Atraxicomedia é unhaobra dramática na que se mesturan elementostráxicos ecómicos.
NaGrecia clásica a traxicomedia (ou "drama satírico") adoitaba tratar un tema lendario, aínda que con efectos cómicos, protagonizados, fundamentalmente, polocoro. Osdeuses non interviñan na vida dos homes, e pode haber máis dunha acción ó mesmo tempo. Encóntrase a medio camiño entre a traxedia e a comedia: non se evitan as situacións cómicas, pero tampouco o desenlace tráxico, o que permite reflectir con maior verosimilitude a realidade: figuras de diversos estratos sociais, diferentes rexistros, asuntos elevados e/ou triviais.
Tódolos estudosos consideran aPlauto o pioneiro na obraAnftrión, aínda que o verdadeiro cultivo se iniciou noséculo XVI.
Os seus moldes estruturais non están fixados; hai tres criterios esenciais:
- Os personaxes da obra pertencen a capas tanto populares como aristocráticas.
- A acción seria, incluso dramática, non culmina en catástrofe.
- O estilo experimenta altibaixos: linguaxe elevada, procedente da traxedia, e linguaxe cotiá, típica da comedia.
Un exemplo de traxicomedia naliteratura galega é a obraOs vellos non deben de namorarse, deCastelao.