O arquipélago de Tokelau está formado por tres atois no sur do océano Pacífico (Atafu, Nukunonu e Fakaofo), situadas a 480 km ó N deSamoa Occidental. O clima é cálido. Como non hai estradas nin automóbiles, todo o transporte faise por mar. De acordo co relatorio daONU, de1989, Tokelau fai parte das illas que poden desaparecer no século XXI en caso de que non se tomen medidas para conter o efecto estufa, que aumenta o nivel dos océanos.
Cada atol ten o seu propio centro administrativo.
O administrador-xeral escólleo o ministro das Relacións Exteriores daNova Zelandia. A posesión da terra é exclusividade dos nativos. As principais fontes de renda do arquipélago son a venda de licenzas de pesca, a produción dun tipo especial de atún, o coco e a venda de selos postais.
Os atois, entón chamados de Illas Unión, tórnanse protectorado británico en 1877. A petición dos habitantes, o Reino Unido inclúe o territorio na colonia formada polas illas Gillbert e Ellice, actuaisKiribati eTuvalu. A administración é transferida para aNova Zelandia en1925 e o nome de Illas Tokelau adóptase en1946. Trinta anos despois, o arquipélago é denominado apenas Tokelau.
En1987, Tokelau reivindica maior autonomía política, que vén sendo adquirida por medio de medidas económicas, como a institución de impostos para servizos de saúde e educación nos anos 90. Para evitar maiores danos aos cardumes de atún, en1989 é prohibido o uso de redes de pesca. En 1994 as institucións administrativas e políticas, antes localizadas en illas veciñas, comezan a ser transferidas para o arquipélago. No mesmo ano é adoptado un plano para a gradual autonomía da illa no período de dez anos.
Na década de 1990, introdúcense reformas electorais, e, nas eleccións de 1999, o Xeneral Fono, máis alto corpo consultivo do territorio, ten pola primeira vez os seus delegados electos para un mandato de tres anos.
A pesar dos desexos de maior autonomía, os habitantes das illas temen que aNova Zelandia inicie un proceso de afastamento de Tokelau. Iso leva o chanceler neozelandés a declarar publicamente en abril de2000 que o seu goberno non vai impor a independencia ao territorio nin facer ningunha mudanza no seu status político sen antes consultar a poboación.
No comezo de2001, o presidente da Comisión de Servizos Públicos de Tokelau afirma que a poboación das illas é reticente a abandonar a cidadanía neozelandesa e reitera que os dous lados teñen ata 2010 para tomar unha decisión.
En xullo, a administración dos servizos públicos é formalmente transferida para Tokelau.
Entre 13 e 15 de febreiro de 2006, a poboación de Tokelau rexeitou por referendo controlado pola ONU a independencia, optando por continuar a súa autonomía no marco dunha libre asociación con Nova Zelandia.