Tivo asentamentos desde oNeolítico e alcanzou o seu cénit entre o-1400 e o-1200 Os seus elementos máis notábeis foron o seu palacio, os seus túneles ou pasadizos e dous aneis de murallas ciclópeas, sobre todo estas últimas, posto que lle outorgaron á cidade oepíteto homérico de Tirinto, a de grandes murallas. A súa acrópole recibía o nome de Licimna[1].
Namitoloxía grega, dicíase que a cidade tomou o seu nome de Tirinto, un fillo de Argos e neto deZeus[2]. A tradición indicaba que osciclopes, vindos desdeLicia, amurallaran a cidade cando Preto se apoderou dela[1][3][4]. Entón Tirinto,Midea e oHereon formaban parte do mesmo reino, mentresArgos era controlado porAcrisio[5]. O neto deste,Perseo, fundador deMicenas, intercambiou Argos conMegapentes, fillo dePreto, e así se converteu en rei de Tirinto[6][7]. Tamén se asocia a cidade conHeracles: ao servizo deEuristeo, que reinaba en Tirinto, realizou os doce traballos; ademais cóntase que guindou aÍfito desde as murallas da cidade[8][9]. Algunhas fontes sitúan aquí o seu nacemento[10].
Preto foi o fundador da casa real da cidade de Tirinto. O tamén rei de TirintoPerseo fundouMicenas, pero non se sabe se tamén trasladou alí a sede do goberno. Euristeo era coñecido como o rei de Tirinto e Micenas. Os seus sucesores só levaban o título de rei de Micenas.
Caza do Xabaril.Fresco reconstruído do segundo palacio de Tirinto (c. -1300) hoxe noMuseo Arqueolóxico Nacional de Atenas.Carro con dúas mulleres micénicas. Fresco reconstruído. (c. -1200).
Tirinto estivo habitada desde oNeolítico (7º-4º milenio), o que se constatou a través de restos de cerámica. Ao 3º milenio, aIdade do Bronce temperá, pertencen os restos arquitectónicos máis antigos. A súa época de apoxeo coincide co dacivilización micénica, a partir do ano-1600, especialmente entre o -1400 e o -1200[12].
O lugar chegou ao seu declive co fin do período micénico, posto que ao redor de -1200 foi destruído polo lume, probabelmente por mor dun terremoto, aínda que hai indicios de que quizais até o ano-1050 mantivo asentamentos na parte baixa[13].
Plano de Tirinto. 1-Gran rampla de acceso 2-Porta principal 3-Galerías 4-Propileos 5-Patio central 6-Mégaron 7-Escalinata e bastión oeste 8-Acrópole media 9-Acrópole inferior
A acrópole de Tirinto divídese en tres niveis: superior, medio e inferior.
Na parte superior achábase o palacio, que tivo tres fases diferentes de construción: a primeira cara ao ano-1450 e posteriormente foi ampliado noséculo -XIV e tamén noséculo -XIII Estaba defendido non só pola súa dobre muralla senón que tamén estaba disposto para que se tivese que transitar por unha serie de patios pechados e atravesar dúas portas en forma de H (propileos) antes de acadar opórtico de entrada aomégaron[20].
O famosomégaron do palacio de Tirinto ten un amplo vestíbulo, habitación principal na que estivo o trono fronte á parede da dereita e unha cheminea central rodeada de catro columnas de madeira deestilo minoico que servían de soporte para o teito. Aquí foron achadas pinturas ao fresco que se atopan expostas noMuseo Arqueolóxico Nacional de Atenas.
Na parte leste e sur da acrópole hai dúas galerías ou casamatas abovedadas que están acaroadas ás murallas e que poderían ter unha función defensiva ou de almacenaxe.
Con respecto ás murallas, destaca o bastión occidental, que chega a ter unha anchura de 7 metros. Na parte norte das murallas hai un gran número de estancias cuxa función, do mesmo xeito que as galerías, podería ser de almacenaxe ou defensiva.
Sobre o sector oriental domégaron hai un edificio pequeno que se cre que era un templo do período xeométrico pois alí acháronse restos de ofrendas que se atopan no Museo de Nauplia[21][22].
Na parte inferior da acrópole atópanse accesos a pozos que fornecían auga. Fóra das murallas hai restos de vivendas, construcións funerarias e sistemas de canalización das augas. En Tirinto non apareceron taboíñas con inscricións enlineal B pero acháronse algúns signos neste sistema de escritura inscritos en cerámica[23].