Tricoleucemia | |
---|---|
Clasificación e recursos externos | |
![]() | |
DiseasesDB | 5589 |
MedlinePlus | 001299 |
![]() Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Atricoleucemia, tamén coñecida comaleucemia de células pilosas oureticuloendoteliose leucémica, é unha neoplasia hematolóxica de estirpe linfoide B. Clasifícase coma un subtipo deleucemia linfática crónica.[1]
Foi descrita por vez primeira a comezos doséculo XX, cando se denominou orixinalmente coma "leucemia histiocítica", "reticulose maligna" ou "reticulosis linfoide". En1958 renomeouse coma "tricoleucemia" polo aspecto "peludo" das células B malignas que aparecen nesta patoloxía.
O diagnóstico da tricoleucemia realízase en base á sospeita por mor dos síntomas e signos, que posteriormente son confirmados con probas específicas. Na extensión de sangue periférica observaranse "células pilosas". O estudo damedula ósea cómpre dunha biopsia, xa que normalmente o aspirado medular é seco. O estudo inmunohistoquímico porá de manifesto a positividade para as tincións para afosfatase ácida resistente aotartarato e o marcador CD25. Ocasionalmente tamén expresan CD19, CD20, CD22, CD11c, CD103 e FMC7.
Son tratados soamente os doentes nos que os síntomas son evidentes e acusados. Nos individuos asintomáticos adóitase manter unha conduta expectante, con controis periódicos a miúdo.
A base do tratamento é aquimioterapia. O fármaco de primeira elección é acladribina (un análogo das purinas), que consegue remisión nun 95% dos casos.[2] Apentostatina tamén pode ser útil no tratamento desta doenza.