Twin Peaks é unha serie televisiva dirixida e producida porMark Frost eDavid Lynch, interpretada porKyle MacLachlan,Warren Frost,Everett McGill,Jack Nance eRay Wise entre outros.[1] Rodada eninglés, a serie consta de 48 episodios de entre 46 e 50 minutos cada un, distribuídos en tres temporadas. Gañadora de tresGlobos de Ouro e outros seis premios, foi aclamada pola prensa e o público dende a súa estrea nosEstados Unidos de América, o8 de abril de 1990, até o último capítulo da segunda temporada, emitido o 28 de xuño de 1991. EnEspaña emitiuse por primeira vez no ano 1991.
No ano1992, David Lynch dirixiu o filmeTwin Peaks: Fire Walk with Me, unha precuela de todo o que sucede na serie, centrandose na derradeira semana de vida de Laura Palmer.
O6 de outubro de2014, confirmouse que a serie voltará con nove novos capítulos, logo ampliados a dezaoito,[2] a comezos de 2016 na canleShowtime. Todos os episodios serán escritos polos creadores David Lynch e Mark Frost, con Lynch como director.[3]
Esta serie amosa o transcurso dunha investigación doFBI dirixida polo Axente Especial Dale Cooper (Kyle MacLachlan) verbo do asasinato dunha moza de Twin Peaks, Laura Palmer.Outros personaxes relevantes son Leland Palmer, o pai da moza asasinada; oShérif Harry S. Truman; oDoutor William Hayward e a súa filla, Donna Hayward; Benjamin Horne, o dono do Gran Hotel do Norte; o Grande Ed Hurley, dono da gasolineira; Margaret Lanterman, a muller do madeiro e Bob, un espírito malvado que actúa no nome da Casa Negra. Todos estes personaxes configuran unha trama policíaca e dramática con momentos dunha grandísima tensión.
|
---|
Como director | Filmes | |
---|
Curtametraxes | |
---|
Videos musicais | |
---|
|
---|
Televisión | |
---|
Álbums | |
---|
Libros | |
---|
Artigos relacionados | |
---|