Trans World Airlines | ||
---|---|---|
![]() | ||
IATA TW | OACI TWA | Indicativo TWA |
Fundación | 1930 (como Transcontinental & Western Air) | |
Inicio das operacións | 1930 | |
Fin das operacións | 1 de decembro de2001 (mercada porAmerican Airlines) | |
Plan de voo frecuente | Aviators | |
Frota | 190 | |
Destinos | 132 |
Trans World Airlines (TWA) foi unha grandeaeroliñaestadounidense que existiu dende1930 ata2001. Formouse co nome Transcontinental & Western Air para operar unha ruta dendeNova York aosÁnxeles a través deSt. Louis,Kansas City e outras paradas con aviónsFord Trimotor. ConAmerican,United eEastern, foi unha das "Grandes Catro" aeroliñas domésticas dosEstados Unidos formadas na Conferencia Spoils de 1930.[1]
Howard Hughes fíxose co control de TWA en1939, e despois dasegunda guerra mundial liderou a expansión da aeroliña para servieEuropa,Oriente Medio eAsia, convertendo a TWA nunha segunda aeroliña nacional non oficial despois dePan Am.[5][2] Hughes abandonou o control nos anos 60 e os novos xerentes de TWA mercaronHilton International eCentury 21 nun intento de diversificar os negocios da compañía.
Como a Lei de Desregulación Aérea de1978 provocou unha onda de desaparición de aeroliñas, aparición doutras novas, e adquisicións nos Estados Unidos, TWA foi separada da súa compañía matriz en1984. Carl Icahn fíxose co control de TWA tomou a compañía de forma privada nunha compra financiada por terceiros en1988. TWA comezou a embargarse polas súas débedas, vendeu as súas rutas aLondres, experimentou o Capítulo 11 da Lei de quebras reestruturándose en1992 e1995, e a súa situación complicouse aínda máis despois do estoupido dovoo 800 de TWA en1996.
En2001, TWA presentouse por terceira e última vez en bancarrota e foi mercada porAmerican Airlines. American despediu a moitos dos antigos empregados de TWA tras osatentados do 11 de setembro de 2001 e pechou o seu centro de conexións en St. Louis hub en2003.[3]
TWA tiña a súa sede enKansas City, Missouri, e planeaba converter oaeroporto de Kansas City no seu principal centro de conexións, tanto nacional como internacional, pero abandonou este plan nos anos 70.[4] Posteriormente a aeroliña desenvolveu o seu maior centro de conexións noaeroporto de St. Louis Lambert. O seu principal centro de conexións transatlántico era oTWA Flight Center noaeroporto internacional John F. Kennedy deNova York, unha icona arquitectónica deseñada porEero Saarinen e completada en1962.[5]