Tor (The Onion Router)[1] é unsoftware libre que permite a comunicación anónima a través deInternet. Orixinalmente desenvolvido polaUS Naval Research Laboratory, Tor converteuse nun proxecto daElectronic Frontier Foundation (EFF) a fins de2004 e ata novembro de2005. Actualmente desevólveo The Tor Project, unha asociación sen fins de lucro.
Tor achega unha canle de comunicación anónima que está deseñada para ser resistente aos ataques das análises de tráfico, polo que con Tor se pode facer unha conexión a un equipo informático sen que este ou calquera outro teña posibilidade de coñecer o número deIP de orixe da conexión, xa que os datos non transitan directamente do cliente ao servidor, senón que pasan por un servidor Tor que actúa como unrouter construíndo un circuíto virtualcriptográfico.