Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Triceratops

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.
Triceratops
Rango fósil: Cretáceo superior

Esqueleto deTriceratops" no Museo dos Ánxeles.
Clasificación científica
Orde:Ornithischia
Suborde:Marginocephalia
Infraorde:Ceratopsia
Familia:Ceratopsidae
Subfamilia:Chasmosaurinae
Xénero:Triceratops
Marsh, 1889
Especies
  • T. horridus (Marsh, 1889)
  • T. prorsus (Marsh, 1890)
Sinonimia

Otriceratops (que significa literalmente "cara con tres cornos") é unha especie dedinosauro que viviu no períodoCretáceo tardío enAmérica do Norte. Medía uns 3 metros de altura e 9 de lonxitude. Tiña unha alimentaciónherbívora, e comía todo tipo de plantas.

Era un dinosauro moi robusto, cunhas moi boas defensas:

  • Individualmente: os triceratops contaban cunha placa ósea que lles cubría o cranio e a noca, e dela saían dous cornos de considerable tamaño, ademais de teren outro menor no fociño. Crese que a cor da placa ósea dos machos servíalles para atraer as femias durante a época de celo. Quizais tamén podía morder coa súa mandíbula, pois esta era moi parecida á das aves, en caso de ter oportunidade de facelo, coma outrosceratópsidos coma oprotocerátops.
  • En grupo: as mandas de triceratops estaban compostas por adultos e crías. Investigando os comportamentos dos animais actuais, considérase que os adultos das mandas rodeaban as súas crías ó chegaren os depredadores.
As cargas dos triceratops debían de ser temibles, pois chegaba a correr 35 km/h, apuntando cos seus cornos cara ós seus inimigos.

Os machos combatían entre si polo control das femias, pero nestes combates os cornos estaban á marxe, pois só se utilizaban empurróns e loitas cos cornos trabados. Porén, está demostrado que estes combates chegaban a unha gran violencia, pois apaleontoloxía atopou numerosas placas óseas de triceratops fracturadas.

Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Triceratops&oldid=5967766»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp