Tilburg é un municipio e unha cidade situada daprovincia doBrabante do Norte, no sur dosPaíses Baixos. O municipio inclúe a propia Tilburg, e as vilas contiguas de Berkel-Enschot e Udenhout. Cunha poboación de 203.482 habitantes en 2008, Tilburg é a sétima cidade máis poboada dos Países Baixos, e a segunda do Brabante do Norte, só por detrás deEindhoven. O concello de tamén inclúe os núcloes de poboación de Berkel-Enschot e Udenhout.
As primeiras referencias históricas de Tilburg falan de cando esta localidade foi nomeada señorío noséculo XIV. O señorío adquiriu o nome de "Tilburg eGoirle", e estendíase polo que hoxe son estas dúas localidades. Un século máis tarde, Jan van Haestrecht, señor de Tilburg, construiría un dos signos de identidade da cidade, o Castelo de Tilburg, que aparece no escudo de armas da cidade. En 1803 Goirle separouse de Tilburg, recibindo o18 de abril de1809 os dereitos de ciidade, tendo nese ano arredor de 9.000 habitantes.
En 1858 o devandito castelo foi derrubado para construír unha fábrica.
O reiGuillerme II sentiu unha especial predilección pola cidade, na que adoitaba pasar longas tempadas afastado do bulicio daHaia. Foi un grande benfeitor da cidade, mellorando a industria téxtil, construíndo numerosas granxas e achegando financiamento ao Concello. Foi el quen comezou a construción do palacio de Tilburg, que pensaba utilizar como residencia, mais nunca o chegou a utilizar xa que morrería poucos anos antes da súa terminación. Este palacio de Tilburg é hoxe parte do concello.
Como curiosidade o equipo defútbol de Tilburg, que milita a primeira división neerlandesa, toma o nome deWillem II (enneerlandésGuillerme II) en honra ao rei.
Vista aérea de TilburgA Igrexa de Heuvel, a principal igrexa de Tilburg
Tilburg probablemente xurdiu ao redor dun dos lugares de reunión do gando lanar. A forma triangular dalgunhas das súas prazas históricas revela o seu pasado como encrucillado de camiños gandeiros.
A produción dela, principal fonte de ingresos dos gandeiros de Tilburg, propiciou a aparición de teares manuais, que noséculo XVII chegaron a ser máis de 300. En torno ao século XVIII introduciuse omuíño de vento nos teares mellora que ampliou considerablemente a produción da cidade. En1881, Tilburg contaba con 145 para a produción de la.
A cidade mantívose como a capital da la dos Países Baixos até o colapso dos anos 60 doséculo XX, tras o cal a cidade reconverteu o seu tecido industrial, diversificándoo de maneira considerábel.
Tilburg é a sede daUniversidade de Tilburg (Universiteit van Tilburg), considerada por moitos a mellor dosPaíses Baixos en Economía e Dereito. No campo de economía e administración de empresas, é considerada pola European Economic Association como a mellor universidade de Europa
O museo de arte moderna De Pont ten a súa localización en Tilburg.
De Efteling, o maior e máis famosoparque temático dos Países Baixos está a 10 km do centro da cidade.
Interpolis, importante grupo asegurador asociado a Rabobank ten a súa sede en Tilburg.
O Museo Téxtil dos Países Baixos (Nederlands Textielmuseum) localízase en Tilburg.
A academia de rock (rockacademie), a maior dos Países Baixos está preto do centro da cidade. Desta academia saíron algunhas figuras prominentes do rock holandés contemporáneo.
A torre Westpoint álzase como un coloso preto da estación central de Tilburg. Coas seus 140 metros, é o terceiro edificio máis alto dos Países Baixos, o máis alto de carácter residencial. Foi completado en 2004.