Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

UNESCO

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Coord.:48°50′59″N2°18′22″L / 48.8497,2.3061
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

 UNESCO
Imaxe da bandeira
Logotipo
 Instancia de
 Nome orixinal
United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization (en)
Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture (fr)Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Implicados
 Presidente/a
Khaled al-Anani6 de outubro de 2025
Audrey Azoulay15 de novembro de 2017- 6 de outubro de 2025
Irina Bokova2009- 2017
Koichiro Matsuura1999- 2009
Federico Mayor Zaragoza1987- 1999
Amadou-Mahtar M'Bow1974- 1987
René Maheu1962- 1974
Vittorino Veronese1958- 1961
Luther Evans1953- 1958
John Wilkinson Taylor1952- 1953
Jaime Torres Bodet1948- 1952
Julian Huxley1946- 1948Editar o valor en Wikidata
Membros195(2024)Editar o valor en Wikidata
Organizacións
 Matriz
 Membro de
 Ten en propiendade
Datas
 Fundación / creación
16 de novembro de 1945Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
 Substitúe
Recoñecemento
 Premios
 Outorga
Localización
 Sede
 Área de operación
 Enderezo
7, place de Fontenoy 75007 ParisEditar o valor en Wikidata
 País
Identificadores
VIAF139500314Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000404523255Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL81751AEditar o valor en Wikidata
Freebase/m/05yg8kxEditar o valor en Wikidata
MeSHD000076892Editar o valor en Wikidata
OpenAlexI1293226324 eP4310311059Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Descrito pola fonte
Facebook: unescoTwitter: UNESCOInstagram: unescoBluesky: unesco.orgVK: unescoLinkedIn: unescoYoutube: UCkD7gm3Am3M3k156lk46t3APinterest: unescoBNE: XX129211GitHub: UNESCOEditar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

AOrganización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura, UNESCO (eninglésUnited Nations Educational, Scientific and Cultural Organization e enfrancés:Organisation des Nations unies pour l'éducation, la science et la culture)[1] é un organismo especializado dasNacións Unidas cuxo obxectivo é promover a paz e a seguridade mundial mediante a cooperación internacional en materia de educación, artes, ciencias e cultura.[2][3] Ten 194 estados membros e 12 membros asociados,[4] así como socios dasorganizacións non gobernamentais,intergobernamentais e dosector privado.[5] A súa sede atópase enParís, Francia, mais a UNESCO ten 53 oficinas rexionais de campo[6] e 199 comisións nacionais[7] que facilitan o seu mandato global.

A UNESCO fundouse en 1945 como sucesora doComité Internacional de Cooperación Intelectual daSociedade de Nacións.[8] A súa constitución estabelece os obxectivos da axencia, a estrutura de goberno e o marco operativo.[9] A misión fundacional da UNESCO, que foi moldeada polasegunda guerra mundial, é promover a paz, odesenvolvemento sustentábel e os dereitos humanos facilitando a colaboración e o diálogo entre as nacións.[9] Persegue estes obxectivos a través de cinco grandes áreas do programa:educación,ciencias naturais,ciencias sociais,cultura ecomunicación. A UNESCO patrocina proxectos que melloran aalfabetización, proporcionan formación técnica e educación, fomentan a ciencia, protexen os medios independentes e aliberdade de prensa, preservan a historia rexional e cultural e promoven adiversidade cultural.[10][11][12]

Como centro de coordinación da cultura e da ciencia mundiais, as actividades da UNESCO foron ampliándose ao longo dos anos; axuda na tradución e difusión da literatura mundial, axuda a establecer e asegurar oPatrimonio da Humanidadecultural enatural, traballa para tender unha ponte entre afenda dixital mundial, e crea sociedades do coñecemento inclusivas mediante a información e a comunicación.[13] A UNESCO lanzou varias iniciativas e movementos globais, como "Educación para Todos", para seguir avanzando nos seus obxectivos fundamentais.

A UNESCO está rexida pola Conferencia Xeral, integrada por estados membros e membros asociados, que se reúne semestralmente para fixar os programas e o orzamento da axencia. Tamén elixe os membros do consello executivo, que xestiona o traballo da UNESCO, e nomea cada catro anos un director xeral, que exerce como administrador xefe da UNESCO. A UNESCO é membro doGrupo das Nacións Unidas para o Desenvolvemento,[14] unha coalición de axencias e organizacións da ONU destinadas a cumprir osObxectivos de Desenvolvemento Sostíbel.

Características

[editar |editar a fonte]

Dedícase a orientar ós pobos nunha xestión máis eficaz do seu propio desenvolvemento, a través dosrecursos naturais e os valores culturais, e coa finalidade de modernizar e facer progresar ás nacions do mundo, sen que por iso se perdan a identidade e a diversidade cultural. A UNESCO ten vocaciónpacifista, e entre varias cousas oriéntase moi particularmente a apoiar aalfabetización. Na educación, este organismo asigna prioridade ao logro daeducación elemental adaptada ás necesidades actuais. Colabora coa formación de docentes, planificadores familiares e vivenda, administradores educativos e alenta a construción de escolas e a dotación de equipo necesario para o seu funcionamento.

As actividades culturais buscan a salvagarda dopatrimonio cultural mediante o estímulo da creación e a creatividade e a preservación das entidades culturais e tradicións orais, así coma a promoción dos libros e da lectura[15]. En materia de información, a UNESCO promove a libre circulación de ideas por medios audiovisuais, fomenta a liberdade de prensa e a independencia, o pluralismo e a diversidade dos medios de información, mediante o "Programa Internacional para a Promoción da Comunicación".

Historia

[editar |editar a fonte]
Traslado do Gran Templo deAbu Simbel a un lugar seguro, en 1967.

A UNESCO ten as súas raíces en1942, durante asegunda guerra mundial, cando os paísesaliados comezan a prepararse para restablecer os seus sistemas educativos en canto remate a guerra. Na Conferencia de Ministros Aliados de Educación (Conference of Allied Ministers of Education, CAME), noReino Unido, inícianse as conversacións entre países europeos[16].

Como resultado, prepárase unha conferencia das Nacións Unidas para temas de educación e cultura, do 1 ao 16 de novembro de1945. Reúnense corenta e catro países, dos cales trinta e sete deciden fundar a UNESCO. A constitución da UNESCO asínase o 16 de novembro, e vinte estados ratifícana un ano despois, o 4 de novembro de1946 (Arabia Saudita,Australia, oBrasil, oCanadá,Checoslovaquia,China,Dinamarca,Exipto,Estados Unidos de América,Francia,Grecia,India,Líbano,México,Noruega,Nova Zelandia,República Dominicana,Reino Unido,Suráfrica eTurquía). Poucos días despois iníciase a primeira Conferencia Xeral da UNESCO, en París.

Segundo se van normalizando as relacións internacionais rotas pola segunda guerra mundial, vanse incorporando máis países. Así, oXapón e aRepública Federal Alemá entran en1951,España en1953, aURSS en1956 e os países africanos xurdidos nadescolonización de África durante a década dos sesenta doséculo XX.

En1957, por primeira vez un país membro abandona a UNESCO: o goberno de Suráfrica alega "interferencias" da UNESCO nos seus "problemas raciais". En1996, conNelson Mandela como presidente, Suráfrica volveu incorporarse á UNESCO[17].

Durante a X Conferencia Xeral da UNESCO celebrada en París en1958, acórdase crear un "Centro Latinoamericano de Estudos Superiores de Xornalismo"[18]. A iniciativa contou co apoio do Goberno e a Universidade Central de Ecuador, os cales o9 de outubro de1959 asinaron, xunto coa UNESCO, un acordo tripartito para a fundación e radicación enEcuador de dito Centro, que hoxe leva o nome deCentro Internacional de Estudios Superiores de Comunicación para América Latina ou CIESPAL[19].

O3 de novembro de 1958 inaugúrase a sede principal no número 7 da praza de Fontenoy, en París. A súa planta ten forma de Y. Os planos foron deseñados polos arquitectosMarcel Breuer,Pier Luigi Nervi eBernard Zehrfuss e aprobados por un comité internacional de cinco membros:Lúcio Costa,Walter Gropius,Le Corbusier,Sven Markelius eErnesto Rogers. Tamén foi consultadoEero Saarinen.

En1960 lánzase o primeiro proxecto de grandes dimensións: a protección do templo deAbu Simbel e outros 21 monumentos e complexos arquitectónicos en Exipto, ameazados pola construción doencoro de Asuán.

En1985, Estados Unidos abandona a UNESCO alegando diferenzas en temas de xestión; o Reino Unido eSingapur tamén a abandonaron en1986. Isto fixo que o orzamento diminuíra considerabelmente durante os anos seguintes. Os tres países reincorporáronse posteriormente (en2003,1997 e2007 respectivamente).

Órganos reitores

[editar |editar a fonte]

Os órganos reitores da UNESCO son a Conferencia Xeral e o Consello Executivo[20].

A Conferencia Xeral

[editar |editar a fonte]

A Conferencia Xeral está formada por representantes de todos os Estados membros da organización. Reúnese cada dous anos, coa participación dos estados membros e dos membros asociados.Cada estado membro ten un voto, independentemente de cal sexa a súa achega ao orzamento da organización.

Tamén se invita a participar, en calidade de observadores, a Estados non membros, organizacións intergobernamentais,organizacións non gobernamentais efundacións.

A Conferencia Xeral determina a orientación e a liña de actuación xeral da UNESCO. Decide o Programa e o orzamento da UNESCO para os dous anos seguintes. Elixe aos membros do Consello Executivo e designa, cada catro anos, ao Director Xeral.

Os idiomas de traballo da Conferencia Xeral son inglés, árabe, chinés, español, francés e ruso.

O Consello Executivo

[editar |editar a fonte]

O Consello Executivo, á unha sorte de consello de administración da UNESCO. Prepara o traballo da Conferencia Xeral e vela porque as decisións se executen axeitadamente.

As funcións e responsabilidades do Consello Executivo emanan da Constitución e dos regulamentos ou directivas establecidos pola Conferencia Xeral. Este regulamento complementase coas resolucións da Conferencia Xeral. Cada dous anos, a Conferencia Xeral encarga tarefas específicas ao Consello. Outras atribucións emanan de acordos asinados entre a UNESCO e a ONU, as institucións especializadas e outras organizacións intergobernamentais.

Os seus 58 membros son escollidos pola Conferencia Xeral. A selección respecta a diversidade de culturas e a orixe xeográfica que representa cada país; trátase de acordos complexos para lograr que haxa equilibrio entre as diversas rexións do mundo, e reflectir a universalidade da organización. O Consello Executivo reúnese dúas veces no ano.

Directores Xerais da UNESCO

[editar |editar a fonte]

En xuño de 2013, eran 11 os directores xerais da UNESCO dende a súa creación: nove homes e dúas mulleres. Os 11 directores xerais da UNESCO proceden de seis rexións da organización: Europa Occidental (5), América Central (1), América do Norte (2), África Occidental (1), Asia Oriental (1) e Europa Oriental (1).

Ata a data, non houbo ningún director xeral elixido das dez rexións restantes da UNESCO: sueste asiático, sur de Asia, Asia central e do norte, Oriente Medio, norte de África, África oriental, África central, Suráfrica, Australia-Oceanía e Suramérica.

A lista dos directores xerais da UNESCO dende a súa creación en 1946 é a seguinte:[21]

ImaxeNomeNacionalidadePeríodo
1.Julian HuxleyReino Unido19461948
2.Jaime Torres BodetMéxico19481952
3.John Wilkinson TaylorEstados Unidos19521953
4.Luther EvansEstados Unidos19531958
5.Vittorino VeroneseItalia19581961
6.René MaheuFrancia19611974
7. Amadou-Mahtar M'BowSenegal19741987
8.  Federico Mayor ZaragozaEspaña19871999
9.Koichiro MatsuuraXapón19992009
10.Irina BokovaBulgaria2009-2017
11.Audrey AzoulayFrancia2017-presente

Conferencia Xeral

[editar |editar a fonte]

Esta é a lista das sesións da Conferencia Xeral da UNESCO celebradas dende 1946:[22]

SesiónLocalizaciónAnoPresidida porDende
París1946Léon Blum Francia
Cidade de México1947Manuel Gual Vidal México
Beirut1948Hamid Bey Frangie Líbano
1ª extraordinariaParís1948
París1949Edward Ronald Walker Australia
Florencia1950Stefano Jacini Italia
París1951Howland H. Sargeant Estados Unidos
París1952Sarvepalli Radhakrishnan India
2ª extraordinariaParís1953
Montevideo1954Justino Zavala Muniz Uruguai
Nova Deli1956Abul Kalam Azad India
10ªParís1958Jean Berthoin Francia
11ªParís1960Akale-Work Abte-Wold Etiopía
12ªParís1962Paulo de Berrêdo Carneiro Brasil
13ªParís1964Norair Sisakian Unión Soviética
14ªParís1966Bedrettin Tuncel Turquía
15ªParís1968William Eteki Mboumoua Camerún
16ªParís1970Atilio Dell'Oro Maini Arxentina
17ªParís1972Toru Haguiwara Xapón
3ª extraordinariaParís1973
18ªParís1974Magda Jóború Hungría
19ªNairobi1976Taaita Toweett Kenya
20ªParís1978Napoléon LeBlanc Canadá
21ªBelgrado1980Ivo Margan Iugoslavia
4ª extraordinariaParís1982
22ªParís1983Saïd Tell Xordania
23ªSofía1985Nikolai Todorov Bulgaria
24ªParís1987Guillermo Putzeys Alvarez Guatemala
25ªParís1989Anwar Ibrahim Malaisia
26ªParís1991Bethwell Allan Ogot Kenya
27ªParís1993Ahmed Saleh Sayyad Iemen
28ªParís1995Torben Krogh Dinamarca
29ªParís1997Eduardo Portella Brasil
30ªParís1999Jaroslava Moserová República Checa
31ªParís2001Ahmad Jalali Irán
32ªParís2003Michael Omolewa Nixeria
33ªParís2005Musa Bin Jaafar Bin HassanOmán
34ªParís2007Georgios Anastassopoulos Grecia
35ªParís2009Davidson Hepburn Bahamas
36ªParís2011Katalin Bogyay Hungría
37ª[23]París2013Hao Ping China
38ªParís2015Stanley Mutumba Simataa[24] Namibia
39ªParís2017Zohour Alaoui[25] Marrocos
40ªParís2019

Ahmet Altay Cengizer[26]

 Turquía
41ª[27]París2021Santiago Irazabal Mourão Brasil
42ª[28]París2021Simona Miculescu Romanía

Críticas á UNESCO

[editar |editar a fonte]

Nova Orde Mundial da Información e a Comunicación

[editar |editar a fonte]

A Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura foi fortemente criticada ó longo da súa historia. Os críticos acúsana de tomar posicións contrarias áliberdade de prensa e de mercados, en particular pola iniciativaNew World Information and Communication Order que recoñecía o dereito dos estados a censurar á prensa. A UNESCO foi percibida como unha plataforma para que os comunistas e os ditadores do Terceiro Mundo atacasen Occidente, en contraste coas acusacións feitas pola URSS a finais da década de 1940 e principios da de 1950.[29] En1984 osEstados Unidos abandonaron a organización en protesta, seguido polo Reino Unido en 1985.[30] Singapur tamén se retirou a finais de 1985, alegando o aumento das cotas dos membros.[31] Tras un cambio de goberno en 1997, o Reino Unido volveu unirse. Os Estados Unidos volveron unirse en 2003, seguidos de Singapur o 8 de outubro de 2007.[32]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "UNESCO".UNESCO.Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2013. Consultado o 22 de xullo de 2025. 
  2. "Introducing UNESCO". UNESCO.Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  3. "UNESCO history". UNESCO.Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2010. Consultado o 23 de abril de 2010. 
  4. "List of UNESCO members and associates". UNESCO.Arquivado dende o orixinal o 15 de agosto de 2022. Consultado o 23 de agosto de 2022. 
  5. "Partnerships".UNESCO(eninglés). 25 de xuño de 2013.Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  6. "Field offices".UNESCO(eninglés).Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  7. "National Commissions".UNESCO(eninglés). 28 de setembro de 2012.Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  8. Grandjean, Martin (2018).Les réseaux de la coopération intellectuelle. La Société des Nations comme actrice des échanges scientifiques et culturels dans l'entre-deux-guerres [The Networks of Intellectual Cooperation. The League of Nations as an Actor of the Scientific and Cultural Exchanges in the Inter-War Period]. Lausanne: Université de Lausanne.Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2018. Consultado o 5 de abril de 2019.  (English summaryArquivado 22 de marzo de 2019 enWayback Machine.).
  9. 9,09,1"UNESCO. General Conference, 39th, 2017 [892]".unesdoc.unesco.org.Arquivado dende o orixinal o 9 de abril de 2020. Consultado o 19 de agosto de 2020. 
  10. "MOFA: Project list of The UNESCO Japanese Funds-in-Trust for the Capacity-building of Human Resources".www.mofa.go.jp. Consultado o2022-06-30. 
  11. "Sponsors".www.climats-bourgogne.com. Consultado o2022-06-30. 
  12. "Sponsors and Contributors".www.wcrp-climate.org. Consultado o2022-06-30. 
  13. "UNESCO • General Conference; 34th; Medium-term Strategy, 2008–2013; 2007"(PDF).Arquivado(PDF) dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2011. 
  14. "UNDG Members". United Nations Development Group. Arquivado dendeo orixinal o 11 de maio de 2011. Consultado o 8 de agosto de 2010. 
  15. Revista Tips de Educación, ed. (24/4/2014)."Leyendo en la Era móvil por UNESCO"(en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  16. UNESCO (ed.)."The Organization's history". Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  17. UNESCO (ed.)."Fechas clave en la historia de la UNESCO". Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  18. "Conferencia General. Décima Reunión, París 1958. Resoluciones"(PDF)(en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  19. "Mundo CIESPAL".ciespal.org(en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  20. UNESCO (ed.)."Órganos rectores de la UNESCO"(en castelán). Consultado o 21 de setembro de 2015. 
  21. UNESCO official site:Directors-GeneralArquivado 18 de xullo de 2018 enWayback Machine.
  22. UNESCO official site:Previous Sessions of the General ConferenceArquivado 25 de outubro de 2011 enWayback Machine.
  23. "General Conference 37th | United Nations Educational, Scientific and Cultural Organization".www.unesco.org.Arquivado dende o orixinal o 3 de outubro de 2015. Consultado o 25 de setembro de 2015. 
  24. "President of the 38th session of the General Conference". UNESCO.Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2015. Consultado o 11 de novembro de 2015. 
  25. "President of the 39th session of the General Conference". UNESCO. 5 de outubro de 2017.Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2017. 
  26. "UNESCO: President of the 40th session of the General Conference". 14 de outubro de 2019.Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2020. Consultado o 20 de agosto de 2020. 
  27. "41st Session of the General Conference - 9-24 November 2021".UNESCO. 1 de xuño de 2021.Arquivado dende o orixinal o 6 de outubro de 2021. Consultado o 6 de outubro de 2021. 
  28. "Address by Ms Simona Mirela Miculescu". 13 de novembro de 2023. 
  29. Grahm, S. E. (abril de 2006)."The (Real)politiks of Culture: U.S. Cultural Diplomacy in UNESCO, 1946–1954".Diplomatic History30 (2): 231–51.doi:10.1111/j.1467-7709.2006.00548.x.hdl:1885/20736. 
  30. UNESCO asks states considering withdrawal to 'reconsider their position'.UN Chronicle. xaneiro de 1986.Arquivado dende o orixinal o 9 de febreiro de 2022. Consultado o 2 de abril de 2018. 
  31. "Singapore to withdraw from UNESCO".The Telegraph. 28 de decembro de 1984.Arquivado dende o orixinal o 7 de setembro de 2015. Consultado o 20 de xuño de 2015. 
  32. "UNESCO".Encyclopædia Britannica. 14 de febreiro de 2018.Arquivado dende o orixinal o 2 de abril de 2018. Consultado o 2 de abril de 2018. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  UNESCOModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=UNESCO&oldid=7276910»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp