Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Un homme et une femme

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un homme et une femme
Ficha técnica
Título orixinalUn homme et une femme
DirectorClaude Lelouch
ProdutorClaude Lelouch
GuiónPierre Uytterhoeven
Claude Lelouch (sen acreditar)
IntérpretesAnouk Aimée
Jean-Louis Trintignant
MúsicaFrancis Lai
FotografíaClaude Lelouch
MontaxeClaude Barrois
Claude Lelouch (sen acreditar)
EstudioLes Films 13
DistribuidoraAllied Artists
Estrea12 de xullo de1966
Duración102 minutos
OrixeFrancia
XéneroRomance
Recadación14 millóns de dólares(USA)[1]
Na rede
IMDB: tt0061138Filmaffinity: 714147Allocine: 1334Rottentomatoes: m/a_man_and_a_womanAllmovie: v31060TCM: 82535TV.com: movies/a-man-and-a-woman-1966Netlix: 60026991Editar o valor en Wikidata

Un homme et une femme é un filmefrancés de1966 escrito e dirixido porClaude Lelouch e protagonizado porAnouk Aimée eJean-Louis Trintignant. Escrito por Lelouch ePierre Uytterhoeven, o filme conta a historia dunha viúva e un viúvo que se coñecen por casualidade no colexio dos seus fillos e cuxa relación incipiente é complicada por mor das lembranzas das súas parellas mortas.[2] O filme salienta pola súa exuberante fotografía, con frecuentes secuencias entre imaxe en cor, branco e negro e sepia, e pola banda sonora composta porFrancis Lai.

Un homme et une femme vendeu un total de 4 272 000 entradas nos cinemas de France e foi o sexto filme con maior recadación dese ano.[3] Nos Estados Unidos, o filme recadou 14 000 000 dólares.[1] O filme gañou varios premios, incluíndo aPalma de Ouro noFestival Internacional de Cinema de Cannes de 1966,[4] dousGlobos de Ouro ó mellor filme en lingua estranxeira e mellor actriz dramática (para Aimée), e dousPremios Óscar ómellor filme en lingua non inglesa emellor guión orixinal.[5][6] Unha secuela,Un Homme et une Femme, 20 Ans Déjà foi estreada en 1986, seguida porLes Plus Belles Années d'une vie, que se estreou no ano 2019.

Sinopse

[editar |editar a fonte]

O piloto de carreiras Jean-Louis Duroc e Anne Gauthier, dous viúvos recentes, encóntranse por casualidade cando visitan os seus respectivos fillos nun internado e iso repítese todas as fins de semana. Un día, Anne perde o tren e Jean-Louis ofrécelle levala de volta a París; acaban converténdose en amigos íntimos e finalmente apaixonados, mais notan que as lembranzas dos cónxuxes falecidos aínda son moi fortes.

Personaxes

[editar |editar a fonte]
  • Anouk Aimée como Anne Gauthier
  • Jean-Louis Trintignant como Jean-Louis Duroc
  • Pierre Barouh como Pierre Gauthier
  • Valérie Lagrange como Valerie Duroc
  • Antoine Sire como Antoine Duroc
  • Souad Amidou como Françoise Gauthier
  • Henri Chemin como copiloto de Jean Louis
  • Yane Barry como amante de Jean Louis
  • Paul Le Person como empregado da gasolineira
  • Simone Paris como amante principal
  • Gerard Sire como comentarista de radio
  • Gérard Larrousse como condutor de rally
  • Jean Collomb como o servidor
  • Clive Roberts como condutor de rally[7]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1The Numbers (ed.)."A Man and a Woman, Box Office Information". Arquivado dendeo orixinal o 14 de febreiro de 2021. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  2. "A Man and a Woman".Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  3. JP's Box Office (ed.)."Un homme et une femme". Consultado o 30 de marzo de 2012. 
  4. Festival de Cannes (ed.)."Un homme et une femme". Arquivado dendeo orixinal o 07 de agosto de 2012. Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  5. The Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.)."The 39th Academy Awards (1967) Nominees and Winners". Consultado o 31 de marzo de 2012. 
  6. "Golden Globe Awards for 1967".Internet Movie Database. Consultado o 1 de abril de 2012. 
  7. "Full cast and crew for A Man and a Woman".Internet Movie Database. Consultado o 30 de marzo de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
1939-1959
1960-1979
1980-1999
2000-presente
1947–1955
(Honorífico)
1956–1975
1976–2000
2001–presente
1948–1960
1961–1980
1981–2000
2001–2020
2021–
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Un_homme_et_une_femme&oldid=6991065»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp