Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Tora.
Tora
Imaxe
 Instancia de
 Xénero artístico
 Relixión
 Causado por
Obras e produtos
Implicados
 Autor/a
Cronoloxía
 Parte da serie
Identificadores
VIAF177804671Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07gmtEditar o valor en Wikidata
OpenAlexC533960469Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

Atora[1] (enhebreo:תורה) é unha verba hebrea que significaensinanza,instrución ou, especificamente,lei. Refírese principalmente aos primeiros cinco libros daTanagh (a Biblia Hebrea) que corresponde aoAntigo Testamentocristián, coñecidos tamén comoOs cinco libros de Moisés, e na tradución do hebreo ao grego naSeptuaginta, como oPentateuco (do grego πεντε,pente, ‘cinco’, o τευχος,teughós, ‘funda para libros’, facendo referencia ás fundas nas que se conservaban ospergamiños). Porén, con frecuencia os xudeus tamén se refiren a toda a revelación e ensinanzas xudías como a tora.

Os cinco libros son:Xénese (Bereishit בראשית),Éxodo (Shemot שמות),Levítico (Vaiicra ויקרא),Números (Bemidbar במדבר) eDeuteronomio (Devarim דברים). Na versión grega da tora, estes cinco libros conforman oPentateuco,Hamisha Humshei Tora (חמשה חומשי תורה que en hebreo quere dicir "As cinco partes da tora"), ou simplementeHumash (חומש "quinto").

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paratora.
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tora&oldid=7112986»
Categoría:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp