Turquía é unharepúblicademocrática,secular econstitucional, cuxo sistema político foi estabelecido en 1923 baixo o liderado deMustafa Kemal Atatürk, trala caída doImperio Otomán após aprimeira guerra mundial. Dende aquela, integrouse cada vez máis conOccidente a través da afiliación a organizacións como oConsello de Europa (1949), aOTAN (1952), aOCDE (1961), aOSCE (1973) ou oGrupo dos 20 (1999). Turquía comezou as negociacións para a adhesión plena na Unión Europea no 2005, despois de ter sido membro asociado dende 1963, presentar a súa candidatura no 1987, e estando en vigor un acordo alfandegueiro dende o 1 de xaneiro do 1996. Tamén seguiu fomentando estreitas relacións políticas e económicas co mundo oriental, especialmente cos estados deOriente Medio,Asia Central ouAsia Oriental.
En termos deproduto interior bruto, a súa economía está situada no posto 20º do mundo segundo oFondo Monetario Internacional (2019). Pola súa localización estratéxica está clasificada como potencia de ámbito rexional por políticos e economistas de todo o mundo.[4][5]
Dende o1 de xuño de2022, mudou o seu nome para aONU e para os idiomas estranxeiros de Turkey (que provocaba confusión coa palabra "pavo" doinglés) a Türkiye.[6]
O nome de Turquía (pronunciado /türkiye/ enlingua turca) pódese dividir en dous termos: /türk/, que significa "forte" no turco antigo e polo xeral designa os habitantes de Turquía ou un membro dos pobos turcos,[8] ou o posterior termo /tu-kin/, empregado polos chineses para designar as persoas que vivían ao sur doMacizo de Altái xa en 177 a. C.,[7] e osufixo /-iye/ (derivado do sufixoárabe /-iyya/, pero tamén está asociada co sufixolatino medieval /-ia/ en /turchia/, e o sufixogrego medieval /-ία/ en /τουρκία/), o que significa "propietario" ou "relacionado con".
Afrodisias foi unha antiga cidade grega preto deEsmirna.Göbekli Tepe é o lugar de culto relixioso máis antigo do mundo descuberto ata o de agora. Foi levantado 11 500 anos atrás, antes que comezase osedentarismo.[9]Murallas da cidade deTroia VII, onde se postula librouse aguerra de Troia (c. 1200 a. C.).
Anatolia (en turco:Anadolu), tamén coñecida como Asia Menor e que comprende a maior parte da Turquía moderna, é unha das rexións habitadas continuamente máis antigas do mundo debido á súa localización na posición entre Asia e Europa. Os primeiros asentamentosneolíticos comoÇatalhöyük,Hacilar,Göbekli Tepe,Nevali Cori,Çayönü eMersin considéranse uns dos primeiros asentamentos humanos no mundo.[10] O asentamento deTroia comeza no Neolítico e continúa naIdade de Ferro. Durante a historia, linguasindoeuropeas,semíticas, así como outras de filiación incerta interviñeron en Anatolia. De feito, dada a antigüidade dos idiomas indoeuropeoshitita eluvita, algúns estudosos propuxeron a Anatolia como o hipotético centro a partir do cal as linguas indoeuropeas estendéronse.[11]
O primeiro grande imperio na zona é o doshititas, entre os séculos XVII e XII a. C. Posteriormente, osfrixios, un pobo indoeuropeo, logrou establecer un reino que logo foi destruído poloscimerios no século VII a. C.[12] Os sucesores máis poderosos dos frixios foron os estados deXonia,Lida,Caria,Cilicia eLicia. Os lidios e os licios falaban idiomas que eran fundamentalmenteindoeuropeos, pero ambos os idiomas adquiriron elementos hititas ehelénicos.
Ao redor de 1200 a. C., a costa occidental de Anatolia foi poboada polosgregos. Toda a zona foi conquistada poloImperio persa durante os séculos VI e V a. C. e posteriormente porAlexandre Magno no ano 334 a. C.[13] Anatolia foi posteriormente dividida nunha serie de pequenos reinos helenísticos (incluíndoBitinia,Capadocia,Pérgamo,Ponto) eGalacia (unha antiga rexión no centro deAnatolia onde se asentaron algunhas tribos migratorias de orixegala procedentes das terras xermanas nos principios do século III a. C. A rexión tomou o seu nome destes galos e os seus habitantes chamáronsegálatas), todos os cales sucumbiran aRoma a mediados de século I a. C.[14]
Mevleví é unha orde dedervixes de Turquía, fundada polos discípulos do poetasufíRumi no século XIII. O centro da orde e o mausoleo de Rumi está enKonya.Santa Sofía deConstantinopla foi construída poloImperio bizantino no século VI d. C. Ao longo da súa historia foi basílica, mesquita e hoxe museo.O Imperio selxúcida en 1092, o seu período de maior expansión.
Osturcos eran unpobo nómade, formado por grandes tribos (como osoguzes, oskipchak e oscumanos), que habitaba nasestepas daAsia central onde anteriormente fundaran varios reinos potentes como o doshunos, osköktürks, okaganato uigur e osgaznavíes sucesivamente entre os séculos IV e X. No século IX algunhas tribos turcas estableceron contactos diplomáticos e de comercio por primeira vez coas tribosárabes que habitaban noOriente Próximo. Influenciados polosárabes, os turcos abandonaron oxamanismo e otengrismo que viñan practicando desde había séculos e convertéronse aoislam. A mediados do século X os turcos fundaron oImperio selxúcida, o primeiro grande imperio turco logo de converterse aoislam, nos territorios que hoxe sonTurkmenistán,Afganistán,Irán,Iraq, Oriente Próximo e a propia Turquía. No final do século X os turcosselxúcidas conquistaron algúns territorios do leste e sueste deAnatolia onde dominaba oImperio bizantino. No ano 1071 tivo lugar abatalla de Manzikert entre o exército selxúcida e o exército bizantino. Os turcos gañaron a batalla e pasaron a dominar grandes territorios ao leste e sueste deAnatolia. Esta batalla considérase polos historiadores como o principio do fin do Imperio bizantino xa que nas décadas posteriores osturcos foron avanzando e conquistando máis territorios en Anatolia debilitando ao Imperio bizantino. A mediados do século XIII os turcos selxúcidas dominaban xa a maior parte de Anatolia. Os selxúcidas tiveron tamén un papel moi importante como defensores doislam e dosmusulmáns durante as primeirascruzadas loitando contra os exércitos cruzados que desexaban atravesar Anatolia para poder chegar áTerra Santa.
O Estado otomán, habitualmente chamadoImperio Otomán, foi unha potencia imperial turca, situada na súa maior parte ao redor da ribeira do mar Mediterráneo, e cuxa existencia temporal abarcou o período entre 1299 e 1922. Osotománs eran os sucesores dosselxúcidas e no cénit do seu poder no século XVII, este imperio incluía toda a península deAnatolia,Oriente Próximo (Siria,Iraq,Xordania,Líbano,Palestina,Israel eKuwait), as zonas costeiras dapenínsula arábiga, extensións doNorte de África (territorios que hoxe sonSudán,Eritrea,Xibutí,Exipto,Libia,Tunes eAlxeria), a maior parte dos territorios situados na franxa que vai desde o sueste de Europa (osBalcáns,Albania,Grecia,Macedonia,Bosnia e Hercegovina,Croacia,Bulgaria,Romanía,Hungría,Serbia,Ucraína) aoCáucaso (territorios que hoxe sonXeorxia,Azerbaidján eArmenia) no norte. Isto comprendía unha área de aproximadamente seis millóns de quilómetros cadrados, aínda que a maior parte estaba baixo control indirecto do goberno central. As posesións do Imperio achábanse situadas entre Oriente e Occidente polo que ao longo da súa historia de máis de seis séculos as súas relacións internacionais estiveron influenciadas por iso. En 1453 os otománs conquistaronConstantinopla dando fin a máis de dez séculos de existencia doImperio bizantino. A partir dese momento Constantinopla pasou a chamarseIstanbul e converteuse na capital do Imperio Otomán. A conquista de Constantinopla polos turcos considérase historicamente como o acontecemento que finalizou aIdade Media. No seu momento de máxima expansión os otománs chegaron a cercar en dúas ocasións, en 1529 e 1683, a cidade deViena durante varios meses pero finalmente retiráronse sen poder lograr conquistala debido especialmente ao grande apoio militar brindado na defensa da cidade por parte dos grandes reinos cristiáns de Europa comoAlemaña,España ePolonia. A partir do século XVI ossultáns otománs tamén adquiriron o título decalifa.
