Tresviso é unconcello situado no extremo occidental dacomunidade autónoma deCantabria (España), nacomarca de Liébana.É un dos máis pequenos de Cantabria, tanto por extensión como por poboación, tendo censados no 74 habitantes (INE2011), e componse dun só núcleo. A localidade está situada a 907metros de altitude e atópase a unha distancia de 91quilómetros da capital cántabra,Santander.
Tresviso áchase nun burato de paredes calcarias preto doRío Urdón. Limita, co Cantu la Jorcaúra e Las Ruyas, polo norte; El Cuetu, polo sur; os invernais de Prías e a senda de Urdón, polo leste; e a Loma de la Mesa, polo oeste.
Este municipio caracterízase polo illamento no que a comunicacións se refire. De feito, o único acceso por estrada que existe realízase desde a localidade asturiana deSotres e é necesario cruzar o Jitu Escarandi.
Para osexcursionistas, destacar a subida de 6quilómetros pola senda de La Peña que separa Tresviso deUrdón. Nela sálvase un desnivel duns 825metros a través dun tortuoso sendeiro cheo de curvas no que destaca o impoñente balcón de Pilatos, un miradoiro natural doRío Urdón en completa verticalidade cunha caída de máis de 600metros.
Outra rota montañeira que pode facerse, desde Tresviso, é a ascensión ao Cuetu la Cerralosa, a 1.552 metros de altitude, así como outros cumios próximos: Cantu la Jorcaúra, Cuetu las Rubias e o Cantu Sulasfuentes.
Situado integramente noParque Nacional dos Picos de Europa, Tresviso ten como principal actividade a gandaría de vacún, ovino e caprino, sendo o produto máis famoso o queixo picón de Tresviso. Tamén cabe destacar unha incipiente actividade turística. Este feito está freando lixeiramente a tendencia emigratoria que viña arrastrando Tresviso en particular e a zona en xeral. Un 30 % da poboación activa de Tresviso emprégase nosector primario, un 25 % naconstrución e un 45 % nosector terciario. Cabe destacar a inexistencia de actividade industrial no municipio.
Adrados, M.Á.: «Ruta D-1. Tresviso. Visita (ascensión) a la aldea desde Urdón», enPicos de Europa, Ascensiones y travesías de dificultad moderada.ISBN 84-922363-3-7, páxinas 108-111.
Obregón Goyarrola, F.: «39. Tresviso. Ascensión desde Urdón», en50 rutas por las montañas de Cantabria.ISBN 84-87934-20-X, páxinas 216-220.
Obregón Goyarrola, F.: «93. El Cuetu la Cerralosa (1559). Circuito-ascensión desde Tresviso», enNuevas rutas por las montañas de Cantabria.ISBN 84-87934-36-6, páxinas 232-236