Esténdese por un territorio xeográfico de 603 700 km² e comprende un territorio etnográfico mixto de 945 000 km². Ucraína é o segundo maior país de Europa (detrás de Rusia).
A poboación de Ucraína é de arredor de 41 millóns de habitantes.
Estando situada entre os paralelos 43º e 53º N, o seu clima, nas rexións setentrionais, é temperado frío. Os invernos son longos e rigorosos, co solo cuberto de neve. No sur o clima é máis agradable.
Na produción detrigo,cebada eremolacha, Ucraína ocupa o terceiro lugar no mundo. Alén do cultivo de cereais e da produción pecuaria, Ucraína destaca polas ricas reservas de minerais, sobre todo decarbón,ferro emanganeso.
No século VII, o territorio do leste de Ucraína foi o centro daAntiga Gran Bulgaria porén a fins dese século a maioría das tribos búlgaras migraron en diferentes direccións, o que aproveitaron oskházaros para se facer con boa parte do territorio.
Osrus', un grupo devaregos que primeiro se asentaron enLadoga eNóvgorod e que gradualmente foron cara ao sur chegando aKíiv contra o ano880, estableceron aRus' de Kíiv, Estado que incluía o leste da moderna Ucraína,Belarús, e unha parte importante situada no territorio da modernaRusia e que durante osséculos X eXI se converteu no máis grande e poderoso Estado de Europa,[4] e nos séculos seguintes conformaría a cerna daidentidade nacional tanto deucraínos como derusos.Kíiv, a capital da moderna Ucraína, era a cidade máis importante da Rus'.
Os varegos asimiláronse coa poboación eslava local que se converteu en parte da primeira dinastía dos Rus', adinastía Rurícovich. A Rus' de Kíiv compúñase de variosprincipados gobernados porpríncipes ruríquidas, sendo o de Kíiv o máis prestixioso e influente de todos eses principados.
A Idade de Ouro da Rus' de Kíiv comezou co reinado deVladimiro o Grande (980-1015), quen se converteu aocristianismo. Durante o reinado do seu filloIaroslav (1019-1054), a Rus' chegou ao cénit do seu desenvolvemento cultural e poder militar. Despois incrementouse a fragmentación ao aumentar a importancia dos poderes rexionais, conVladímir II Monómaco (1113-1125) e o seu filloMstislav (1125-1132) produciuse un rexurdimento do poder de Kíiv que se desintegrou tras a morte de Mstislav.
A mediados doséculo XIV, logo da morte deBolesław Jerzy II de Mazovia, o reiCasimiro III de Polonia comezou unha serie de campañas (1340-1366) para facerse con Galicia-Volinia. Entrementres o corazón da Rus', incluíndoKíiv, converteuse despois dabatalla do Río Irpen en territorio doGran Ducado de Lituania, gobernado porGediminas e os seus sucesores. Tras aUnión de Krewo en1386 —unha unión dinástica entrePolonia eLituania—, a maior parte do territorio de Ucraína foi controlado polo Gran Ducado de Lituania. Neste momento foi cando se comezaron a utilizar as formas latinizadas do vocábulo "Rus',Rutenia erutenos, para designar a terra e o pobo de Ucraína, respectivamente.[8]
En1392 as denominadasGuerras de Galicia-Volinia remataron. Os polacos colonizaron numerosas terras despoboadas no norte e centro de Ucraína, fundando ou refundando moitas vilas. En1430 oreino de Polonia incorporouPodolia como unhavoivodía (voivodía de Podolia). En1441, no sur de Ucraína, especialmente enCrimea e nas estepas que a circundan, o príncipeHaci I Giray fundaba o khanato de Crimea.
En1569 aUnión de Lublin establecía aConfederación Polaco-Lituana, e unha considerable parte do territorio ucraíno foi transferido do Ducado de Lituania á coroa do Reino de Polonia, converténdose en territorio polacode iure. A polonización que xa comezara a fins do século XIV pola presión demográfica, cultural e política polaca, acentuouse pola conversión de gran parte da clase alta de Rutenia aocatolicismo e tornouse indistinguíbel da nobreza polaca.[9]
Así, os plebeos ucraínos, oprimidos polos seus propios líderes da nobreza rutena, fixéronse aliados doscosacos, un pobo nómade da zona que continuaban sendocristiáns ortodoxos e que recorrían a accións violentas contra os que percibían como sus inimigos, especialmente o Estado polaco e os seus representantes locais.[10]
Así mesmo, polo sur, o territorio deCrimea foi gobernado porkhansmusulmáns aliados ou vasalos doImperio Otomán. Okhanato de Crimea foi un dos poderes máis forte no leste de Europa ata oséculo XVIII, chegando baixoDevlet I Giray naGuerra Ruso-Crimea de 1571 a capturar e arrasarMoscovia.[11] A poboación das fronteiras sufría invasiónstártaras anuais na procura de escravos para o Imperio Otomán,[12] e precisábanse ducias de milleiros de soldados para protexeren as fronteiras do sur e facían difícil a posta en cultivo e o poboamente das terras do sur, máis fértiles e con temperaturas máis suaves.
A mediados doséculo XVII, estableceuse unsemiestado militar cosaco,Zaporozhia, polos cosacos doDniéper e os campesiños rutenos que aíndan fuxían da servidume polaca.[13] Polonia tiña pouco control real desta terra e encontraron nos cosacos un útil aliado na súa loita contra os turcos e os tártaros[14] e a miúdo combatían xuntos en campañas militares.[15] Porén, os continuos enfrontamentos entre os campesiños e a nobreza polaca, provocados pola explotación da man de obra e a supresión da igrexa ortodoxa, fixo que os cosacos deixasen de confiar no goberno polaco.[14] Aspiraban a ter un representante noSejm dePolonia, o recoñecemento das tradicións ortodoxas e a expansión gradual do exército cosaco, pero todo isto foi negado pola nobreza polaca. Finalmente, os cosacos acudiron á protección daIgrexa ortodoxa de Rusia, unha decisión que máis adiante provocaría a caída do Estado polaco-lituano,[13] e a preservación da Igrexa ortodoxa en Ucraína.[16]
Desde o principio doséculo XVI até o final doXVII, bandas detártaros de Crimea, como quedou dito, fixeron incursións case cada ano nas terras agrícolas eslavas buscando cativos para vender comoescravos, aínda que estas cesaron tras a anexión dokhanato de Crimea por parte deRusia, en1783, e a rexión foi poboada por emigrantes doutras partes de Ucraína.[18]
A pesar das promesas de autonomía dadas polo Tratado de Pereyáslav, a elite ucraína e os cosacos nunca recibiron as liberdades e a autonomía que esperaban de Rusia. Porén, dentro do Imperio, varios ucraínos chegaron ás maxistraturas máis altas do Estado e da Igrexa ortodoxa rusa.[19]
Nun período posterior, o réximetsarista levou a política de "rusificación" ás terras de Ucraína, coa que intentou suprimir o uso dalingua ucraína en forma impresa e pública, en medios de comunicación, discursos e trámites legais.[20]
Durante os anos máis duros da Unión Soviética baixoStalin sufriu moitas purgas, entre elas a purga dos intelectuais ucraínos (escritores, artistas, músicos, actores etc). Este época coñécese como "Renacemento executado" (розстрі́ляне Відро́дження,rozstríliane Vidródjennia, anos 20 e 30). Coincidindo con isto prodúcese o episodio doxenocidio ucraíno chamadoHolodomor (Голодомо́р,1932-33), unha fame artificial creada polo réxime de Stalin, que provocou a morte de millóns de persoas.
En1939 a Ucraína polaca foi ocupada pola Unión Soviética. A invasiónalemá de1941 provocou o asedio deKíiv. Durante os anos de ocupación naII guerra mundial, a comunidadexudía, moi numerosa en Ucraína, foi exterminada, e a política de terra queimada levada a cabo por ambos os bandos deixou o país en ruínas.
Maidan Nezaléjnosti, Praza da Independencia deKíiv, hoxe coñecida popularmente comoEuromaidán.
Despois de moitos séculos de dominación estranxeira, o25 de agosto de1991 —pouco despois do fracasado golpe de Estado daURSS— o parlamento ucraíno (Rada Suprema) declarou a independencia, decisión que foi ratificada o1 de decembro mediante unreferendo popular.[21] Unhas semanas despois pasou a formar parte daCEI, unha institución pouco efectiva que quería manter os lazos económicos conRusia. A pesar de ser membro fundador da CEI, hoxe en día Ucraína xa non é un verdadeiro membro dela, mantendo só o status de "membro participante".
Ucraína foi considerada inicialmente como unha república cunhas condicións económicas máis favorables que o resto das rexións da antigaURSS. Así e todo, o país experimentou unha recesión económica máis profunda que o resto das repúblicas. Durante a recesión, Ucraína perdeu o 60% do seuPIB entre1991 e1999, e chegou a alcanzar taxas de inflación superiores ao 1 000%. Insatisfeitos coas condicións económicas, así como co crime e a corrupción, osucraínos protestaron e organizaron folgas. No ano1994 opresidenteLeonid Kravchuk acordou adiantar as eleccións presidenciais, nas que perdeu o cargo ante o anterior primeiro ministro do país,Leonid Kuchma.
Durante as dúas lexislaturas de Kutchma, a economía ucraína estabilizouse e, desde o ano2000, experimentou un crecemento económico constante, cunha media anual aproximada do 7%, unha das maiores taxas de crecemento tanto deEuropa como do mundo. No ano1996 foi aprobada unha novaConstitución, que estableceu un réxime semipresidencialista e dotou a Ucraína dun sistema político estable. Pese a iso, Kutchma foi criticado por exceso de poder, corrupción, transferencia de propiedades públicas a oligarcas afíns, ataques á liberdade de expresión e fraude electoral.
Para defender os seus dereitos democráticos, viaxaron á capital miles de ucraínos de todo o país.Viktor Yanukovych.
O ano2004,Viktor Yanukovych, daquelaprimeiro ministro, foi declarado gañador das eleccións presidenciais, manipuladas segundo os observadores internacionais presentes. O escrutinio causou un clamor popular en apoio do candidato da oposición,Viktor Yushchenko, que encabezou a pacíficaRevolución laranxa contra os resultados. Esta revolta impulsou a Viktor Yushcheko e aIulia Timochenko ao poder, deixando a Yanukóvich na oposición.
En marzo de2006 tiveron lugar eleccións áRada Suprema ("Verkhovna Rada") e tres meses máis tarde constituíuse un goberno de coalición anticrise formado poloPartido das Rexións, oPartido Comunista de Ucraína e oPartido Socialista de Ucraína. Este último partido separárase daCoalición Laranxa coNosa Ucraína e coBloque Iulia Timochenko. A nova coalición nomeou a Viktor Yanukovych para o cargo de primeiro ministro, mentres que o líder do Partido Socialista era o novo presidente do Parlamento. Unhas novas eleccións tiveron lugar en setembro de2007, coa vitoria da "Coalición Laranxa" de Yhushchenko e Timochenko.
Nunha acción unilateral, polos acontecementos políticos en Ucraína e o apoio ruso ás forzas opositoras, a península de Crimea foi anexionada a Rusia en2014,[22] creando un novo conflito entre os dous estados.
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
A invasión rusa a Ucraína, tamén coñecida como a guerra de Ucraína, iniciada o 24 de febreiro de 2022, constitúe unha escalada da guerra ruso-ucraína que comezou tras os sucesos do Euromaidán en 2014. Trátase do maior conflito militar convencional en Europa dende asegunda guerra mundial. A cifra precisa de vítimas descoñécese; estímase que até mediados de 2023, causara a morte de máis de nove mil civís e decenas de milleiros de soldados. Os combates tamén xeraron a maior crise de refuxiados no continente dende a segunda guerra mundial: máis de 7,3 millóns de ucraínos abandonaron o país e máis de 7,1 millóns desprazáronse internamente. Ademais, a guerra causou un dano ambiental significativo e puxo en perigo a dispoñibilidade de alimentos a nivel mundial.
A invasión estivo precedida por unha concentración militar rusa nas fronteiras de Ucraína, que deu comezo a mediados de 2021. Durante este período de tensión diplomática, o presidente rusoVladímir Putin criticou a ampliación daOTAN posterior a 1997 namentres negaba repetidamente queRusia tivese plans de invadir Ucraína. No entanto, o 21 de febreiro seguinte, Rusia recoñeceu á República Popular de Donetsk e á República Popular de Lugansk, dous estados autoproclamados na rexión de Dombás, ao leste de Ucraína, e enviou tropas a eses territorios. Ao día seguinte, o Consello da Federación de Rusia autorizou por unanimidade a Putin a utilizar a forza militar fóra das fronteiras de Rusia. O 24 de febreiro, Putin anunciou nunha mensaxe televisada unha «operación militar especial» nas provincias de Donetsk e Lugansk; os mísiles empezaron a impactar en diversos puntos de Ucraína, mentres as forzas terrestres rusas cruzaban a fronteira, dando inicio a múltiples ofensivas.
Nas frontes sur e sueste, os rusos tomaron Xersón en marzo de 2022 e Mariúpol o mes seguinte, mentres abandonaron a campaña de Ucraína central e lanzaron unha renovada batalla do Dombás. As forzas rusas continuaron bombardeando obxectivos militares e civís lonxe da liña da fronte, incluída a rede de enerxía durante o inverno. A fins de 2022, Ucraína retomou territorios mediante contraofensivas no sur e o leste. Pouco despois, Rusia anunciou a anexión de catro provincias parcialmente ocupadas tras realizar referendos criticados pola comunidade internacional. En novembro, Ucraína retomou partes do Óblast de Xersón. En febreiro de 2023, Rusia mobilizou a preto de douscentos mil soldados para unha nova ofensiva no Dombás. En xuño de 2023, Ucraína lanzou outra contraofensiva no sueste que non logrou ningún dos seus obxectivos, á vez que Rusia sufría unha rebelión por parte do grupo mercenario Wagner. En agosto de 2024, Ucraína levou a cabo unha incursión no óblast ruso de Kursk, aínda que as forzas rusas e norcoreanas recuperaron o territorio conquistado en cuestión de meses.
A invasión foi condenada pola comunidade internacional. A Asemblea Xeral dasNacións Unidas aprobou a Resolución E-11/1 condenando a invasión e esixindo a retirada total de Rusia. A Corte Internacional de Xustiza ordenou a Rusia suspender as operacións militares tras non atopar evidencia que apoiase as acusacións rusas a Ucraína de xenocidio no Dombás, e o Consello de Europa expulsou ao país. Numerosos gobernos occidentais, entre os que destacan aUnión Europea e osEstados Unidos, impuxeron sancións a Rusia e o seu aliadoBelarús, e proporcionaron axuda humanitaria, económica e militar a Ucraína. Máis de mil empresas abandonaron Rusia e Belarús en resposta á invasión. A Corte Penal Internacional (CPI) abriu unha investigación sobre posíbeis crimes contra a humanidade, crimes de guerra, secuestro de nenos e xenocidio, emitindo unha orde de arresto contra Vladimir Putin en marzo de 2023.
Durante a guerra produciuse unha evolución rápida nas tácticas de combate e as armas, así como notábeis campañas de desinformación. Dende o comezo da guerra ruso-ucraína, levaronse a cabo múltiples ciberataques. Os drons aéreos alcanzaron un papel protagonista, chegando en 2025 a ser os causantes do 70% das baixas no campo de batalla, á vez que se utilizaron tecnoloxías en desenvolvemento como armas de enerxía dirixida para provocar interferencias nos robots militares.
Só se encontran montañas na cordilleira occidental dosCárpatos —onde o pico máis alto é oHora Hoverla con 2 061 m— e na península daCrimea no extremo sur, ao longo da costa.
A Ucraína ten unclima temperado continental, aínda que se atopa un clima máismediterráneo na costa sur de Crimea.
Asprecipitacións están distribuídas desproporcionadamente: é maior no oeste e no norte e menor no sur e no leste. Os invernos varían de frescos ao longo da costa do Mar Negro a fríos no interior. Os veráns son mornos na maior parte do país, mais en xeral quentes no sur.
Mapa lingüístico de Ucraína En amarelo, zonas de maioría de ucraínofalantes; en verde, zonas de maioría de rusofantes. Ateos Ortodoxos - Patriarcado de Kíiv Ortodoxos - Patriarcado de Moscova Ortodoxos autocéfalos Greco católicos Católicos romanosRespostas á enquisa "a que grupo relixioso pertence?", aplicada poloCentro Razumkov sobre a situación relixiosa en Ucraína en2006.
As rexións industriais, que se sitúan ao leste e sueste de Ucraína, son as máis densamente poboadas. O 70% da poboación reside en cidades.
Igrexa católica, estendida especialmente no oeste do país, onde son maioritarios.
A maioría dos católicos pertence áIgrexa católica bizantina ucraína, con orixe naUnión de Brest, que practica o rito oriental e que recoñece a autoridade dopapa. Porén, existen outras minorías pertencentes á:
Está dividida en 24 rexións (oblasti, singular -óblast), a república autónoma (avtonomna respublika) deCrimea, e dous concellos (mista, singular -misto):Kíiv eSebastopol.
Votantes exercendo o seu dereito ao voto nun colexio electoral nas eleccións de2007.
Despois da deRusia, a Ucraína era de lonxe a máis importanteeconomía da antigaUnión Soviética, producindo 4 veces máis que a república seguinte. O seu solo fértil xeraba case 1/4 da produción agrícola soviética, e as súas facendas producían grandes cantidades decarne,leite,grans evexetais para outras repúblicas.[4]
A explotación intensiva doschernozem (enruso: чернозём, enucraíno: Чорнозем "terra negra")[25], solos negros e fértiles do cinto agrícola ucraíno, tornaron o país nun gran produtor detrigo eremolacha. Outros cultivos importantes son:cebada,millo,leguminosas,pataca,avea,centeo,paínzo etrigo sarraceno. Os principais cultivos industriais son os de remolacha e de semente dexirasol. Cultívanse tamén froitas ehortalizas nos arredores das grandes cidades. A cría de gandobovino eporcino dáse en todo o país.
A Ucraína conta con ricos xacementos demanganeso noDonbás. Esta rexión é o centro industrial do país e un dos principais complexos mineiro-metalúrxicos e de industria pesada daEuropa. A Ucraína é tamén un importante produtor degas natural e depetróleo, aínda que as reservas deses combustibles fósiles teñan sido excesivamente explotadas durante o períodosoviético.
O Donbás presenta tamén industrias metalúrxicas altamente desenvolvidas, que producenferro eaceiro en grandes cantidades.
Ucraína ten un legado histórico importante.Kíiv foi o centro de moitos dos acontecementos que formaron a orixe das culturasucraína,rusa ebelorusa.
Asiconas ucraínas e aarquitectura das igrexas ortodoxas son especialmente destacadas, a pesar da destrución dalgúns grandes monumentos nacionais noperíodo estalinista como parte do ataque ao espírito nacional ucraíno.
Hai tamén unha forte cultura popular manifestada, sobre todo, namúsica.
Oidioma ucraíno desenvolveuse de forma independente despois doséculo XIII, pero os escritores ucraínos preferiron usar o ruso como lingua literaria dende oséculo XVIII ata pasado oséculo XIX, cando tivo lugar o rexurdimento nacional.
Ofolclore ucraíno é un dos máis ricos doseslavos orientais. A súa riqueza musical (cantada e bailada) foi a base dos coñecidosCoros do exército vermello (a maioría das cancións cantadas eran en lingua ucraína e os bailes erancosacos).
↑University of Toronto's Research Repository (ed.)."The Destruction of Kiev". Arquivado dendeo orixinal o 27 de abril de 2011. Consultado o 3 de xaneiro de 2008.
↑Entre os ucraínos que alcanzaron os postos máis altos no Imperio ruso están Alekséi Razumovski, Alexander Bezborodko e Iván Paskévich. E entre os ucraínos que tiveron grande influencia sobre a Igrexa ortodoxa rusa están Stephen Yavorsky, Teófanes Prokopóvich e Demetrio de Rostov.
↑O chernozem é un tipo de solo negro rico en humus (do 3 ao 13%), ademais de selo en potasio, fósforo e microelementos. É un dos máis fértiles para a agricultura, xa que non require fertilizantes. Ten unha profundidade media relativamente importante, de 1 m aproximadamente (que alcanza os 6 m nalgunhas rexións de Ucraína).
Boshyk, Yuri| (1986):Ukraine During World War II: History and Its Aftermath. Toronto: Instituto Canadense de Estudos Ucraínos.ISBN 0-920862-37-3.
Kuzio, Taras (1998):Contemporary Ukraine: Dynamics of Post-Soviet Transformation. M. E. Sharpe.ISBN 0-7656-0224-5.
Magocsi, Paul Robert (1996):A History of Ukraine. Toronto: University of Toronto Press.ISBN 0-8020-7820-6.
Shamshur, O. V. (1993): "Multilingual education as a factor of inter-ethnic relations: the case of the Ukraine". Language Education for Intercultural Communication. Multilingual Matters.