OPalacio de Dolmabahçe foi o primeiro palacio de estilo europeo (neobarroco) en Istanbul.
O Palacio de Dolmabahçe foi construído entre 1842 e 1853, onde se levantaba o palacio deBeşiktaş, polos arquitectos armenio-turcos Garabet Amira Balyan e o seu fillo Nigogos Balyan.
Tras o final do período de partido único (o CHP fundado porMustafa Kemal Atatürk) en 1945, o período comprendido entre os anos1960 e1980 foi particularmente marcado por períodos de inestabilidade política que desembocou nunha serie de golpes militares.[23] A liberalización da economía turca que se iniciou na década de 1980 cambiou a paisaxe do país, con sucesivos períodos de alto crecemento e a crise da década seguinte.[24]
O 15 de xullo de 2016 houbo unha tentativa de golpe de Estado por parte dunha facción do exército contra o presidenteErdoğan. O golpe foi rexeitado grazas ao apoio de centos de miles de cidadáns que saíron ás rúas na defensa da democracia e á maior parte do exército que se mantivo fiel ao goberno e ao presidente electo. O día 16 de abril de 2017 celebrouse un referendo para outorgar máis poder ao presidente Erdoğan, quen acabou gañando cun 51,3% dos escrutinios, polo cal Turquía pasou a contar cun sistema presidencialista.
Recep Tayyip Erdoğan, actual presidente de Turquía.Tansu Çiller, é unha política turca. Foi a primeira muller en ocupar o cargo de Primeira Ministra en Turquía, de 1993 a 1996.
Turquía é unharepúblicaparlamentaria e aConstitución dispón que é un estado democrático,laico,social e dedereito.[25] O poder lexislativo reside na Grande Asemblea Nacional de Turquía, composta por 550deputados elixidos para unha lexislatura de cinco anos cos votos dos cidadáns turcos maiores de 18 anos. A súa constitución actual foi adoptada o 7 de novembro de 1982 despois dun período de goberno militar, e está baseada firmemente nos principios dun laicismosui generis. O poder executivo reside nun presidente o cal é elixido directamente pola vontade popular. O poder lexislativo está radicado nos 600 escanos daGrande Asemblea Nacional de Turquía (Türkiye Büyük Millet Meclisi), que representa ás81 provincias. Para ter representación no Parlamento, un partido debe obter polo menos o 10 % do total de votos nas eleccións parlamentarias nacionais. Os candidatos independentes poden participar e ser elixidos, e para iso só deben obter o 10 % do voto na provincia pola cal pretenden ser elixidos. Os militares turcos desempeñan un papel político na sombra, aínda que importante, debido a que se consideran os gardiáns da natureza secular e unitaria da república.
O presidente da república exerce as funcións do poder executivo. O Presidente actual éRecep Tayyip Erdoğan.
En consonancia coa súa tradicional orientación occidental, as relacións con Europa sempre foron unha parte central da política exterior turca. Turquía converteuse en membro doConsello de Europa en 1949, solicitou ser membro asociado daCEE (predecesora da Unión Europea) en 1959 e converteuse en membro asociado en 1963. Despois de décadas de negociacións políticas, Turquía converteuse en membro asociado daUnión Europea Occidental en 1992, chegou a un acordo de Unión Aduaneira coa UE en 1995 e comezou oficialmente as negociacións formais de adhesión coa Unión Europea o 3 de outubro de 2005.[28] Crese que o proceso de adhesión terá unha duración mínima de 20 anos debido ao tamaño de Turquía e a profundidade dos desacordos sobre algunhas cuestións.[29] Estes inclúen as controversias con membros da UE sobre a intervención militar da República de Turquía en Chipre para impedir aanexión da illa a Grecia en 1974. Desde entón, Turquía non recoñece a República de Chipre como a única autoridade na illa, senón que apoiade facto a comunidadeturcochipriota que forma aRepública Turca do Norte de Chipre.[30]
Desde finais do decenio de 1980, Turquía comezou a cooperar cada vez máis coas principais economías deAsia Oriental, en particular coaChina, oXapón eCorea do Sur, nun gran número de sectores industriais, que van desde a coprodución de automotores e outros equipos de transporte, bens electrónicos, electrodomésticos, materiais de construción e equipamento militar.
A independencia dos estados turcos daUnión Soviética, cos que Turquía comparte un común patrimonio cultural e lingüístico, permitiu a Turquía ampliar as súas relacións económicas e políticas profundamente naAsia Central.[31] Dentro desta política, oOleoduto Bakú-Tiflis-Ceyhan formou parte da estratexia de Turquía para converterse nun conduto de enerxía a Occidente. Con todo, afronteira de Turquía conArmenia permanece pechada despois da ocupación de territorioazerí por parte de Armenia durante aprimeira guerra de Nagorno-Karabakh.[32] As relacións conArmenia foron tensas pola controversia ao redor das deportacións forzosas e as mortes relacionadas con centos de miles de armenios nos últimos días do Imperio Otomán, recoñecida por un número de países e historiadores como oxenocidio armenio.[33] Turquía rexeita o termo "xenocidio", argumentando que as mortes foron consecuencia dasenfermidades, afame e as loitas interétnicas que ocorreron durante o período daprimeira guerra mundial no que participou oImperio Otomán.[34]
Asforzas armadas turcas compóñense doexército de terra, aarmada e aforza aérea. A xendarmería e a garda costeira funcionan como partes do Ministerio do Interior nos tempos de paz, a pesar de que están subordinados ao exército de terra e á armada respectivamente.[35]
As forzas armadas turcas son as segundas maiores das permanentes daOTAN (despois das dosEstados Unidos), cunha forza combinada de 1.043.550 efectivos de persoal uniformado que prestan servizos nas súas cinco ramas.[36] Todos os cidadáns homes aptos están obrigados a servir no exército por períodos que van desde tres semanas a quince meses, dependendo da súa educación e lugar de traballo (oshomosexuais teñen dereito a ser exentos, segundo a súa propia petición).[37]
O xefe doEstado Maior Xeneral é nomeado polo Presidente, e é responsable ante o Primeiro Ministro. Oconsello de ministros é responsable ante o parlamento para asuntos de seguridade nacional e a adecuada preparación das forzas armadas para defender o país. Con todo, a autoridade para declarar a guerra e a despregadura das forzas armadas turcas a países estranxeiros ou para permitir que forzas armadas estranxeiras estacionen en Turquía corresponde unicamente ao parlamento.[40]
O exército turco reservouse tradicionalmente unha posición forte na política nacional, considerándose a si mesmo como gardián da Turquía secular e da democracia.[41] Varias veces nos últimos decenios desprazou pola forza a gobernos electos que cre que se desviaron dos principios do Estado segundo o establecido de Atatürk e consagrados na Constitución.[41]
Segundo oComité para a Protección dos Xornalistas (CPX), o goberno doAKP librou unha das maiores represións do mundo contra a liberdade de prensa. Un gran número dexornalistas foron arrestados por cargos como "terrorismo" e "actividades antiestatais", como os casosErgenekon e Balyoz, mentres que miles foron investigados por "denigrar a condición turca" ou "insultar o islam" nun esforzo por sementar a autocensura.[46]
En 2017, o CPX identificou 81 xornalistas prendidos en Turquía (incluíndo o equipo editorial doCumhuriyet, o xornal máis antigo do país aínda en circulación), todos directamente por conta do seu traballo publicado (máis que calquera país no mundo, inclusiveIrán,Eritrea ou aChina), así mesmo nove músicos foron prendidos polo seu traballo (o 3.º lugar no planeta, despois daRusia e da China).[47] Un ex-voceiro doDepartamento de Estado dos Estados Unidos, Philip J. Crowley, dixo que osEstados Unidos tiña "amplas preocupacións sobre as tendencias que envolvían a intimidación a xornalistas en Turquía".[48] A medida turca é clasificada como "non libre" polaFreedom House,[49] que di na súa resolución do 22 de xuño de 2016, titulada "O funcionamento das institucións democráticas en Turquía", que aAsemblea Parlamentaria do Consello de Europa advertiu que "os recentes desenvolvementos de Turquía en materia de liberdade dos medios de comunicación e de expresión, erosionan o Estado de dereito e as violacións dos dereitos humanos en relación ás operacións de seguridade antiterrorista no sueste do país levantaron serias cuestións sobre o funcionamento das súas institucións democráticas."[50]
Os políticos da oposición Selahattin Demirtas e Figu Yüksekdağ foron arrestados por cargos de "terrorismo" en 2016.
O 20 de maio de 2016, o parlamento turco retirou ainmunidade de case unha cuarta parte dos seus membros, incluídos 101 deputados do partido pro-kurdoHDP e o partido principal de oposición, oCHP.[51] En reacción aogolpe de Estado errado o 15 de xullo de 2016, máis de 160.000 xuíces, profesores, policías e funcionarios foron suspendidos ou destituídos, 77.000 foron formalmente arrestados,[52][53] e 130 organizacións de prensa, incluíndo 16 emisoras e 45 xornais,[54] foron pechados polo goberno turco.[55] Ademais, tamén foron arrestados 160 xornalistas.[56]
O 29 de abril de 2017, as autoridades turcasbloquearon o acceso en liña a Wikipedia en todos os idiomas.[57][58] As restricións impuxéronse no contexto daspurgas que seguiron ao intento de golpe de Estado, unhas semanas despois dun referendo constitucional significativo, e logo dun bloqueo parcial máis selectivo do contido de Wikipedia en anos anteriores.[59] Tras a prohibición,Jimmy Wales, o fundador de Wikipedia, foi desautorizado da World Cities Expo enIstanbul do 15 ao 18 de maio.[60] O profesor de dereito turco Yaman Akdeniz estima que a Wikipedia sexa un dos cerca de 127 mil sitios web bloqueados polas autoridades turcas. Estímase que o 45% dos turcos eludiron os bloqueos de Internet, nun momento ou outro, usando unharede privada virtual (VPN).[61]
O territorio turco ten máis de 1.600 km de lonxitude, de leste a oeste, e 800 km de norte a sur. A superficie de Turquía, incluíndo a dos lagos, é de 783.562 km², bastante máis dunha vez e media a deEspaña, dos cales só 23.764 km² están enEuropa (unha área inferior á de Galicia).[63] Turquía é o 37º país maior do mundo, cunha superficie similar á suma das superficies do Reino Unido e de Francia.
A Turquía europea, no seu noroeste, conforma aTracia Oriental, e ten fronteiras conGrecia eBulgaria. A Turquía asiática ouAnatolia—tamén denominada Asia Menor—está formada por unha meseta central (Meseta de Anatolia). OsMontes Pónticos (Köroğlu) separan este altiplano da estreita franxa costeira domar Negro polo norte; mentres osMontes Tauros ao sur forman un murallón fronte á franxa costeira mediterránea. O leste do país é máis montañoso aínda, unión doAnti-Tauro e oCáucaso, e conforma un dispersivo de diversos ríos que se estenden poloOriente Próximo, como oÉufrates e oTigris. Sitúanse aí olago Van e omonte Ararat, a elevación máxima do país con 5.165 msnm.[64]
O gran río da península anatólica é orío Kizil Irmak ou "río vermello" en turco (Halys da antigüidade), que corre de sur a norte. Xunto co seu afluente, orío Delidje Su, drena boa parte do país, pero os seus vales son profundos e angostos. No leste orío Tigris, que forma unha enorme curva oeste-leste desde o seu nacemento aos pés do Ararat, drena a parte oriental, xunto corío Éufrates, de menor curso en territorio turco.
Son numerosos os lagos, en especial na ancha banda percorrida polos Montes Taurus, conformados por materiais calcarios, que orixinan unha paisaxe cárstica, na que os lagos en superficie ou subterráneos xogan o seu papel. Na mesma Anatolia, co cha cheo de material salino en partes, formouse no centro un gran lago salgado, oTuz-ghela, con cerca de 1.700 km², o segundo en área do país tras oVan.
O relevo variado de Turquía é resultado de diversos movementos terrestres complexos que formaron a rexión ao longo de millóns de anos e que aínda producensismos e erupcións volcánicas. OBósforo e osDardanelos formáronse polasfallas xeolóxicas que fendían Turquía e que permitiron a creación doMar Negro. Outra falla que cruza o norte do país, de oeste a leste, causou o terremoto de1999.[65]
En conformidade coas diferenzas do relevo, o clima turco é moi variado. As áreas costeiras do oeste e sur de Turquía teñen un clima mediterráneo, con veráns secos, e invernos moderadamente húmidos. Na costa do Mar Negro os veráns son frescos e as precipitacións repártense ao longo de todo o ano. As condicións son máis extremas no interior árido e elevado. As montañas próximas á costa impiden que as influencias mediterráneas se estendan ao centro, polo que oplanalto anatólico central ten unclima continental, con invernos severos e veráns moi cálidos; no altiplano deCapadocia, oErdjaz Dag, con 3.916 m ten neves perpetuas. A precipitación mediana é de 400 mm, mais con diferenzas rexionais que dependen da altitude. As rexións máis secas son a chaira de Konya e a de Malatya.
Turquía é unestado unitario que se divide administrativamente en 81provincias, (iller, singularil) á fronte de cada unha das cales se acha ungobernador (vali) designado polo Goberno central. As provincias están á súa vez, divididas en distritos (demarcacións provinciais ouilçeler, singularilçe) e comunas que poden establecerimpostos e exercer outras iniciativas. A capital provincial (xeralmente chamadailçe central) leva xeralmente o nome da provincia, coas seguintes excepcións:Hatay (capital:Antioquía),Kocaeli (capital:İzmit), eSakarya (capital:Adapazarı).
Por outra banda, xeograficamente o país está dividido en sete rexións que se definiron orixinalmente no Primeiro Congreso de Xeografía do país en 1941:[66]
Ankara que ten unha poboación de 5.270.575 habitantes é a capital da República de Turquía.
A capital de Turquía éAnkara, mais a capital histórica éIstanbul (antiga Constantinopla), que é ao mesmo tempo o centro financeiro, económico e cultural do país. Outras cidades importantes sonEsmirna,Bursa,Adana,Trebisonda,Malatya,Gaziantep,Erzurum,Kayseri,İzmit (Kocaeli),Konya,Mersin,Eskişehir,Diyarbakır,Antalya eSamsun. Aproximadamente o 68 % da poboación de Turquía vive en centros urbanos. No total, 12 cidades teñen poboacións que exceden os 500.000 hab. e 48 cidades teñen máis de 100.000 hab.
A Unión Aduaneira coa UE aprobada en 1995 conduciu a unha ampla liberalización dosaranceis e constitúe un dos alicerces máis importantes da política do comercio exterior de Turquía.[71]
Durante a maior parte da súa historia republicana, Turquía adheriuse a un enfoque case-estatal da economía, con estrito control do goberno sobre a participación do sector privado, o comercio exterior e ainvestimento estranxeiro directo. Con todo, durante o decenio de 1980, Turquía comezou unha serie de reformas dirixidas a trasladar a economía dun illado sistema estatalista a un máis apoiado no sector privado baseado nomodelo de mercado.[24] As reformas impulsaron un rápido crecemento, pero este crecemento foi marcado por unha forterecesión e crises financeiras en 1994, 1999 (tras o terremoto dese ano),[72] e 2001,[73] o que deu como resultado unha media do 4 % de crecemento do PIB por ano entre 1981 e 2003.[74] A falta de reformas adicionais, xunto con grandes e crecentes déficits dosector público e acorrupción xeneralizada, traduciuse nunha elevadainflación, debilidade do sector bancario e o aumento davolatilidade macroeconómica.[75]
Panorámica de Istanbul.
Desde a crise económica de 2001 e as reformas iniciadas polo ministro de finanzas da época, a inflación reduciuse a un só díxito, a confianza dos investidores e os investimentos estranxeiros aumentaron, e o desemprego diminuíu. Turquía foi abrindo progresivamente os seus mercados a través de reformas económicas mediante a redución dos controis gobernamentais sobre o comercio exterior e o investimento, aprivatización de industrias de propiedade pública, e aliberalización de moitos sectores de bens privados.[76] Segundo a revista Forbes, en Istanbul, capital financeira de Turquía, había un total de 35 multimillonarios en marzo de 2008 (comparado con 25 en 2007), situándose no posto 4º no mundo.[77]
↑Sabancı University (2005)."Geography of Turkey"(en inglés). Sabancı University. Arquivado dendeo orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009.
↑7,07,1Harper, Douglas (2001).""Turk"". Online Etymology Dictionary. Consultado o 27 de decembro de 2006.
↑American Heritage Dictionary (2000).""Turk"". Houghton Mifflin Company. Arquivado dendeo orixinal o 22 de xuño de 2013. Consultado o 27 de decembro de 2006.
↑Balter, Michael (27 de febreiro de 2004). "Search for the Indo-Europeans: Were Kurgan horsemen or Anatolian farmers responsible for creating and spreading the world's most far-flung language family?".Science303 (5662): 1323.
↑Hooker, Richard (6 de xuño de 1999)."Ancient Greece: The Persian Wars". Washington State University, WA, United States. Arquivado dendeo orixinal o 24 de decembro de 2006. Consultado o 22 de decembro de 2006.
↑24,024,1Nas, Tevfik F. (1992).Economics and Politics of Turkish Liberalization. Lehigh University Press.ISBN 0-934223-19-X.
↑Constitution of the Republic of Turkey(PDF). Türkiye Büyük Millet Meclisi (The Grand National Asembly of Turkey). 29 de marzo de 2018. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 09 de febreiro de 2020. Consultado o 26 de febreiro do 2020.
↑Turkish General Staff (2006)."Brief History of ISAF"(eninglés). Turkish Armed Forces. Arquivado dendeo orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 28 de febreiro do 2020.
↑"Brief Seismic History of Turkey". University of South California, Department of Civil Engineering. Arquivado dendeo orixinal o 12 de marzo de 2009. Consultado o 21 de setembro de 2009.
↑Ali Yiğit, "Geçmişten Günümüze Türkiye'yi Bölgelere Ayıran Çalışmalar ve Yapılması Gerekenler",Ankara Üniversitesi Türkiye Coğrafyası Araştırma ve Uygulama Merkezi, IV. Ulural Coğrafya Sempozyumu, "Avrupa Birliği Sürecindeki Türkiye'de Bölgesel Farklılıklar",pp. 34–35.Arquivado 31 de marzo de 2012 enWayback Machine.
Directorate-General for Neighbourhood and Enlargement Negotiations (European Commission), European Commission (8 November 2023).Commission Staff Working Document Türkiye 2023 Report(PDF).Republic of Türkiye Ministry of Foreign Affairs Directorate for EU Affairs (Informe).
Filho, Walter Leal; Dinis, Maria Alzira Pimenta; Moggi, Sara; Price, Elizabeth; Hope, Alex, eds. (2023).SDGs in the European Region. Implementing the UN Sustainable Development Goals – Regional Perspectives. Springer Cham.ISBN978-3-031-17460-5.doi:10.1007/978-3-031-17461-2.
Tuğaç, Çiğdem (2023).Urban Renewal: Turkey's Solution for Housing Problems for Low-Income Groups and Disaster-Resilient Urbanization. pp. 1451–1474.doi10.1007/978-3-031-17461-2_4
Kuzucuoğlu, Catherine; Çiner, Attila; Kazancı, Nizamettin (2019).The Geomorphological Regions of Turkey. pp. 41–178.doi10.1007/978-3-030-03515-0_4
Altunel, Erhan; D'Andria, Francesco (2019).Pamukkale Travertines: A Natural and Cultural Monument in the World Heritage List. pp. 219–229.doi10.1007/978-3-030-03515-0_8
Çiner, Attila; Aydar, Erkan (2019).A Fascinating Gift from Volcanoes: The Fairy Chimneys and Underground Cities of Cappadocia. pp. 535–549.doi10.1007/978-3-030-03515-0_31
Özerdem, Alpaslan; Öztürk, Ahmet Erdi, eds. (2023).A Companion to Modern Turkey's Centennial: Political, Sociological, Economic and Institutional Transformations since 1923. Edinburgh University Press.ISBN978-1-4744-9254-6.doi:10.1515/9781474492546.