Atención:Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión.
As notas ao pé quedaron atrás na tradución.
Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo emellóreo de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, peronon quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador poroutro máis específico.(Desde marzo de 2015)
Marco Ulpio Traxano (enlatín:Marcus Ulpius Traianus), coñecido abreviadamente comoTraxano, nado enItálica, o18 de setembro do ano53 e finado en Selinus o9 de agosto de117,[1] foi unemperador romano. Reinou desde o ano 98 até a súa morte, e foi o primeiro emperador de orixe nonitálica. Foi o segundo da tradicionalmente chamadadinastía Antonina, ou como se prefire chamar hoxe en día,dinastía Ulpio-Aelia.[2][3] Traxano é recordado como un exitoso soldado-emperador que presidiu a maior expansión militar da historia romana ata o momento da súa morte, así como pola súa actividade filantrópica.
O27 de xaneiro do ano98 sucedeu tras a súa morte ao emperador Nerva, do cal, aínda que o adoptou previamente, aceptou usar só ocognomen. Como administrador civil, Traxano é coñecido sobre todo polo seu amplo programa de construción de edificios públicos que reformaron a cidade de Roma e deixou numerosos monumentos perdurables como o foro de Traxano, o mercado de Traxano e aColumna Traxana. Con todo, foi como comandante militar polo que celebrou os seus maiores triunfos: no 101 lanzou unha expedición punitiva ao reino deDacia, derrotando os seus exércitos un ano despois e tomando definitivamente o territorio no 106. Un ano despois, dirixiuse cara ao Leste e conquistou o reino nabateo (actualXordania) e estableceu a provincia deArabia Pétrea. Logo de varios anos de paz, no 113 lanzou unha ofensiva contra Partia e, chegando a Susa no 116, co que o Imperio acadou a súa maior extensión da Historia. Cando regresaba a Roma, contraeu unha enfermidade e faleceu. Foi deificado polo Senadopost mortem e os seus restos descansaron baixo a Columna Traxana até as incursións bárbaras sobre a cidade. Sucedeuno o seu fillo adoptivoHadriano.
Aínda se discuten varios elementos sobre as súas orixes. Así, hai dúas hipóteses sobre o lugar de nacemento. A primeira, e máis admitida, fala do seu nacemento enItálica, (que hoxe corresponde ao termo municipal deSantiponce, nos arredores de Sevilla), que fora unha colonia romana establecida no206 a.C. porEscipión o Africano,[4] o 18 de setembro do 53.[5]
Por outra banda, outros autores, seguindo aDión Casio, o retrasan até o ano 56,[6][7] e colocan o lugar de nacemento preto dePedraza (Segovia), adscrita á provincia deCartaxinense. Unha muller, Aureliana, fundaría a herdade de Orejana (á que lle daría nome)[8] e varios autores de diferentes épocas a identificaron como a nai do emperador.[9][10][11] Porén, segundo José María Martín Mesa, “que esta fose a nai de Trajano, hoxe en día, entra no mundo da fantasía”.[8]
Traxano, pertencía ágens Ulpia, orixinaria deItálica, terra natal da súa familia,[12] adscrita á provincia romana deBética, que estaba intensamente romanizada. Porén, no momento do nacemento de Traxano, Itálica, era un pobo pequeno, sen baños, sen teatro nin anfiteatro, e cun territorio moi escaso baixo a súa administración directa.[4]
Igualmente, existen discrepancias entre os especialistas en canto á orixe do clan. Para algúns, seguindo unha opinión antiga e tradicional, os seus antepasados teríanse asentado a finais doséculo III a.C. na localidade. Eran veteranos itálicos deTuder, na rexión deUmbría (Italia), que se instalaron na provincia deHispania Ulterior despois daSegunda Guerra Púnica.[13][14][15] En contraste con esta opinión, outros estudosos defenden unha orixe autóctona, sendoTraxano o Vello unhispanus, descendente dunha das familias que, en virtude da súa riqueza ou estirpe, foron romanizadas en época temperá e asentadas nas colonias emunicipia romanos daPenínsula Ibérica.[16] SegundoAurelio Víctor, antes de que o avó de Traxano fose adoptado por un Ulpio o fundador da estirpe tería sido unTrajo ouTraius, un popularcognomen hispánico, co que sinalou a posibilidade dun ibero que romanizara o seu nome.[17]
O seu pai eraMarco Ulpio Traxano, era unsenador que apoioaba a dinastía imperial dosFlavios,[18] un dos cales,Vespasiano, concedera aHispania o seu famosoedito de latinidade.[17] A súa irmá, así mesmo, eraUlpia Marciana.[19] Respecto á súa nai, aparecen diferentes opinións. Tradicionalmente foi chamadaMarcia e emparentada cos Marcii Barea, citando a nomenclatura da súa filla, Marciana, e de certas figlinae en poder da familia imperial relacionadas cos Marcii.[20][21][22] Outra proposta indica que era Ulpia e que pai do emperador entrou na gens da súa muller por adopción, quizais testamentaria. Esta proposta baséase nas propias fontes clásicas, concretamente noEpitome de Caesaribus.[23] Finalmente, unha terceira proposta limítase simplemente a certificar que a nai de Traxano aínda é unha descoñecida.[24]
Traxano estivo casado conPompeia Plotina, que se considera deNemausus[25] ou da propia Itálica, e neste último caso tamén se considera que fose unha posible prima do emperador.[26]
Converteuse en emperador en xaneiro do 98, sendo o primeiro emperador romano de orixe non itálica, o que denotaba unha perda de peso político desta rexión no poder romano. Porén, non foi proclamado emperador até dous anos despois de ser nomeado, pois antes de chegar a Roma asegurou a fronteira entre o Rin e o Danubio e tamén mellorou as comunicacións entre as cidades xermanas.
O novo Emperador foi acollido polo pobo de Roma con grande entusiasmo, pois o seu ascenso sen derramamento de sangue nin terror contrastaba co anterior goberno de Domiciano: liberou a moitas persoas que foran encarceradas inxustamente por Domiciano e devolveu boa parte das propiedades privadas que este confiscara. A súa popularidade foi tal que co tempo oSenado Romano conferiulle a Traxano o título honorífico deOptimus, isto é, "Óptimo". Durante a cerimonia no Senado con motivo do seu ascenso ao trono imperial, o senadorPlinio dedicoulle un famoso e interminable Panexírico (Panegyricus Traiani) no que pedía que se lle concedese ao Senado unha maior implicación na condución dos asuntos da administración pública do Estado; Traxano observou aquela regra e chamou a moitos dos senadores a gobernar as provincias romanas. Conservou un control moi forte, ocupándose escrupulosamente dos asuntos das diversas provincias e reservándose, por exemplo, os permisos para a construción de edificios públicos. Isto permitiulle desenmascarar e castigar a moitos senadores acusados de malversación, que aproveitaran a política indulxente do precedente emperador, Nerva. Traxano valeuse dun órgano xudicial creado por el para investigar estes delitos, oConsilium Principis, do cal formaron parte os mellores xuristas da época. Foron numerosos os investigados por casos de mal goberno das provincias, aínda que o mesmo Senado ditou xeralmente sentenzas favorables.
Para os historiadores, Traxano destaca sobre todo como comandante militar, particularmente polas súas conquistas en Oriente Próximo, pero inicialmente polas dúas guerras contraDacia, no que hoxe éRomanía. A súa conquista (101-102), logo da súa demorada reconquista e a desfavorable (e, para algúns, vergoñosa) paz negociada polos servidores de Domiciano perturbou o pensamento romano durante anos. Así, durante o reinado de Traxano un dos máis importantes éxitos foi a vitoria sobre este pobo. A primeira confrontación importante entre os romanos e os dacios aconteceu no ano 87 e foi iniciada por Domiciano. Foi o xeneral dacioDecébalo, que logo se convertería en rei, quen ofreceu a principal resistencia á dominación. O emperador Domiciano fixera campaña contra Dacia desde 86 a 87 sen se asegurar un resultado decisivo e Decébalo desobedecera descaradamente os termos da paz (89) que pactara ao termo desta campaña.
Con esta ofensiva para ampliar territorios, Traxano acababa cunha política seguida desde os tempos deAugusto de manter o Imperio dentro de certos límites e facer simples guerras defensivas (a única excepción fora a conquista deBritania en tempos deClaudio). Cara a marzo de 101, Traxano iniciou a súa primeira guerra contra os dacios liderados por Decébalo. Para isto pasou á beira setentrional do Danubio sobre unha ponte de pedra que construíra, cruzou as Portas de Ferro e dirixiuse cara á capital,Sarmizegetusa. Atacou o reino con catro lexións e derrotou ao exército dacio preto dun porto chamado Tapae. As tropas de Traxano, con todo, quedaron danadas no encontro, e desistiu de calquera outra campaña durante o resto do ano, para sandar ás tropas, reforzarse e reagruparse. Durante o inverno posterior, o rei Decébalo lanzou un contraataque cruzando o Danubio máis lonxe corrente abaixo, pero foi rexeitado. O exército de Traxano penetrou máis en territorio dacio e forzou ao rei Decébalo a someterse o ano seguinte, despois de que o emperador acampase a poucos quilómetros da capital, en Sarmizegetusa Rexia. Conquistou Dacia completamente en 106, a pesar da forza e a resistencia dos nativos. O avance do exército de Roma até a capital non padeceu obstáculos grazas á súa superioridade numérica, á loxística e ás tácticas xa consolidadas por séculos de guerras e asedios, por exemplo, a formación en tartaruga e o "carrobalista", antepasado dos canóns. Tras destruír a capital dacia, fundou aColonia Ulpia Traiana Augusta Dacica Sarmizegetusa, noutro lugar distinto á da previa capital, aínda que levou o mesmo nome. Colonizou Dacia con romanos e anexionouna ao imperio como unha nova provincia. As campañas dacias de Traxano beneficiaron as finanzas do Imperio a través da adquisición de minas de ouro. Ademais, descubriu o tesouro escondido de Decébalo, que ascendía a 165 toneladas de ouro e o dobre de prata.
As provincias de Siria (vermello escuro) e Arabia Pétrea (vermello claro)
As razóns formais da anexión do reino nabateo son inseguras, mais certas evidencias epigráficas suxiren unha operación militar, con forzas de Siria e Exipto. O que resulta claro, con todo, é que para o ano 107, establecéronse lexións romanas na rexión que rodea Petra e Bostra. Este reino dos nabateos converteuse en provincia romana co nome deArabia Petraea, e abarcaba o sur da actual Xordania e o noroeste de Arabia Saudita. Coa anexión deste territorio asegurouse a continuidade territorial entre Exipto e as provincias asiáticas. Todo oMediterráneo quedaba desde entón en mans dos romanos, os cales o consideraron «un lago privado», e déronlle o título deMare Nostrum.
Os sete anos seguintes, Traxano gobernou como un emperador civil, pero co mesmo éxito que antes. Tolerou a incipiente relixión cristiá sempre que non se promocionase en público; construíu varios edificios novos, monumentos e estradas en Italia e a súa Hispania natal (como a Vía Traxana e a Vía Traxana Nova). Un acto destacado de Traxano foi celebrar uns xogos de gladiadores de tres meses no gran Coliseo de Roma, aínda que a data exacta descoñécese. Combinando carreiras de carros, loita con animais e loitas de gladiadores, díxose que este espectáculo sanguento deixara 11.000 mortos, na súa maioría escravos e criminais, amais dos miles de bestas feroces mortas canda eles. Atraeu a un total de cinco millóns de espectadores ao longo dos xogos.
Outro acto importante foi a creación formal dosalimenta, un programa de benestar que axudaba a nenos orfos e pobres por todo o Imperio: proporcionaba fondos xerais, así como comida e educación subvencionada, que foi apoiado inicialmente polos fondos da guerra dacia, e máis tarde por unha combinación de impostos estatais e de filantropía[27]. Favorecía ao tempo o desenvolvemento da natalidade, que caera até índices alarmantes, de maneira que se corría o perigo de que houbese escaseza de soldados. Con iso ponse en evidencia que Traxano non concentrou as súas enerxías e as do Imperio só en campañas militares e a construción de edificios públicos: tamén foi un cauteloso estadista e filántropo, interesado nas condicións de vida dos seus cidadáns e polo tanto atento ás reformas sociais e políticas.
En materia xudicial, diminuíu os tempos dos procesos, prohibiu as acusacións anónimas e mais as condenas con falta de probas sólidas ou en presenza de calquera dúbida.
En materia económica e social atopou a forma de organizar a burocracia e promulgou leis a favor da pequena propiedade campesiña, cuxa base estaba ameazada ao se estender o latifundio: Traxano favoreceu a repoboación de campesiños libres na península, investindo capitais e proporcionando aos colonos os medios para se sustentar e traballo nos campos; a cambio, os colonos investían unha parte das colleitas como pago da débeda. Este sistema, coñecido como colonato, necesitou control estatal para poder funcionar. Por unha banda, había que impedir que os recadadores de impostos depredaran aos colonos ou que os latifundistas esixisen máis do debido reducindo á miseria e a semiescravitude aos campesiños; por outra necesitaba defender aos colonos dos bandidos e os invasores que puidesen devastar as terras obrigándoos ao abandono do campo e marchar á cidade deixando as terras sen cultivar. Para evitar o declive da agricultura itálica impuxo aos senadores que investisen en Italia polo menos a terceira parte dos seus capitais. Puxo límites á emigración da península, tentando incentivar a presenza da clase social empresarial e a man de obra nunha Italia que estaba a perder a súa centralidade e que estivo a piques de se encamiñar a unha fase de decadencia. Aliviou a presión fiscal sobre as provincias, aboliu algunhas taxas que cargaban sobre os provinciais e os itálicos, creando así un tipo de "caixa de aforros popular" que concedeu préstamos aos pequenos campesiños e empresarios romanos que se beneficiaron de amplas concesións, favorecendo as primeiras cooperativas e asociacións profesionais. Cos beneficios e as rendas das reformas emprendidas, Traxano edificou colexios e orfanatos. Facendo isto, o emperador garantiu aos emperadores seguintes unha clase social dirixente hábil e capaz.
Os problemas económicos solucionábanse no campo de batalla, que tiña a dobre finalidade de establecer a paz nas fronteiras e atopar o ouro e a prata necesarios para as construcións, as reformas e para colmar o déficit económico dos emperadores precedentes. As súas prolongadas estancias na guerra exterior non impediron, pois, que Traxano levase a cabo unha intensa política interior, motivo de acesos eloxios na historiografía romana, portavoz do Senado, unha vella institución que botaba en falta o poder do que gozaba na época anterior a Augusto, durante a República. O ascenso ao poder de Traxano supuxo para os senadores a recuperación da liberdade perdida, «un tempo novo», segundo Plinio. Coa colaboración do Senado, onde instaurou o voto secreto, Traxano trazou un plan de rexeneración moral e política que tivo consecuencias na administración, a xustiza e a economía.
No 113, Traxano comezou unha campaña contra ospartos, provocada pola decisión do rei partoOsroes de colocar a un rei monicreque inaceptable no trono deArmenia, reino sobre o cal compartiran hexemonía os dous grandes imperios desde os tempos deNerón, uns cincuenta anos antes. Probablemente, a idea do emperador nacía tamén do seu desexo de levar a cabo as campañas que fixeraXulio César, o seu autor favorito, antes de morrer: ao norte do Danubio e contra os partos.
O Imperio Romano no 116, na súa máxima extensión
A primeira fase foi un completo éxito: os partos foron derrotados e Armenia, Asiria e Mesopotamia foron integradas no Imperio. Comezou por Armenia, depondo no ano 114 ao seu rei parto, Partamasiris, e convertendo Armenia en provincia romana. Logo marchou cara ao sur, entrando na propia Partia, tomando as cidades de Babilonia, Seleucia e finalmente a capital Ctesifonte no ano 116. Seguiu cara ao sur, até alcanzar o Golfo Pérsico, lamentando ser demasiado vello para seguir os pasos de Alexandre Magno e alcanzar a exótica e distante India. Foi o punto oriental máis afastado ao que chegou oImperio romano. Non só quedou ocupada toda Mesopotamia senón que a vangarda do exército romano, dirixida por Lucio Quieto asomouse ás primeiras cadeas montañosas de Persia. Máis aló destes límites non puido proseguir, ante todo, por problemas loxísticos. A vasteza dos territorios ocupados e a presenza de bulsas de resistencia e a táctica da guerrilla con arqueiros de a cabalo, usada polos partos, puñan en perigo a conquista. En 116, Traxano, consciente das dificultades, decidiu adoptar as armas da política: depuxo ao rei parto Osroes I e puxo o seu propio gobernante monicreque,Partamaspates no trono. Por outra banda, a súa saúde comezoulle a fallar. Estivo persoalmente presente no asedio da cidade deHatra e é posible que sufrise un golpe de calor coas elevadas temperaturas. Pouco despois, osxudeus do interior do Imperio romano rebeláronse unha vez máis, por todo Oriente Próximo: Exipto, Chipre, Cirenaica, Xudea e Mesopotamia desde o ano 115, en plena campaña contra os partos. O emperador viuse obrigado a retirar o seu exército para esmagar as revoltas. Considerouno simplemente como un contratempo pasaxeiro, pero estaba destinado a non volver nunca a mandar un exército no campo de batalla, entregando os seus exércitos orientais ao legado de alto rango e gobernador de Xudea, Lucio Quieto, quen se fixo cargo deles xunto con Marcio Turba.
As conquistas de Traxano fixeron crecer o imperio de cinco a seis millóns de quilómetros cadrados.
Concluída a anexión dos territorios partos e mesopotámicos, no 116, Traxano caeu enfermo e emprendeu a viaxe de volta cara a Italia. A súa saúde declinou na primavera-verán de 117, e para cando chegou aSelinus de Cilicia, que máis adiante se chamou Traxanópolis na súa honra, morreu repentinamente deedema o 9 de agosto. As cinzas de Traxano colocáronse debaixo daColumna Traxana, o monumento que conmemoraba o seu éxito, derogando a antiga lei que impedía as sepulturas no interior do perímetro cidadán. A urna perdeuse durante as invasións bárbaras e tamén o seu rastro.Hadriano, ao converterse en emperador, devolveu Mesopotamia ao imperio parto como parte dun tratado de paz no 125, pero conservou o resto de territorios conquistados por Traxano.
Busto de Hadriano, Museo Capitolino.
Xusto antes de morrer, Traxano adoptou a Hadriano (Publius Aelius Hadrianus) como sucesor. Era fillo dun primo de Traxano e estaba casado cunha sobriña neta do emperador. Loitara, ademais, nas guerras dacias, onde tivo unha participación destacada. Entre a historiografía romana estendeuse o rumor de que este nomeamento fora unha argucia da súa muller, Pompeia Plotina, e que realmente nunca nomeou expresamente a Hadriano como sucesor. No entanto, parece que xa dera mostras da súa preferencia polo mozo, xa desde o ano 100 ou polas voltas do 106, pois aínda que as súas relacións sufriran altibaixos, en realidade, Hadriano era o seu único familiar home directo e polo tanto o único herdeiro posible para a continuación dunha verdadeira dinastía.
Traxano foi un gran construtor, tanto en Roma como nas provincias, e moitos dos seus edificios foron obra do talentoso arquitectoApolodoro de Damasco. Realizou construcións necesarias para facilitar a romanización e mellorar as condicións de vida dos cidadáns: reforzou a rede viaria, restaurando as principais calzadas que se expandían desde a Urbe, uníndoa co resto do imperio. Ademais, ergueu edificacións que contribuíron a perpetuar a súa memoria á vez que buscaban o embelecemento das cidades e un aumento nas posibilidades de diversión dos romanos, como teatros ou circos.
Entre as construcións que realizou cóntanse o celebérrimoPorto de Traxano hexagonal de Ostia, que unía Roma coas rexións occidentais do Imperio. A obra estivo entre as máis importantes para a cidade, que obviou así os seus problemas de aprovisionamento. Ampliou o porto de Ancona coa construción dun embarcadoiro para facilitar a navegación cara a Oriente, embarcadoiro que foi adornado mediante un arco; procurou un novo traxecto da vía Apia cara ao porto de Brindisi, que partía doutro arco edificado en Benevento. Tamén interveu nas Lagoas Pontinas.
A Traxano débese a construción doutroacueduto que aumentaba aínda máis osrecursos hídricos de Roma, que estaban xa asegurados de abondo polos acuedutos construídos con anterioridade. Os labores iniciáronse no ano 109, recollendo a estrutura auga que xurdía nos montes Sabatinos, preto do lago de Bracciano (Lacus Sabatinus). A extensión da rede hídrica foi incentivada non só en Roma, senón tamén en Dalmacia, na súa nativa Hispania e en Oriente, isto é, nos climas áridos que precisaban un maior aprovisionamento hídrico. En Roma, Traxano fixo ampliar as canles subterráneas e os desaugadoiros da Cloaca Máxima para que corresen con máis eficiencia as augas de choiva e as que acababan descargando no Tíber. Tamén se reforzaron as beiras do río para evitar desbordamentos que afectasen á cidade.
En Roma, renovou o centro da cidade coa construción dun inmenso foro e dos edificios de ladrillo contiguos a el, destinados á administración pública, para cuxa realización fixo nivelar grandes zonas das ladeiras dos outeiros circundantes (Quirinal eCapitolino). O extraordinario complexo doForo de Traxano resolvía os problemas de conxestión da zona centro da cidade antiga ao redor da vía Sacra. Tamén destaca oMercado de Traxano.
Ademais da pública basílica Ulpia, a praza, as oficinas, as bibliotecas e o templo do divino Traxano, erixiu no seu foro aColumna de Traxano como celebración das súas conquistas militares na campaña de Dacia, aínda hoxe un dos símbolos da eternidade de Roma. Ten preto de 30 metros de alta e 4 de diámetro, en orixe coloreada, no interior ten unha escaleira de caracol que leva ao cume. No exterior desenvólvese unha espiral sobre a columna, cun fresco de 200 metros de longo con máis de 2 000 figuras esculpidas en baixorrelevo. A columna estaba coroada por unha estatua do emperador, substituída no ano 1588 por unha de San Pedro, e na base colocouse a urna funeraria de ouro contendo as cinzas do defunto emperador que recibiu así a honra excepcional de ser sepultado dentro dopomerium, isto é, os muros da cidade. A urna de ouro foi collida polos visigodos no saco de Roma (410) e perdeuse o seu rastro. Para o lecer e o pracer da plebe fixo executar algúns traballos que deron a Roma o aspecto que a grandes liñas teñen todos no imaxinario común da cidade.
Fixo reconstruír e ampliar definitivamente oCirco Máximo: a estrutura fíxose así segura e contra incendios, favorecendo a construción de talleres e negocios aos seus lados. Sobre o outeiro Oppio fixo erixir grandiosastermas sobre os restos daDomus Aurea de Nerón. Sobre a beira dereita do Tíber, onde xorde o actualCastelo de Sant'Angelo fixo realizar unha área para asnaumaquías, isto é, as reproducións de batallas navais.
Os esforzos edificadores do emperador non se concentraron só na capital senón en todo o Imperio. En Exipto uniu orío Nilo comar Vermello cunha gran canle, o río Traxano. Fundou moitas colonias por todos os lados do Imperio. Construíu pontes, entre as que destacan aponte do Danubio, a máis longa (1 135 m), preto de Drobeta. Servía para unha dobre finalidade: por unha banda garantía unha vía de abastecemento ás lexións e, por outra, impresionaba e desanimaba aos inimigos por ser unha demostración de superioridade tecnolóxica, loxística e militar.
Tamén fixo varias na Península Ibérica: destacadamente aponte de Alcántara sobre orío Texo e a ponte romana de Salamanca. En Galiza, Traxano construíu aponte do Bibei, no concello daPobra de Trives, que é unha das mellor conservadas de Galicia e a única transitada até o día de hoxe.
A diferenza doutros gobernantes apreciados ao longo da Historia, a reputación de Traxano perdurou sen menoscabo durante case dous mil anos, até a actualidade. Para estar máis próximo ao pobo romano, Traxano fixo escribir sobre a porta da súa residencia "Palatium Publicum", para que todo o mundo puidese entrar nel libremente. Adoitaba recibir, persoalmente e sen cita previa, a quen quixese conseguir del xustiza. Disto deriva outra anécdota soada: ante as protestas do seu secretario, que se queixaba de que o seu señor confiase incautamente en todo o mundo, Traxano contestoulle: "Trato a todos como eu quixese que o Emperador me tratase a min, se fose un cidadán particular".
Foi lembrado polos seus contemporáneos como un dos máis grandes emperadores, equiparable só a Augusto. Recibiu o título deOptimus Princeps ("o mellor dos príncipes") por parte do Senado, tanto polas súas conquistas, como polas súas construcións ao longo de todo o Imperio e o bo trato que tivo cos senadores. Nos séculos posteriores, tanto no Imperio romano como durante boa parte doBizantino, cada vez que un emperador ascendía ao trono, o Senado sempre expresaba o seguinte desexo:Felicior Augusto Melior Traiano, é dicir, "que sexa máis afortunado que Augusto e mellor que Traxano", simbolizando ambos os príncipes os cumes da etapa imperial.
A cristianización de Roma deu como resultado un maior embelecemento da súa lenda: dicíase na época medieval que o papaGregorio I, a través da intercesión divina, resucitara a Traxano de entre os mortos bautizárao na fe cristiá. Un relato disto aparece na Lenda Áurea. Entre os teólogos cristiáns medievais, comoTomé de Aquino, foi considerado como exemplo de pagán virtuoso. TaménDante viuno, na súaDivina Comedia, como un dos seis maiores espíritos pola súa xustiza e valor.
Modernamente, o historiador do século XVIIIEdward Gibbon incluíu a Traxano entre os cinco emperadores que gobernaron o gran territorio do Imperio romano "por un poder absoluto, guiado pola virtude e a sabedoría", considerando que se se pedise a calquera que determinase o período daHistoria do mundo en que a condición humana foi máis próspera e feliz, mencionaría sen dubidar a que se estende entre a morte de Domiciano até o ascenso deCómodo[28].
Romanía, país cuxos alicerces se atopan no reino dacio, conquistado por Traxano, inclúe no seu himno nacional,Esperta, romanés!, unha estrofa que fai alusión a el e di:E que nos nosos corazóns gardamos con orgullo un nome / triunfante nas batallas, o nome de Traxano! (trad. do romanés).
↑Canto, Alicia M. (2006). "Advenae, externi et longe meliores: La dinastía Ulpio-Aelia". En Angeli Bertinelli, M.G.; Donati, A.M.Le vie della storia. Migrazioni di popoli, viaggi di individui, circolazione di idee nel Mediterraneo antico, Atti del II Incontro Internazionale di Storia Antica (Genova, 6-8 ottobre 2004). Colección: Serta Antiqua et Mediaevalia IX(encastelán). Roma: Giorgio Bretschneider Editore. pp. 237–267.
↑de Colmenares, Diego (1637).Historia de la insigne Ciudad de Segovia y compendio de las historias de Castilla(encastelán). Segovia: Diego Díez, impresor. pp. 34 e 657.|data-acceso= require|url= (Axuda)
Caballos Rufino, Antonio F. (2014). "Las raíces familiares de Trajano". En Piso, Ioan; Varga, Rada.Trajan und seine Städte : Colloquium Cluj-Napoca, 29. September-2. Oktober 2013. Cluj-Napoca: Mega Verlag. pp. 7–19.ISBN9786065435605.
Canto, Alicia María (2003a).Las raíces béticas de Trajano: los "Traii" de la Itálica turdetana, y otras novedades sobre su familia. Sevilla: RD Editores.ISBN84-95724-17-0.
Canto, Alicia María (2003b). "Los Traii béticos: novedades sobre la familia y los orígenes de Trajano". En Alvar, Jaime; Roldán Hervás, José Manuel; Blázquez, José María.Trajano. Madrid: Actas. pp. 33–73.
Carmona Carmona, Alejandro; Alberto, Sáez Gallegos (2020). "Trajano y Adriano, los emperadores guerreros: la época de máximo esplendor de Roma y sus legiones". En Guerrero Martín, Alberto.Imperialismo y ejércitos. Colección Conde de Tendilla(encastelán). Granada: Editorial Universidad de Granada. pp. 118–137.ISBN978-84-338-6639-4.
Marco Ulpio Trajano, emperador de Roma: documentos y fuentes para el estudio de su reinado, Universidad de Sevilla. Secretariado de Publicaciones; Andalucía. Consejería de Cultura, 2005
Trajano, óptimo príncipe, Fundación Cajasol, 2005
González-Conde Puente, M.P.,La guerra y la paz bajo Trajano y Adriano, Fundación Pastor de Estudios Clásicos, 1991
Lago Marín, J.I.,Trajano: las campañas de un emperador hispano, Almena Ediciones, 2008
Martín Mesa, José María (2019).Segovia y sus mil pueblos. Toponimia mayor de la provincia de Segovia(encastelán). Segovia: Ediciones Derviche.ISBN978-84-121211-1-7.OCLC1198576567.
Morales Polo, L. de,Epítome de los hechos, dichos del Emperador Trajano, Universidade de Valencia. Servizo de Publicacións = Universitat de València. Servei de Publicacions, 2000
Petit, Paul (1974).Histoire générale de l'Empire romain. Vol. 1: Le Haut-Empire (27 av. J.-C. - 161 apr. J.-C.). París: Éditions du Seuil.ISBN9782020049696.