Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Estados Unidos de América

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:39°49′41″N98°34′46″O / 39.828175,-98.5795
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «USA»)

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Estados Unidos (homónimos).
Modelo:Xeografía políticaEstados Unidos de América
United States of America (en)
Estados Unidos de América (es)
Wááshindoon Bikéyah Ałhidadiidzooígíí (nv)
Iunaite Sitete o Amerika (sm)
Estados Unidus (ch)
ᏌᏊᎢᏳᎾᎵᏍᏔᏅᏍᎦᏚᎩ ᎾᎿ ᎠᎺᏰᏟ (chr)Editar o valor en Wikidata
Vista nocturna

HimnoThe Star-Spangled Banner (3 de marzo de 1931)Editar o valor en Wikidata

Lema«In God We Trust»(1956–)Editar o valor en Wikidata
Símbolo oficialHaliaeetus leucocephalus (paxaro nacional)Editar o valor en Wikidata
EpónimoAméricaEditar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 39°49′41″N98°34′46″O / 39.828175,-98.5795
CapitalWashington, D.C.(1800–sen valor)Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Alabama(1819–)
Alasca(1959–)
Arcansas(1836–)Editar o valor en Wikidata../... 56+
Poboación
Poboación340.110.988(2024)Editar o valor en Wikidata (34,61hab./km²)
Número de fogares122.354.219 (2020)Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie9.826.675 km²Editar o valor en Wikidata
Lonxitude da costa153.646 kmEditar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Ártico,Océano Pacífico eOcéano AtlánticoEditar o valor en Wikidata
Punto máis altoDenali (6.190 m)Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoBacía Badwater (−86 m)Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación 12 de maio de 1784:  (Tratado de París)Editar o valor en Wikidata
Evento clave
Mormon Trail(pt)Traducir
Apollo 11
2 de agosto de 1776Lista dos congressistas signatários da Declaração da Independência dos Estados Unidos(pt)Traducir
30 de abril de 1803Compra de Luisiana
18 de xuño de 1812Guerra anglo-americana de 1812
1820Compromisso do Missouri(pt)Traducir
1 de novembro de 1838Guerra Mórmon(pt)Traducir
década de 1840Intervención norteamericana en México
16 de setembro de 1846Battle of Nauvoo(en)Traducir
1854Bleeding Kansas(pt)Traducir
marzo de 1857Guerra de Utah(pt)Traducir
12 de abril de 1861Guerra civil estadounidense
15 de abril de 1865assassinato de Abraham Lincoln(pt)Traducir
30 de marzo de 1867Compra do Alasca(pt)Traducir
1896Corrida do Ouro de Klondike(pt)Traducir
1898Guerra Hispano-Estadounidense
28 de xullo de 1914Primeira guerra mundial
24 de outubro de 1929Great Depression in the United States(en)Traducir
1 de setembro de 1939segunda guerra mundial
7 de decembro de 1941Ataque a Pearl Harbor
6 de agosto de 1945bombardeo atómico de Hiroshima e Nagasaki
25 de xuño de 1950Guerra de Corea
1 de novembro de 1955Guerra do Vietnam
1962Crise dos mísiles de Cuba
22 de novembro de 1963Asasinato de John F. Kennedy
17 de xuño de 1972Watergate
19 de outubro de 1987Segunda-feira negra(pt)Traducir
2 de agosto de 1990Guerra do Golfo
29 de abril de 1992Distúrbios de Los Angeles em 1992(pt)Traducir
marzo de 1993Operação das Nações Unidas na Somália II(pt)Traducir
24 de marzo de 1999Intervenção militar na Iugoslávia em 1999(pt)Traducir
década de 2000Crise económica de 2008-2011
11 de setembro de 2001Ataques do 11 de setembro de 2001
7 de outubro de 2001Guerra de Afganistán
20 de marzo de 2003Guerra de Iraq
23 de agosto de 2005Furacán Katrina
2007crise das hipotecas subprime
2007crise financeira de 2007-2008
31 de outubro de 2011Intervenção militar na Líbia em 2011(pt)Traducir
22 de setembro de 2014Intervenção militar na Síria e no Iraque(pt)Traducir
21 de xaneiro de 2020pandemia de COVID-19 nos Estados Unidos(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
Forma de gobernopresidencialismo(1788–)
república federal
repúblicaEditar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoberno federal dos Estados UnidosEditar o valor en Wikidata
• PresidenteEditar o valor en WikidataDonald Trump(2025–)Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoCongreso dos Estados Unidos de América ,(Escano: 535)Editar o valor en Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Supremo dos Estados UnidosEditar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal23.315.080.560.000 $ (2021)Editar o valor en Wikidata
Moedadólar estadounidenseEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
UTC−12(pt)Traducir (→Illa Howland,Illa Baker)
UTC−11(pt)Traducir (→Samoa Americana,Atol de Midway,Atol Palmyra,Arrecife Kingman,Illa Jarvis)
TC−09:00 (→Alasca)
UTC−08:00 (→Washington,California,Oregón,Nevada,Idaho)
UTC−07:00 (→Wyoming,Utah,Novo México,Montana,Colorado,Dacota do Norte,Idaho,Nevada,Nebrasca,Dacota do Sur,Oregón,Arizona,Kansas,Texas,Oklahoma)
UTC−06:00 (→Wisconsin,Oklahoma,Misuri,Mississippi,Minnesota,Luisiana - Louisiana,Iowa,Illinois,Arcansas,Alabama,Míchigan,Indiana,Kentucky,Florida,Dacota do Sur,Dacota do Norte,Texas,Kansas,Tennessee,Nebrasca)
UTC−05:00 (→Maine,Nova Hampshire,Vermont,Massachusetts,Rhode Island,Connecticut,Nova York,Nova Jersey,Pensilvania,Maryland,Washington, D.C.,Delaware,Ohio,Indiana,Míchigan,Virxinia Occidental,Kentucky,Virxinia,Tennessee,Carolina do Norte,Carolina do Sur,Xeorxia,Florida)
UTC−04:00 (→Illas Virxes dos Estados Unidos,Porto Rico)
UTC+10:00 (→Illas Marianas do Norte,Guam)
UTC+12:00 (→Illa Wake)
Samoa Time Zone(en)Traducir
Zona horario do Atlántico
hora estándar do centro
Alaska Time Zone(en)Traducir
Zona horaria da montaña
Chamorro Time Zone(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Dominio de primeiro nivel.us,.mil e.govEditar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911Editar o valor en Wikidata
Código de paísUSEditar o valor en Wikidata

Sitio webusa.govEditar o valor en Wikidata
Facebook: USAGovTwitter: usagovInstagram: usagovYoutube: UCcS5Ar_-1AWByLfBmJOG8XgPinterest: USAGovArchivedBNE: XX4575366Editar o valor en Wikidata

OsEstados Unidos de América[1] (abreviadoEUA[2] eEEUU[3][4]; eninglés:United States of America, abreviadoUSA ouUS) constitúen unpaís soberano configurado comoEstado federalconstitucional[5][6] composto por 50estados e undistrito federal. 48 deles están situados entre oCanadá (ó norte), oocéano Atlántico (ó leste), ogolfo de México eMéxico (ó sur) e oocéano Pacífico (ó oeste). O estado deAlasca está na parte noroeste de Norteamérica, e o estado deHawai é unarquipélago no medio doPacífico. O país tamén posúe cinco territorios poboados e nove non poboados no Pacífico e noCaribe. Con 9,85 millóns de km2[7] e 318 millóns de persoas, os Estados Unidos son oterceiro ou cuarto meirande país por área total e oterceiro país por poboación. É un dos países máismulticulturais e diversos etnicamente do mundo, debido á inmigración de moitos países.[8] A xeografía e o clima son moi diversos, e o país é tamén o fogar dunha variada vida salvaxe.

Ospaleoindios migraron dendeEurasia ata os actuais Estados Unidos hai 15 000 anos,[9] e acolonización europea comezou no século XVI. Os Estados Unidos xurdiron dasTrece Colonias Británicas localizadas naCosta Atlántica. As disputas entre oReino de Gran Bretaña e as colonias levaron áRevolución Americana. O 4 de xullo de 1776, mentres as colonias estaban a loitar contra Gran Bretaña naguerra de independencia, os delegados das 13 colonias asinaron aDeclaración de Independencia. A guerra rematou en 1783 corecoñecemento da independencia dos Estados Unidos dende o Reino de Gran Bretaña, e foi a primeira guerra de independencia con éxito contra un imperio colonial europeo.[10][11] A actualConstitución foi adoptada o17 de setembro de 1787. As primeiras dez emendas, chamadas colectivamenteDeclaración de Dereitos, foron ratificadas en 1791 e deseñadas para garantir os dereitos e liberdades civís fundamentais.

De acordo coa doutrina dodestino manifesto, os Estados Unidos embarcáronse nunha grande expansión en Norteamérica ó longo doséculo XIX.[12] Isto supuxo odesprazamento das tribos nativas, adquisicións de novos territorios e a admisión gradual de novos estados.[12] Durante a segunda metade do século XIX, aguerra civil estadounidense acabou coaescravitude legal no país.[13] No final dese século, os Estados Unidos estendéronse ata o océano Pacífico,[14] e a súa economía comezou a evolucionar.[15] Aguerra hispano-estadounidense e aprimeira guerra mundial confirmaron o status do país como potencia militar. Os Estados Unidos emerxeron dasegunda guerra mundial como superpotencia mundial ó ser o primeiro país en desenvolver armas nucleares, o único en usalas en guerra, e como membro permanente doConsello de Seguridade das Nacións Unidas. A fin daguerra fría e adisolución daUnión Soviética permitiron que os Estados Unidos ficasen como a única superpotencia.[16]

Os Estados Unidos son unpaís desenvolvido e ameirande economía do mundo.[17] A economía aliméntase da abundancia derecursos naturais e a produtividade da man de obra.[18] Mentres aeconomía estadounidense está considerada comopost-industrial, continúa a ser un dos manufactureiros máis importantes do mundo.[19] O 37% dos orzamentos do país corresponden a gasto militar,[20] sendo a primeira potencia económica e militar, unha gran forza cultural e política, e o líder en investigación científica e innovación tecnolóxica.[21]

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

En1507, ocartógrafoalemánMartin Waldseemüller elaborou unplanisferio no que chamou ás terras dohemisferio occidental «América», en honor ao explorador e cartógrafoitalianoAmerigo Vespucci (enlatín: Americus Vespucius).[22] As antigas colonias británicas utilizaron por primeira vez o nome do país moderno naDeclaración de Independencia, a "unánime declaración dos trece Estados Unidos de América" adoptada polos "representantes dos Estados Unidos de América" o 4 de xullo de 1776.

Historia

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Historia dos Estados Unidos de América.

Os actuais Estados Unidos de América orixináronse a partir dasTrece Coloniasbritánicas establecidas na costa atlántica daAmérica do Norte desde oséculo XVII. En1776, organizouse unha revolta da clase dirixente dos colonos e seguiu aRevolución Americana de 1776, guerra de independencia contra os colonizadores. En1789, o país adoptou unhaconstitución e asumiu a forma dunhaRepública federal, dando unha grande autonomía aos estados federados. Desde a súa independencia efectiva deInglaterra, en1783, e ata mediados doséculo XX fóronse incorporando novos territorios e estados, ampliando as fronteiras ata o océano Pacífico.

A ocupación humana do territorio dos Estados Unidos comezou coa migración de pobos daAsia, a través doestreito de Bering, nun período indeterminado (as estimacións varían de 10 a 40 mil anos antes).

Durante oséculoxvi exvii, exploradoresespañois exploraron e colonizaron escasamente as rexións que constitúen actualmente o sur daFlorida e da rexión sur dos Estados Unidos. O primeiro asentamentoinglés con éxito foiJamestown, no actual estado deVirxinia, fundada en1607. Durante as seguintes dúas décadas, fundáronse varios asentamentosneerlandeses no que actualmente constitúe oEstado de Nova York, incluíndo a vila deNova Ámsterdan, que é actualmente acidade de Nova York, aínda que a extensiva colonización inglesa da costa leste dos Estados Unidos, quitou os neerlandeses da rexión na década de 1670.

Despois daguerra franco-indíxena, ondeFrancia perdeu as súas colonias en favor de Inglaterra (colonias que actualmente constitúen o leste doCanadá), esta comezou a imporimpostos, sendo unha das principais razóns os custos financeiros da guerra. Estes impostos tornáronse extremadamente impopulares entre os colonos norteamericanos, que alén diso, non dispuñan de representación noParlamento do Reino Unido. As tensións entre as 13 colonias inglesas e o Reino Unido medraron, e as 13 colonias rebeláronse contra os británicos, naRevolución Americana de 1776, entre1775 a1783. A estrutura política orixinal das 13 colonias era unhaconfederación, ratificada en1781. En1789, os Estados Unidos optaron por se converter nunhaRepública federal.

O primeiropresidente dos Estados Unidos de América,George Washington.

Desde tempos coloniais, os Estados Unidos tiveron falta de man de obra. Daquela, as diferenzas socioeconómicas no país eran enormes, cun norte industrializado e un sur agrario. A falta de man de obra incentivou ainmigración europea no Norte e o uso dotraballo escravo no Sur, que facía un uso extensivo de escravos comprados nocontinente africano. Os estados industrializados do norte eran contrarios á escravitude, mentres o sur consideraba a escravitude indispensábel para a súa agricultura. Estas diferenzas foron un dos moitos motivos de tensión política que desencadearon a formación dosEstados Confederados de América, e irromperon naguerra civil estadounidense, entre1861 e1865. A Confederación disolveuse ao fin da guerra, e o poder político dos suristas no goberno do país diminuíu drasticamente. A guerra civil estadounidense acabou efectivamente coa cuestión dos dereitos dun estado a saír da Unión. Despois da guerra, o goberno federal norteamericano tornouse efectivamente máis poderoso que os gobernos estatais.

Ao longo doséculoxix, engadíronse varios novos estados aos 13 orixinais, a medida que a nación se expandiu naAmérica do Norte. ODestino Manifesto foi unha filosofía política dos Estados Unidos que animou á expansión rumbo ao Oeste. Conforme a poboación dos estados do leste medraba e un número cada vez maior de inmigrantes entraba no país, pasaron cada vez máis asentadores a habitar rexións máis ao Oeste. Mentres isto acontecía, os Estados Unidos acabaron efectivamente con todas as nacións indíxenas existentes no territorio norteamericano, e movendo forzadamente a poboación indíxena dos seus antigos territorios cara a reservas indíxenas. Esta migración forzada é aínda un asunto moi discutido nos Estados Unidos, con varias tribos indíxenas aínda reivindicando terras, e defendendo unha política separatista. Nalgunhas áreas, os indíxenas norteamericanos foron exterminados por doenzas infecciosas, descoñecidas por aqueles, das que se contaminaron a través do contacto con persoas de ascendencia europea, e os asentadores norteamericanos adquiriron despois estas terras de ninguén.

Os Estados Unidos non foron unha potencia colonial, aínda que, a través de varias vitorias militares, diplomacia e acordos externos, adquiriron un número de posesións ultramarinas, desdeCuba ata asFilipinas. Aínda que os Estados Unidos teñan aberto man destes territorios gradualmente, algunhas destas posesións continúan baixo o seu control, sexa na forma de territorios (comoPorto Rico) ou de estados (como oHawai).

No séculoxix, os Estados Unidos tornáronse unha potencia económica e militar mundial. No1823 o PresidenteJames Monroe enunciou a Doutrina Monroe, sintentizada nunha frase: "América para os americanos". No1846 o Presidente James Polk enunciou o Destino Manifesto como corpo teórico para a expansión territorial. Ambas doutrinas actuaron de alicerce para que ata hoxe os EEUU teñan intervido en numerosas ocasións no estranxeiro, en particular en América Latina.[23] O crecemento da súa influencia sobre o mundo continuou noséculo XX, un século por veces chamado "o século norteamericano", pola tremenda influencia norteamericana sobre o resto do mundo.

Sinatura do acordo de paz, enParís, que puxo fin a guerra deVietnam,27 de xaneiro de1973.

Esta influencia pode verse naGran Depresión, un período de gran recesión económica entre1929 e1939, que non só abateu todo o país senón tamén oCanadá e os países europeos (especialmenteInglaterra eAlemaña). Os Estados Unidos adoptaban ata o comezo do século XX unha política isolacionista, procurando non se entremeters en conflitos internacionais. Porén, isto mudou coa entrada do país naprimeira guerra mundial e nasegunda guerra mundial. Despois do fin desta, os Estados Unidos emerxeron definitivamente como unha dassuperpotencias mundiais, xuntamente coaUnión Soviética - desencadeando aguerra fría. Entre1945 e1991, ano do fin da Unión Soviética e do fin da guerra fría, os Estados Unidos comprometéronse moito en asuntos exteriores, -especialmente na guerra ideolóxica contra ocomunismo- participando activamente naguerra de Corea e naguerra do Vietnam. Co colapso da Unión Soviética, os Estados Unidos emerxeron como única superpotencia mundial. Participando naguerra do Golfo (1991), expulsando as tropasiraquianas que invadiranKuwait.

En2001, os Estados Unidos sufriron o peor ataque en terras soberanas da historia do país, nosatentados do 11 de setembro, onde morreron case 3 000 persoas. Este ataqueterrorista, desencadeou a chamadaguerra contra o terrorismo e, posteriormente, a controvertidaguerra contra o Iraq.

Xeografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Xeografía dos Estados Unidos de América.
Mapa dos Estados Unidos de América.

Sendo a cuarta maior nación do mundo, a paisaxe dos Estados Unidos varía de rexión a rexión. O país posúe grandes forestas temperadas na costa leste e no noroeste,pantanos naFlorida, asGrandes Chairas e o sistema fluvial doMississippi-Missouri na rexión central, asMontañas Rochosas a oeste das chairas, desertos e zonas costeiras ao oeste das Montañas Rochosas e forestas húmidas temperadas no noroeste da costa do Pacífico. As rexións árticas deAlasca e as illasvolcánicas deHawai aumentan aínda a diversidade xeográfica e climática.

O mapa político dos Estados Unidos está dividido en tres distintas seccións:Alasca, conectada por terra coCanadá, ao leste;Hawai, unarquipélago localizado no medio doocéano Pacífico, e o Estados Unidos Continental, que comprende os 48 estados localizados na América do Norte. A fronteira dos Estados Unidos Continental co Canadá é a máis longa fronteira non defendida do mundo.

Clima

[editar |editar a fonte]

Debido á súa grande extensión territorial, o clima varía moito de rexión á rexión.Florida posúe unclima tropical, mentresAlasca posúe unclima polar. Vastas porcións do país teñen un clima continental, con veráns tépedos e invernos fríos. Algunhas partes, en particular zonas deCalifornia, teñen unclima mediterráneo. No xeral, a maior parte dos Estados Unidos posúe un clima temperado ou subtropical, marcado por catro estacións, con mudanzas regulares de temperatura e precipitación.

A temperatura media anual varía de -13 °C graos enBarrow,Alasca, a 25,7 graos, noVal da Morte,California. A precipitación media anual varía entre 5 centímetros no Val da Morte ata 1,170 enHawai.

Política

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Política dos Estados Unidos de América.

Os Estados Unidos son unhaRepública Federal. A nivel federal, opoder executivo pertence a un presidente electo por un colexio electoral, opoder lexislativo pertence ao Congreso. O Congreso está constituído polaCámara dos Representantes e poloSenado. Cada estado ten dereito a elixir dous senadores e un número de congresistas proporcionais á súa poboación. Opoder xudicial pertence aos tribunais. Cada estado elixe os membros do colexio electoral que, pola súa vez, elixe o presidente.

verpresidentes dos Estados Unidos de América

Subdivisións

[editar |editar a fonte]
Mapa dos Estados Unidos de América mostrando as fronteiras entre os 50 estados e os diferentes condados do país.
Artigo principal:Organización territorial dos Estados Unidos de América.

Os Estados Unidos divídense en 50 estados e 1 distrito federal, oDistrito de Columbia. Cada estado, á súa vez, divídese en condados (con excepción daLuisiana, na que as subdivisións chámanse "parroquias",parishes, eninglés). Estados Unidos de América é unhaRepública federal, que dá aos estados federados moitos poderes que na maioría dos outros países do mundo son exclusivos do goberno nacional.

Son os gobernos estatais os que posúen a maior influencia sobre o día a día da poboación norteamericana. Cada estado ten a súa propia Constitución e mailo poder de aprobar as súas propias regras e leis, referentes a certos asuntos como propiedade,crime,saúde eeducación. O principal cargo dun estado é o Gobernador. Cada estado tamén posúe unha lexislatura bicameral. Os membros desta lexislatura son electos pola poboación do estado, excepto no estado deNebrasca, onde cada condado ten dereito a certo número de membros na lexislatura. Destaca a lexislatura daNova Hampshire, que é o terceiro maior poder lexislativo no mundoanglófono, e posúe un representante por cada 3 000 habitantes. Cada estado posúe o seu propioPoder xudicial.

A área, poboación e/ouproduto interno bruto de varios dos estados dos Estados Unidos compáranse aos de varios países do mundo. A poboación deCalifornia, por exemplo, é maior cá doCanadá, e o seu produto interno bruto sería o oitavo maior do mundo, en caso de que o estado fose un país independente. A área deAlasca sería o décimo sétimo maior do mundo, en caso de que fose un país independente, cunha área comparábel á deIrán.

As institucións responsábeis do goberno rexional son tipicamente Consellos Municipais, que toman efecto en cidades (cities outowns), vilas (village), municipalidades rexionais (towns,regional municipality,municipality,hamlet) e condados (counties). As municipalidades rexionais e condados son un agrupamento de cidades e vilas. Tales subdivisións rexionais aproban normas que teñen efecto nestas subdivisións en particular, referentes a asuntos como tránsito e venda de alcohol. Nas cidades, o maior cargo electo pola poboación é oprefecto. As cidades posúen o dereito de recadar impostos. Nalgúns estados, os condados ou municipalidades rexionais tamén teñen o dereito de redactar ordenanzas e cobrar impostos. Noutros estados, os condados ou municipalidades rexionais posúen pouco ou ningún poder.

Os Estados Unidos posúen varios territorios e posesiónsinsulares ultramarinos. A maior delas é a illa dePorto Rico. Outros territorios ultramarinos de importancia son aSamoa Americana,Guam,Illas Marianas do Norte e asIllas Virxes Americanas. A Mariña norteamericana ocupa unhabase militar naBaía de Guantánamo, dende1898.

Dereitos humanos

[editar |editar a fonte]
EdificioSede da Organización das Nacións Unidas en Nova York.
Véxase tamén:Carta de Dereitos dos Estados Unidos.

En materia dedereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen oComité de Dereitos Humanos (HRC), Estados Unidos de América firmou ou ratificou:

Estados Unidos de AméricaEstados Unidos Status dos principais instrumentos internacionais dedereitos humanos[24]
CESCRCCPRCERDCEDCEDAWCAT[25]CRCMWCCRPD
CESCRCESCR-OP[26]CCPRCCPR-OP1CCPR-OP2-DPCEDAWCEDAW-OP[27]CATCAT-OPCRCCRC-OP-ACCRC-OP-SCCRPDCRPD-OP[28]
PertenzaFirmado pero non ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado pero non ratificadoNin firmado nin ratificadoEstados Unidos de América recoñeceu a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentesNin firmado nin ratificadoFirmado pero non ratificadoFirmado e ratificadoFirmado e ratificadoNin firmado nin ratificadoFirmado pero non ratificadoNin firmado nin ratificado
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.


Economía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Economía dos Estados Unidos de América.

A economía dos Estados Unidos organízase segundo omodelo capitalista e está xeralmente marcada por un crecemento constante, baixas taxas de desemprego e de inflación, un gran déficit comercial e rápidos avances tecnolóxicos. A súa economía pode ser vista como a máis importante do mundo. Varios países indexaron as súasmoedas aodólar, ou chegan mesmo a usar a moeda americana, e osmercados de capitais americanos son en xeral indicadores da economía mundial.

O país ten enormes recursosminerais, con grandes depósitos deouro,petróleo,carbón euranio. Naagricultura, está entre os maiores produtores mundiais demillo,trigo,azucre etabaco, entre outras producións. Aindustria americana produceautomóbiles,avións e produtos electrónicos. O maior sector económico, porén, é o dos servizos: preto de tres cuartos dos habitantes dos Estados Unidos traballan nese sector.

O maior socio comercial dos Estados Unidos é o seu veciño do norte, oCanadá. Outros grandes socios sonMéxico, aUnión Europea e nacións industrializadas naAsia, como oXapón, aIndia eCorea do Sur. O comercio coaChina tamén é significativo.

Demografía

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Demografía dos Estados Unidos de América.

Etnias

[editar |editar a fonte]
As principais ascendencias étnicas dos Estados Unidos.

Os Estados Unidos posúen unha das poboacións máis multiculturais do mundo, en termos de descendenciaétnica eracial. Inicialmente estaban habitados porpobos indíxenas, comoesquimós en Alasca ealgonquinos,huróns eiroqueses no continente norteamericano.

Nos séculosXVII eXVIII, o territorio que actualmente constitúe os Estados Unidos foi colonizado poreuropeos a partir da costa leste. Osingleses, que fuxían dapersecución relixiosa enEuropa, constituían a maioría dos colonos a instaláronse noNovo Mundo, mais tamén se instalaron colonosespañois,franceses eneerlandeses. Os escravos foron levados docontinente africano ao longo do séculos XVII, XVII e o inicio doXVIII para seren usados como man de obra barata, e actualmente, os seus descendentes, coñecidos comoafro-americanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, formando o 12,9% da poboación dos Estados Unidos.

A partir de1850, persoas de diversas partes do mundo inmigraron para os Estados Unidos. Ata o final doséculo XIX, a maioría dos inmigrantes chegaban dos países da Europa Occidental e Setentrional (Alemaña,Irlanda epaíses escandinavos).Italianos,poloneses,gregos,rusos ehúngaros inmigraron en gran cantidade entre o final do século XIX e mediados doséculo XX (ata a década de 1970). Os maiores grupos étnicos europeos sonalemáns (15,2% da poboación norteamericana),irlandeses (10,8%),ingleses (8,7%),italianos (5,6%),escandinavos (3,4%),polacos (3,2%) efranceses (3%). Os brancos constitúen o 75% da poboación total dos Estados Unidos.

Osasiáticos son unha importante minoría nos Estados Unidos, a partir da década de 1860, constituíndo o 4,2% da poboación do país.

Os hispanos constitúen unha considerábel parcela da poboación norteamericana, sendo actualmente a maior minoría étnica, con preto do 13,4% da poboación norteamericana. Dada a súa alta inmigración, boa parte da cal éilegal, espérase un crecemento desta porcentaxe.

Urbanismo

[editar |editar a fonte]
Nova York.

Estados Unidos é un país altamente urbanizado. Cerca do 91% da poboación norteamericana vive encidades. Estas cobren apenas o 2,75% da área total do país. Existen dúas grandesmegalópoles no país. Unha está localizada na rexión nordeste dos Estados Unidos, composta principalmente porNova Jersey,Nova York,Buffalo,Filadelfia eWashington, DC. A outra está localizada na rexión suroeste do país, nacosta pacífica, centralizada nas cidades dosÁnxeles,San Francisco eSacramento.

Grandes suburbios arrodean moitas das cidades dos Estados Unidos. As cidades centrais e cidades veciñas forman áreas metropolitanas. Existen preto de 260 áreas metropolitanas no país, das cales as maiores son as deNova York que posúe 21 millóns de habitantes;Os Ánxeles, con 17 millóns de habitantes, eChicago, con 9 millóns. A poboación destes suburbios é considerábel, e moitas veces superior á poboación da cidade central.Washington, DC, por exemplo, posúe só preto de 535 000 habitantes, mentres a súa rexión metropolitana ten preto de 4 millóns. Desde1970 viven máis norteamericanos nos suburbios ca no centro.

Maiores cidades

[editar |editar a fonte]
ListaxeCidadeEstadoPob.ListaxeCidadeEstadoPob.

Nova York

Os Ánxeles

Chicago
1Nova YorkNova York8.622.69811AustinTexas950.715
2Os ÁnxelesCalifornia3.999.75912JacksonvilleFlorida892.062
3ChicagoIllinois2.716.45013San FranciscoCalifornia884.363
4HoustonTexas2.312.71714ColumbusOhio879.170
5PhoenixArizona1.626.07815Fort WorthTexas874.168
6FiladelfiaPensilvania1.580.86316IndianapolisIndiana863.002
7San AntonioTexas1.511.94617CharlotteCarolina do Norte859.035
8San DiegoCalifornia1.419.51618SeattleWashington724.745
9DallasTexas1.341.07519DenverColorado704.621
10San JoseCalifornia1.035.31720Washington, D.C.Distrito de Columbia693.972
Datos do censo de 2017.[29]


Washington DC, capital do país.

Lingua

[editar |editar a fonte]

Os Estados Unidos nunca tiveron un idioma oficial, aínda que oinglés foi sempre o idioma predominante e é falado pola inmensa maioría, sendode feito o idioma dos Estados Unidos. Vinte e sete estados norteamericanos adoptaron o inglés como idioma oficial. Destes estados, tres adoptan un segundo idioma oficial: oHawai, que adopta aLingua hawaiana como segundo idioma oficial; aLuisiana adopta ofrancés eNovo México, ocastelán. Nos estados norteamericanos sen idioma oficial, o inglés é adoptado en tódolos servizos públicos. En áreas con gran poboación de inmigrantes estes servizos ofrécense noutros idiomas.

Moitos dos inmigrantes que chegan aos Estados Unidos teñen pouco ou ningún coñecemento do inglés. A maioría deles aprende o suficiente no país para se comunicar con outros norteamericanos. Os fillos destes inmigrantes, que estudan en escolas norteamericanas, aprenden primariamente inglés nas escolas. Así, a cada xeración, o idioma materno acaba cedendo, gradualmente, lugar ao inglés.

Actualmente, o español é o segundo idioma máis falado. Cerca do 10,8% da poboación norteamericana posúe o español como idioma materno. A maioría reside nos estados do oeste e do sur (especialmente enCalifornia,Novo México eTexas). Desde a década de 1950 inmigraron moitos hispanos deMéxico,Cuba e outros países. Moitos deles aprenderon ou aprenden o inglés, mais outros falan só español.

Debido a que non existe un idioma oficial, o dominio do inglés non é de todo indispensábel, especialmente nos estados que posúen unha gran poboación de inmigrantes recentes, maiormente hispanos. Nas décadas de 1980 e 1990 varios estados crearon leis facendo do inglés o seu único idioma legal.

Educación

[editar |editar a fonte]

A educación pública dos Estados Unidos é controlada por gobernos estatais e locais, regulada polo Departamento de Educación dos Estados Unidos a través de restricións nas subvencións federais.Na maioría dos estados os nenos acoden ao colexio desde os seis ou sete anos (xardín de infancia ou primeiro grao) ata que cumpren os dezaoito; algúns estados permiten aos estudantes abandonar o instituto aos dezaseis ou dezasete anos. Ao redor dun 12% dos mozos están matriculados en colexios privados. Só un 2% dos nenos están escolarizados nas súas propias casas. Os Estados Unidos teñen unha gran cantidade de institucións de educación superior públicas e privadas, así como colexios universitarios locais con políticas de admisión abertas. Dos estadounidenses maiores de 25 anos, o 84,6% graduáronse na escola secundaria, o 52,6 asistiron a algunha universidade, o 27,2% conseguiu un título de graduado e o 9,6% logrou un título de posgraduado. A taxa de alfabetización é aproximadamente do 99%. As Nacións Unidas asignaron aos Estados Unidos un índice de educación do 0,97 ficando no duodécimo posto do mundo.

Relixión

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Relixión nos Estados Unidos de América.

A primeira emenda á constitución prohibe o establecemento dunha relixión oficial ou restricións na expresión relixiosa libre. Entre tanto, os Estados Unidos son de forma maioritaria cristiáns; un 80 por cento dos americanos son cristiáns de varias denominacións. As máis importantes son ocatolicismo romano (un 26 por cento) e obautismo (preto de 17 por cento). Os Estados Unidos posúe tamén a comunidade xudía maior do mundo, case o 2 por cento da poboación. Dos americanos restantes, o 15 por cento carece de relixión (segmento que cada vez aumenta máis) e outro 4 por cento pertencen a outras relixións, tales como oislam,hinduísmo ebudismo. Entre as nacións desenvolvidas os Estados Unidos teñen un nivel relativamente alto de relixiosidade. Segundo unha enquisa de 2004 de Gallup, case un 44% de americanos atenden a servizos relixiosos polo menos unha vez por semana. Con todo esa taxa non é uniforme en todo o país; a atención regular e máis común dáse no coñecido como "cinto da Biblia", integrado en gran parte por estados meridionais e doMedio Oeste. Nos estados meridionais, os bautistas constitúen o grupo maior, seguido polos metodistas. O catolicismo romano é predominante no nordeste e en gran parte do Medio Oeste debido aos inmigrantes católicos de Europa, como alemáns, irlandeses, italianos, polacos, e hispanoamericanos. A Igrexa de Xesús Cristo dos Santos dos Últimos Días, máis coñecida como a igrexa dos mormóns, é a relixión predominante no estado deUtah.

Cultura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cultura dos Estados Unidos de América.

A cultura dos Estados Unidos ten unha grande influencia no resto do mundo, e en especial nomundo occidental. Amúsica estadounidense é ouvida en todo o mundo e osfilmes eprogramas televisivos norteamericanos poden ser vistos case en todas as partes.

A maioría das grandes cidades ofrecen instalacións e actuacións de música clásica e popular, centros de investigación histórica, científica e artística e museos, actuacións de danza, musicais e pezas de teatro, alén de eventos ao ar libre e arquitectura de significado internacional. Este desenvolvemento é resultado de contribucións ben de filántropos privados, ben de fondos gobernamentais.

A maioría da poboación norteamericana posúe unha razoábel cantidade de tempo libre. Osdeportes son os principais pasatempos da poboación. Millóns de norteamericanos pasan o seu tempo libre xogando deportes con amigos ou asistindo a xogos profesionais en estadios ou natelevisión. Cerca de 95% da poboación norteamericana posúe unha televisión na casa. De media, a televisión fica acendida 7 horas por día.

Deportes

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Estados Unidos de América nos Xogos Olímpicos.

Algúns deportes que foron creados ou desenvolvidos nos Estados Unidos tornáronse mundialmente famosos. Entre eles están obaloncesto, obéisbol e ofútbol americano. Poucos deportes estranxeiros conseguiron popularizarse no país. O deportecanadensehóckey sobre xeo é tamén razoabelmente famoso, especialmente como deporte de inverno. Ofútbol é famoso como pasatempo, especialmente entre descendentes de europeos e latinoamericanos, mais as tentativas da creación dunha liga profesional fallaron ou pasaron por grandes dificultades, e o fútbol aínda non é un deporte recoñecido profesionalmente no país. Outros deportes famosos no país son ogolf, otenis, anatación e as carreiras automobilísticas.

Os Estados Unidos son sede de varias das principais competicións internacionais de deportes do mundo, como oMasters de golf, oUS Open de tenis e oNASCAR e aFórmula Indy. Os Estados Unidos foron sede daCopa do Mundo de fútbol en1994, e por oito veces dosXogos Olímpicos, máis ca calquera outro país. Os Estados Unidos xeralmente obteñen moi bos resultados nas Olimpíadas. En2004 conseguiron un total de 103 medallas, das cales 35 eran de ouro.

Cinema

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Cinema dos Estados Unidos de América.

Ocinema dos Estados Unidos de América, alén dunha forma de expresión cultural específica dun pobo, é tamén unha das industrias de entretemento con máis éxito do mundo. A pesar de non todos os filmes dos Estados Unidos seren producidos enHollywood, a localidade tornouse sinónimo desta industria nacional. A influencia do cinema norteamericano no resto do mundo é avasaladora e permanece, xeralmente, como unha referencia para o público.

Literatura

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Literatura dos Estados Unidos de América.
Edgar Allan Poe, escritor e poeta pioneiro da literatura norteamericana.

Aliteratura dos Estados Unidos de América pode ser considerada como parte daLiteratura inglesa ou como unha rama literaria distinta. A literatura norteamericana inicial debe moito ás formas e estilos orixinarios de Europa. Por exemplo, "Wieland" e outros romances deCharles Brockden Brown (1771-1810) inspíranse directamente nosromances góticos que entón eran escritos enInglaterra. Mesmo as narracións impecabelmente urdidas porWashington Irving (1783-1859) - principalmenteRip Van Winkle eThe Legend of Sleepy Hollow parecen claramente europeas a pesar da acción se desenvolver no Novo Mundo.

Teatro

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Teatro dos Estados Unidos de América.

Oteatro nos Estados Unidos de América é baseado na tradiciónoccidental, na súa maioría emprestado dos estilos de performance que prevalecían enEuropa na época da súa introdución no país. Hoxe en día, está fortemente interligado coaliteratura,filmes,televisión emúsica norteamericana e non é pouco común unha mesma historia ser recontada en todas estas formas. As rexións con escenarios musicais significativos frecuentemente posúen tamén fortes tradicións teatrais e decomedia. Oteatro musical pode ser a forma máis popular: é certamente unha forma máis viva de teatro e as coreografías de éxito nos palcos acaban chegando á televisión e o cine.

Festivos

[editar |editar a fonte]
DataNome en galegoNome localObservacións
1 de xaneiroAninovoNew Year's DayInicio do novo ano civil
xaneiro, terceiro lunsDía deMartin Luther King, Jr. DayMartin Luther King, Jr. DayEn memoria do líder cívico polos dereitos das minorías
febreiro, terceiro lunsDía do PresidentePresidents' DayEn honra de antigos Presidentes, en especialWashington eLincoln
maio, último lunsDía da MemoriaMemorial DayEn honra dos que morreron en servizo da nación
4 de xulloDía da IndependenciaIndependence DayCelebra a declaración da Independencia
setembro, primeiro lunsDía do traballoLabor Day
outubro, segundo lunsDía de ColónColumbus DaySinala o descubrimento de América porCristovo Colón
11 de novembroDía dos VeteranosVeteran's DayTradicionalmente, ás 11 horas da mañá obsérvase un momento de silencio polos que loitaron pola paz
novembro, cuarto mércoresDía de Acción de GrazasThanksgiving
25 de decembroNadalChristmasNacemento deXesús Cristo

Transportes e telecomunicacións

[editar |editar a fonte]

O Estados Unidos posúen unha extensa rede deautoestradas,ferroviaria e hidroviaria. De feito, a quilometraxe destas redes son as maiores do mundo nas súas respectivas categorías. Existen preto de 75 000 km de autoestrada e vías de alta capacidade. Para cada 100 habitantes, existen preto de 75 coches. Mentres tanto, os camións transportan cerca da cuarta parte de toda a carga transportada no país.

Osferrocarrís transportan preto do 35% de toda a carga no país, mentres que só o 1% dos pasaxeiros. O contrario acontece coasliñas aéreas americanas, que transportan o 18% dos pasaxeiros mais menos do 1% da carga no país. O mercado americano de pasaxeiros no sector aéreo é o maior do mundo.Chicago,Atlanta,Os Ánxeles,Dallas,Nova York,San Francisco eOrlando destacan como grandescentros aeroportuarios.

Cerca de 15% de toda a carga transportada no país é transportada vía hidrovías comoríos elagos, alén demares eocéanos.Os Ánxeles,Nova York,Filadelfia,San Francisco,Nova Orleáns,Miami eHouston destacan como grandescentros portuarios. O porto con máis movemento do país por número de navíos atendido é o deNova Orleáns, mentres o porto con maior tonelaxe de carga é o dos Ánxeles.

Son publicados diariamente nos Estados Unidos preto de 60 millóns dexornais. No país, son publicados millares de xornais diarios ou semanais. Existen tamén no país millares de estacións deradio etelevisión. Practicamente toda residencia americana posúe unha radio, e a gran maioría posúe unha televisión.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. /es̺ˈtaðʊs̺‿uˈniðʊz̺ 'ðe̝ aˈmɛɾikɐ/ (pronuncia segundo oalfabeto fonético internacional).
  2. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parapensilvano.
  3. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraguerra.
  4. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras parabostoniano.
  5. The New York Times Guide to Essential Knowledge, Second Edition: A Desk Reference for the Curious Mind. St. Martin's Press. 2007. p. 632.ISBN 978-0-312-37659-8. 
  6. Onuf, Peter S. (1983).The Origins of the Federal Republic: Jurisdictional Controversies in the United States, 1775–1787. Philadelphia: University of Pennsylvania Press.ISBN 978-0-8122-1167-2. 
  7. State and other areas”, U.S. Census Bureau,MAF/TIGERArquivado 06 de novembro de 2014 enWayback Machine. database as of August 2010, excluding the U.S. Minor Outlying Islands. Consultado o 22 de outubro de 2014.
  8. Adams, J.Q.; Strother-Adams, Pearlie (2001).Dealing with Diversity. Chicago: Kendall/Hunt.ISBN 0-7872-8145-X.
  9. Maugh II, Thomas H. (12 de xullo de 2012)."Who was first? New info on North America's earliest residents".Los Angeles Times (California: Los Angeles Times). Consultado o 25 de febreiro de 2015. 
  10. Greene, Jack P.; Pole, J.R., eds. (2008).A Companion to the American Revolution. pp. 352–361.
  11. Bender, Thomas (2006).A Nation Among Nations: America's Place in World History. Nova York: Hill & Wang. p. 61.ISBN 978-0-8090-7235-4. 
  12. 12,012,1Carlisle, Rodney P.; Golson, J. Geoffrey (2007).Manifest Destiny and the Expansion of America. Turning Points in History Series. ABC-CLIO. p. 238.ISBN 978-1-85109-833-0. 
  13. "The Civil War and emancipation 1861–1865".Africans in America. Boston, MA: WGBH. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
    Britannica Educational Publishing (2009). Wallenfeldt, Jeffrey H., ed.The American Civil War and Reconstruction: People, Politics, and Power. America at War. Rosen Publishing Group. p. 264.ISBN 978-1-61530-045-7. 
  14. White, Donald W. (1996). "1: The Frontiers".The American Century. Yale University Press.ISBN 0-300-05721-0. Consultado o 26 de marzo de 2013. 
  15. Maddison, Angus (2006)."Historical Statistics for the World Economy". The Netherlands: The Groningen Growth and Development Centre, Economics Department of the University of Groningen. Arquivado dendeo orixinal o 05 de decembro de 2020. Consultado o 6 de novembro de 2008. 
  16. Tony Judt; Denis Lacorne (June 4, 2005).With Us Or Against Us: Studies in Global Anti-Americanism. Palgrave Macmillan. p. 61.ISBN 978-1-4039-8085-4. 
    Richard J. Samuels (21 de decembro de 2005).Encyclopedia of United States National Security. SAGE Publications. p. 666.ISBN 978-1-4522-6535-3. 
    Paul R. Pillar (1 de xaneiro de 2001).Terrorism and U.S. Foreign Policy. Brookings Institution Press. p. 57.ISBN 0-8157-0004-0. 
    Gabe T. Wang (1 de xaneiro de 2006).China and the Taiwan Issue: Impending War at Taiwan Strait. University Press of America. p. 179.ISBN 978-0-7618-3434-2. 
    Understanding the "Victory Disease," From the Little Bighorn to Mogadishu and Beyond. DIANE Publishing. p. 1.ISBN 978-1-4289-1052-2. 
    Akis Kalaitzidis; Gregory W. Streich (2011).U.S. Foreign Policy: A Documentary and Reference Guide. ABC-CLIO. p. 313.ISBN 978-0-313-38375-5. 
  17. "World Economic Outlook Database: United States". International Monetary Fund. outubro de 2014. Consultado o 2 de novembro de 2014. 
  18. "U.S. Workers World's Most Productive". CBS News. 11 de febreiro de 2009. Consultado o 23 de abril de 2013. 
  19. "Manufacturing, Jobs and the U.S. Economy". Alliance for American Manufacturing. 2013. Arquivado dendeo orixinal o 13 de outubro de 2012. Consultado o 07 de decembro de 2014. 
  20. "Trends in world military expenditure, 2013". Stockholm International Peace Research Institute. abril de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 04 de xaneiro de 2015. Consultado o 14 de abril de 2014. 
  21. Cohen, 2004: History and the Hyperpower
    BBC, April 2008: Country Profile: United States of America
    "Geographical trends of research output". Research Trends. Arquivado dendeo orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
    "The top 20 countries for scientific output". Open Access Week. Arquivado dendeo orixinal o 17 de marzo de 2014. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
    "Granted patents". European Patent Office. Consultado o 16 de marzo de 2014. 
  22. "Cartographer Put 'America' on the Map 500 years Ago".USA Today.com(en inglés). 2007. Consultado o 23 de decembro do 2015. 
  23. Hernández-Echevarría, Carlos."Invasiones, sobornos y golpes de Estado: historia de las intervenciones de EEUU en América Latina".eldiario.es(encastelán). Consultado o2019-02-10. 
  24. Oficina do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos."Status by country"(eninglés).Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 14 de agosto de 2013. 
  25. Convención contra la Tortura y Otros Tratos o Penas Crueles, Inhumanos o Degradantes (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 1984. 39/46. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  26. Protocolo Facultativo del Pacto Internacional de Derechos Económicos, Sociales y Culturales(PDF) (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 10 de decembro de 2008. A/RES/63/117. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 9 de febreiro de 2014. 
  27. Protocolo Facultativo de la Convención sobre la eliminación de todas las formas de discriminación contra la mujer (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. 6 de outubro de 1999. A/54/4. Arquivado dendeo orixinal o 7 de marzo de 2013. 
  28. Protocolo facultativo de la Convención sobre los derechos de las personas con discapacidad (Resolución)(encastelán). Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos. Arquivado dendeo orixinal o 2 de agosto de 2014. 
  29. Annual Estimates of the Resident Population for Incorporated Places of 50,000 or More, Ranked by July 1, 2017

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Estados Unidos de AméricaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Artigos relacionados cos Estados Unidos
As 100 cidades máis poboadas dosEstados Unidos ePorto Ricoa
   
Estimación de poboación do 1 de xullo de 2011 daOficina do Censo dos Estados Unidos
Estados soberanos
Territorios dependentes
Dinamarca
Estados Unidos
Francia
Países Baixos
Reino Unido
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Estados_Unidos_de_América&oldid=6885101»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp