamental no equilibrio institucional da Comunidade: representa os pobos deEuropa e caracteriza a natureza democrática do proxecto europeo. Dende a súa creación, dotado de poderes de control do ramo executivo, oParlamento Europeo dispón igualmente de poder lexislativo, na forma dun dereito de ser consultado sobre os principais textos comunitarios, poder que se foi ampliando progresivamente para se transformar nun verdadeiro dereito de co-decisión lexislativa. O Parlamento comparte, ademais diso, coConsello da Unión Europea o poder orzamentario.

Ata1979, os membros doParlamento Europeo eran membros dos parlamentos nacionais, que os nomeaban para representalos enEstrasburgo. A partir de 1979, pasaron a ser elixidos por sufraxio universal directo en cada un dos países da Unión, por mandatos de cinco anos. Os cidadáns escollen así os deputados que terán asento, non en delegacións nacionais, mais en grupos parlamentarios transnacionais, representativos das grandes correntes de pensamento político existentes no continente.

A ambición de crear entre os Estados-membros unha relación especial, que lles permita xestionar os seus intereses e as súas diferenzas segundo as mesmas regras de dereito e os mesmos procedementos de arbitraxe que unen os cidadáns dun Estado democrático, é totalmente revolucionaria na práctica das relacións internacionais. "Nós non ligamos Estados, nós unimos ás persoas", escribíaJean Monnet. Deste xeito, as institucións europeas, articulando e conciliando permanentemente os intereses dos cidadáns en canto tales, deben ser fortes e equilibradas. A dialéctica sutil que funciona dende hai preto de cincuenta anos entre oConsello da Unión Europea, oParlamento Europeo, aComisión Europea e oTribunal de Xustiza da Unión Europea, representa indubidabelmente unha adquisición fundamental da construción europea, sendo a chave do seu éxito.

17 de febreiro de 1986: sinatura do Acto Único Europeo

[editar |editar a fonte]

O obxectivo do Tratado de Roma de crear un mercado común foi parcialmente realizado nos anos sesenta, grazas á supresión dos dereitos aduaneiros internos e das restricións cuantitativas ós tratos comerciais. Mais os autores do Tratado subestimaron todo un conxunto doutros obstáculos ós acordos comerciais, obstáculos sofisticados e camuflados na forma de regulamentacións diversas, que constituían barreiras frecuentemente intranspasábeis.

A Comisión tomou polo tanto, unha iniciativa audaz que levou á adopción da Acta Única. Fixou o1 de xaneiro de1993 como a data límite para a plena realización do mercado interno e, grazas á ampliación da votación por maioría, propiciou ás institucións europeas os medios para adoptaren as 300 directivas que eran necesarias.

Ó obxectivo do gran mercado interno, a Acta Única asocia estreitamente outro de importancia tan fundamental como o primeiro: o da cohesión económica e social.Europa crea así políticas estruturais en beneficio das rexións con atrasos de desenvolvemento ou que se viron afectadas por mudanzas tecnolóxicas e industriais. Promove igualmente a cooperación en materia de investigación e de desenvolvemento. Finalmente, toma en consideración a dimensión social do mercado interno: no espírito dos gobernantes da Unión, o bo funcionamento do mercado interno e unha concorrencia sa entre as empresas son indisociábeis do obxectivo constante que consiste na melloría das condicións de vida e de traballo dos cidadáns europeos.

1 de novembro de 1993: a Unión Europea

[editar |editar a fonte]

Ao entrar en vigor, o1 de novembro de1993, o Tratado da Unión Europea, asinado o7 de febreiro de1992 enMaastricht, confire unha nova dimensión á construción europea. A Comunidade Europea (o Tratado de Maastricht substituíu o nome Comunidade Económica Europea), fundamentalmente económica nas súas aspiracións e na súa teoría, pasa a estar integrada na Unión Europea baseada, de agora en diante, en tres piares.

O piar comunitario (a Comunidade Europea e a Comunidade Europea da Enerxía Atómica), rexido polos procedementos institucionais clásicos, fai intervir a Comisión, o Parlamento, o Consello e o Tribunal de Xustiza; toca esencialmente o mercado interno e as políticas comúns.

Os outros dous piares envolven os Estados-membros en dominios caracterizados ata entón como sendo da competencia exclusivamente nacional: a política externa e de seguridade, por un lado, e os asuntos internos, tales como a política deinmigración e deasilo, apolicía e axustiza, por outro. Trátase dun progreso importante, na medida na que os Estados-membros consideran que é do seu interese cooperar máis estreitamente nestes dominios como xeito de afirmar a identidade europea no mundo e de asegurar unha mellor protección dos seus cidadáns contra a criminalidade organizada e o tráfico dedrogas.

Mais o que os cidadáns recordarán do Tratado de Maastricht será probabelmente a decisión que terá maior impacto práctico na súa vida cotiá: a realización da Unión Económica e Monetaria. A partir do1 de xaneiro de1999, a UEM reunirá todos os países que cumpren un determinado número de criterios económicos destinados a garantir a súa boa xestión financeira e a asegurar a estabilidade futura da moeda única: oeuro.

A derradeira etapa lóxica da realización do mercado interno, a introdución da moeda única, polas repercusións persoais que terá para cada cidadán e polas consecuencias económicas e sociais de que se revestirá, terá un alcance eminentemente político. Poderá mesmo considerarse que o euro será futuramente o símbolo máis concreto da Unión Europea. Esta moeda forte, capaz de concorrer coas grandes moedas de reserva internacionais, constituirá o signo distintivo da pertenza común a un continente que se está a unir e a afirmar.

Estados membros

[editar |editar a fonte]
Artigos principais:Alongamento da Unión Europea e Estado membro da Unión Europea.

A Unión Europea está composta de 27 países soberanos independentes que se coñecen como os Estados membros:Alemaña,Austria,Bélxica,Bulgaria,Chipre,Croacia,Dinamarca,Eslovaquia,Eslovenia,España,Estonia,Finlandia,Francia,Grecia,Hungría,Irlanda,Italia,Letonia,Lituania,Luxemburgo,Malta,Países Baixos,Polonia,Portugal,Romanía,República Checa eSuecia.[1]

Hai dous países candidatos oficiais,Macedonia do Norte eSerbia, mentres queMontenegro eTurquía están en negociacións. O resto de países dosBalcáns occidentais,Albania,Bosnia e Hercegovina eKosovo, son recoñecidos oficialmente como candidatos potenciais.[2] Kosovo é tamén considerado pola Comisión Europea como un potencial candidato, mais esta institución non o lista como un país independente, porque non todos os Estados membros recoñéceno como un país separado de Serbia.[3]

Para unirse á UE, un país debe satisfacer oscriterios de Copenhaguen, definidos en1993 no Consello Europeo de Copenhaguen. Estes esixen unha democracia estable que respecte osdereitos humanos e oEstado de Dereito; unha economía de mercado viable capaz de competir dentro da UE, e a aceptación das obrigacións da adhesión, incluída a lexislación da UE. A avaliación do cumprimento dos criterios por parte dun país é a responsabilidade do Consello Europeo.[4] Oartigo 50 doTratado de Lisboa proporciona a base para que un membro abandone a Unión. Dous territorios deixaron a Unión:Groenlandia (provincia autónoma de Dinamarca) fíxoo en 1985;[5] o Reino Unido invocou formalmente o artigo 50 en 2016 e converteuse no primeiro estado soberano que abandonou a Unión Europea, a través doBrexit.

Catro países daEuropa occidental que optaron por non adherirse á UE comprometéronse en parte coa economía da UE e os seus regulamentos:Islandia,Liechtenstein, eNoruega son unha parte domercado común a través doEspazo Económico Europeo, eSuíza ten vencellos semellantes a través de tratados bilaterais.[6][7] As relacións entre a Unión Europea e microestados comoAndorra,Mónaco,San Marino eCidade do Vaticano inclúen o uso do euro e outras cooperacións.[8]

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía da Unión Europea.
Véxase tamén:Territorios especiais da Unión Europea.
Mont Blanc nosAlpes é o cumio máis alto da UE.

O territorio da UE consiste no conxunto de territorios dos seus 27 Estados membros con algunhas excepcións que se expoñen seguidamente. O territorio da UE non é o mesmo có de Europa, pois hai países do continente fóra da UE, tales como Islandia, Suíza, Noruega, e Rusia. Algunhas partes dos Estados membros non forman parte da UE, malia que forman parte do continente europeo (por exemplo asIllas da Canle e asIllas Feroe). Varios territorios de ultramar vinculados aos Estados membros que están fóra de Europa xeográfica non son tampouco parte da UE (por exemplo, Groenlandia, Aruba e as antigas Antillas Neerlandesas).

O clima da UE está influenciado pola lonxitude da súa costa (Creta).

Algúnsterritorios de ultramar son parte da UE, ata se non son xeograficamente parte de Europa, como osAzores, asIllas Canarias,Ceuta,Güiana Francesa,Guadalupe,Madeira,Martinica,Melilla, eReunión.[9][10][11]

A superficie combinada dos Estados membros da UE abrangue unha área de 4 233 262 km². A paisaxe, o clima, e a economía da UE vense influídas polas súas costas. A UE ten a segunda costa máis longa do mundo despois doCanadá. A combinación dos Estados membros comparten fronteiras terrestres con 21 estados non membros para un total de 12 441 km, a quinta fronteira máis longa do mundo.[12][13][14]

Incluíndo os territorios de ultramar dos Estados membros, a UE experimenta a maioría dos tipos de clima, de ártico ao tropical, polo que as medias meteorolóxicas da UE no seu conxunto carecen de sentido. Na práctica, a maioría da poboación vive xa sexa nas zonas cunclima mediterráneo (o sur de Europa), unclima oceánico temperán (Europa Occidental), ou un cálido verán continental (Europa oriental).[15]

As costas da unión Europea miden uns 68 000 km de longo.[16]

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía da Unión Europea.
Véxase tamén:Demografía de Europa.
Poboación das 4 maiores cidades da UE[17]
CidadeLímites da cidade
(2006)
Densidade
/km²
(límites da cidade)
Área urbana
(2005)
AlemañaBerlín3 410 00038153 761 000
EspañaMadrid3 228 35951984 990 000
FranciaParís2 153 60024 6729 928 000
ItaliaRoma2 708 39521052 867 000

Cunha poboación no ano 2010 de 501 259 840 habitantes a UE abarca países con diferenciais de poboación importante, por exemplo os 82 millóns de habitantes deAlemaña e os escasos 400.000 deMalta. Estes números dan unha densidade total de 114 hab./km², cabe dicir que esta densidade non é homoxénea; existen grandes baleiros demográficos no interior das penínsulasIbérica eHelénica, ao mesmo tempo hai zonas como a dorsal europea (SE de Gran Bretaña ó NO de Italia) cuxas densidades superan a media da Unión.

Con respecto ao crecemento natural da UE hai que destacar o escaso incremento, debido á baixanatalidade emortalidade; sendo este ás veces negativo. As maiores taxas de crecemento danse en países como Irlanda e as máis baixas en países do sur como España . Con todo, estados como o español conseguen medrar grazas ao saldo migratorio.

A esperanza de vida daUE aproxímase aos 80 nos homes e elévase por enriba desta cifra nasmulleres, sendo unha das máis altas do planeta.

Aestrutura demográfica dá unha perspectiva da UE como unha poboación envellecida. A Unión Europea caracterízase por unha grande importancia do sector terciario o que nos leva a un proceso de urbanización importante no que máis do 77 % da poboación vive en cidades. Estes núcleos na súa maioría son de tamaño pequeno e medio. Pero tamén se dan casos de grandes aglomeracións urbanas comaMadrid.

A poboación da UE abrangue o 7,3 % da poboación total do mundo, e o 3 % da superficie da Terra, o que dá unha densidade media de 113 habitantes por km² facendo da UE unha das rexións máis densamente poboadas do mundo. Un terzo dos cidadáns da UE vive en cidades de máis dun millón de habitantes, cifra que sobe ao 80 % ao referirse a aqueles que habitan enáreas urbanas.[18] Na UE atópanse máiscidades globais cá ningunha outra rexión do mundo.[19] Na Unión Europea hai máis de 16 cidades con poboacións por riba do millón de habitantes.

Ademais das súas cidades, na UE existen numerosas rexións densamente poboadas resultantes da conexión de moitas áreas urbanas que conforman hoxe en día grandes áreas metropolitanas. As maiores son:Rin-Ruhr con 10,5 millóns de habitantes (Colonia,Dortmund,Düsseldorf etc.),Randstad aprox. 7 millóns (Ámsterdan,Rotterdam,A Haia,Utrecht etc.),Rexión Rin-Main aprox. 5,8 millóns (Frankfurt,Wiesbaden etc.), oDiamante flamengo aprox. 5,5 millóns (área urbana entreAnveres,Bruxelas,Lovaina eGante), aRexión metropolitana de Silecia aprox. 3,5 millóns (Katowice,Sosnowiec etc.), e mailaRexión do Oresund aprox. 2,5 million (Copenhagen,Dinamarca eMalmö,Suecia).[20]

Linguas

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Linguas da Unión Europea.
Linguas da UE (na UE-25)
LinguaFalantes nativosTotal
Inglés13%51%
AlemañaAlemán18%32%
FranciaFrancés12%26%
ItaliaItaliano13%16%
EspañaCastelán9%15%
PoloniaPolaco9%10%
Países BaixosHolandés5%6%
GreciaGrego3%3%
República ChecaCheco2%3%
Sueco2%3%
HungríaHúngaro2%2%
PortugalPortugués2%2%
CataluñaCatalán1%2%
EslovaquiaEslovaco1%2%
DinamarcaDinamarqués1%1%
FinlandiaFinés1%1%
LituaniaLituano1%1%
EsloveniaEsloveno1%1%
GaliciaGalego<1%<1%
Nativa: Lingua nativa[21]

Total:Cidadáns da UE capaces de seguir unha conversa nesa lingua[22]

Na Unión Europea empréganse 24linguas oficiais:alemán,búlgaro,castelán,checo,croata,dinamarqués,eslovaco,esloveno,estoniano,finés,francés,grego,holandés,húngaro,inglés,italiano,irlandés,letón,lituano,maltés,polaco,portugués,romanés esueco.[23] Importantes documentos, como a lexislación, son traducidas a tódalas linguas oficiais. Asemade, oParlamento Europeo traduce tódolos documentos e sesións de xeito automático ás linguas oficiais.[24] Algunhas institucións empregan só unhas poucas linguas como lingua de traballo, normalmente o inglés, o alemán e mailo francés.[25] Apolítica lingüística é reponsabilidade dos países membros, porén, as institucións da UE promoven a aprendizaxe doutras linguas.[26][27]

O alemán é alingua nai máis falada da UE (88,7  millóns de falantes no 2006), seguida polo inglés, o italiano e mailo francés. O inglés, falado por máis da metade (51%) dos habitantes da Unión, é de lonxe a lingua estranxeira máis espallada e falada, seguida polo alemán e o francés. O 56% dos europeos son quen de manter unha conversa nunha lingua que non sexa a súa lingua nai.[28] A meirande parte das linguas oficiais da UE pertencen á familia daslinguas indoeuropeas, agás o estoniano, o finlandés, e mailo húngaro, as cales pertencen á familia daslinguas ugrofinesas, e o maltés, pertencente á familia daslinguas semíticas. A meirande parte das linguas oficiais da UE escríbense noalfabeto latino agás o búlgaro, escrito noalfabeto cirílico, e o grego, escrito noalfabeto grego.[29]

Xunto as 24 linguas oficiais, na UE fálanse 150linguas rexionais eminoritarias, faladas por uns 50 millóns de habitantes.[29] Destas, só ocatalán/valenciano, oéuscaro, ogalego, ogaélico escocés e mailogalés[30] poden ser empregadas polos cidadáns para comunicarse coas principais institucións europeas.[31] Malia seren protexidas e apoiadas por programas da UE, a protección dos dereitos lingüísticos das linguas rexionais, atinxe a cada país membro.

Amais das linguas nativas dos estados da UE, fálanse tamén centos de linguas de tódolos recunchos da terra faladas nas comunidades estranxeiras que moran nos estados membros. Destacan oturco, oárabe magrebí, oruso, ourdú, obengalí, ohindi, otámil, oucraíno, opanxabí e mailas linguas dosBalcáns. As linguas dos inmigrantes non teñen status formal ou recoñecemento nin nas institucións da UE nin nos países membros da UE

Relixión

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Relixión na Unión Europea.

A Unión Europea é un corposecular sen conexións formais coarelixión.[10] Nas discusións sobre os bosquexos dos textos daConstitución Europea e oTratado de Lisboa propúxose citar ácristiandade ou adeus no preámbulo do texto, mais a idea foi rexeitada e desbotada.[32][33]

A énfase no cristianismo parte de ser esta a relixión dominante no continente europeo, e polo tanto da UE. O cristianismo divídese en varias pólas: ocatolicismo, un amplo abano de igrexasprotestantes (especialmente naEuropa do norte) e ocristianismo ortodoxo (no sur da Europa oriental). Outras relixións coma oislam e mailoxudaísmo atópanse presentes na UE.

Porcetaxe dos europeos que cren "nun Deus"

No ano 2006, a UE tiña unha poboación musulmá estimada nuns 16 millóns de persoas,[34] cifra que baixa ata o millón no tocante aos xudeus.[35]

As enquisasEurobarómetro de opinión pública doEurostat amosan que a maioría dos cidadáns da UE cren nalgúnha forma de crenza, aínda que só o 21% consideran que é importante. En anos recentes a maioría dos países europeos experimentou unha diminución no número de persoas que atende os servizos relixiosos e no número de persoas pertencentes a unha confesión.[36] O Eurobarómetro do ano 2005 amosou que o 52% dos cidadáns europeos (dos 25 estados membros naquel tempo), críannun deus, o 27%nalgunha forma de espírito ou forza e o 18% non tiñan ningún tipo de crenza. Os países onde menos xente declarou ser crente foron a República Checa (19%) e Estonia (16%),[37] Os países máis relixiosos foron Malta (95%), Chipre e Romanía (90%). Ao longo da UE, as mulleres amosaron ser máis crentes cós homes, cifra que medra coa idade, naquelas persoas con educación relixiosa, nas persoas con educación básica, e naquelas que "se posicionan á dereita na escala política (57%)."[37]

Outras relixións con significante presenza nos territorios da UE son obudismo, osikhism e mailohinduísmo.[38]

Tratados

[editar |editar a fonte]
Unión Europea 2013

A actual Unión Europea fundaméntase xuridicamente en 4 Tratados:[39] O Tratado da Unión Europea e os tres Tratados que se previamente se instituíran á:

  1. Tratado da CECA, enParís, o18 de abril de1951, foi asinado o tratado que institúe aComunidade Europea do Carbón e do Aceiro. Este tratado caducou en2001, dado que fora asinado por un período de 50 anos.
  2. Tratado de Roma, enRoma, o25 de marzo de1957, foi asinado o tratado que institúe aComunidade Económica Europea.
  3. Tratado da Euratom, o tratado que institúe aComunidade Europea da Enerxía Atómica.
  4. Tratado de Maastricht (ouTratado da Unión Europea), enMaastricht, o7 de febreiro de1992, foi asinado o tratado que institúe a Unión Europea.

O Tratado da Unión Europea (TUE) creou unha nova entidade - a Unión Europea - fundada nas Comunidades anteriormente existentes e que se mantén. No ámbito da Unión, o TUE contén disposicións relativas á política externa e de seguridade, e á cooperación nos dominios da xustiza e dos asuntos internos. Ademais diso, o TUE introduciu alteracións na redacción dos Tratados CECA, CEEA e, especialmente, do Tratado CEE. A anterior Comunidade Económica Europea (CEE) pasou a designarse Comunidade Europea (CE).

Os Tratados deÁmsterdam, de1997, e deNiza, de 2001, alteraron tanto o texto do Tratado da Unión Europea como o do Tratado de Roma e de EURATOM. OTratado de Lisboa asinado en decembro de 2007 pretende actualizar a estrutura política e legal da Unión.

Política

[editar |editar a fonte]
Unión Europea

Este artigo forma parte da serie:
Política e goberno
da Unión Europea


Tratados
Bruxelas · Roma · Maastricht ·
Acta Única Europea
Ámsterdan · Niza · Lisboa
Institucións
Comisión

Presidente da Comisión Europea


Parlamento

Presidente do Parlamento Europeo


Consello

Presidente do Consello da Unión Europea


Outras

Tribunal de Xustiza da Unión Europea
Banco Central Europeo · Consello Europeo

Outros
Membros · Alongamento · Lei · Euro
Relacións internacionais · Corpos · Axencias

Lingüística

[editar |editar a fonte]

OConsello de Europa elaborou aCarta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias, texto legal que recolle o compromiso dos estados co desenvolvemento das linguas minorizadas, e declarou2001 oAno Europeo das Linguas Non Normalizadas.

Conservación ambiental

[editar |editar a fonte]
Enerxía eólica enSaxonia-Anhalt

Os países da Unión Europea no seu conxunto, constitúen a principal potencia mundial no que ao desenvolvemento e aplicación deenerxías renovables se refire. A promoción das enerxías renovables ten un papel moi importante, tanto no que se refire a reducir a dependencia exterior da UE no seu abastecemento enerxético, como nas accións que deben adoptarse en relación coa paliación do actualcambio climático. Con todoAlemaña é o único membro da UE que está en camiño de acadar os obxectivos establecidos noProtocolo de Kyoto sobre o cambio climático que vai rematar no 2012.

OConsello Europeo de marzo de 2007 enBruxelas aprobou un plan enerxético obrigatorio que inclúe un recorte do 20% das súas emisións de dióxido de carbono antes do ano 2020 e consumir máis enerxías renovables para que representen o 20% do consumo total da UE (contra o 7% no 2006).[40] O acordo recoñeceu indirectamente o papel daenerxía nuclear na redución da emisión degas de efecto invernadoiro, correspondendo a cada Estado membro decidir se recorrerá ou non a esta tecnoloxía.

Por outra banda estableceuse o compromiso de lograr unha cota mínima dun 10% debiocombustibles no consumo total degasolina egasóleo de transporte no ano 2020.

O futuro repartimento do esforzo desa porcentaxe do 20% terá en conta as especificidades enerxéticas de cada estado. Ademais, a UE comprométese a chegar ata un 30% na redución de gases de efecto invernadoiro no caso de compromiso internacional que involucre tanto a outras potencias como aosnovos países industrializados.

Artigos principais:Enerxías renovables na Unión Europea e Axencia Europea de Ambiente.

A moeda única, o Euro

[editar |editar a fonte]
Icona do Euro.

Un dos grandes logros da UE foi a consecución e logro da moeda única, oEuro. O Euro é a moeda da Eurozona, a cal abarca 20 dos 27 países membros da UE. Estes son:Alemaña,Austria,Bélxica,Chipre,Croacia,Eslovaquia,Eslovenia,España,Estonia,Finlandia,Francia,Grecia,Irlanda,Italia,Letonia,Lituania,Luxemburgo,Malta,Países Baixos ePortugal.Como moeda única trae consigo unha serie de consecuencias favorables para aeurozona:

  • Elimina o risco de tipo de cambio.
  • Elimina dos custos de investimento.
  • Permite que os mercados financeiros poidan ser máis profundos, proporcionando flexibilidade e liquidez aosmercados.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. [1]
  2. "European Commission - Enlargement - Candidate and Potential Candidate Countries". Europa (web portal). Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  3. "Enlargement Newsletter". Europa (web portal). Arquivado dendeo orixinal o 18 de decembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. .
  4. "Accession criteria (Copenhagen criteria)". Europa (web portal). Arquivado dendeo orixinal o 05 de xullo de 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  5. "The Greenland Treaty of 1985".The European Union and Greenland. Greenland Home Rule Government. Arquivado dendeo orixinal o 03 de maio de 2011. Consultado o 10 de novembro de 2010. 
  6. European Commission."The European Economic Area (EEA)". Europa (web portal). Arquivado dendeo orixinal o 08 de xullo de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  7. "The EU's relations with Switzerland". Europa (web portal). Arquivado dendeo orixinal o 19 de decembro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  8. European Commission."Use of the euro in the world".The euro outside the euro area. Europa (web portal). Consultado o 1 de aneiro de 2009. 
  9. EUR-Lex: Official Journal."Treaty of Amsterdam". Europa (web portal). Arquivado dendeo orixinal o 17 de febreiro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  10. 10,010,1EUR-Lex."Consolidated Treaties on European Union and establishing the European Community". Europa (web portal). Arquivado dendeo orixinal o 03 de xuño de 2019. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  11. "Where is the euro legal tender?". European Central Bank. 2006. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 15 de outubro de 2008. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  12. "European countries". Europa (web portal). 2007. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  13. "European Union".The World Factbook.Central Intelligence Agency. Arquivado dendeo orixinal o 15 de xuño de 2020. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  14. "Countries of the Earth". home.comcast.net. 2006. Arquivado dendeo orixinal o 04 de agosto de 2003. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  15. "Humid Continental Climate".The physical environment. University of Wisconsin-Stevens Point. 2007. Arquivado dendeo orixinal o 15 de outubro de 2013. Consultado o 1 de xaneiro de 2009. 
  16. "Measuring shoreline retreat".www.esa.int(eninglés). Consultado o2021-03-29. 
  17. LUZ 2004"Data that can be accessed".Urban Audit. European Commission, Directorate-General Regional Policy, Unit D2 Urban Actions. Arquivado dendeo orixinal o 06 de abril de 2011. Consultado o31 July 2008. 
    Urban areas: all figures for 2005 (est.):"Pays, villes d'Europe et du monde". InsInstitut National de la Statistiqueet des Études Économiques. Consultado o6 February 2008. 
    City limits figures:
    Berlin as at September 2007:"Bevölkerung Berlin". Statistische Ämter des Bundes und der Länder (German statistics office). Arquivado dendeo orixinal o 03 de maio de 2009. Consultado o6 February 2008. 
    Madrid as at 1 january 2007:"Cifras de población". Instituto Nacional de Estadística (Spanish national statistics office). Arquivado dendeo orixinal o 21 de xaneiro de 2009. Consultado o6 February 2008. 
    Paris as at 1 July 2005:"Résultats des enquêtes annuelles de recensement de 2004 à 2007 pour les grandes villes". Institut National de la Statistique et des Études Économiques (French national institute for statistics). Consultado o6 February 2008. 
    Rome as at 31 December 2007"Bilancio demografico Anno 2007". ISTAT (Italian national statistics office). Arquivado dendeo orixinal o 16 de maio de 2008. Consultado o6 February 2008. 
  18. "A densely populated area".Telsat Guide. Arquivado dendeo orixinal o 27 de marzo de 2009. Consultado o 4 xuño 2009. 
  19. Loughborough University (ed.)."The World According to GaWC". Arquivado dendeo orixinal o 09 de febreiro de 2007. Consultado o 29 xuño 2007. 
  20. Eurostat."Indicators for larger urban zones 1999 - 2003". Europa web portal. Arquivado dendeo orixinal o 16 de febreiro de 2007. Consultado o25 January 2007. 
  21. European Commission (2006).Europa (web portal), ed."Europeans and their Languages"(PDF).SpecialEurobarometer 243. pp. 141–143. Consultado o 19 de novembro de 2008. 
  22. European Commission (2006).Europa (web portal), ed."Europeans and their Languages"(PDF).SpecialEurobarometer 243. pp. 152–154. Consultado o 19 de novembro de 2008. 
  23. EUR-Lex. Europa web portal, ed."Council Regulation (EC) No 1791/2006 of 20 November 2006".Official Journal of the European Union. Consultado o2 febreiro 2007. 
  24. "europarltv, official webtv of the European Parliament, is also available in all UE languages". Arquivado dendeo orixinal o 21 de maio de 2009. Consultado o 03 de xuño de 2009. 
  25. Europa web portal, ed. (2004)."Languages and Europe. FAQ: Is every document generated by the EU translated into all the official languages?". Consultado o3 febreiro 2007. 
  26. EUR-Lex (2004). Europa web portal, ed."Consolidated version of the Treaty establishing the European Community, Articles 149 to 150".Official Journal of the European Union. Arquivado dendeo orixinal o 16 de novembro de 2013. Consultado o1 febreiro 2007. 
  27. European Parliament (2004). Europa web portal, ed."European Parliament Fact Sheets: 4.16.3. Language policy". Consultado o3 February 2007. 
  28. European Commission (2006). Europa web portal, ed."Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Survey)"(PDF). Consultado o3 febreiro 2007. 
    European Commission (2006). Europa web portal, ed."Special Eurobarometer 243: Europeans and their Languages (Executive Summary)"(PDF). Consultado o3 febreiro 2007. 
  29. 29,029,1European Commission (2004). Europa web portal, ed."Many tongues, one family. Languages in the European Union"(PDF). Consultado o3 febreiro 2007. 
  30. Rory Watson. The Times, ed."Welsh and Gaelic are official EU tongues". Archived from the original on 12 de outubro de 2008. Consultado o13 marzo 2009. 
  31. Mercator Central, ed. (2006)."Mercator Newsletter - n. 29". Arquivado dendeo orixinal o 11 de novembro de 2011. Consultado o1 febreiro 2007. 
  32. Castle, Stephen.The Independent, ed."EU celebrates 50th birthday-with a row about religion". Arquivado dendeo orixinal o 05 de abril de 2008. Consultado o4 marzo 2008. 
  33. European Commission (2005).Europa (web portal), ed."Social values, Science and Technology"(PDF).SpecialEurobarometer 225. p. 9. Consultado o 19 de maio de 2009. 
  34. Islam.de (ed.)."In Europa leben gegenwärtig knapp 53 millionen Muslime". Consultado o21 July 2007. 
  35. Jewish population figures may be unreliable.Sergio DellaPergola. The Jewish Agency for Israel, ed."World Jewish Population (2002)".American Jewish Year Book. Arquivado dendeo orixinal o 22 de decembro de 2004. Consultado o 3 de maio de 2007. 
  36. Ford, Peter.USA Today, ed."What place for God in Europe". Consultado o 4 de marzo de 2008. [Ligazón morta]
  37. 37,037,1Eurostat (2005). Europa web portal, ed."Eurobarometer 225: Social values, Science & Technology"(PDF). Consultado o21 xullo 2007. 
  38. Censo 2001 Reino Unido
  39. "Tratado da União Europeia (1992)". Arquivado dendeo orixinal o 26 de decembro de 2004. Consultado o 29 de novembro de 2004. 
  40. "Accord historique sur a protection climatique".EU2007.DE(en francés). 2007. Arquivado dendeo orixinal o 02/07/2007. Consultado o 24/06/2007. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Commons ten máis contidos multimedia sobre:  Unión Europea

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • EUABC - online dictionary on the EU, includes "Reader-friendly EU Constititution" (in European languages, you may contribute too)
  • EUobserver - observing the EU, news, comments, sources, newsletter by e-mail (english)
1901–1925
1926–1950
1951–1975
1976–2000
2001–
Década de 1980
Década de 1990
Década de 2000
Década de 2010
Década de 2020
 Conflito árabe-israelí  
ParticipantesPersoeirosConflitosDiplomacia / Propostas de paz

Primarios:
Estados e autoridades:

ExiptoExipto
Iraq
Israel
Xordania
LíbanoLíbano
Palestina/Estado de Palestina
Arabia Saudita
Siria
Iemen

Organizacións:

Liga Árabe
Partido Baaz
Al-Fatah
Hamas
Consello Lexislativo
Hesbulá
FPLP
PIJ
OLP

Antigos participantes:

Exército da Guerra Santa
Man Negra
Haganah
Irgun
Lehi
Exército do Líbano do Sur
Mandato de Palestina

Outros:
Estados:

Canadá
Francia
AlemañaAlemaña
Irán
NoruegaNoruega
RusiaRusia
Reino UnidoReino Unido
Estados Unidos de AméricaEstados Unidos

Organizacións:

Unión EuropeaUnión Europea
ONUONU

Antigas organizacións:

Unión SoviéticaUnión Soviética
República Árabe UnidaRepública Árabe Unida

Lester B. Pearson
ExiptoHosni Mubarak
República Árabe UnidaGamal Abdel Nasser
ExiptoAnwar Sadat
AlemañaJoschka Fischer
IránMahmoud Ahmadinejad
IránAli Khamenei
IránMohammad Khatami
IránRuhollah Khomeini
Reino de IraqFaisal I de Iraq
Saddam Husayn
Ehud Barak
Menachem Begin
David Ben-Gurion
Moshe Dayan
Levi Eshkol
Golda Meir
Benjamin Netanyahu
Ehud Olmert
Shimon Peres
Yitzhak Rabin
Ariel Sharon
Chaim Weizmann
Abdullah II de Xordania
Hussein I de Xordania
LíbanoHassan Nasrallah
LíbanoFouad Siniora
Mona Juul
Johan Jørgen Holst
Terje Rød-Larsen
Mahmoud Abbas
Yasser Arafat
Salam Fayyad
Marwan Barghouti
Ismail Haniya
Amin al-Husayni
Khaled Mashal
Ahmed Yassin
Folke Bernadotte
Hafez al-Assad
Bashar al-Assad
Idi Amin
Arthur Balfour
Ernest Bevin
Madeleine Albright
Ralph Bunche
George W. Bush
Jimmy Carter
Bill Clinton
Henry Kissinger
Dennis Ross
Cyrus R. Vance

1920 Revoltas de Palestina
1921 Revoltas de Iafa
1929 Revoltas de Palestina
1936–1939 Gran Revolta Árabe
1947 Revoltas de Xerusalén
1948 Guerra árabe-israelí
1953 Operación Shoshana
1956 Guerra de Suez
1967 Guerra dos Seis Días
1968–1970 War of Attrition
1972 Masacre dos Xogos Olímpicos de Múnic
1972 Operación Cólera de Deus
1973 Operation Spring of Youth
1973 Guerra do Yom Kippur
1975–1990 Guerra civil libanesa
1976 Operación Entebbe
1978 Operación Lintani
1979 Revolución iraniana
1981 Operación Ópera
1982 Guerra do Líbano
1982–2000 Conflito do Líbano do Sur
1985 Operación Perna de Madeira
1987–1990 Primeira Intifada
1991 Guerra do Golfo
1993 Operación Contabilidade
1996 Operación Uvas da Ira
2000–2005 Intifada de Al-Aqsa
2002 Operación Defensive Shield
2004 Operación Arco da Vella
2004 Operación Días de Penitencia
2006 Conflito de Gaza e Israel
2006 Conflito do Líbano e Israel
2007 Batalla de Gaza
2008-2009 Operación chumbo fundido
2014 Operación Marxe Protectora
2023 Conflito israelí-palestino
2023 Xenocidio de Gaza

Carta de Cambon
Declaración de Balfour de 1917
Acordo Faiçal-Weizmann de 1919
Conferencia de San Remo de 1920
Libro Branco de Churchill de 1922
Libro Branco de 1939
Plan da ONU para a partición de Palestina de 1947
Declaración de independencia de Israel
Resolución 194 da Asemblea Xeral da ONU de 1948
Acordos de armisticio de 1949
Carta Nacional Palestina de 1964
Resolución de Khartoum de 1967
Resolución 242 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 338 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 339 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 350 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 425 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos de Camp David de 1978
Resolución 446 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Tratado de Paz exipcio-israelí de 1979
Resolución 452 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 478 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 497 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Acordos israelo-libaneses do 17 de maio de 1983
Conferencia de Madrid de 1991
Acordos de Oslo de 1993
Tratado de Paz xordano-israelí de 1994
Acordos de Wye River de 1998
Cume de Camp David de 2000
Cume de Taba de 2001
Iniciativa árabe de paz de 2002
Plan para a Paz de 2002
Resolución 1559 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 1583 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Cume de Sharm el-Sheikh Summit de 2005
Plan de retirada unilateral israelí
Documento dos prisioneiros palestinos de 2006
Resolución 1701 do Consello de Seguridade das Nacións Unidas
Resolución 67/19 da Asemblea Xeral das Nacións Unidas

Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Unión_Europea&oldid=7123201»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp