Tony Richardson
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | (en)Cecil Antonio Richardson 5 de xuño de 1928 Shipley, Reino Unido(pt)  |
|---|
| Morte | 14 de novembro de 1991 (63 anos) Os Ánxeles, Estados Unidos de América |
|---|
| Causa da morte | doenza relacionada coa SIDA |
|---|
| Educación | Wadham College Ashville College(en)  |
|---|
| Actividade |
|---|
| Ocupación | director de cinema, director teatral, produtor de televisión, actor de cinema, guionista, produtor de cinema, realizador |
|---|
| Período de actividade | 1952 - |
|---|
| Familia |
|---|
| Cónxuxe | Vanessa Redgrave(1962–1967),divorcio |
|---|
| Fillos | Katharine Richardson, Natasha Richardson, Joely Richardson |
|---|
| Premios |
|---|
|
|
| Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Ричардсон Тони) |
|---|
     
     |
Cecil Antonio “Tony” Richardson, nado enShipley (Yorkshire) o5 de xuño de1928 e finado nosÁnxeles (California) o14 de novembro de1991, foi undirector de cinema e teatroinglés.
Comezou no teatro durante os seus anos de universidade, sendo tanto produtor como crítico. En 1955 fixo o seu debut como director de teatro cunha obra estreada na televisión. Ao mesmo tempo dirixía as súas primeiras curtametraxes. Considérase dentro daNew Wave británica, dirixindo obras paradigmáticas do movemento comoMirando cara a atrás con ira, deJohn Osborne. A adaptación cinematográfica desta obra foi a súa primeira película dirixida en solitario.
Entre 1962 e 1967 estivo casado coa actrizVanessa Redgrave, coa que tivo dúas fillas, as tamén actricesNatasha Richardson eJoely Richardson.
En 1963 dirixiuTom Jones, coas que gañou oÓscar ó mellor filme e aomellor director. O seu último filme,As cousas que nunca morren, co queJessica Lange gañou oÓscar á mellor actriz foi estreado tres anos despois da morte de Richardson, acontecida en 1991 por complicacións derivadas daSIDA.