Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tribunal de Apelacións de Nova York

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Tribunal de Apelacións de Nova York
 Instancia de
 Composto por
 Cargo dirixente
Datas
 Fundación / creación
1847Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Xurisdición
Identificadores
ISNI0000000404971154Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/01n8x5Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Twitter: nyCourtsCOALinkedIn: new-york-court-of-appealsEditar o valor en Wikidata
Wikidata

OTribunal de Apelacións de Nova York (eninglés,New York Court of Appeals) é a máis alta instancia xudicial doestado de Nova York (Estados Unidos). Fundado en1847 e a súa sede está enAlbany. Conta con setemaxistrados cuxassentenzas poden ser recorridas ante oTribunal Supremo dos Estados Unidos.

Atribucións

[editar |editar a fonte]

O Tribunal de Apelacións foi establecido polaConstitución de1846 como o herdeiro do Tribunal da Chancelaría (en inglés,Court of Chancery) e do Tribunal de Corrección de Erros (Court of Correction of Errors).[1] Na actualidade, as súas funcións está determinadas polo artigo sexto da Constitución correspondéndolle a revisión xudicial dos tribunais inferiores do sistema xudicial de Nova York.[2] O tribunal selecciona os casos que lle recorren tendendo a centrarse naqueles que teñen maior impacto público e non tanto nos arranxos entre particulares. Ademais, ao Tribunal correspóndelle unha importante función na administración xudicial do estado pois á cabeza do sistema xudicial estatal está o presidente do Tribunal de Apelacións e para gobernalo debe contar coa aprobación do pleno de maxistrados do Tribunal.[3]

Membros

[editar |editar a fonte]

O Tribunal de Apelacións compose de sete maxistrados nomeados polo gobernador do estado co "consello e consentimento" do Senado para mandatos de 14 anos.[4] Un deles é nomeado polo gobernador como presidente (chief justice). Débense retirar ao final do ano no que cumpren 70 anos de idade.

O número de xuíces e mais a duración do mandato foi mudando ao longo do tempo: se ben inicialmente eran oito xuíces designados para períodos de oito anos, dende 1869 o Tribunal de Apelacións conta co deseño actualmente vixente.[3]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "New York State Court of Appeals".Historical Society of the New York Courts(eninglés). Consultado o2023-09-01. 
  2. "New York Constitution :: Article VI - Judiciary :: Section 3 - Court of appeals; jurisdiction".Justia Law(eninglés). Consultado o2023-09-01. 
  3. 3,03,1"New York Court of Appeals - Background".www.law.cornell.edu. Consultado o2023-09-01. 
  4. "New York Constitution :: Article VI - Judiciary :: Section 2 - Court of appeals; organization; designations; vacancies, how filled; commission on judicial nomination".Justia Law(eninglés). Consultado o2023-09-01. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tribunal_de_Apelacións_de_Nova_York&oldid=6499205»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp