Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Toreno

Coord.:42°42′02″N6°30′35″O / 42.700555555556,-6.5097222222222
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaToreno
Imaxe

Localización
Mapa
 42°42′02″N6°30′35″O / 42.700555555556,-6.5097222222222
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de LeónEditar o valor en Wikidata
CapitalTorenoEditar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.855(2024)Editar o valor en Wikidata (27,58hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie103,53 km²Editar o valor en Wikidata
Altitude659 mEditar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónXoán o BautistaEditar o valor en Wikidata
Organización política
• AlcaldeEditar o valor en WikidataVicente Mirón VázquezEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal24450Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE24169Editar o valor en Wikidata

Sitio webtoreno.netEditar o valor en Wikidata
Picotamedieval.

Toreno é unconcelloespañol daprovincia de León, na comarca doBierzo. A súa poboación é de 3.595 habitantes (INE2012). Está situado a 108 quilómetros deLeón, a través deBembibre e a 23 quilómetros de autovía (CL-631) dePonferrada.

Xeografía

[editar |editar a fonte]

A localidade de Toreno atópase no val doSil, que divide o territorio en dúas metades. Caracterízase pola súa xeografía accidentada, xa que está arrodeado de outeiros e montañas, entre os que destacan "La Gándara" e "El Castro". Con 1721 msnm, o cumio de Gistreo é a altitude máxima do concello, mentres que a mínima é de 610 msnm e atópase nos arredores deSanta Marina del Sil, no val do río e limitando coa localidade veciña deCubillos del Sil.

Aínda que o Sil é o principal curso de auga, son numerosos os ríos e regatos que atravesan o concello. Os máis importantes por extensión ecaudal son o río Primout, o regato Velasco, o río Castro e o río de Villar.

Localidades

[editar |editar a fonte]

Demografía

[editar |editar a fonte]

A poboación da localidade é de 2.057 habitantes, chegando a 3.595 na totalidade do concello.[1] A súa demografía está moi influenciada polos concellos veciños. Toreno rexistrou un bo aumento de poboación na primeira metade doséculo XX por mor do auxe na actividade mineira. Nos anos 60, o peche das explotacións e as carboeiras da localidade fixo que moitos traballadores se tiveran que desprazar a outros puntos da mesma conca ou abandonasen a comarca. Na actualidade sofre unha gran perda demográfica en beneficio dePonferrada e outras cidades do estado.

Evolución da poboación do concello de Toreno dende1920 até2012:

Ano19201930194019501960197019911996200120062012
Poboación2.7572.8553.2834.1516.9486.1395.1844.4814.4173.8063.595
Fonte:Instituto Nacional de Estadistíca

Clima

[editar |editar a fonte]

Oclima de Toreno está determinado pola asociación da influenciaocéanica emediterránea, que lle confire o microclimatemperado e húmido típicoberciano.

Festas

[editar |editar a fonte]

Monumentos de interese

[editar |editar a fonte]
  • Igrexa Parroquial de San Xoán Bautista.
  • Picota Medieval.
  • Casa dos Escribáns.
  • Ponte romana.
  • Castro romano.
  • Pazo do Conde de Toreno.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Instituto Nacional de Estadística, ano 2006.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Concellos da comarca doBierzo
100 000+
50 000+
10 000+
5 000+
Menos de
5 000
habitantes
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Toreno&oldid=6574874»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp