Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Triosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O D-gliceraldehido é unhaaldotriosa.
O L-gliceraldehido é o enantiómero da forma D.
Adihidroxiacetona é unhacetotriosa.

Astriosas sonmonosacáridos de tres átomos de carbono. Segundo a definición tradicional, son os glícidos oucarbohidratos de menor tamaño (pero actualmente fálase tamén dediosas de 2 carbonos). Só existen tres triosas e dúas delas sonenantiómeros:L-gliceraldehido, eD-gliceraldehido, e adihidroxiacetona.

O gliceraldehido é unhaaldosa porque leva o seucarbonilo (C=O) no extremo da molécula formando un grupoaldehido. O seu carbono 2 éasimétrico, polo que o OH pode estar orientado á esquerda ou á dereita, orixinando os seus dous isómeros D e L. De feito, as series de isómeros D e L dos monosacáridos determínanse por comparación da orientación do OH do seu último carbono asimétrico coa posición do OH do gliceraldehido.

A dihidroxiacetona carece de carbonos asimétricos, polo que non ten isómeros D e L. É unhacetosa, xa que leva o carbonilo (C=O) nun carbono interior da molécula, o 2, formando un grupocetona.[1] Ademais do seu papel metabólico, tamén se usa na industria cosmética dos bronceadores.

Artigos principais:gliceraldehido e dihidroxiacetona.

As triosas e os seus derivados fosfatados son moléculas importantes nometabolismo. Interveñen naglicólise, xa que afrutosa-1,6-difosfato (hexosa) rompe encimaticamente orixinandogliceraldehido-3-fosfato edihidroxiacetona-fosfato[2]. Un encimaisomerase, chamadotriosa-fosfato isomerase, pode transformalos un no outro, e na glicólise a dihidroxiacetona-fosfato isomerízase a gliceraldehido-3-fosfato. Nociclo de Calvin dafase escura dafotosíntese orixínanse tamén triosas, que dan lugar áglicosa que sae do ciclo como produción neta de azucre, e á vez serven para rexenerar aribulosa-1,5-bifosfato, que pode iniciar un novo ciclo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Trioses - Three Carbon Sugars". Oxford University Press. Consultado o2011-07-10. 
  2. "Glycolysis in Detail". Ohio State University at Mansfield. Arquivado dendeo orixinal o 17 de abril de 2014. Consultado o2011-07-10. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Xeral
Xeometría
Pequenos/Grandes
Triosas:Dihidroxiacetona · Gliceraldehido · Tetrosas:Eritrosa · Eritrulosa · Treosa  · Heptosas:Sedoheptulosa
Pentosas
Hexosas
Alosa · Altrosa · Frutosa · Fucosa · Glicosa · Galactosa · Gulosa · Idosa · Manosa · Psicosa · Ramnosa · Sorbosa · Tagatosa · Talosa
Disacáridos
OutrosOligosacáridos
Polisacáridos
Glicosaminoglicanos
Aminoglicósidos
Control de autoridades
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Triosa&oldid=6450627»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp