Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Tim Berners-Lee

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaSirEditar o valor en Wikidata
Tim Berners-Lee

(2024)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en)Timothy John Berners-LeeEditar o valor en Wikidata
8 de xuño de 1955Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Londres, Reino UnidoEditar o valor en Wikidata
ResidenciaConcordEditar o valor en Wikidata
RelixiónUnitarismo universalistaEditar o valor en Wikidata
EducaciónThe Queen's College-física (1973–1976)
Emanuel School (1969–1973)Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoTecnoloxías da información eciencias da computaciónEditar o valor en Wikidata
Lugar de traballoConsello Europeo para a Investigación NuclearEditar o valor en Wikidata
Ocupacióninformático teórico, desenvolvedor web, enxeñeiro, inventor, profesor universitario, físico, programador, autorEditar o valor en Wikidata
EmpregadorConsello Europeo para a Investigación Nuclear,fellow(1984–1994)
Consello Europeo para a Investigación Nuclear,empresário em nome individual(pt)Traducir(1980–1980)
Plessey(en)Traducir(1976–1978)
World Wide Web Consortium
School of Electronics and Computer Science, University of Southampton(en)Traducir
Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Open Data InstituteEditar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
23 de abril de 2018The Web Conference 2018(en)Traducir
17 de xaneiro de 2017Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2017
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013
25 de maio de 1994First International Conference on the World-Wide Web(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
TítuloSirEditar o valor en Wikidata
PaisConway Berners-LeeEditar o valor en Wikidata  e Mary Lee WoodsEditar o valor en Wikidata
IrmánsMike Berners-LeeEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm3805083Allocine: 686425
Twitter: timberners_leeBluesky: timbl.bsky.socialTED: tim_berners_leeBNE: XX1503528GitHub: timblWikiTree: Berners-Lee-2Editar o valor en Wikidata

SirTimothy John Berners-Lee, coñecido comoTim Berners-Lee e tamén porTimBL, nado o8 de xuño de1955,[1] é unenxeñeiro ecientífico da computaciónbritánico, coñecido por ser o inventor daWorld Wide Web (www). É profesor numerario investigador do departamento de Ciencias da computación daUniversidade de Oxford[2][3] e profesor noInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT).[4] O 12 de marzo de 1989, Berners-Lee propuxo un sistema de xestión da información,[5][6] e en novembro dese mesmo ano estableceu a primeira comunicación exitosa entre un cliente e unservidor a través deInternet usando o protocoloHTTP.[7][8][9][10]

Berners-Lee é o director doWorld Wide Web Consortium (W3C) que el mesmo fundou en outubro de1994 para supervisar e estandarizar o desenvolvemento das tecnoloxías sobre as que se fundamentaa Web e que permiten o funcionamento de Internet. É tamén o fundador daWorld Wide Web Foundation, ademais de investigador sénior e titular da cátedra 3Com no Laboratorio de ciencia computacional e intelixencia artificial do MIT (CSAIL)[11]. É un dos directores da Web Science Research Initiative (WSRI),[12] e un dos membros do consello consultivo do Centro para a intelixencia colectiva do MIT.[13] En 2011 foi nomeado membro do consello de administración daFundación Ford.[14] É un dos fundadores e presidente doOpen Data Institute e asesor darede socialMeWe.[15]

En2004 foi nomeado pola raíñaIsabel II Cabaleiro daOrde do Imperio Británico polo seu traballo pioneiro.[16][17] En abril de2009, foi elixido membro estranxeiro daAcademia Nacional de Ciencias dos Estados Unidos.[18][19] A revistaTime incluíno na lista dos 100 personaxes máis importantes do século XX.[20] Foi honrado como o inventor daWorld Wide Web durante a cerimonia de apertura dosXogos Olímpicos de 2012 enLondres, na que interveu traballando cun vello ordenadorNeXT co quetuiteou a frase "This is for everyone" (isto é para todos) que apareceu instantaneamente naspantallas de cristal líquido dos 80 000 asentos doEstadio Olímpico de Londres.[21][22]

En2002, xunto conLawrence Roberts,Robert Kahn eVinton Cerf, Berners-Lee recibiu oPremio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, pola súa contribución o desenvolvemento deInternet e aWorld Wide Web.[23] En2004 levou oMillennium Technology Prize,[24] que lle reportou un millón de euros;[25] e en2016 oPremio Turing "pola invención do World Wide Web, o primeiro navegador web, e os algoritmos e protocolos fundamentais que permiten o acceso á web",[26] entre os que destacan a LinguaxeHTML (HyperTextMarkupLanguage) ou linguaxe de etiquetas de hipertexto, o protocoloHTTP (HyperTextTransferProtocol) e o sistema de localización de obxectos na webURL (UniformResourceLocator).

Primeiros anos e formación

[editar |editar a fonte]

Berners-Lee naceu o8 de xuño de1955 enLondres,Inglaterra,[1] o maior dos catro fillos deMary Lee Woods eConway Berners-Lee; o seu irmánMike é un experto engases de efecto invernadoiro. Seus ambos os dous pais eranmatemáticos expertos enciencias da computación que traballaron na construción do primeiro ordenador comercial, oFerranti Mark 1. Recibiu aeducación primaria na Sheen Mount Primary School, e a secundaria, de 1969 a 1973, na Emanuel School, no suroeste de Londres[27][16]. A súa entusiasta afección de neno polos trens fíxolle aprender electrónica reparando un ferrocarril a escala.[28] Realizou os estudos universitarios noQueen's College daUniversidade de Oxford de 1973 a 1976, onde recibiu o graoBA de primeira clase enfísica.[27][1] Durante a súa etapa universitaria, Berners-Lee construíu un ordenador a partir dun vellotelevisor que comprara nunha tenda de reparacións.[29]

Carreira e investigación

[editar |editar a fonte]
Placa conmemorativa nas oficinas doCERN onde naceu aWorld Wide Web.
OrdenadorNeXT que usou Berners-Lee noCERN e que chegou a ser o primeiro servidor web do mundo.

Despois de graduarse, Berners-Lee traballou como enxeñeiro na compañía detelecomunicacións Plessey enPoole,Dorset.[1] En1978, uniuse a D. G. Nash enFerndown, Dorset, onde axudou a crearsoftware de configuración paraimpresoras.[1] Berners-Lee traballou como autónomo noCERN desde xuño a decembro de1980. Durante este tempo propuxo un proxecto baseado no concepto dehipertexto para facilitar compartir e actualizar información entre investigadores.[30] Para demostralo, construíu un prototipo de sistema nomeadoENQUIRE.[31][32]

Despois de deixar o CERN, traballou na John Poole's Image Computer Systems, Ltd, enBournemouth, Dorset.[33] Dirixiu o equipo técnico da compañía durante tres anos.[34] Traballou no proxecto "chamada de procedemento remoto en tempo real" que lle deu experiencia enredes de computadoras.[33] En1984 retornou ao CERN, xa cun contrato.[31]

En1989 o CERN era onodo de Internet máis grande deEuropa e Berners-Lee viu a oportunidade de unir o hipertexto conInternet. Enviou unha proposta na que ligaba os conceptos de hipertexto,TCP eDNS. A proposta foi aceptada polo CERN, comezando os traballos en1990 en dúas oficinas: unha no edificio 31 no Departamento de Computación e Creación de Redes (Computing and Networking Division: CN), e outra no edificio 2 no Departamento de Electrónica e Computación para a Física (Electronics and Computing for Physics Division: ECP). Os dous equipos de traballo xuntáronse en1991 nas oficinas do segundo na ECP para rematar o traballo, creando o primeironavegador web e editor, chamadoWorld Wide Web, enNEXTSTEP e o primeiroservidor web, chamadohttpd. Os responsables deste descubrimento foron os membros do CERN, Tim Berners-Lee eRobert Cailliau, axudados por gran número de colaboradores, fellows, estudantes técnicos e estudantes de verano.[35]

O primeirositio web aloxouse enhttp://info.cern.ch e entrou en liña o6 de agosto de1991. Explicaba o concepto da Tea de Araña Mundial, como se podía navegar e como se instalaba un servidor web. Incluía o primeiro directorio web, xa que Berners-Lee mantiña unha lista doutros sitios web á parte do seu propio.

A finais de1994, Berners-Lee deixou o CERN para fundar oConsorcio da Rede Mundial (W3C), unha organización a nivel mundial co obxectivo de desenvolver plenamente todo o potencial da Web. O W3C fundouse coa axuda do CERN, aComisión Europea, oInstituto de Tecnoloxía de Massachusetts (Massachusetts Institute of Technology: MIT), o Instituto Nacional francés para a investigación en Informática e en Automática (Institut National pour la Recherche en Informatique et en Automatique:INRIA) e a Axencia americana para proxectos de investigación avanzada (Advanced Research Projects Agency:ARPA).[35] Tamén participaron varias empresas dispostas a crear padróns e recomendacións que mellorasen a calidade da Web.

Tim Berners-Lee e Robert Cailliau recibiron en1995 oACM Software System Award pola creación da World Wide Web. No ano2004, Tim Berners-Lee foi o primeiro galardoado en recibir oMillenium Technology Prize outorgado pola Fundación para os premios fineses de tecnoloxía.[35] Nese mesmo ano aceptou unha cátedra en Informática na Escola de Electrónica e Informática daUniversidade de Southampton, desde a que traballa no seu novo proxecto, aRede Semántica.

O30 de abril de1993 o CERN, propietario do invento da WWW, puxo o software desta nodominio público co obxectivo de maximizar a súa propagación.[36] O Consorcio da Rede Mundial insiste en que os seus padróns deben estar baseados en tecnoloxía libre de cargos, de maneira que poida ser adoptada por calquera persoa.

Despois de vivir na parroquia de Colehill en Wimborne,East Dorset, no2001 Berners-Lee converteuse en patrón do East Dorset Heritage Trust.[37] En decembro de2004 acepta a cadeira de ciencia computacional na Escola de electrónica e ciencia computacional daUniversidade de Southampton, para traballar naweb semántica.[38][39]

Nun artigo doTimes en outubro de2009, Berners-Lee admitiu que opar inicial de barras oblicuas ("//") na dirección web era "innecesario". Contou que podería ter deseñado facilmente a dirección web sen esas barras. "Pero mira ti, parecía unha boa idea naquel momento", dixo na súa desapaixonada defensa.[40]

Vida privada

[editar |editar a fonte]
Berners-Lee en 2005.

Berners-Lee casou en1990 con Nancy Carlson, unha programadora americana que tamén estivo traballando enSuíza para aOrganización Mundial da Saúde.[41] Tiveron dous fillos e divorciáronse en2011. En2014 casou en segundas nupcias con Rosemary Leith na Capela Real do Pazo de St. James de Londres.[42] Leith é unha empresaria canadense de banca e Internet, cofundadora daWorld Wide Web Foundation.[43] A parella tamén colaborou concapital risco para apoiar compañías deintelixencia artificial.[44]

Berners-Lee foi criado comoanglicano, pero na súa mocidade apartouse da relixión. Despois de ser pai fíxoseuniversalista unitario (UU).[45] Ten afirmado: "Como moita xente, tiven unha educación relixiosa que rexeitei na adolescencia ... Como moita xente, volvín á relixión cando tiven fillos".[46] El e a súa muller querían ensinar espiritualidade aos seus fillos, e despois de escoitar un ministro e visitar a igrexa unitaria, optaron por ela.[47] É un activo membro desa igrexa,[48] á que se adheriu porque a percibe como unha crenza tolerante e liberal. Ten dito: "Creo que gran parte da filosofía da vida asociada a moitas relixións é moito máis sólida que o dogma co que se acompaña. Polo tanto eu respéctoas".[46] Cando foi preguntado sobre se cría en Deus, respondeu: "Non no mesmo sentido que a maioría da xente, son ateo e universalista unitario".[49]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,11,21,31,4The World Wide Web Consortium, ed. (2009)."Sir Tymothy Berners-Lee, longer biography"(eninglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  2. Department of Computer Science (ed.)."Tim Berners-Lee"(eninglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  3. Universidade de Oxford, ed. (27 de outubro de 2016)."Sir Tim Berners-Lee joins Oxford's Department of Computer Science"(eninglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  4. MIT, ed. (20 de outubro de 2017)."Tim Berners-Lee, professor"(eninglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  5. World Wide Web Foundation, ed. (12 de marzo de 2019)."30 years on, what's next #ForTheWeb?"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 23 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  6. CERN (ed.)."Tim Berners-Lee's proposal"(eninglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  7. Berners-Lee, Tim; Fischetti, Mark (1999).Weaving the Web: The Original Design and Ultimate Destiny of the World Wide Web by its inventor(eninglés). Orion Business.ISBN 978-0-7528-2090-3. 
  8. Berners-Lee, Tim (2010)."Long Live the Web".Scientific American(eninglés)303 (6): 80–85.Bibcode:2010SciAm.303f..80B.PMID 21141362.doi:10.1038/scientificamerican1210-80. 
  9. Shadbolt, Nigel; Berners-Lee, Tim (2008)."Web science emerges".Scientific American(eninglés)299 (4): 76–81.Bibcode:2008SciAm.299d..76S.PMID 18847088.doi:10.1038/scientificamerican1008-76. 
  10. Berners-Lee, T.; Hall, Wendy; Hendler, James; Shadbolt, Nigel; Weitzner, Daniel (2006)."Computer Science: Enhanced: Creating a Science of the Web".Science(eninglés)313 (5788): 769–771.PMID 16902115.doi:10.1126/science.1126902. 
  11. MIT, ed. (5 de xaneiro de 2007)."Draper Prize"(eninglés). Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  12. The Web Science Research Initiative (ed.)."People"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 28 de xuño de 2008. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  13. Cci.mit.edu (ed.)."MIT Center for Collective Intelligence (people)"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 11 de xuño de 2010. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  14. Bratt, Steve (29 de setembro de 2011). World Wide Foundation, ed."Sir Tim Berners-Lee Named to the Ford Foundation Board"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 05 de novembro de 2018. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  15. Shukman, Harry; Bridge, Mark (8 de xaneiro de 2019)."Sir Tim Berners-Lee's app MeWe is used by neo-Nazis and perverts".The Times(eninglés).ISSN 0140-0460. Consultado o 17 de febreiro de 2020. 
  16. 16,016,1BBC News, ed. (31 de decembro de 2003)."Web's inventor gets a knighthood"(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  17. BBC News, ed. (16 de xullo de 2004)."Creator of the web turns knight"(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  18. Dr. Dobb's Journal (ed.)."Timothy Berners-Lee Elected to National Academy of Sciences"(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  19. "72 New Members Chosen By Academy" (Nota de prensa)(eninglés). United States National Academy of Sciences. 28 de abril de 2009. Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  20. Quittner, Joshua (29 de marzo de 1999). Time Magazine, ed."Tim Berners Lee—Time 100 People of the Century"(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020.He wove the World Wide Web and created a mass medium for the 21st century 
  21. Berners-Lee, Tim (27 de xullo de 2012). Twitter, ed."This is for everyone"(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  22. Friar, Karen (28 de xullo de 2012)."Sir Tim Berners-Lee stars in Olympics opening ceremony".ZDNet(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  23. Fundación Princesa de Asturias, ed. (2002)."Premio Príncipe de Asturias de la Investigación Científica y Técnica 2002"(encastelán). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  24. "Tim Bernes-Lee - Winner of 2004 Millennium Technology Prize".Millennium Technology Prize(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  25. "New honour for the web's inventor".BBC News(eninglés). 15 de abril de 2004. Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  26. Association for Computing Machinery, ed. (2016)."A. M. Turing Award"(eninglés). Consultado o 22 de febreiro de 2020. 
  27. 27,027,1Anon (2015)."Berners-Lee, Sir Timothy (John)".Who's Who(eninglés). Oxford University Press online.doi:10.1093/ww/9780199540884.013.U12699. U12699. 
  28. Andrew Edgecliffe-Johnson (7 de setembro de 2012). Financial Times, ed."Lunch with the FT: Tim Berners-Lee"(eninglés). Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  29. "He caught us all in the Web!".The Hindu(eninglés). 1 de setembro de 2018.ISSN 0971-751X. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  30. World Wide Web Consortium, ed. (marzo 1989)."Berners-Lee's original proposal to CERN"(eninglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  31. 31,031,1Stewart, Bill."Tim Berners-Lee, Robert Cailliau, and the World Wide Web"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  32. Gutiérrez, Pablo (13 de marzo de 2014)."Las bodas de plata de la Web: 25 años de una idea que cambió el mundo".La Nación(encastelán). Arquivado dendeo orixinal o 05 de xaneiro de 2016. Consultado o 25 de febreiro do 2020. 
  33. 33,033,1Berners-Lee, Tim. World Wide Web Consortium, ed."Frequently asked questions"(eninglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  34. Grossman, Wendy (15 de xullo de 1996). "All you never knew about the Net ...".The Independent(eninglés). 
  35. 35,035,135,2Información tirada da placa conmemorativa situada no corredor das oficinas onde foi creada a WWW (véxase a imaxe nesta mesma sección).
  36. Marina Giampietro (30/04/2013)."Twenty years of a free, open web"(eninglés). CERN. Consultado o 5 de outubro de 2015. 
  37. Klooster, John W. (2009).Icons of Invention: the makers of the modern world from Gutenberg to Gates(eninglés)2. ABC-CLIO. p. 611.ISBN 978-0-313-34743-6. 
  38. Berners-Lee, T.; Hendler, James; Lassila, Ora (2001). "The Semantic Web".Scientific American(eninglés)2841 (5): 34.Bibcode:2001SciAm.284e..34B.doi:10.1038/scientificamerican0501-34. 
  39. University of Southampton, ed. (2 de decembro de 2004)."Tim Berners-Lee, World Wide Web inventor, to join ECS"(eninglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  40. BBC, ed. (14 de outubro de 2009)."Berners-Lee 'sorry' for slashes"(eninglés). Consultado o 25 de febreiro de 2020. 
  41. "Nancy Carlson Is Wed to Timothy Berners-Lee".The New York Times(eninglés). 15 de xullo de 1990. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  42. World Wide Web Foundation (ed.)."Ms Rosemary Leith and Sir Tim Berners-Lee are delighted to announce that they celebrated their marriage on 20 June 2014...."(eninglés). Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  43. World Wide Web Foundation (ed.)."Rosemary Leith"(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 31 de maio de 2019. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  44. "VC firm Glasswing names Jibo, John Hancock execs to advisory board".Boston Business Journal(eninglés). 8 de maio de 2018. Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  45. bbc news, ed. (26 de setembro de 2003)."Faces of the week"(eninglés). Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  46. 46,046,1Berners-Lee, Tim (1998). w3.org, ed."The World Wide Web and the "Web of Life""(eninglés). Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  47. Stephanie Sammartino McPherson (2009). "9: Heading the Consortium".Tim Berners-Lee: Inventor of the World Wide Web. USA Today Lifeline biographies(eninglés). Twenty-First Century Books. p. 83: A Church Like The Web.ISBN 978-0-8225-7273-2. 
  48. Eden, Richard (22 de maio de 2011)."Internet pioneer Sir Tim Berners-Lee casts a web of intrigue with his love life".The Telegraph(eninglés). Consultado o 23 de febreiro de 2020. 
  49. Döpfner, Mathias (7 de maio de 2017). Business Insider, ed."The inventor of the web Tim Berners-Lee on the future of the internet, 'fake news,' and why net neutrality is so important"(eninglés). Consultado o 23 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Tim Berners-LeeModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Tim_Berners-Lee&oldid=7250985»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp