Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Uezd

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ouezd ouuiezd, enruso уе́зд (pronunciaAFI /uˈjɛst/), era unha entidade subnacional dentro doImperio ruso.

Historia

[editar |editar a fonte]

Orixinalmente designaba unha subdivisión doRus de Kíiv e, máis tarde, doPrincipado de Moscova doséculo XIII. Unuezd unía variosvólosts (волость) ao redor das cidades máis importantes, e era controlado por ungobernador (наместник,namestnik) nomeado polo monarca ou gran duque (великий князь,veliki knyaz') e, despois doséculo XVII, polovoivoda.

Coa introdución dasgubernias en1708 baixo otsarPedro o Grande, a subdivisión enuezds foi abolida e substituída polos "distritos". Coa reforma administrativa deCatarina I de Rusia, en1727, os uezd reinstauráronse. E conCatarina II, en1775, incluíronse como subdivisións dasgubernias. Desde este ano os uezd estaban gobernados por unispravnik (исправник) (entre 1775-1862 chamábasekapitan-ispravnik), elixido de entre a aristocracia local para gobernar durante tres anos. Oispravnik controlaba tanto o ámbito administrativo como a forza policial, e tamén encabezaba ozemsky sud, o xulgado dozemstvo, un corpo colexiado, corroborándose este status poloucas do senado ruso de13 de decembro de1796.

A partir de1862 oispravnik deixou de ser un cargo electivo para ser designado directamente polas autoridades. Desde este momento a súa autoridade era persoal, e non dirixía nin o xulgado nin o departamento de policía. Despois da reforma doszemstvo de1864 outorgóuselle á maioría dos uezd unha autonomía local limitada, sobre todo nos daRusia europea.

Cadauezd tiña o seu propio centro administrativo, a cidadeuezd, onde residía oispravnik e estaban situados os organismos de goberno. Economicamente, a cidade tiña o seu propio corpo colexiado de dirección, e o resto do territorio douezd era dirixido polouezd zemskope sobranie, a asemblea (zemstvo) e o seu grupo administrativo. Tamén contaba cun tesouro e finanzas propios, un maxistrado para a cidade, e unha administración menor (rasprava) para os campesiños. Osgorodnichi eran responsábeis da orde en cada asentamentouezd, e eran elixidos entre oficiaisrusos. Toda a documentación facíase, así mesmo, enruso.

Non habíauezds en todaRusia. Tanto as gubernias como osóblastssiberianos e daAsia Central dividíronse enókrugs (literalmente "círculos").

Durante a reforma administrativasoviética entre1923 e1929, os uezd foron substituídos porraións. Porén, nas repúblicas soviéticas bálticas (RSS de Estonia,RSS de Letonia eRSS de Lituania) houbo uezds até1949/50.

Existen hoxe termos parecidos naRepública Checa (újedz),Polonia (ujazd) eLusacia (uhyst), para indicar asentamentos sen impostos. Tamén é nome de cidades nestes países.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Rusia

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
  • Uyezd en Britannica Online. Consultada o 19 de maeo de 2014
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Uezd&oldid=6010992»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp