Ostileiros son as árbores doxéneroTilia, pertencentes áfamilia dasmalváceas (anteriormente clasificados na súa propia familia, as tiliáceas), nativos das rexións temperadas dohemisferio norte. Abrangue unha trintena deespecies; existindo ademais numerosos híbridos espontáneos e artificiais, un factor que dificulta a elaboración dunha taxonomía precisa para a especie. En Galicia aparecen cultivados en parques e xardíns das principais vilas.
Son árbores cun bo volume de crecemento e que acadan os 900 anos de idade, cunha altura entre 20 e 40 m, con fustes rectos de até un metro de diámetro,caducifolio coasfollas cordiformes, co bordo serrado, de até 20 cm de largo, de cor verde escura na face superior e verde claro prateado na cara posterior, cun cheiro forte especial. Asflores, chamadas tilas, teñen tamén un recendo característico, en forma deacios miúdos amarelos cunhabráctea alongada.
Os tileiros dan boa sombra e a follaxe colle unha fermosa cor dourada no outono polo que frecuentemente se empregan paraxardinaxe urbana de rúas, parques e prazas.
Son moi visitadas polasabellas para obterpole. As follas que caen do tileiro, ao se descompor, fornecen unhumus de alto contidomineral e denutrientes, que resulta moi útil para mellorar solos pobre en minerais e outros nutrientes.
Pola súa levidade e outras características, a madeira de tileiro é utilizada na construción de corpos deguitarras macizas, e na construción debaterías. Innumerábeis artistas utilizan instrumentos feitos en tileiro (basswood en inglés), entre elesVan Halen,Joe Satriani eSteve Vai.
↑Bradley P., ed. 1992. British Herbal Compendium. Vol. 1: 142–144. British Herbal Medicine Association, Dorset (Gran Bretaña)
↑Coleta, M., Campos, M. G., Cotrim, M. D., et al. (2001). Comparative evaluation of Melissa officinalis L., Tilia europaea L., Passiflora edulis Sims. and Hypericum perforatum L. in the elevated plus maze anxiety test.Pharmacopsychiatry 34 (suppl 1): S20–1
↑Matsuda. H., Ninomiya, K., Shimoda, H., & Yoshikawa, M. 2002. Hepatoprotective principles from the flowers of Tilia argentea (linden): structure requirements of tiliroside and mechanisms of action.Bioorg Med Chem. 10 (30): 707–712.