Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Unión de Centro Democrático

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «UCD»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xuño de 2018.)
Unión de Centro Democrático (UCD)
Partido político deEspaña
Dirixentes e organización
LíderAdolfo Suárez
Historia
Fundación3 de maio de1977 (coalición)
4 de agosto de1977 (partido)
Disolución18 de febreiro de1983
Posicións políticas
IdeoloxíaSocioliberalismo
Democracia cristiá
Monarquismo
Constitucionalismo
Progresismo
Liberalismo
Reformismo
Posición políticaCentrodereita
Outros datos
SedeRúa Cedaceros n.º 11,Madrid
Na rede
BNE: XX140911Dialnet: 3380972

Unión de Centro Democrático (UCD) foi un partido político español de centro dereita establecido porAdolfo Suárez, presidente do goberno, como unha coalición electoral formada en abril de 1977 de partidos liberais, democristiáns e socialdemócratas para concorrer ásprimeiras eleccións lexislativas democráticas tras a morte deFranco previstas para xuño dese ano. UCD disolveuse o18 de febreiro de1983 tras a desfeita daseleccións xerais de 1982.

Historia

[editar |editar a fonte]

A UCD formouse como un conglomerado de personalidades políticas que representaban siglas que apenas tiñan unha mínima estrutura,Fernando Álvarez de Miranda (PDC),Pío Cabanillas (PP),Gonzalo Casado (PSI),Manuel Clavero (PSLA),Francisco Fernández Ordóñez (PAD),Juan García Madariaga (PPL),Joaquín Garrigues (FPDL),Enrique Larroque (PL),José Ramón Lasuén (FSD),José Luis Meilán Gil (PGI),Lorenzo Olarte (UC),Eurico de la Peña (USDE),Antonio Pérez Crespo (UDM),Enrique Sánchez de León (AREX) eIgnacio Camuñas (PDP) baixo o liderado de Adolfo Suárez. Nas eleccións lexislativas de 1977 conseguiu o 34.44% dos votos e 166 escanos, a maioría relativa no Parlamento que elixiu Adolfo Suárez como presidente do goberno. O4 de agosto a UCD transformouse nun partido político e con 3 dos 7 poñentes foi clave na elaboración daConstitución de 1978.

En 1978 celebrou o seu primeiro congreso nacional que elixiu como presidente a Adolfo Suárez e como secretario xeral aRafael Arias Salgado. Nas eleccións de 1979 tivo o 34.84% dos votos e 168 escanos. O crecemento da UCD continuou ata 1981 pero a partir dese momento os conflitos internos e os problemas económicos deses anos acabaron por prexudicar seriamente ao partido, en xaneiro de 1981 Suárez renunciou á presidencia do goberno, substituíunoLeopoldo Calvo-Sotelo Bustelo e o intento de golpe de estado do23 de febreiro de1981 cando se realizaba a votación de investidura do novo presidente agudizaron os problemas internos da UCD, Suárez deixou a UCD e formou en xuño oCentro Democrático y Social, Fernández Ordóñez e os socialdemócratas integráronse noPSOE,Miguel Herrero e outros tres deputados marcharon aAlianza Popular ao igual que os democristiáns deÓscar Alzaga, o grupo parlamentario centrista quedou reducido a 151 escanos e Calvo Sotelo tivo que convocar eleccións para o28 de outubro de1982 que gañaron por maioría absoluta os socialistas, a UCD presentou como candidato aLandelino Lavilla e resultou na desfeita electoral do partido que tivo o 6.77% dos votos e tan só 11 escanos (5 procedentes deGalicia), tras a disolución do partido, nos territorios onde mantivera unha certa forza deu orixe a partidos rexionalistas ou nacionalistas como foi o caso de Galicia onde a UCD local serviu de base para a formación deCoalición Galega pero no conxunto de España a base electoral e os militantes da UCD transferiuse aAlianza Popular e en menor medida ao PSOE.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Unión_de_Centro_Democrático&oldid=6408823»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp