Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Trent Reznor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTrent Reznor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Michael Trent ReznorEditar o valor en Wikidata
17 de maio de 1965Editar o valor en Wikidata (60 anos)
New Castle, Estados Unidos de América(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
ResidenciaMercer(pt)Traducir
Os Ánxeles
Cleveland
Nova OrleánsEditar o valor en Wikidata
EducaciónAllegheny College(en)Traducir
Mercer Area High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoClevelandEditar o valor en Wikidata
Ocupacióncantante, produtor musical, vocalista, produtor, guitarrista, pianista, cantautor, compositor, compositor de bandas sonorasEditar o valor en Wikidata
Período de actividade1982Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorApple Inc.Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock,rock alternativo,rock industrial,synth pop,música ambiente emetal alternativoEditar o valor en Wikidata
TesituraBarítonoEditar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra,piano,caixa de ritmos,baixo,sintetizador,mellotron,saxofón,violoncello,contrabaixo,tambor,Tuba,Sousafón,Harmonio,Marimba,Frauta de Pan,Clavicémbalo,Vibráfono evozEditar o valor en Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
TVT Records
Island Records
Universal Music Group
Interscope Records
Nothing Records(1992–)
The Null Corporation(2008–)Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalAtticus Ross:Trent Reznor and Atticus Ross(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMariqueen Maandig(2009–)Editar o valor en Wikidata
Premios
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0722153Allocine: 80352Rottentomatoes: celebrity/trent_reznorIBDB: 413228
Facebook: treznorTwitter: trent_reznorInstagram: treznorBluesky: treznor.bsky.socialBNE: XX5232460Spotify: 0hRijdwO8UsJMudc3476maApple Music: 2844131Last fm: Trent+ReznorMusicbrainz: bc880664-6751-4998-984d-ebdbff15d229Songkick: 221684Discogs: 27457Allmusic: mn0000017580WikiTree: Reznor-7Deezer: 13936Editar o valor en Wikidata

Michael Trent Reznor, nado o17 de maio de1965 enMercer,Pensilvania, é un músico, compositor, multi-instrumentista e produtorestadounidense. É vocalista e principal compositor do proxecto derock industrialNine Inch Nails,[1][2][3] que fundou en 1988 e do que foi oficialmente o único membro ata 2016. A primeira edición de Reznor comaNine Inch Nails,Pretty Hate Machine de1989, foi un éxito comercial, e dende entón leva editados 11 álbums de estudio co grupo.

Reznor comezou a súa carreira a mediados dos 80 como membro de bandas de synth-pop comoOption 30,The Innocent, eExotic Birds.[4] Colaborou en álbums de artistas comoMarilyn Manson, do que foi mentor, o rapeiroSaul Williams eHalsey. Xunto coa súa mullerMariqueen Maandig e os colaboradores habituais de Nine Inch NailsAtticus Ross eRob Sheridan, formou o grupo depost-industrialHow to Destroy Angels en 2009.[5][6]

A partir de 2010 Reznor, xunto con Atticus Ross, comezou a traballar en música para películas e televisión. O dúo compuxo música para moitas das películas deDavid Fincher, comoThe Social Network (2010),The Girl with the Dragon Tattoo (2011),Perdida (2014), eMank (2020). Gañaron oÓscar á mellor banda sonora e o Grammy á mellor banda sonora para medios visuais tanto porThe Social Network (2010) como porSoul (2020). O dúo tamén compuxo música para os filmesPatriots Day (2016),Mid90s,Bird Box (os dous de 2018),Waves (2019),Bones and All, eEmpire of Light (ámbolos dous de 2022). Tamén fixeron música para os documentaisBefore the Flood (2016) eThe Vietnam War (2017), e a serie de televisiónWatchmen (2019), gañando un premio Primetime Emmy Award por esta última.

En 1997, Reznor apareceu na lista deTime das persoas máis influentes do ano, e a revistaSpin describiuno como "o artista máis vital na música".[7]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Reznor naceu enMercer, Pennsylvania e despois de que os seus pais se divorciasen cando tiña seis anos viviu co seus avós maternos, mentres a súa irmá Tera quedou coa súa nai.[8][9] Reznor é descendente directo de George Reznor, quen fundou a Reznor Company, unha empresa de calefacción e aire acondicionado, en 1884.[10] A familia vendeu o negocio na década dos 60.

Comezou a tocar opiano aos cinco anos e amosou habilidades para a música a unha idade moi nova.[11] Na Mercer Area Junior/Senior High School, Reznor aprendeu a tocar osaxofón e atuba, e alí foi membro das bandas de jazz e de marcha. Reznor tamén fixo teatro nos seus anos de instituto. Foi votado "mellor en drama" polos seus compañeiros polos seus papeis deXudas Iscariote enJesus Christ Superstar e do profesor Harold Hill enThe Music Man. Reznor graduouse no instituto en1983 e matriculouse na Allegheny College, onde estudou enxeñería informática.

Carreira musical

[editar |editar a fonte]

Primeiros proxectos

[editar |editar a fonte]

Mentres estaba no Allegheny College, Reznor uniuse á banda local Option 30 e tocou en tres concertos nunha semana con ela. Tras un ano de universidade, Reznor deixou os estudos e mudouse aCleveland para facer carreira na música.[11] A súa primeira banda en Cleveland foi The Urge, un grupo de versións.[12][13] En1985 uniuse aThe Innocent como teclista; o grupo editou un álbum,Livin' in the Street, pero Reznor marchou despois de tres meses. En1986 pasou a formar parte do conxunto localExotic Birds e apareceu con eles como unha banda ficticia chamada The Problems na película de1987Light of Day.[14] Nesa época Reznor tamén tocou os teclados no grupoSlam Bamboo,[15] e uniuse brevemente á banda denew waveLucky Pierre.[16]

Reznor conseguiu un traballo no estudio Right Track de Cleveland como enxeñeiro asistente e conserxe.[17] Reznor pediulle ao dono do estudio, Bart Koster, permiso para gravar demos dos seus propios temas de balde no tempo no que estudio non era usado e Koster accedeu.[11]

Nine Inch Nails

[editar |editar a fonte]
Trent Reznor no Lollapalooza 1991
Artigo principal:Nine Inch Nails.

Mentres montaba as primeiras gravacións deNine Inch Nails, Reznor foi incapaz de atopar unha banda que puidese articular as cancións como el quería. O que fixo, inspirado porPrince, foi tocar el mesmo todos os instrumentos agás a batería.[18] Este papel permaneceu na meirande parte das gravacións de Reznor no estudio, aínda que ocasionalmente contou con outros músicos e asistentes. Varios selos responderon favorablemente ao material demo e Reznor asinou conTVT Records.[17] Nove pezas das Right Track demos foron editadas de xeito non oficial en1988 baixo o nome dePurest Feeling e moitas desas cancións apareceron revisadas enPretty Hate Machine, o primeiro lanzamento oficial de Reznor como "Nine Inch Nails".

A meirande parte do traballo de Reznor como músico ten sido como principal membro deNine Inch Nails.Pretty Hate Machine foi publicado no ano1989 e tivo un moderado éxito comercial, sendo certificado ouro en1992. No medio de presións do selo discográfico para producir a continuación dePretty Hate Machine, Reznor comezou secretamente a gravar baixo varios pseudónimos para evitar a interferencia da discográfica, dando como resultado un EP chamadoBroken (1992). Nine Inch Nails foi incluída na xira doLollapalooza no verán de1991, e gañou unGrammy en1993 á "Mellor interpretación heavy metal" polo tema "Wish".[19]

O segundo álbum de Nine Inch Nails,The Downward Spiral, entrou na listaBillboard 200 en1994 no número 2,[20] e segue sendo a edición máis vendida da banda nosEstados Unidos. Para gravar o disco, Reznor alugou e mudouse á mansión 10050 Cielo Drive, onde en1969Charles Manson asasinou aSharon Tate e os seus convidados.[21] Reznor construíu un estudio na casa, que bautizou como Le Pig pola palabra que escribiron os asasinos na porta principal co sangue de Tate.[21] Reznor dixo a Entertainment Weekly que, a pesar da notoriedade da casa, elixiu gravar alí debido a que "mirara un feixe de sitios e ese foi o único que me gustou moito".[21]

Nine Inch Nails xirou estensamente durante os seguintes anos, chegando a actuar enWoodstock '94, aínda que Reznor admitiu ao público que non lle gustaba togar en grandes lugares. Sobre ese tempo, o seu perfeccionismo no estudio, as loitas coa adicción, e episodios de bloqueo creativo prolongaron a produción da continuación deThe Downward Spiral. En1999 editouse o álbum dobreThe Fragile. Este foi parcialmente exitoso, pero fixo perder cartos ao selo de Reznor, polo que este financiou aNorth American Fragility Tour do seu propio peto. Pasarían outros seis anos antes do novo disco de Nine Inch Nails,With Teeth. Durante ese período Reznor estivo en rehabilitación e foi capaz de manexar a súa adicción ás drogas.

Despois deWith Teeth Reznor publicou o álbumYear Zero, que fala sobre como as actuais políticas do goberno estadounidense afectarán ao mundo no ano2020. Tras a súa edición en2007 Reznor rompeu cos grandes selos discográficos, e lanzou dous álbums,The Slip eGhosts I-IV, de forma independente a través da súa propia etiqueta,The Null Corporation. En2009 Nine Inch Nails entrou en hiato despois daWave Goodbye Tour. En2013 a banda regresaría aos grandes selos asinando conColumbia Records. No mes de setembro dese ano publicaríaseHesitation Marks, e un mes antes deu comezo a xiraTension 2013.

Colaboracións con outros artistas

[editar |editar a fonte]

Unha das primeiras colaboracións e Reznor foi un proxecto paralelo deMinistry en1990 baixo o nome de1000 Homo DJs. Reznor cantou nunha versión do tema "Supernaut" deBlack Sabbath. Debido a problemas legais co seu selo, as voces de Reznor tiveron que ser distorsionadas para facelas irrecoñecibles. A banda tamén gravou versións adicionais coa voz deAl Jourgensen.[22] Tamén actuou noutro dos proxectos paralelos de Jourgensen,Revolting Cocks, no ano 1990. "Vin todo un lado de humanidade que non sabía que existía", dixo Reznor. "Foi decadencia nun novo nivel, pero con sentido do humor".[23]

Reznor cantou no tema de1991 dePigface "Suck", aparecido no seu álbum de estreaGub, que tamén contaba coa produción deSteve Albini.[24] Reznor fixo coros en "Past The Mission", no álbum de1994 deTori AmosUnder the Pink.[25] Produciu o primeiro álbum deMarilyn Manson,Portrait of an American Family (1994), e varios temas dos discosSmells Like Children (1995) eAntichrist Superstar (1996). "Entrei directamente a facer un disco de Manson", lembrou Reznor deste último, "que foi unha forma de estar mentalmente en xira. Cada noite era un escenario ridículo. Cando iso acabou, estaba realmente nun momento emocional baixo, desilusionado".[26]

Posteriormente a relación entre Reznor e Manson deteriorouse. "Tiven que facer unha elección", dixo Manson, "entre ser amigos e ter unha carreira mediocre, ou romper cousas e continuar para ter éxito. A cousa púxose demasiado competitiva. E el non pode esperar de min non querer ser máis exitoso que el".[27]

No video do tema deDavid Bowie "I'm Afraid of Americans" (1997), Reznor interpreta a un acosador que aparece onde Bowie vai. Nun artigo de 2016 daRolling Stone tras a morte de Bowie, Reznor recordou como xirar con Bowie en 1995-96 inspirouno para manterse sobrio.[28]

Reznor produciu as bandas sonoras do filme de 1994 deOliver StoneAsasinos natos e do de1997 deDavid LynchLost Highway. Foi acreditado nos temas "Driver Down" e "Videodrones; Questions" na desta última; outra canción, "The Perfect Drug", foi acreditada aNine Inch Nails. Reznor produciu un remix da canción deThe Notorious B.I.G. "Victory" en1998, que contaba conBusta Rhymes.[29]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Trent Reznor's Upward Spiral".Spin. 2015-12-22. Archived from the original on 22 de decembro de 2015. Consultado o2023-04-22. 
  2. Beaumont, Mark (2013-08-08)."The nine lives of Trent Reznor".The Guardian(eninglés).ISSN 0261-3077. Consultado o2023-04-22. 
  3. "Steven Levy on Facebook, Spotify and the Future of Music".Wired. 2015-12-08. Archived from the original on 08 de decembro de 2015. Consultado o2023-04-22. 
  4. Cinquemani, Sal (2005-05-03)."Review: Nine Inch Nails, With Teeth".Slant Magazine(eninglés). Consultado o2023-04-22. 
  5. "Trent Reznor Score Wins Golden Globe".The Quietus(eninglés). Consultado o2023-04-22. 
  6. "Trent Reznor pegs early 2012 release date for How to Destroy Angels full-length".web.archive.org. 2016-10-27. Archived from the original on 27 de outubro de 2016. Consultado o2023-04-22. 
  7. "TIME.com: TIME'S 25 MOST INFLUENTIAL AMERICANS -- Apr. 21, 1997 -- Page 18".web.archive.org. 2006-11-10. Arquivado dendeo orixinal o 05 de marzo de 2011. Consultado o2023-04-23. 
  8. "Estirpe de Trent Reznor compilada por William Addams Reitwiesner". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  9. Spitz, Marc (June 1, 2005). "The Shadow of Death".Spin.
  10. "About Us - Reznor HVAC".web.archive.org. 2021-02-27. Archived from the original on 27 de febreiro de 2021. Consultado o2023-05-06. 
  11. 11,011,111,2"The Music of Rage".nothing.nin.net. Consultado o2023-05-06. 
  12. "Trent Reznor: Area Co-conspirators".Cleveland.com. 2016-02-06. Arquivado dendeo orixinal o 06 de febreiro de 2016. Consultado o2023-05-14. 
  13. Neilstein, Vince (2011-08-17)."Before Trent Reznor Was Metal He Had A Flock Of Seagulls Haircut".MetalSucks(eninglés). Consultado o2023-05-14. 
  14. Bukszpan, Daniel (2003).The Encyclopedia of Heavy Metal. New York: Barnes & Noble Books. p. 173. ISBN0-7607-4218-9.
  15. "Trent Reznor".IMDb(eninglés). Consultado o2023-05-14. 
  16. "Regrouping in Cleveland".The Plain Dealer. 2003-04-23. Arquivado dendeo orixinal o 23 de abril de 2003. Consultado o2023-05-14. 
  17. 17,017,1Allmusic (ed.)."Nine Inch Nails en Allmusic". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  18. Fine, Jason (xullo-agosto de 1994). "The Truth About Trent".Option.
  19. Rock on the net (ed.)."Liña de tempo de Nine Inch Nails". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  20. Cleveland.com (ed.)."Liña de tempo de Trent Reznor". Arquivado dendeo orixinal o 11 de outubro de 2007. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  21. 21,021,121,2Entertainment Weekly (ed.)."Helter Shelter. Making records where Manson killed". Arquivado dendeo orixinal o 19 de maio de 2008. Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  22. Discogs (ed.)."Discografía de 1000 Homo DJs en Discogs". Consultado o 9 de decembro de 2014. 
  23. Select, marzo de 1991
  24. Discogs (ed.)."Pigface en Discogs". Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  25. Rolling Stone (ed.)."1994: The 40 Best Records From Mainstream Alternative's Greatest Year". Consultado o 10 de decembro de 2014. 
  26. Elliott, Paul (25 de setembro de 1999). "Going Down…".Kerrang!. p. 14.
  27. Collins, Andrew (1998). "And The Freak Shall Inherit The Earth".Q (146). 
  28. Reznor, Trent (2016-01-26)."Trent Reznor Recalls How David Bowie Helped Him Get Sober".Rolling Stone(eninglés). Consultado o2023-05-10. 
  29. Discogs (ed.)."Puff Daddy & The Family Featuring Notorious B.I.G., The* & Busta Rhymes ‎– Victory (Remixes)". Consultado o 10 de decembro de 2014. 
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Trent ReznorModificar a ligazón no Wikidata
Álbums de estudio
Álbums de remesturas
Videos en directo
EPs de estudio
Bandas sonoras
Sinxelos
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Trent_Reznor&oldid=7250574»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp