![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 402(Gregoriano)![]() Astorga, España ![]() |
Morte | 460(Gregoriano)![]() Astorga (Reino visigodo de Tolosa) ![]() |
Bispo de Astorga | |
444 – Diocese:Diocese de Astorga ![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica![]() |
Actividade | |
Ocupación | presbítero![]() |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 16 de abril![]() |
Toribio de Astorga, nado enBetanzos e finado enAstorga no476, foi un relixiosocatólico,bispo de Astorga.
Tras vender tódalas súas posesións, Toribio dirixiuse aXerusalén, onde gañou o aprecio do patriarcaXuvenal e foi nomeado sacristán maior da igrexa doSanto Sepulcro. Non están claras as circunstancias nas que se fixo con varias reliquias, entre as que destaca un "Lignum Crucis", un dos anacos da cruz na que faleceuXesucristo, se ben todo indica que as recibiu do propio Xuvenal como premio aos seus servizos.
De volta a Iberia, pasa por Roma, onde coñece oPapaLeón I O Magno, do que se fixo gran seguidor. Alí foi nomeado arquidiácono deTui, onde posteriormente foi ordenadosacerdote. Aos poucos anos, en444, foi nomeadobispo de Astorga. Desde esta sede remitiulle ao Papa unha carta expoñéndolle a súa preocupación polo auxe dunha doutrina que consideraba extinta: oPriscilianismo. Ante esta misiva, León I encargoulle a celebración dun concilio do que non hai constancia histórica (algúns autores sitúano cara ao ano 446 ou 447), co obxecto de excomungar tódolos bispos que non condenasen a dita crenza, considerada pola igrexa católica comoherexía. Isto causou o enfado de pobo e clero, ata o punto de ter que retirarse de novo a Tui.
Anos máis tarde sufriu as persecucións do reivisigodoTeodorico II (falecido no466), debendo refuxiarse na rexiónasturiana do Monsacro. De volta a Astorga, faleceu no ano 476.
A súa festividade celébrase o 16 de abril.