| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 31 de decembro de 1924 Guntín, España |
| Morte | 23 de abril de 1977 Lugo, España |
| Actividade | |
| Ocupación | pintor |
Constantino Grandío López, coñecido comoTino Grandío, nado enLousada (Guntín) o31 de decembro de1924 e finado enLugo o23 de abril de1977,[1] foi un pintor galego.

Estudou o bacharelato enLugo e despois trasladouse aSantiago de Compostela. Abandonou os estudos para dedicarse á pintura. En1949 marchou aMadrid onde recibiu a axuda do escultor Cristino Mallo e do pintor Díaz Caneja. En 1955 foi seleccionado para a Bienal Hispanoamericana de Arte en Barcelona. Realizou exposicións individuais en Madrid, Barcelona, Lisboa, París, Nova York, Múnic e Alexandría e colectivas en América do Sur e algunhas cidades europeas.
Tino Grandio foi o autor da portada do LPGalicia, miña nai dos dous mares (1976), álbum de Juan Pardo en galego, no que se musican poemas de Ramón Cabanillas, Eduardo Pondal e Antonio D. Olano.